boletín de lecturas para 3º e 2º eso

12
1 Román Cerqueiro Landín (CPI Aurelio M. Rey García) Cuntis, outubro 2008 ÍNDICE Presentación. 1 List axe de libros 3º.... . 2 Reseñas 3º... .. 2-6 List axe de libros 2º.. 7 Reseñas 2º. 7-11 Avaliación. . 12 Ficha de lectura 12 Páxinas de consulta 12 PROXECTO DE LECTURA LINGUA GALEGA Curso 2008-2009 Velaquí tes unha proposta de li- bros de lectura para este curso. Sería máis fácil darvos un só títu- lo por trimestre mais non hai li- bros que sexan válidos para to- dos/as. Neste boletín atoparás unha chea de títulos, acompaña- dos por cadansúa portada e ca- dansúa reseña editorial para que escollas o libro que che apeteza segundo os teus gustos, intereses e emocións. Xa o tes claro? Baixa á bibliote- ca, cólleo e bótalle unha ollada, le un pouco, pasa unhas follas... Se comezas a ler e non che gusta, abandona e pasa a outro: gaña- ches ti. Se o rematas, é posíbel que che gustase: gañou o/a autor/ a. E se gozas coa súa lectura, compárteo! Que ande en boca de todos/as... no bo sentido da ex- presión, claro! Se non atopas o libro que buscas e prefires ler un que non estea na listaxe proposta, comunícallo ao profesor.

Upload: roman-cerqueiro-landin

Post on 07-Jun-2015

1.181 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Boletín de Lecturas para 3º e 2º da ESOMateria de Lingua GalegaCPI don Aurelio de Cuntis2008-2009

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

1

Román Cerqueiro Landín (CPI Aurelio M. Rey García) Cuntis, outubro 2008

ÍNDICE Presentación�����. 1 Listaxe de libros 3º...�.. 2 Reseñas 3º.�����.... 2-6 Listaxe de libros 2º��.. 7 Reseñas 2º������. 7-11 Avaliación������.. 12 Ficha de lectura���� 12 Páxinas de consulta�� 12

PROXECTO DE LECTURA

LINGUA GALEGA

Curso 2008-2009

Velaquí tes unha proposta de li-bros de lectura para este curso. Sería máis fácil darvos un só títu-lo por trimestre mais non hai li-bros que sexan válidos para to-dos/as. Neste boletín atoparás unha chea de títulos, acompaña-dos por cadansúa portada e ca-dansúa reseña editorial para que escollas o libro que che apeteza segundo os teus gustos, intereses e emocións. Xa o tes claro? Baixa á bibliote-ca, cólleo e bótalle unha ollada, le un pouco, pasa unhas follas... Se comezas a ler e non che gusta, abandona e pasa a outro: gaña-ches ti. Se o rematas, é posíbel que che gustase: gañou o/a autor/a. E se gozas coa súa lectura, compárteo! Que ande en boca de todos/as... no bo sentido da ex-presión, claro! Se non atopas o libro que buscas e prefires ler un que non estea na listaxe proposta, comunícallo ao profesor.

Page 2: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

2

LISTAXE DE LIBROS 3º ESO

Agustín Agra: Cazaría salvaxe, Xerais. Agustín Fernández Paz: �oite de voraces sombras, Xerais. Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, Xerais. Ana Frank: O diario de Ana Frank, Kalandraka. Antón Cortizas: Leonel, Xerais. Arthur Conan Doyle: O can dos Baskerville, Xerais. Bram Stoker: Drácula, Xerais. Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz, Xerais. Christine Nöstlinger: Horario de clase, Galaxia. Fina Casalderrey: A pomba e o degolado, Xerais. Fran Alonso: Cartas de amor, Xerais. H.P. Lovecraft: Relatos de terror, Xerais. Jaume Ribera e Andreu Martín: O diario vermello de

