as fragas do eume

33
Parque Natural Parque Natural Fragas do Eume Fragas do Eume

Upload: marichoni

Post on 24-May-2015

393 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: AS FRAGAS DO EUME

Parque NaturalParque NaturalFragas do EumeFragas do Eume

Page 2: AS FRAGAS DO EUME

DATA: 30-7-1997PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera.CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume.VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo, fentos, brións, anfibios, insectos...

Page 3: AS FRAGAS DO EUME

Espazo situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba. O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.

Page 4: AS FRAGAS DO EUME

Na área do parque podemos atopar diversidade de ecosistemas: bosques de ribeira, fraga atlántica caducifolia, monte baixo e algunha zona repoboada con piñeiros e eucaliptos. Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas, e monumentos etnográficos (muíños, pontes) e artísticos (mosteiro de Caaveiro).

Page 5: AS FRAGAS DO EUME

O río Eume, eixo do parque natural, nace na vertente sur da Serra do Xistral, atravesa a Depresión das Pontes e logo encáixase entre rochas graníticas e xistos con fortes pendentes para finalmente formar a ría de Ares.

Page 6: AS FRAGAS DO EUME
Page 7: AS FRAGAS DO EUME

A orografía do terreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o caudal do río afectando ás especies que viven nel.

Page 8: AS FRAGAS DO EUME

Encoro do Eume ou da Capela. Antiga central Ventureira.

Page 9: AS FRAGAS DO EUME

O Eume augas abaixo da presa.

Page 10: AS FRAGAS DO EUME

Encoro do Eume e serra do Queixeiro

Page 11: AS FRAGAS DO EUME

Central do Parrote no río San Bartolomeu.

Page 12: AS FRAGAS DO EUME

Canón do Eume, nunha das zonas declaradas reserva integral.A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no outono.

Page 13: AS FRAGAS DO EUME

Fraga do Eume no Verán.

Page 14: AS FRAGAS DO EUME

Interior da Fraga

Page 15: AS FRAGAS DO EUME

Fervenza de TeixidoFervenza no Canón do Eume

Page 16: AS FRAGAS DO EUME

Fervenzas no Sesín, en Caaveiro.

Page 17: AS FRAGAS DO EUME

Río Sesín. Os monxes de Caaveiro construíron para o servicio do mosteiro unha ponte e un muíño no río Sesín afluente do Eume.

Page 18: AS FRAGAS DO EUME

Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.

Page 19: AS FRAGAS DO EUME

FLORAAs fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galicia e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galicia- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250 de liques –máis de 20 moi raros na flora española-, 100 de fungos e 220 de brións e hepáticas.

Page 20: AS FRAGAS DO EUME

Fentos no rego do Parrote.As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península: Culcita macrocarpa (especie de interese mundial en perigo de extinción), Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans...

Page 21: AS FRAGAS DO EUME

Culcita Macrocarpa, unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.

Page 22: AS FRAGAS DO EUME

Woodwardia radicans, outro fento pouco común presente nas Fragas do Eume. Os seus frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude.

Page 23: AS FRAGAS DO EUME

Cubrindo o solo e as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies de musgos ou brións presentes en Galicia.

Brións e hepáticas.

Page 24: AS FRAGAS DO EUME

Hipérico

Fento (Hymenofilium)

Page 25: AS FRAGAS DO EUME

FAUNAA fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas de invertebrados.

Libeliña (Calopterix splendens)

Page 26: AS FRAGAS DO EUME

Hai catalogadas 103 especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque.

Picapeixes (Alcedo Athis). Pousa en ponlas enriba da auga desde as que mergulla para pillar peixes e insectos acuáticos.

Ferreiro abelleiro (Parus major). Aniña nos ocos das árbores e aliméntase da ampla variedade de arañas e insectos que viven nos bosques.

Bufo real (Bubo bubo).

Page 27: AS FRAGAS DO EUME

Entre as 40 especies de mamíferos os máis salientábeis son o gato bravo, a xeneta, o lobo, o corzo, o porco teixo, a marta, o raposo, os morcegos, a lontra...

Gato algario (xeneta)

Gato bravo

Lontra (Lutra lutra)

Page 28: AS FRAGAS DO EUME

Nas Fragas do Eume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta –Chioglossa lusitanica- endemismo do noroeste da Península Ibérica.).

Page 29: AS FRAGAS DO EUME

Entre os invertebrados atópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a lesma manchada (Geomalacus maculosus) a caracola plana Elona quimperiana, o escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas fragas.

Albariña galega (Ctenocarabus galaicus)

Lesma manchada (Geomalacus maculosus)

Caracola plana (Elona quimperiana)

Page 30: AS FRAGAS DO EUME

Bacaloura, macho e femia (Lucanus cervus). As larvas viven durante varios anos no interior das árbores.

Escarabello rinoceronte (Oryctes nasicornes). Un escarabello de gran tamaño que pode medir máis de 4 cm de longo. Pouco visible por ser de costumes nocturnos. As larvas aliméntanse durante varios anos nos toros das árbores podres.

Page 31: AS FRAGAS DO EUME

Limenitis camilla, unha bolboreta que vive en zonas de arboredo e ribeiras dos ríos. A eiruga aliméntase de Loniceras (herbas salgueiras ou chuchameles).

Page 32: AS FRAGAS DO EUME
Page 33: AS FRAGAS DO EUME

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta