(bases reguladoras da participación infantil cidadana na ca…)

1
Bases reguladoras da participación infantil cidadana Cabalgata de Reis 2012 Concello de Sada 1. Obxecto A Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio convoca aos nenos e nenas de Sada co obxectivo de regular a súa participación como “figurantes” na Cabalgata de Reis 2012, o día 5 de xaneiro. As normas de participación regularanse ao tenor do disposto nas seguintes bases. 2. Figurantes das carrozas (nenos/as) 2.1. Pódense inscribir tódolos nenos/as que en data do 1 de xaneiro de 2012 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos e residan na cidade de Sada. 2.2. O período de inscrición comezará ás 10:00 do luns 26 de decembro e rematará o venres 30 ás 18:30h. 2.3. As solicitudes formalizaranse cubrindo a ficha de inscrición que poderán recoller e entregar na Oficina da Xuventude de luns a venres en horario de 10:00 a 15:00 e 16:30 a 18:30h. Asimismo, tamén se aceptarán inscricións vía correo electrónico neste enderezo: [email protected] (só se aceptará a folla de inscrición escaneada e que conteña tódolos datos requeridos). 3. Selección 3.1. A selección realizarase por estricto orde de inscrición. 3.2. O día 2 de xaneiro publicarase a listaxe de seleccionados na Oficina da Xuventude de Sada e no blog: omixsada.blogspot.com 3.3. As persoas inscritas non seleccionadas formarán parte dunha reserva para baixas e serán avisadas para participar na cabalgata seguindo ese riguroso orde de inscrición. 4. Participantes 4.1. Os participantes seleccionados deberán dispoñer dun disfraz relacionado co Nadal así como un chuvasqueiro (en caso de choiva) e personarse no edificio da Lonxa (porto pesqueiro) ás 17:30h do 5 de xaneiro, previa presentación da folla de inscrición. 4.2. Deberán ir acompañados dun adulto, que se responsabilizará da súa recollida cando finalice o percorrido ás 19:00h no Auditorio da Casa da Cultura “Pintor Lloréns” de Sada.

Upload: omixsada

Post on 09-Jul-2015

110 views

Category:

Documents


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: (Bases reguladoras da participación infantil cidadana na ca…)

Bases reguladoras da participación infantil cidadana Cabalgata de Reis 2012

Concello de Sada 1. Obxecto

A Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio convoca aos nenos e nenas de Sada co obxectivo de regular a súa participación como “figurantes” na Cabalgata de Reis 2012, o día 5 de xaneiro. As normas de participación regularanse ao tenor do disposto nas seguintes bases.

2. Figurantes das carrozas (nenos/as)

2.1. Pódense inscribir tódolos nenos/as que en data do 1 de xaneiro de 2012 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos e residan na cidade de Sada.

2.2. O período de inscrición comezará ás 10:00 do luns 26 de decembro e rematará o venres 30 ás 18:30h.

2.3. As solicitudes formalizaranse cubrindo a ficha de inscrición que poderán recoller e entregar na Oficina da Xuventude de luns a venres en horario de 10:00 a 15:00 e 16:30 a 18:30h. Asimismo, tamén se aceptarán inscricións vía correo electrónico neste enderezo: [email protected] (só se aceptará a folla de inscrición escaneada e que conteña tódolos datos requeridos).

3. Selección

3.1. A selección realizarase por estricto orde de inscrición. 3.2. O día 2 de xaneiro publicarase a listaxe de seleccionados na Oficina da

Xuventude de Sada e no blog: omixsada.blogspot.com 3.3. As persoas inscritas non seleccionadas formarán parte dunha reserva para

baixas e serán avisadas para participar na cabalgata seguindo ese riguroso orde de inscrición.

4. Participantes

4.1. Os participantes seleccionados deberán dispoñer dun disfraz relacionado co

Nadal así como un chuvasqueiro (en caso de choiva) e personarse no edificio da Lonxa (porto pesqueiro) ás 17:30h do 5 de xaneiro, previa presentación da folla de inscrición.

4.2. Deberán ir acompañados dun adulto, que se responsabilizará da súa recollida cando finalice o percorrido ás 19:00h no Auditorio da Casa da Cultura “Pintor Lloréns” de Sada.