Flanagan, Galaxia. John Boyne: O neno do pixama a raias, Kalandraka. Jordi Sierra i Fabra: As soidades de Ana, Galaxia. Ledicia Costas: Unha estrela no vento, Xerais. Manuel de Pedrolo: O mecanoscrito da segunda orixe, Galaxia. Manuel Forcadela: Sangue sobre a neve, Cumio. Manuel Loureiro González: Irmán do vento, Xerais. Marga do Val: O prognóstico da lúa, Alfaguara-Obradoiro. Marilar Aleixandre: A banda sen futuro, Xerais. Marilar Aleixandre: Rúa Carbón, Xerais. Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempos de chuvia, Xerais. Oscar Wilde: A pantasma de Canterville, Xerais. Pascual Alapont: O inferno de Marta, Galaxia. Patxi Zubizarreta: De fel e mel, Xerais. Pepe Carballude: Investigación 091, Xerais. Sérgio Klein: Poderosa. Xerais. Susan E. Hinton, Rebeldes, Alfaguara-Obradoiro. Suso de Toro: A sombra cazadora, Xerais.

Jordi Sierra i Fabra, Soidades de Ana Chamábase Ana, pero agora xa só é un recordo. Un aborto mal practicado no seu corpo de adolescente embarazada acabou con ela. No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades.

Ana Frank, Diario "Espero confiarche todo como non puiden facer con ninguén ata agora, que se-xas para min un gran apo-io"... Así comezou o 12 de xuño de 1942 o seu diario unha rapaza de 13 anos chamada Ana Frank. Ana pertencía a unha familia xudía alemá afincada en Ámsterdam. Durante a IIª Guerra Mundial víronse

obrigados a esconderse nun refuxio para evitar seren levados aos campos de concentración nazis. O que en principio puido o diario dunha adolescente anónima tense convertido en todo un símbolo, unha historia que pasou a formar parte da memoria colectiva, un testemuño de milleiros de voces caladas durante o Holocausto.

Manuel Loureiro, Irmán do vento Conta a historia de Kha-led, un rapaz dunha apar-tada aldea do Iraque que, coma outro rapaz calque-ra, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten pro-xectos. Ata que, de súpe-to, a guerra. Irmán do

vento é a crónica da des-trución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto

soña ser. Étamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.

Miguel Vázquez Freire, Anxos en tempos de

chuvia É a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente e a partir de aí actúa coma un investigador, coma un detective que anda na procura, non das pegadas dun crime, senón dunha inocencia. Os accidentes de tráfico, a droga, o consumo

de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas... están na novela, como o amor, a iniciación ao sexo, a reflexión sobre a relixión e a existencia e, sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.

Page 3: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

3

RESEÑAS 3º ESO

Fran Alonso, Cartas de amor As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean as mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración… E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais –persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.

Antón Cortizas, Leonel Miguel, un mozo de 15 anos, ten que pasar o verán na casa dos seus avós na aldea por culpa dos seus suspensos. Alí producirase un cambio total da personalidade do rapaz: a súa actitude negativa cara a todo transfórmase por medio dos seus avós, do misterio que rodea ó antigo habitante da casa, o pegureiro Leonel, e do amor por Ana, rapaza coa que pasa todo o verán na busca dos relatos que Leonel deixou ocultos e de datos sobre a súa personalidade.

Marga do Val, O prognóstico da lúa Tevo escríbelle unha carta a Xandro citándoo, deses-perado: está "tirado" e con débedas que nunca dará pagado co que saca vendendo panos nos semáforos. pero antes de chegar á hora do rencontro, morre. Co-menza entón a recordar Xandro como coñeceu a Te-vo no colexio e empezaron cos canutos e pequenos roubos. Con outra amiga formaban un trío de "colgados" que traficaron con heroína e arruina-ron o seu futuro.

Marilar Aleixandre, A banda sen futuro Carlota, unha rapaza de 16 anos, conta a través do seu diario as súas experiencias e emocións ao longo de 2 meses. Coñecemos o seu malestar ao se ter que afacer a unha cidade nova, a onde se muda coa familia polo traballo de pai, e ao comezo do curso escolar nun instituto novo. Ademais, le unha mala nova no xornal: a morte de Poch, un cantante ao que admiraba. Ela sente que todo lle sae mal e séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que o futuro é máis ben negro. O cantante morto convértese no seu confidente ante o desacougo, a soidade, o medo aos demais e terror aos espellos. Un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón...

Bram Stoker, Drácula Levada ao cinema en numerosas ocasións, esta novela universal agocha, tras o mito do vampiro,

asuntos humanos fundamentais que todas as persoas senten e coñecen. O autor fai confluír en Drácula dúas tradicións: o vampiro literario e o folclórico. O vampiro, esa alma diabólica condenada a vagar eternamente sen repouso, está presente en moitas culturas, porque en todas elas o sangue se percibe como unha forma de enerxía vital.

Susan F. Hinton, Rebeldes En N.Y. uns adolescentes vense envoltos nunha complicada aventura entre bandas rivais de moi diferente extracción social: greasers e socs. Tras unha pelexa en que un mozo soc resulta morto, Johnny e Ponyboy teñen que fuxir a pesar de que ningún dos dous é culpábel do sucedido. Durante a fuxida, Johnny perde a vida por salvar uns nenos dun incendio. Os amigos bótano de menos. Ponyboy regresa á casa cos irmáns decidido a volver ao instituto e abandonar unha vida chea de perigos.

Christine Nöstlinger, Horario de clase Anika ten problemas. Na casa, na escola e cos cartos. Pero tamén cos seus amigos, co seu pelo, co amor… A Anika gústalle Wolfgang, pero non parece que este lle faga moito caso. En cambio, Stefan Stemberger, un tipo simpático, ándalle enriba daquela maneira… Arredor deles hai moita máis xente: pais, profes, compañeiros de clase, camareiros, veciños… Un castigo colectivo provoca a convocatoria dunha folga no Instituto. Vai ser unha boa ocasión para saber de verdade quén é quén e de qué vai cada un.

Page 4: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

4

M. Forcadela, Sangue sobre a

neve Un coñecido industrial aparece asasinado na praia de Alcabre deixando unha cuantiosa débeda. Toni Barreiro, un ex-boxeador que malvive realizando cobros de morosos, é contratado para tentar a recuperación dos cartos. Como resultado das súas pesquisas só consegue pór en perigo a súa propia vida. Pero Toni non é un home que se deixe vencer facilmente. Contará coa axuda de Elvis, un vello e inseparábel amigo, e de Patricia, unha muller atractiva, misteriosa. Como fondo, un Vigo portuario e invernal dando cabida aos lances da paixón e o crime.

Agustín Fernández Paz, "oite de voraces

sombras e O centro do labirinto �oite de voraces sombras. Sara, unha moza de 16 anos, escribe dous meses despois, na soidade do seu cuarto na Coruña, sobre os días de agosto en Viveiro que lle cambiaron a vida, cando deixou de ser unha rapaza atolada, non só pola descuberta do propio corpo con Daniel aquela noite na praia. Ademais, tras atopar algunhas cartas agochadas, comezará unha pescuda que a levará ata os tempos da Guerra Civil e á illa de San Simón. Fernández Paz é toda unha garantía de calidade, emoción e interese. O centro do labirinto. A mediados do século XXI

a doutora Sara Mettmann, integrante do G-12, o grupo que rexe os destinos de Europa, viaxa a Galiza co seu fillo David. Mentres ela viaxa ao pasado ollando os petroglifos, David aventúrase no seu aeromóbil e intérnase nunha fraga para experimentar o seu xogo preferido de realidade virtual. Coñece así un grupo da resistencia ás Leis de Unificación cultural e lingüística que impuxeran un modelo social negador da diversidade. Esta é unha novela de aprendizaxe primorosamente escrita cun apaixonado alegato en favor das linguas minorizadas.

Agustín Agra, Cazaría salvaxe Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e devoraban canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapazolo da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.

H.P.Lovecraft, Relatos de terror Oito relatos que mostran como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que perviven no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror "cósmico" que se dirixe á parte máis profunda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano.

Arthur Conan Doyle, O can dos Baskerville Historia de terror calofriante levada ao teatro, ao cinema e á televisión Na Inglaterra vitoriana, Holmes, o máis famoso detective de todos os tempos, resolve os casos máis insólitos grazas á súa capacidade dedutiva e á axuda do Dr. Watson. Na rexión de Dartmoor, investiga a morte inesperada de sir Charles. Unha vez máis a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos dun can.

Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego Balbino cóntanos a súa curta historia de neno pobre nunha aldea do interior de Galiza. Por medio do caderno ao que confía os seus segredos asistimos a unha visión dura e desesperanzada dunha aldea pechada, opresiva, sen posibilidades de mellora material nin espiritual, supeditada económi-ca e socialmente... Balbino, rapaz intelixente e observador, axiña se decata da inxusta división social e da súa pertenza ao estrato máis baixo. Impedido de dialogar amigabelmente co seu contorno (castigado, maltratado, vexado polo fillo do cacique) e sabendo que a situación non mudará, Balbino ve como única posibilidade de romper ese círculo pechado a fuxida, a emigración que coloca como horizonte soñado.

Page 5: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

5

Carlos Vila Sexto, Cara á fin da luz Días antes da eclipse total de sol, buscando un itinerario alternativo para fuxir dun atasco, a familia de Joseph chega a un lugar estraño, a vila de Nova Israel, que xorde no medio do deserto. Unha paisaxe insólita, un ambiente abafante, uns personaxes inquietantes, uns acontecementos misteriosos. Atrapado neste lugar, fóra do tempo, atopa a Justin e descobren que levan días soñando un mesmo pesadelo. Un ser que habita neste soño guiará os seus pasos cara á salvación dun pobo atrapado polas forzas do mal, entre a vida e a morte.

Fina Casalderrey, A Pomba e o Degolado A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no insti-tuto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban toma-dos por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará

O. Wilde, A pantasma de Canterville Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Cantervi-lle, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé en-meigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. "Veño dun país moi adiantado onde non hai cousa que non se poida mercar cartos", pensaba o americano para quen se houbese unha pantasma en Europa xa estaría nalgún museo americano ou mesmo nas rúas, como títere de pago.

Ledicia Costas, Unha estrela no vento Esta é a historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de 17 anos que comproba como o seu mundo se derruba dun día para outro; farto do pai, da profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, séntese que é diferente a todos. Un día recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse, o que abre un enfrontamento entre dúas pandas que

será moi diferente ao que todos eles agardan. Miguel atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Eles ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

Víctor Omgbá, Calella sen saída Narración en primeira persoa dun mozo africano que chega a E u r o p a p a r a continuar os seus

estudos, iniciados no país natal. Lonxe diso, a nova situación fórzao a vivir a vida dun inmigrante ilegal.

Jaume Robira e Andreu Martín, O diario vermello de Flanagan Animado pola súa amiga -e algo máis que amiga- Carlota, Flanagan empeza a escribir un diario no que recolle as súas primeiras experiencias sexuais, as súas dúbidas e os seus descoñecementos neste ámbito. Porque falar de sexo é moi importante. Tan importante como saber o que pode representar manter unha vida sexual plena, satisfactoria e responsábel.

Suso de Toro, A sombra cazadora Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Imaxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades».

Page 6: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

6

Patxi Zubizarreta, De fel e mel Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquíno. Cada ano, polo verán, alí chegaba o fla-mante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, chega a Euskadi na caixa dun camión. Alí atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de emigrante ilegal. Esta novela é unha denuncia, enchida de tenrura, do contrabando de persoas.

Marilar Aleixandre, Rúa Carbón Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os 17 anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi coma ela, militante de ETA político-militar e morreu antes que Paula nacera cando colocaba unha bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desennovelar. Velaí o comezo da novela na que a procura do pai é o eixo do problemático tránsito dunha adolescente á madurez. Unha narración valente, onde o conflito político vasco funciona como teón de fondo, sobre a procura complexa das identidades individuais e colectivas.

John Boyne, O neno do pixama a raias Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. No entanto, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...

