as de cores - oleiros

32
todas todas as as cores cores De De

Upload: others

Post on 24-Nov-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: as De cores - Oleiros

todastodasasascorescores

De

De

Page 2: as De cores - Oleiros

Dende as Bibliotecas

Municipais ofrecemos esta guía

de lectura cunha selección de

libros, discos ou películas. Son

obras de calidade literaria,

artística ou científica, que

divirten, emocionan, fan pensar

ou aportan novos coñecementos.

Témolas nas nosas bibliotecas e

pódense levar en préstamo.

Page 3: as De cores - Oleiros

Poesía infantil e xuvenil

MargaritaRubén Dario. EkaréA historia dunha princesa que quería ter unhaestrela. Un poema marabilloso que todos temosque ler.

Poemas para pintarConcha Blanco. Ilustracións dos Alumnos ealumnas da escola da Igrexa-Cacheiras. SoteloBlanco Gracios@s e tenros poemas ilustrados pol@snen@s. A calor do sol e do fogar, o colorido dasbolboretas, do Entroido e da primavera, o amorpolos animais e pola familia, son algúns dos te-mas que forman parte deste compendio.

Poemas que me cantou o griloAna Mª Fernández. Ilustracións de FaustoIsorna. Tambre34 poemas de ritmo áxil e vocabulario sinxelo querapidamente conseguen fascinar a nen@s paraler ou recitar en voz alta.

Poetízate. Antoloxía da poesía galegaFran Alonso(editor literario). XeraisDe Rosalía de Castro a Yolanda Castaño, de Cu-rros a Lois Pereiro, unha viaxe divertida pola poe-sía galega.

¿Quen vive aquí?Ana María Fernández. GalaxiaO mundo está cheo de paisaxes, con xente dife-rente, plantas e animais distintos. As súas ca-sas tamén son distintas, pero no fondo todossomos iguais.

Page 4: as De cores - Oleiros

O souto do ananoHelena Villar Janeiro. Ilustracións de MartaÁlvarez. ObradoiroO anano é o habitante máis máxico do souto. Estásempre disposto a fixarse ben nas cousasmarabillosas que trae o paso dos días e dasnoites.

Tú acabas los poemasLola Casas, Mercé Aránega. EdebéPoemas sinxelos sobre xogos, comidas, activida-des, que os nen@s teñen que completar coa pa-labra que falta.

Obras de coñecementos

infantís e xuvenís

Camuflaxe animalBelinda Weber. BaíaA camuflaxe é a forma que teñen os animais parapasar desapercibidos, aprende como se confun-den os animais co seu entorno.

Hasta el infinitoKveta Pakovská. Faktoría K de LibrosLibro de letras e números en páxinas despregablese troqueladas para todos os públicos. Un alardeda ilustradora checa que xoga c@s lector@sen cada folla.

InsectosBarbara Taylor. BaíaLibro con asombrosas fotografías ampliadas quemostran intrigantes detalles de diferentes tiposde insectos.

Page 5: as De cores - Oleiros

Los inventosÉmilie Beaumont, Philippe Simon, Marie-LaureBouet. FleurusIlustrativo libro que explica a historia de moitosdos instrumentos e técnicas empregadas na nosavida cotiá.

LobosRosa Costa-Pau. Ilustracións de Tiziana Lerda.ParramónPercorrido pola vida do lobo na colección «Des-cubre y aprende».

Mi álbum de fotosPascale Estellon. BlumeLibro? Caderno para colorear? Que máis ten! Estelibro fainos divertidas propostas para completaras ilustracións coa nosa imaxinación.

Niños del mundoLa GaleraEscenas cotiás de nen@s de todo o mundo.

Los porqués de la salud: las respuestas delDr. Quesí y el Dr. QuenóIlustracións de Monike Czarnecki. SM.Por medio do doutor Quesí coñeceremos asrespostas a todas as preguntas sobre a saúde,mentres que o doutor Quenó daranos explicaciónsun tanto peculiares.

