asma alessandr a(1)

5
“Asma” por Alessandra Apariz Chaves

Upload: iesasorey

Post on 24-May-2015

76 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Asma alessandr a(1)

“Asma”por Alessandra Apariz Chaves

Page 2: Asma alessandr a(1)

Que é?O asma é unha enfermidade pulmonar, a súa característica principal que a define é a inflamación dos bronquios, o cal conduce a que se fagan máis grosos, produzan máis moco e os músculos que rodean as vías respiratorias se tensionen, isto reduce a cantidade de aire que poda pasar. Tamén produce o aumento de sensibilidade dos bronquios que fai que os bronquios se cerren ante determinados estímulos como o exercicio, aire frío, as infeccións víricas, o humo do tabaco, etc.

Esta enfermidade é cada vez máis frecuente nos nenos e xóvenes.Nos nenos prevalece principalmente a tos,mentras que nos adultos soe aparecer unha rixidez no peito, silbidos e fatiga, sobretodo pola noite.

Page 3: Asma alessandr a(1)

CausasCando falamos de causas de asma podemos distinguir entre causas de asma propiamente ditas ou factores etilóxicos e desencadenantes, que non producen a enfermidade pero si desencadean unha crisis nunha persoa que padecía asma.

Dentro de factores etilóxicos encontramos compoñentes xenéticos ou sustancias que poden producir alerxias como o po, o polen, a caspa da pelaxe dos animais ou fungos microscopicos.

Os factores desencadenantes están relacionados con cambios de clima (principalmente polo frío), exercicio físico intenso, ambientes contaminados,emocións fortes como o estrés, infeccións respiratorias ou un resfriado común.

Page 4: Asma alessandr a(1)

SíntomasAlgúns dos síntomas máis frecuentes son: a tos xeralmente pola noite e de madrugada ou ben ao realizar exercicio físico, sibilancias ou pitos, ruidos en froma de pitos ou silbidos ao respirar, opresión torácica moitas veces manifestada como sensación de peso no peito e por último disnea ou fatiga dificultade para respirar que pode afectar á capacidade para falar ou incluso para alimentarse, en especial nos nenos pequenos.

Cales son os sinais da asma?

-Imnsonio

-Falta de aire nos pulmóns

-Toser cando non tes gripe

-Respiración forzada

-Sensación de peso no peito

Page 5: Asma alessandr a(1)

Tratamento

Non hai menciñas que curen a asma.Sen embargo podemos tomar medidas para evitar, na medida do posible, os diferentes factores que desencadean a aparición desta enfermidade.Cando a prevención fracasa e é inevitable que se desencadee temos menciñas que nos permiten levar una vida normal na medida do posible como:

-Antiflamatorios, diminuen a inflamación dos bronquios, existen por vía inhalatoria ou intravenosa en casos mais graves.

-Broncodilatadores administranse de forma inhalada xa que así chega maior cantidade de fármaco al pulmón, con menos efectos secundarios para o organismo. Existen varios tipos: cartucho presurizado, cámara de inhalación ou polvo seco.

-Inmunoterapia: emplease únicamente nos pacentes sensibles a un alerxeno, nos que non se conseguiu unha resposta adecuada do asma.AdminÍstrase no hospital por personal especializado.

-Antihistamínicos: non controlan o asma pero sí son útiles para diminuir os síntomas alérxicos como picor no nariz, esbirros, enroxecimento dos ollos...