Pascual Alapont, O inferno de Marta Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no in-ferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de esca-par de alí. Esta novela, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. A historia de Marta, unha moza que namorou da persoa equivocada, tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. O libro complétase con A

máscara do amor, texto do psicólogo e criminalista Vicente Garrido que analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

Pepe Carballude, Investigación 091 A aparición do cadáver de Sonia Cambeiro, unha nena de 10 anos, vítima dun axuste de contas entre narcos, e o secuestro de Cachi, un camelo do instituto, mobilizan á policía. A intervención de Manolo Longueira, un novo profesor de inglés do centro, a afouteza de Rosa, a telefonista que recaba información para a revista Pulso semanal, e as pesquisas de Xavier Cabaleiro, un alumno enfermo de hepatite, e do seu pai permitirán desenredar o complexo nobelo tecido polos capos dunha rede mafiosa sen escrúpulos asentada nunha vila mariñeira das Rías Baixas.

Sérgio Klein, Poderosa Joana Dalva é unha moza que soña con ser escritora. Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? Joana non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.

Manuel de Pedrolo, Mecanoscrito da segunda

orixe Primeira incursión do autor na literatura xuvenil. Case un millón de exemplares vendidos. Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha

catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno até facer do amor o acontecemento central das súas vidas.

Page 7: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

7

Agustín Agra: O tesouro da lagoa de Reid’Is, Xerais. Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno, Xerais. Agustín Fernández Paz: Tres pasos polo misterio, Xerais. Breogán Riveiro: Tonecho de Rebordechao, Xerais. Carlos Freire Cordeiro: Acio sanguento, Xerais. Carlos Labraña: Os sons da buguina, Baía. Carlos Mosteiro: Manual de instrucións para querer a Irene, Galaxia. Conchi Regueiro: O tesouro das ánimas, Baía. David D. Márquez: Orballo da mañá..., Baía. Fina Casalderrey: ¡Asústate, Merche!, Xerais. Francisco Castro: O ceo dos afogados, Xerais. Jack London: A chamada da selva, Xerais. Joaquim Gonzàlez: Todo o verán por diante, Galaxia. Jordi Sierra i Fabra: �un lugar chamado guerra, Galaxia. Lourenzo González, Manuel: Tanis I, o Mocos, Xerais. Manuel Forcadela: A procura do falso Grial, Galaxia. Marcos Calveiro: Sari, soñador dos mares, Tambre. María Reimóndez: Usha, Xerais. María Xosé Queizán: O segredo da Pedra Figueira, Xerais. Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico, Xerais. Marilar Aleixandre: A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, Tambre. Miguel Vázquez Freire: Proxecto Poma Dourada, Xerais. Pepe Carballude: O talismán dos druídas, Everest Galicia. Ramón Caride: A negrura do mar, Xerais. Robert Louis Stevenson: A Illa do tesouro, Xerais. Santiago Jaureguizar: Balea morta ou lancha a pique, Xerais. Suso de Toro: Morgún, Xerais. Xabier A. Barreiro Liz: A pantasma telefónica, Baía. Xabier P. Docampo: O pazo baleiro, Xerais. Xesús Manuel Marcos: O brindo de ouro I. A chamada do brindo, Xerais. Xosé Miranda: Pel de lobo, Xerais. Xurxo Silvestre Gómez: Déixao medrar, Xerais.

RESEÑAS 2º ESO

David Márquez, Orballo da mañá O barco, no que Lisa ía regresar ao seu país logo das vacacións, agardaba no porto de Casabranca cheo de luces, de bandeiras de cores, de música... Nadia tamén viaxaría moi cedo cara ao norte, onde seguro que algún día se atoparían mais o seu barco non tería bandeiriñas nin luces de cores nin música... Carlos Freire Cordeiro, Acio sanguento Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asa-sinato de Xulio Afonso, un profesor de instituto, no que axiña detectan a existencia de moitos ángulos mortos e detalles, aparentemente insig-

nificantes, tras os que se ocultan segredos, mentiras e unha historia de amor.

