biodiversidade ría de arousa

15
A Biodiversidade en Galicia A biodiversidade é a ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; resultado de miles de millóns de anos de evolución segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano. Galicia conta cunha importante biodiversidade, traducida sobre todo nunha abundancia de hábitats naturais e seminaturais (esteiros, lagoas, numerosos ríos, dunas, bosques, hábitats de montaña, fondos mariños, matogueiras, prados de sega, etc.) e isto débese, por unha parte, á grande heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática, e por outra, á influencia do ser humano desde o período Neolítico.

Upload: pinksoda

Post on 10-Jul-2015

339 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

A Biodiversidade en GaliciaA biodiversidade é a ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; resultado de miles de millóns

de anos de evolución segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano.

Galicia conta cunha importante biodiversidade, traducida sobre todo nunha abundancia de hábitats naturais e seminaturais (esteiros, lagoas, numerosos ríos, dunas, bosques, hábitats de montaña, fondos mariños, matogueiras, prados de sega, etc.) e isto débese, por unha parte, á grande heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática, e por outra, á influencia do ser humano desde o período Neolítico.

A Biodiversidade xenéticaA biodiversidade xenética é o numero total de caracteríticas xenéticas dentro de cada especie. A maior diversidade xenética, quere dicir, maiores posibilidades de sobrevivir a

cambios no ambiente. As especies con pouca diversidade xenética teñen maior risco fronte aos cambios.

A Biodiversidade de hábitatsPode definirse hábitat como o ambiente que reúne as características adecuadas para a supervivencia de varios individuos ou poboacións en condicións naturais, perpetuando a

súa existencia no tempo. O hábitat non só virá determinado polos seus elementos abióticos, senón tamén pola existencia de elementos bióticos, ambos elementos constituíntes dun determinado ambiente, caracterízanse por presentar certa

uniformidade, o que outorga, en definitiva, unha certa idea de identidade.

A Biodiversidade de especiesEste concepto fai referencia á riqueza específica (número de especies diferentes) e ao reparto equitativo entre elas (que non se dé unha clara dominancia dunhas poucas sobre

o resto).

RISCOS DA PERDA DE Cada día que pasa extínguense especies enteiras de seres vivos. Esta desaparición acentuouse nos últimos anos, debido a diferentes causas:

-Destrución e fragmentación de hábitats, especialmente bosques e ecosistemas acuáticos, debido a incendios forestais, deforestación con fins madeireiros, construción de vías de comunicación, encoros…

-Contaminación de augas, solos e atmosfera, producida polo desenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Un dos seus efectos máis importantes é o cambio climático.

-Caza incontrolada. A caza regrada e vixiada non ten por que causar danos, pero a caza e a pesca abusiva exterminan especies ameazadas.

-Introdución de especies exóticas fóra da súa área de distribución, o que pon en perigo as especies autóctonas. A venda de certos animais de compañía que se poñen de moda en determinados momentos, o coleccionismo de animais, e o comercio ilegal de especies protexidas supoñen unha gran perda de biodiversidade.

Os ecosistemas de marisma e duna, así como o bosque de laurisilva na Illa de Cortegada, son zonas de especial interés de

conservación e de elevado risco de impacto.

As marismas costeiras son zonas húmidas mestura de auga doce e salgada onde crecen multitude de herbáceas e é o hábitat escollido

por multitude de aves para criar ou parar nas súas rutas migratorias.

As zonas de duna acollen vexetación rara e endémica adaptada ás duras condicións de vida, salinidade, vento, movemento da area, alta

insolación en verán...

A laurisilva é unha formación típica de zonas climáticas de temperatura moderada e precipitacións abundantes, onde as especies dominantes son vexetación perennifolia, sendo a especie principal o

loureiro (Laurus nobilis). En Cortegada atópase o bosque de loureiros mellor conservado de Europa.

25/06/12

FIGURAS DE PROTECCIÓN:

25/06/12

REDE NATURA 2000 Rede Natura 2000 é a

rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea creada para a conversación dos hábitats naturais e da fauna e da flora silvestre, con obxecto de salvagardar os espazos naturais máis importantes de Europa.

Punta Carreirón en Illa de Arousa é LIC (Lugar de Interés Comunitario).

25/06/12

ZEPAAs Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son

catalogadas polos estados membros da Unión Europea como zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción.

25/06/12

RAMSARA Convención relativa ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitat de Aves Acuáticas.