El viaje de la evolución (El joven Darwin)Vicente Muñoz Puelles. AnayaVersión para rapaces da viaxe arredor do mundode Darwin, a bordo do Beagle, que lle fará com-prender a orixe e a evolución das especies.

Page 6: as De cores - Oleiros

DVD infantil e xuvenil

Aardman classicsNicholas W. Park, dir. Track MediaSelección dalgunhas curtas da AardmanAnimations, creadores de Wallace & Gromit, configuras de arxila.

Bienvenidos a BellevilleSylvain Chomet, dir. S.A.V.Orixinal fita de animación na que a imaxe e amúsica cobran todo o protagonismo ante a inexis-tencia de diálogo.

La brújula doradaChris Weitz , dir. TripicturesAdaptación cinematográfica da obra de PhillipPullman protagonizada por unha nena de 12 anosque fai unha longa viaxe para salvar a un amigo.

Donkey XoteJosep Pozo, dir. FilmaxDivertida versión de animación do cabaleiro daMancha.

Kirikú y las bestias salvajesMichel Ocelot, dir. Cameo MediaO marabilloso personaxe do neno Kirikú terá queenfrontarse a perigosos desafíos...

Mafalda 40 aniversarioQuino. Suevia FilmsCinco dvd para gozar coa visión crítica que teñenos personaxes de Quino do mundo d@s adult@s.

Page 7: as De cores - Oleiros

La profecía de las ranasJaccques-Rèmy Girerd, dir. Ed. S.A.V.O mito do diluvio universal provoca nesta pelícu-la que herbívoros, carnívoros e humanos se poñande acordo para sobrevivir.

RatónpolisDavid Bowers, dir. DreamWorks Animation HomeEntertainmentPorque non todas as ratas son iguais, en Ratón-polis, Roddy coñecerá un mundo diferente...

Libros para nen@s

de Educación Infantil

A araña máis intelixenteZdenko Basic. BaíaEsta araña é moi hábil pode facer calquera cousaque lle pidas, ata un arco da vella.

A casa da dunaFran Alonso. Fotografías de Manuel G. Vicente.XeraisDa comuñón entre texto e fotografía, nace esteálbum ilustrado. Alba e o seu gato viven nunhacasiña de madeira sobre unha enorme duna. Todoestá limpo e cheo de fermosas cores ata que re-ciben a máxica visita doutra nena, Alma, porta-dora de malas novas.

Crocodilo enamoradoDaniela Kulot. Faktoría K de librosDesde que o crocodilo se namorou da xirafa todoson problemas, pero o amor sempre triunfa.

Page 8: as De cores - Oleiros

Este sueño no es míoHernán Goñi, Florencia Bianchi. Ilustracións deEmme. DestinoDin que cando imos durmir a nosa imaxinaciónsegue esperta.

La familia Veo-Veo vuelve al coleBéatrice Veillon. BruñoDivertímonos buscando a Pablo, Sara, os seuspais e máis Lolo, o can da familia.

Un globo vermelloIela Mari. KalandrakaUn libro sen texto,de contido eminentemente vi-sual para as primeiras idades.

El secretoÉric Battut. KókinosÉ moi difícil esconder unha mazá e gardar osegredo se a mazá convértese nunha árbore.

Un segredo do bosqueJavier Sobrino. Ilustracións de Elena Odriozola.OqoDesde que o coñeceu Esquío estaba namorada.Unha historia de amor na que as diferenzas nonson obstáculos.

¡Upa!Agustín Fernández Paz. Ilustracións de NoemíVillamuza. XeraisUn pai e a súa filla protagonizan este conto daserie O meu mundo para @s máis cativ@s.

Page 9: as De cores - Oleiros

Libros para nen@s

de 6 a 8 anos

Cariñoso bicho maloDirk Nielandt. Ilustracións de An Candaele.Edelvives¿Teslle medo ás arañas?, Coli é unha araña peronon é un bicho malo.

Eu tamén son fonteTeresa Moure. Ilustracións de Leandro Lamas.GalaxiaFermoso álbum ilustrado para apoiar a lactaciónmaterna.