Jordi Sierra i Fabra, "un lugar

chamado guerra Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de como viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas vítimas da guerra e dos éxodos masivos. Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de intérprete e co cal establece unha relación de utilización mutua que acabará converténdose nunha verdadeira amizade

Xesús Manuel Marcos, O Brindo de ouro I. A chamada do Brindo Selmo, o fillo do gardián da tribo dos arxinas, coñece a desfeita de Cido, a súa aldea, que foi incendidada polos seus inimigos, os valecos da tribo dos broncedos. Na súa fuxida, Selmo, acompañado de Lombán, o seu lobo albino, atopará dous heroes, Toimil e Oulego, que o axudarán, xunto coa Valiña da Osa, unha xida, meiga protectora da aldea, a desvelar o misterio do Brindo de ouro, ese corno máxico que os protexe, porque lles proporciona a valentía que os fará invulnerábeis. Novela de aventuras, épica e fantástica, que remite a un pasado mítico, onde o heroísmo e a maxia ocupan un lugar sobranceiro.Un texto que crea un mundo autónomo, ao xeito de Tolkien, e conforma unha novela escrita coas pautas das obras de espada e bruxería sobre o trasfondo da paisaxe e da toponimia das terras do Caurel.

Page 8: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

8

Agustín Fernández Paz, Tres pasos polo misterio e Cartas de inverno Tres relatos nos que o misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicábel que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de “A serpe de pedra”, o peregrino novo de “A vella foto das estrelas” e o historiador de “As sombras do faro” viven experiencias arrepiantes. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror. Cartas de Inverno. Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde unha casa situada nun descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No seu interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre

reforzada por unha fita adhesiva que desevelan as claves do que lle sucedeu a xabier e mais ao seu amigo, o pintor Adrián Louzao. Ao igual que Tareixa, non poderás deixar de ler as cartas que falan dos estraños sucesos que arrodean a nova casa de Xabier.

Xosé Miranda, Pel de lobo Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tira-dores e solicitábanos dos lugares para que fosen matar lo-bos. Desta volta, Xosé, un mozote de 17 anos, contará o acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. No Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Auro-ra e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental desta novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome nas aldeas da montaña luguesa.

Breogán Riveiro, Tonecho de Rebordechao

Rebordechao é unha aldea que queda alá por... chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nin sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

Jack London, A chamda da selva No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A

chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller comeza unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.

Carlos Labraña, Os sons da buguina Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro. Todo muda o día en que o vello Nomar regresa a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal, enchoupada de mar, fará que as historias caladas agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha antiga lenda que se torna realidade.

Joaquim Gonzàlez, Todo o verán por diante Narración que capta a atención desde o primeiro momento polo seu acerta-do retrato do mundo xuvenil. O libro ten como protagonistas a Toni e Ra-quel, dous rapaces que van ao mesmo instituto e que se ven enredados nu-nha relación sentimental non exenta de atrancos e dificultades. A acción, situada nunha cidade indeterminada, desenvólvese con moita sinxeleza e céntrase no mundo dos estudantes novos e as súas inquedanzas: os amigos, os pais, os profesores, os sentimentos, o amor...

Page 9: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

9

Francisco Castro, O ceo dos afogados Todos os golfiños de todos os mares decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando.

María Reimóndez, Usha Uxía, Usha para os seus amigos, cóntanos a súa estancia na India, país onde pasa longas tempadas acompañando a súa nai, membro dunha ONG. A súa vida na vila de Devastana pemitiralle facer amigos, aprender novas linguas (canarés) e costumes e adquirir unha visión diferente da vida procedente desa cultura nova descoñecida para ela. Xabier Barreiro Liz, A pantasma telefónica Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só que... algo non estaba a marchar como se prevía, xa que pouco a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na compu-tadora de Xulia, e non só iso, senón que a mecha da candea con forma de dragón comezou a arder sen que ninguén a tocase...

Marilar Aleixandre, A expedición do Pacífico Novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción, que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século con temáticas coma o feminismo, aod ebate entre o creacionismo a paixón polo coñecemento...

R. L. Stevenson, A Illa do Tesouro Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha

aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do

cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ao mar tralo engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de

fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As súas significaron para varias xeracións os soños de mocidade de aventuras e a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en

todo ser humano.

Mª X. Queizán, O segredo da

Pedra Figueira Lazo é unha nena que pertence a un pobo de mulleres valentes e sabias, herdeira da sabedoría e o poder da súa avoa Sensatanai e da forza e o valor da súa nai guerreira, unha bagaxe que lle dará a lucidez necesaria para escoller, logo dunha dura travesía, o camiño do poder sobre si mesma, para ser unha muller como as mulleres, con capacidade de decisión propia.