Biodiversidade vexetal nos ecosistemas de costa na Ría de Arousa.

Narcissus bulbocodium

Honckenya peploides

Glacium flavium

Linaria polygalifolia

Laurus nobilis

Armeria pubigera

Glacium flavum (mapoula mariña)

Descrición: É unha planta de gran beleza con talos que acadan os 100 cm de altura. Bianual ou perenne. Moi peluda. As flores son grandes de cor amarelo ouro, ás veces cunha mancha laranxa na base dos pétalos. O seu froito é unha cápsula alongada e estreita de ata 20 cm, con numerosas sementes negruzcas, reniformes e reticuladas.Hábitat: hábitats costeiros, en lugares areosos e pedregosos.Propiedades:Aínda que é pouco usada considérase antitusiva.Velenosa. A planta expulsa un zume amarelo ao cortala.É unha planta que se encontra protexida , estando É unha planta que se encontra protexida , estando na categoría de especies vulnerables. As súas na categoría de especies vulnerables. As súas poboacións son sempre reducidas e bastante poboacións son sempre reducidas e bastante localizadas, encontrándose nas zonas de sistemas localizadas, encontrándose nas zonas de sistemas dunares.dunares.

Armeria pubigera (herba de namorar)

A herba de namorar ou herba empreñadeira (Armeria pubigera) é unha planta herbácea de folla perenne que pertencente á familia Plumbaginaceae.

A herba de namorar medra formando pequenos matos duns 20 ou 30 cm. As súas follas, estreitas e liñais, son dunha cor verde intensa. As flores, poden ser de cor branca, vermella, ou lila. A súa floración ten lugar no verán, entre os meses de maio e xuño e ás veces durante o outono. Fóra do seu habitat natural, emprégase como planta para xardíns, tapizante de solos pobres e areosos ou para cubrir espazos entre rochas.

A súa reprodución ten lugar no verán. A herba de namorar espállase polas matas a comenzos da primavera. A herba de namorar distribúese ao longo de todo o hemisferio norte. Din as lendas galegas que esta herba ten que collerse para a noite de san xoán, noite meiga e feiticeira. Hai que facela chegar á persoa que se pretende conquistar, por exemplo, meténdoa nun dos seus petos, sin que se dé de conta. Din que ela se encarga de namorar.Din as lendas galegas que esta herba ten que collerse para a noite de san xoán, noite meiga e feiticeira. Hai que facela chegar á persoa que se pretende conquistar, por exemplo, meténdoa nun dos seus petos, sin que se dé de conta. Din que ela se encarga de namorar.

Narcissus bulbocodium (Campaíña, narciso, trompeta de Medusa…)

Son plantas pequenas con grandes e solitarias flores de cor amarela e teñen forma de trompeta. As follas son de cor verde oscuro de 1´5 a 4 mm de ancho. O talo é cilíndrico e de cor verdoso e mide de 10 a 25 mm.

Aparece en prados, en matorrais de toxos ou á beira de ríos e regatos. Normalmente florece entre os meses de febreiro e abril.

Conta a lenda que Narciso era un rapaz dotado dunha singular beleza pero que non era capaz de sentir amor polos demais. Un día ollou o seu reflexo na auga dun encoro e, namorouse de tal xeito, que morreu afogado indo tra-la súa propia imaxe.Conta a lenda que Narciso era un rapaz dotado dunha singular beleza pero que non era capaz de sentir amor polos demais. Un día ollou o seu reflexo na auga dun encoro e, namorouse de tal xeito, que morreu afogado indo tra-la súa propia imaxe.As plantas reciben este nome porque, na maior parte dos casos, aparecen preto de cursos de auga ou ligadas a terreos húmidos e asoman a súa beleza nos cursos de auga, polo que se entende a similitude co mito de Narciso, que lles dá o nome.As plantas reciben este nome porque, na maior parte dos casos, aparecen preto de cursos de auga ou ligadas a terreos húmidos e asoman a súa beleza nos cursos de auga, polo que se entende a similitude co mito de Narciso, que lles dá o nome.

Honckenya peploides (Arenaria de mar)É unha planta perenne da familia Caryophyllaceae frecuente nas zonas areosas da costa, incluindo lugares pedregosos ou entre guijarros.

Teñen follas verdes e carnosas e o seu recubrimento exterior a protexe contra os golpes da area nos ventorais e a abundancia de sal. A planta mide entre 10 e 20 cm.