Ferocísimos perrosFernando Lalana. Ilustracións de VioletaMonreal. BruñoUnha historia sobre o medo aos cans con moitohumor e á vez con contido pedagóxico.

Nera, a ferreiraIsmelda Barrio Santamaría. Ilustracións de An-drés Meixide. BaíaO día que naceu Nera o Consello de Fadas reuniusepara outorgarlle un desexo moi especial.

PasiñoSimon James. Faktoría K de LibrosSe te perdes soamente tes que andar paso a pasoe chegarás a casa, aínda que sexas o máis novo.

El pesHanna Johansen. Ilustracións de Rotraut SusanneBerner. LóguezDodo está de cumpreanos e quere que lle regalenun «pes», o que ela non sabe son as responsabi-lidades que iso trae.

Page 10: as De cores - Oleiros

¿Quen me quere adoptar?Fina Casalderrey. Ilustracións Mª Fe Quesada.XeraisFálanos da importancia e o valor dos libros e asrelacións familiares e propón unha reflexión so-bre a soidade que viven moitas persoas maiores.

Sacapenas.Anthony Browne. KalandrakaBieito sempre fica preocupado, a súa avoa quefoi así tamén cando nena saberá axudalo con tino.

A serea do mundoEncarna Otero. Ilustracións de Elisa GallegoPicard. GalaxiaFermoso e poético conto dunha serea que viaxapor todo o mundo recollendo escamas e empa-pándose da sabedoría popular.

A toupiña que quería saber quén lle fixeraaquilo na cabezaWerner Holzwarth. Ilustracións de Wolf Erlbruch.KalandrakaA toupiña érguese pola mañá e atópase cunhadesagradable sorpresa na súa cabeza e decidebuscar ao culpable. Un divertidísimo clásico daliteratura infantil.

Unha chea de familiasXosé Antonio Neira Cruz. Ilustracións de RodrigoChao. GalaxiaUnha obra chea de afecto e sensibilidade queaxuda a entender e a asumir a diferenza.

La venganza contra el chistosoGraciela Montes. Fondo de cultura económicaEma está cansada de sufrir as brincadeiras doseu tío Lito, ¿que poderá facer para librarse delas?

Page 11: as De cores - Oleiros

Los viajes maravillosos del hada LilúEmmanuelle Houdart. KókinosA fada Lilú viaxa de estrela en estrela co seu li-bro de maxia que se perde no medio das fermosasilustracións deste conto.

Libros para nen@s

de 8 a 10 anos

Cucho, Coco e o dilema do 6Tino Antelo. Ilustracións de Marina Seoane. Baía:IGAEMHistoria de Cucho que pensa que seis é moito eCoco que pensa que seis é pouco.

Un día horrible en el cole (El secreto mágicode Katie Kazoo)Nancy Krulik. Ilustracións de John y Wendy. BruñoAínda que Katie semella ser unha nena normal ecorrente, pode transformarse en alguén diferen-te. Desde a irmá pequena da súa mellor amigaata Rapidín, o hámster da clase.

Eres únicoLudwig Askenazy. Fondo de cultura económicaUn eloxio da individualidade.

La guerra del comedorNancy Krulik. BruñoSemella que hai problemas no comedor do colexiode Katie.

¡Hola! Yo soy... Otto TerremotoAlan MacDonald. Ilustracións de David Roberts.MontenaCoñece a Otto o neno máis pillabán do mundo,gústalle facer todo o que detestan os maiores.

Page 12: as De cores - Oleiros

Ma y Pa DráculaAnn Martin. Fondo de cultura económicaUnha de vampiros con moito humor.

Marabillas das fadasBlanca Castillo. Ilustracións de José Luis Tellería.BaíaSe les as seis historias, coñecerás máis cousasdas fadas e do seu mundo.

Nun lugar chamado LabirintoÁnxela Gracián. Ilustracións de Ramón Trigo. LuisVives: TambreMarú sae co seu can Pachín á procura do magoAxóuxere, roubado pola dama da gadaña.