Pepe Carballude, O talismán dos druídas O Consello de Anciáns dos Ne-rios, habitantes do castro de Ama-relle, mira con preocupación cara ao futuro ante o próximo ataque do pobo romano. O cego druída Arísitides propón recuperar o tali-mán desaparecido coa intevención do mozo Kanerez, que deberá su-perar tres probas para demostrar que él é o elixido.

Carlos Mosteiro, Manual de instru-

ción para querer a Irene A iniciación no amor e na dor dunha rapa-za de catorce anos que vén de facer un des-cubrimento terrible sobre si mesma. O mundo creado nesta narración céntrase no triángulo amoroso arredor do cal circulan personaxes moi variopintos. Irene caerá no abismo da tristeza e a confusión, pero ta-mén será capaz de saír á luz e respirar un aire novo.

Page 10: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

10

Miguel Vázquez Freire, Proxecto pomba dourada Arno, ao baixar do aerobús, de volta da escola, atopou os vehículos da policía e as súas ambulancias diante da súa casa. Soubo con total seguridade que naquela traxedia os seus pais desempeñaban un papel destacado e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ao interior. Que significaría a enigmática mensaxe, “Pomba Dourada”, que o pai de Arno deixara prendida no taboleiro? Arno tiña moito por descifrar…

Suso de Toro, Morgún A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: “o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo”. Morgún –aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos– será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.

Manuel Lourenzo, Tanis I, o Mocos O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do reino de Sofrovia, cumpriu 18 anos, armouse un grande rebumbio no pazo. A causa, unha simple cuestión de etiqueta. Pasara a mañá alporizado, abrindo as portas de todas as dependencias,

berrando: Onde está o meu frac? Os mordomos, apesarados, tiveron que atender ás ordes de Tanis, o novo rei, e entregáronlle o que pedía: un frac vello, todo esfiañado, con rotos por diante e por detrás, algún remendo e unha colección de imperdíbeis picados polas lapelas, os petos e a cola.

Ramón Caride, A negrura do mar Said e Sheila son dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor. No outono do 2076 emprenderon unha viaxe ao Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Fisterra e as Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posíbel marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.

Marcos Calveiro, Sari, soñador de mares Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas e conversas co rapaz. Na súa travesía polo mar maior, rumbo ao descoñecido, Sari chegará ata a Estrema do Mar,

onde quizais atope esas illas que só coñecen aqueles que as soñan. Unha novela para os que teñen inocencia e entusiasmo no ollar, coa beleza como emblema e devezo, e na que as palabras soan coa harmonía dun remo a

choupar na tona da auga.

Silvestre Gómez Xurxo, Déixao medrar Paio ten 14 anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O conflito xorde cando un equipo dos

M. Forcadela, A procura do santo

Grial Velaquí unha nova aventura protagonizada polo detective Toni Barreiro. Alguén rouba unha valiosa antigüidade na casa dunha parella adiñeirada. Poucos días despois o home e mais a muller aparecen

asasinados. Será esa especie de estraño Grial desaparecido o causante de tanta morte?

Page 11: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

11

FinaCasalderrey, ¡Asústate, Merche! Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e miste-riosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Au-ria, e dun narrador revivimos unha via-xe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.

Santiago Jaureguizar, ¡Balea morta ou lancha a pique! Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantuc-ket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pe-quod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí, Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick.

Xabier Docampo, O pazo baleiro A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita ao seu tío De-lio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren. Un día, na caixa dun reloxo antigo, atopan algo que os pon sobre a pista dunha xoia emblemática que quizais se atope nun pazo deshabi-tado. Nicolás acode cos seus amigos ao pazo... nunha misión un tanto arris-cada, pero chea de sorpresas.

Marilar Aleixandre, A vaca de Fisterra e a vaca de alcatrán

Poderás coñecer unha lenda galega moi famosa que fala da existencia da trabe de ouro e a de alcatrán e a tradición que existe en Fisterra sobre a existencia da Vaca de Fisterra, que a autora coñeceu un día no que se comunicaron o mundo da realidade e o da fantasía. E tamén poderás saber o que aconteceu hai moitos anos, nos tempos en que os dragóns tiñan moito poder no mundo, no reino de Duio, grazas ás memorias de Basilio, o Dragón de Duio.