Ten talos ramosos con flores solitarias, ou en cimas con ata 6 flores terminais. Os pétalos son de cor branco ou verdoso.

As plantas forman verdadeiras comunidades ao longo das liñas costeiras bañadas pola auga salgada. Os brotes xurden a partir de estolóns que se arrastran pola area, horizontalmente en gran parte da súa lonxitude, pero en posición vertical.

Os brotes recollidos entre Xuño e Agosto, antes da floración son consumidos crús ou son consumidos crús ou cociñados; Son ricos en vitaminas A e C.cociñados; Son ricos en vitaminas A e C. As follas ferméntanse para usalas como chucrut. En Islandia a planta ferméntase en soro avinagrado e obtense un licor. As sementes úsanse En Islandia a planta ferméntase en soro avinagrado e obtense un licor. As sementes úsanse como aderezo en po para engadir á fariña.como aderezo en po para engadir á fariña.

Esta planta ten os talos de 10-40 cm e as Esta planta ten os talos de 10-40 cm e as follas ovaladas e verticais na base. As flores follas ovaladas e verticais na base. As flores aparecen en racimos e presentan un prominente aparecen en racimos e presentan un prominente espolón (prolongación tubulosa, alargada e oca, espolón (prolongación tubulosa, alargada e oca, situada na base dos pétalos dalgunhas flores). A situada na base dos pétalos dalgunhas flores). A flor é pequena, de uns 2 cm e de cor amarela flor é pequena, de uns 2 cm e de cor amarela con raias pardo vermellas. Os pétalos ábresen con raias pardo vermellas. Os pétalos ábresen ao exterior por dous labios, o superior acabado ao exterior por dous labios, o superior acabado en dous lóbulos e o inferior en tres. O froito é en dous lóbulos e o inferior en tres. O froito é unha cápsula duns 5 mm, con sementes unha cápsula duns 5 mm, con sementes aplanadas, cun brillo metálico.aplanadas, cun brillo metálico.

É moi probable a floración de Marzo a É moi probable a floración de Marzo a Setembro. Probable que se de na costa oeste da Setembro. Probable que se de na costa oeste da Península Ibérica.Península Ibérica.

Especie típica e endémica das costas atlántico-Portuguesas.

O loureiro (Laurus nobilis) é unha árbore quenormalmente varía entre os 5-10 m de altura aínda que pode haber casos nos que chega ata os 20 mde altura. A súa codia é delgada, lisa e de corparda-vermella ou gris. É orixinario do Mediterráneo.Aparece en sitios sombrizos e húmidos, como beirasde regatos, asociado con outras árbores. As súas follas son de cor verde escura, duras, conborde enteiro ou ondulado, o seu tamaño é de 6 a12 cm, ao machacar as follas desprenden un olor agradable, debido a que ten aceites esenciais. O froito é do tipo baga e cando está maduro ten cor negra, o seu tamaño é de: 1-1,5 cm. As flores forman ramiños nas axilas das follas a finais de inverno ou a principios de primavera. As flores poden ser machos ou femias.

O maior bosque de laurisilva que existe en Europa encóntrase na illa de CortegadaO maior bosque de laurisilva que existe en Europa encóntrase na illa de Cortegada,, sitúase no norte da illa e conta con 2´5 hectáreas de espazo total. As súas follas son vistosas e cun olor moi característico por iso soen ser moi usadas como moi usadas como condimentos e tamén teñen uso mediciñal contra o reumatismo, a dor de estómago etc.condimentos e tamén teñen uso mediciñal contra o reumatismo, a dor de estómago etc. A madeira da árbore é de excelente calidade, polo que ten diversos usos. Na cultura popular galega aparte dos usos anteriores, tamén se usaba con un fin protector Na cultura popular galega aparte dos usos anteriores, tamén se usaba con un fin protector contra as tormentas, os meigallos e outras desgrazas.contra as tormentas, os meigallos e outras desgrazas. Probablemente o cultivo do loureiro vén de moi lonxe pois xa en Roma era símbolo de triunfos Probablemente o cultivo do loureiro vén de moi lonxe pois xa en Roma era símbolo de triunfos militares, artísticos ou deportivos, o que deu orixe a palabra bacharelato de BACCA – militares, artísticos ou deportivos, o que deu orixe a palabra bacharelato de BACCA – LAUREATUS. LAUREATUS. Un costume galego é o de colocar no máis alto da casa acabada de construír, un ramo de loureiro como desexo de protección e ventura para a vivenda e os seus habitantes.