O pequeno señor PaulMartin Baltscheit. Ilustracións de Ulf K. XeraisO señor Paul adora os libros, e neles atopa cadadía unha nova aventura que lle fai cambiar ata asúa propia vida.

Pingoriña e o tempoRoberto Aliaga. Ilustración de Mónica GutiérrezSerna. MacmillanO señor Pingoriña pasa a vida na procura detempo, en vez de gozar del...

¡Que medo, Mamá Raquel!Agustín Fernández Paz. Ilustracións de FranJaraba. XeraisSara e Fran quedan sós na casa, entón a súaimaxinación voa e xurde o medo.

Zarah ¿no tendrás miedo verdad?Zoran Drvenkar. Libros del Zorro RojoZarah é pequena e apoucada ¿será quen deintroducirse no bosque e enfrontar os monstrosque agardan alí?

Page 13: as De cores - Oleiros

Libros para nen@s

de 10 a 12 anos

Unha bruxa ben raraCarlos Mosteiro. SMRescate dunha bruxa por parte dun feixe ben rarode rapaces, un dragón e outr@s amig@s.

A historia de ErikaRuth Vander Zee. Ilustacións de RobertoInnocenti. KalandrakaDe como Erika logrou vivir e non chegou a ningúncampo de concentración nazi. Un canto á espe-ranza, á paz e ao ser humano, con impresionan-tes ilustracións.

Jaleo en el tejadoHazel Townson. Ilustracións de David Mckee.AnayaHarry ten que variar a dieta pola chegada do seupai á vez que axuda a súa veciña nun problemano tellado.

Kafka y la muñeca viajeraJordi Sierra i Fabra. Ilustracións de Pep Montse-rrat. SiruelaDe como Kafka inventa cartas contando a viaxeque fai unha boneca para consolar a súa dona,unha nena que perdeu o seu xoguete.

El libro fantásticoTony Diterlizzi, Holly Black. Ediciones BJared, Simon e Mallory Grace acaban de mudar-se á mansión Spiderwick, onde vivirán innume-rables aventuras.

Page 14: as De cores - Oleiros

NorocaiBegoña Paz. BaíaCando o mar invadiu a terra quedou un reduto asalvo, Norocai, un lugar onde a esperanza é fun-damental. Coñéceo.

El ojo del loboDaniel Pennac. Ilustración de Jacques Ferran-dez. MacmillanUn neno queda pasmado diante da gaiola de LoboAzul. O animal pregúntase que quererá del unhumano.

Preocupados.comWilson, Jacqueline. SMO profesor Belos pon en marcha unha páxina webpara que os alumnos da súa aula poidan deixaranonimamente os seus problemas.

A princesa que venceu a sombraXoán Babarro. Ilustracións de Manolo Uhía.EverestLi, era unha princesa pequeniña...tan pequeniñaque se perdía no berce. Para colchón abondá-banlle vinte axouxeriños de uz e, para almofada,o gato dun salgueiro.

A toupiña cegarataÁnxela Gracián. Ilustracións de Jacobo Lijó Viaño.GalaxiaVeludiña é unha toupa que desde cativa sentiu acuriosidade de saber como é o mundo exterior.Non tardará en descubrilo, xa que o seu niño que-da totalmente destruído tras a salvaxe interven-ción de Matías, o can da casa.

Page 15: as De cores - Oleiros

Xenaro e o misterio da mochila verdeMar Guerra. Ilustracións de Fernando Llorente.XeraisA Xenaro gústalle resolver misterios e debido aque se suceden unha serie de roubos, el e os seusdous mellores amigos tentarán de buscarlles unhaexplicación. Obra con moito humor que nos falado valor da amizade e da integración.

Libros para adolescentes

de 12 a 14 anos

Os ArriscadosMiguel Anxo Mouriño. GalaxiaPara formar parte do grupo dos Arriscados haique pasar unha serie de probas e demostrar unmínimo de coñecementos. ¿Estás disposto a serun deles?