C. Regueiro, O tesouro das ánimas Esta historia sitúanos en Ponterrubiáns, unha vila imaxinaria, onde viven Natalia e Guillerme, compañeiros de clase no instituto da vila, protagonistas dunha intensa aventura na que, a partir dunha enigmática clave atopada nun peto de ánimas do lugar, tentan resolver coa axuda dun videoxogo de última xeración e dalgúns dos seus mellores amigos e amigas unha vella lenda da súa vila na que se dicía que un bispo do século XVIII agachara un tesouro non atopado aínda, e tamén a misteriosa desaparición da profesora de Historia.

Agustín Agra, O tesouro da lagoa de Reid’Is Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna, onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid´Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas?

Page 12: Boletín de Lecturas Para 3º e 2º ESO

12

1. Lecturas obrigatorias Cada alumno/a debe ler, como mínimo, unha obra en cada trimestre, que escollerá entre todas os títulos propostos nesta listaxe. Tamén poderá elixir un libro que non se atope nela mais deberá comunicarlle o título con antelación ao profesor, que decidirá se a lectura é ou non adecuada. Unha vez lida a obra, o alumnado elaborará un traballo a partir de: a. Un guión de traballo proporcionado polo pro-fesor para determinadas obras que inclúe unha serie de preguntas sobre a lectura para desenvol-ver polo/a alumno/a. b. Unha ficha de lectura común (ver máis abai-xo) para o resto de lecturas que non teñan un guión de traballo específico. 2. Lecturas optativas O/A alumno/a poderá ler cantas obras queira en cada trimestre e deberá informar ao profesor da

súa escolla. O traballo seguirá, igualmente, o guión específico ou o esquema común existente para a maioría das lecturas. De ser cualificado como APTO, considerarase un traballo extra que será tomado en conta positivamente na avalia-ción trimestral e final(como máximo un punto por obra). Observacións - A lectura dunha obra literaria e a elaboración do traballo correspondente por trimestre é imprescindíbel para superar a materia. - O traballo será cualificado como APTO ou NON APTO e, a maiores, cunha nota numérica. - Os traballos NON APTOS deberán ser corrixidos. - Canto antes se entregue o traballo, máis tempo teredes para corrixilo e modificalo seguindo as observacións do profesor.

AVALIACIÓN

Ficha bibliográfica - Datos básicos: título, nome e apelidos do autor, colección, editorial, lugar e data de edición. Presentación - Xénero literario: narrativa (novela ou libro de relatos), poesía, teatro. - Subxénero literario (para a novela): novela de aventuras, ciencia-ficción, negra, histórica, terror... Noticia do/a autor/a - Breve reseña da vida e, sobre todo, da obra do autor ou autora. Argumento - Non pode superar nunca as dúas páxinas de extensión. Débese ser sintético e dar unha idea xeral da obra sen entrar en detalles superficiais. Tema(s) - Sinalarase o tema principal diferenciándoo, ademais, dos temas secundarios. Personaxes - Descrición dos protagonistas (aspecto físico,

conduta, linguaxe...) e establecemento de personaxes principais e secundarios. Tempo e espazo - Determinar a época na que ten lugar a acción do relato e o espazo (único, múltiple, aberto, pechado...). Valoración persoal Hai que emitir unha opinión argumentada sobre a lectura sinalando aquilo que máis/menos gustou, os seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis atractivos e suxerentes, o que aprendeches coa súa lectura, etc. Ademais, débese facer unha reseña da obra, unha especie de recomendación para outros/as lectores/as na que indiques a que tipo de público pode gustarlle dando claves para atraer aos lectores e lectoras que lle pode gustar (segundo os temas e valores que trata, en relación a outras obras lidas ou películas vistas, etc.).

Praza das Letras: http://www.prazadasletras.org/ Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/ Lg3 en Cultura Galega: http://www.culturagalega.org/lg3/ Biblioteca da Literatura Infantil e Xuvenil: http://www.filix.org/

FICHA DE LECTURA

PÁXINAS DE CONSULTA