(bases concurso fotografía de entroido)

2
BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA DE ENTROIDO 1. Obxecto. A Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio convoca un concurso de fotografía de Entroido para premiar os mellores disfraces. A participación no seguinte concurso presupón: A aceptación íntegra de tódalas cláusulas contidas nestas bases A autorización , por parte do autor/es e protagonistas das fotos para publicalas na páxina web do Concello de Sada ou nos medios que considere oportunos. 2. Duración e ámbito Entrarán en concurso as fotos recibidas desde o 20 de febreiro até o 31 de marzo do 2012, ámbos inclusive. Debe entregarse de forma conxunta: 1 fotografía realizada no Entroido 2012 en Sada 1 fotografía realizada nalgún Entroido en Sada cunha antigüidade mínima de 5 anos (non é necesario que sexan os mesmos protagonistas) Datos persoais do autor/a das fotografías que concursa: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico. Título das fotografías e pequena descrición das mesmas A entrega das fotos poderá facerse : Persoalmente na Oficina Municipal de Información Xuvenil Por correo ordinario indicando no sobre “Concurso de fotografía de Entroido” e enviado ao enderezo: Oficina Municipal de Información Xuvenil Avda. da Mariña s/n 15160 Sada A Coruña A través do correo electrónico escanenando as fotografías e enviándoas a [email protected] xunto cos datos persoais requeridos. As fotografías deben cumplir os seguintes requisitos: Fotografía orixinal e non publicada anteriormente noutros medios. En formato JPEG e non debe superar os 2 MB (se se envía a través do correo electrónico) 3. Xurado, selección dos gañadores e verificación

Upload: omixsada

Post on 09-Jul-2015

211 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: (Bases concurso fotografía de entroido)

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA DE ENTROIDO

1. Obxecto. A Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio convoca un concurso de fotografía de Entroido para premiar os mellores disfraces. A participación no seguinte concurso presupón:

• A aceptación íntegra de tódalas cláusulas contidas nestas bases • A autorización , por parte do autor/es e protagonistas das fotos para publicalas

na páxina web do Concello de Sada ou nos medios que considere oportunos. 2. Duración e ámbito

Entrarán en concurso as fotos recibidas desde o 20 de febreiro até o 31 de marzo do 2012, ámbos inclusive. Debe entregarse de forma conxunta:

• 1 fotografía realizada no Entroido 2012 en Sada • 1 fotografía realizada nalgún Entroido en Sada cunha antigüidade mínima de 5

anos (non é necesario que sexan os mesmos protagonistas) • Datos persoais do autor/a das fotografías que concursa: nome e apelidos,

enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico. • Título das fotografías e pequena descrición das mesmas

A entrega das fotos poderá facerse :

• Persoalmente na Oficina Municipal de Información Xuvenil

• Por correo ordinario indicando no sobre “Concurso de fotografía de Entroido” e enviado ao enderezo:

Oficina Municipal de Información Xuvenil Avda. da Mariña s/n 15160 Sada A Coruña • A través do correo electrónico escanenando as fotografías e enviándoas a

[email protected] xunto cos datos persoais requeridos. As fotografías deben cumplir os seguintes requisitos: • Fotografía orixinal e non publicada anteriormente noutros medios. • En formato JPEG e non debe superar os 2 MB (se se envía a través do correo

electrónico)

3. Xurado, selección dos gañadores e verificación

Page 2: (Bases concurso fotografía de entroido)

• Composición do xurado: está integrado por persoal do Concello de Sada • Selección do gañador/a: o xurado seleccionará, con arreglo aos criterios de

orixinalidade dos disfraces e nº de persoas que conforman a fotografía un gañador/a absoluto.

• Unha vez que se cumpla a data de recepción de fotografías, nun prazo máximo

de 15 días, farase pública a decisión do xurado e contactarase telefónicamente co autor/a das fotografías gañadoras, publicando o resultado na páxina web www.concellodesada.com

4. PREMIO

O gañador/a absoluto/a recibirá un diploma acreditativo do Concello de Sada. O premio para as fotografías gañadoras serán 150 “saditas” (equivalente a 150€), que é moeda de compra local que só pode gastarse nos establecementos sadenses adheridos a través da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas. Ademáis disto, á compra con “saditas” implica beneficiarse dun desconto do 20% nos artigos elexidos. As condicións de compra e listaxe de establecementos comunicarase ao gañador/a posteriormente.