Charles DarwinAlan Gibbons. Ilustracións de Leo Brown. BaíaUn mozo grumete do Beagle relátanos as circuns-tancias e peripecias dunha travesía histórica nacompaña do naturalista Charles Darwin.

Con todo el peso de la leyStan Smith. OniroThomas P. Stanwick é un detective afeccionado enecesita da túa axuda para resolver os distintoscasos. Segue as pistas e usa a túa intelixencia.

Page 16: as De cores - Oleiros

A fada das lapasManuel Janeiro. Ilustracións de Zita Delaco.Galaxia A fada das lapas elixe ao mortal fillo do ferreiropara procrear un fillo que sexa dos dous mundos,pero ningún dos proxenitores estará preparadopara afastarse do seu fillo cando chegue o mo-mento. Cunha coidada prosa, Manuel Janeiro re-flexiona sobre o grande drama da perda d@sfill@s.

Gatos e leónsXosé A. Neira Cruz. Ilustración de Enjamio. Pla-neta OxfordMisteriosa e intrigante historia de felinos nasenlleira Venecia.

Os irmáns Corazón de LeónAstrid Lingren. Ilustracións de María Lires. XeraisOs irmáns Karlos e Ionatán atópanse no paraísonunha mestura de realidade e fantasía.

El mar de los trollsFarmer, Nancy. Destino¡De aventuras cos viquing@s!

Un marciano neste mundoConchi Regueiro. Baía EdiciónsNerea non é «un marciano» so é un «pouco su-per-dotada», polo que cursa uns créditos dacarreira na facultade de físicas, mentres conti-nua o curso no instituto.

El secreto del museoHenry Chancellor. MontenaAventuras nun museo con personalidade propia.

Page 17: as De cores - Oleiros

O tesouro das ánimasConchi Regueiro. BaíaA profesora de Natalia e Guillerme desaparece,eles buscarana poñéndose en perigo. A soluciónestá nun enigma agochado nun peto de ánimasque os levará a un tesouro.

Libros para

maiores de 14 anos

Cartas de amorFran Alonso. XeraisNove cartas de amor, todas elas escritas pormulleres desde diferentes lugares.

Corredores de sombraAgustín Fernández Paz. XeraisA aparición dun esqueleto nunhas obras de res-tauración fai que xurdan tódalas preguntas, ataque unha rapaza contestará a todas elas.

Dos velas para el diabloLaura Gallego. SMA guerra milenaria entre anxos e diaños ven decobrar unha nova vítima, pero esta vez as cousasnon han quedar así.

Huída al surJuan Madrid. EdebéNovela negra cargada de suspense e intriga.

El ladrón magoSarah Prineas. Ilustracións de Antonio JavierCaparo. MontenaO que Conn, ladrón de oficio, non sabía era queroubándolle a un mago tamén el se poderíaconverter nun. Pero a maxia pode resultar sermáis perigosa que a propia policía.

Page 18: as De cores - Oleiros

Leyendas de los Otori. El suelo del ruiseñorLian Hearn. AlfaguaraPrimeiro volume da saga dos Otori. Tomasu chegaa súa aldea que acaba de ser incendiada polosTohan que odian aos Ocultos, na súa fuxida atopaa Shigeru do clan dos Otori que o toma baixa asúa protección.

O libro das viaxes imaxinariasXabier P. Docampo. Ilustracións de Xosé Cobas.XeraisFermosa obra que describe as cidades e reinosque vai visitando o viaxeiro, pero que ao mesmotempo nos vai propoñendo unha viaxe ao interiorde nós mesmos.

Material sensible: cuentos cruelesJordi Sierra i Fabra. SMMestura de realidade e literatura a través de tex-tos e fotografías, todo partindo das experienciasvividas polo autor.

A noite que Wendy aprendeu a voarAndreu Martín. XeraisWendy Aguilar, unha policía nova e inexperta,enfróntase a un complicado caso de asasinato,que lle fará medrar persoal e intelectualmente.

A Pomba e o DegoladoFina Casalderrey. XeraisA vida no instituto e moi difícil para André, poloque busca acougo no chat e en «Pomba», a súaamiga cibernética mentres coida dos paxaros doseu avó.

Page 19: as De cores - Oleiros

La tuneladoraFernando Lalana. BambúDe novo o profesor metido a detective, FermínEscartín, terá que resolver un terrible caso, unenxeñeiro que traballa nos túneles do metro desa-parece e...

O único que queda é o amorAgustín Fernández Paz. Ilustracións de PabloAuladell. XeraisFermosos relatos que falan da importancia doamor, «ese sentimento capaz de transformarnosmáis profundamente que calquera outro, e taménda súa ausencia».

VendidaPatricia McCormick. SMUnha historia sinxela para denunciar a venda denenas na India e Nepal para explotalas sexualmente.

Xograres dun tempo novoPepe Carballude. Ilustracións de Beatriz GarcíaTrillo. EverestA través dunha historia de amor, explícanos que eranas Misións Pedagóxicas, por quen estaban forma-das, que facían, etc. Excelente obra para coñeceralgo máis da nosa historia contemporánea.

Zara y el librero de BagdadFernando Marías. SMNeste libro, Premio Gran Angular 2008, a amizadee a solidariedade son valores que traspasan épo-cas e axudan a non repetir o máis noxento daHistoria.

Page 20: as De cores - Oleiros

Banda deseñada

La balada del mar saladoHugo Pratt. Norma EditorialPrimeira das aventuras do mariño Corto Maltéspolas illas do Caribe e outro lugares do mundo,un universo onde o lector coñecerá lugares exóti-cos, cidades milenarias e conflitos e loitas quemarcaron os inicios do século XX.

Belo HorizonteMiguel Anxo Prado. NormaImaxes da cidade brasileira que serven de fondoa unha historia de contrastes e misterios.

MarsupilamiBatem Franqui. SalvatDivertidas historietas desta familia de masupi-lamis que viven tranquilamente na selva.

La memoria en los bolsillosLuc Brunschwig. Ilustracións de Étienne Le Roux.NormaHistoria de amor e de entrega que rompe contódalas barreiras da sociedade.

RatasXaquín Marín. EmboraUnha obra moi interesante de Xaquín Marín quesae a luz novamente, unha historia de cienciaficción chea da imaxinación do autor.

Todo MafaldaQuino. LumenA análise da sociedade e da cultura de finais doséculo XX por unha nena moi crítica. Un libro quetodos temos que ler, imprescindible.

Page 21: as De cores - Oleiros

Narrativa para

moz@s e adult@s

Adiós, hasta mañanaWilliam Maxwell. Libros del asteroideNovela corta sobre o final dunha amizade.

Cabeza de perroMorten Ramsland. SalamandraTres xeracións da familia Erickson desfilan poresta novela que fala da vida sen contemplacións.

La chica que soñaba con una cerilla y un bi-dón de gasolinaStieg Larsson. DestinoSegunda entrega da triloxía Millenium na queLisbeth Salander e Mikael Blomkvist, os prota-gonistas de Los hombres que no amaban a lasmujeres, teñen entre mans a resolución dunhatrama sobre tráfico e prostitución de mulleres.

CrematorioRafael Chirbes. AnagramaUn exitoso promotor urbanístico da costa levantinafai un repaso da súa vida familiar e profesional.

O demo e o profundo mar azulEva Moreda. PositivasDe como se pode triunfar tocando o saxo econverterse nunha figura do Jazz aínda que haxaque renunciar á familia. A emigración contadadesde outro punto de vista.

Page 22: as De cores - Oleiros

La dulce envenenadoraArto Paasilinna. AnagramaUnha inocente anciá ten que facerse cargo dosgastos mensuais do seu desalmado sobriño e osseus amigos. Un cúmulo de casualidades van irpoñendo a cada quen no seu sitio.

Fado da princesaXosé Ramón Pena. GalaxiaUnha muller de finais do século XX que loita polasúa liberdade coartada polos roles sociais.

Festina lenteMarcos S. Calveiro. XeraisNovela histórica que nos fala dun encadernadorque desenvolveu a súa vida profesional naCompostela de finais do século XVI e principiosdo XVII, ao mesmo tempo que realiza un retratoda vida social e cultural desta época.

El grupoMary McCarthy. TusquetsAs mulleres, tal como éramos.

Hacia los confines del mundoHarry Thompson. SalamandraA través de oitocentas páxinas, Thomson relata aviaxe de Darwin no Beagle, o barco no que pasa-rá cinco anos como naturalista e donde se xestaa súa obra sobre a orixe das especies.

Historia de una mujerMarcelo Birmajer. Seix BarralIsabel, que parece non avellentar, é ademaisvítima da súa propia beleza. O autor pretende ri-diculizar aos maltratadores e tamén o rol pasivoda vítima.

Page 23: as De cores - Oleiros

Los hombres que no amaban a las mujeresStieg Larsson. DestinoPrimeira entrega da triloxía Millenium, con unhatrama de intriga que denuncia os malos tratos ásmulleres.

El quinto en discordiaRobertson Davies. Libros del asteroideA misteriosa morte de Boy Staunton, magnatecanadense, leva ao seu mellor amigo a revisartoda a súa vida en común.

Retorno a BridesheadEvelyn Waugh. TusquetsAnos 20, unha aristocrática mansión na campiñainglesa, uns mozos que se inician na vida adulta eno amor; estes son os ingredientes da novela.

Retrato de una damaHenry James. Ediciones del bronceUnha das obras mestras do autor, narra a histo-ria dunha moza americana que viaxa a Europacoa súa tía rica, todo complícase e outros querenapoderarse da súa herdanza.

O sabre do francésMiguel Anxo Fernández. GalaxiaOnce relatos sobre a loita dos galegos contra astropas napoleóncas de 1809.

Tras do solporHaruki Murakami. GalaxiaEn Toquio, no tempo que vai da medianoite aoamencer, transcorre esta novela, con dúas pro-tagonistas principais: Eri, unha moza que pasa oseu tempo durmindo e vainos contando o quesente e Mari, unha lectora solitaria de bar.

Page 24: as De cores - Oleiros

Tres segundos de memoriaDiego Ameixeiras. XeraisUn mozo de 30 anos, parado e á espera da próxi-ma oferta de precariedade laboral, deambula polavida contándonos o seu día a día.

A vida nova de Madame BovaryXosé Carlos Caneiro. GalaxiaHermelinda enganada polo seu marido, abando-na a vida familiar para refuxiarse nunha peculiarcasa de hóspedes chamada O Gatopardo.

Poesía para

moz@s e adult@s

Desmemoriado ríoPura Vázquez. Espiral MaiorUnha obra imprescindible dentro da traxectoriadunha das mellores poetas actuais en linguagalega.

RomanceroSantillanaUnha coidada selección de romances desde osmáis antigos aos actuais.

Non queres que o poema te coñezaMaría do Cebreiro. P.E.N. de GaliciaCon este libro de poemas gañou o II PremioCaixanova de poesía esta poeta galega, que es-cribe poemas como ríos que discorren mansos...

Page 25: as De cores - Oleiros

Oda a la bella desnuda y otros escritos deamorPablo Neruda. Ilustracións de María José Ro-mero. EkaréPara namorar e namorarse.

Otoño y otras lucesÁngel González. TusquetsUn magnífico poemario dun dos melloresexemplos da literatura española do século XX edo presente.

Poesía con los jóvenesMario Benedetti. Visor41 poesías de diferentes obras, que o propioBenedetti seleccionou para un recital que ofreceuen Madrid.

Poemas e contos da murallaA Nosa TerraPoetas, escritores e artistas galegos xuntáronsepara elaborar esta homenaxe á muralla de Lugono ano da súa presentación á UNESCO para quese declarase Patrimonio da Humanidade.

Page 26: as De cores - Oleiros

Libros de coñecementos

para moz@s e adult@s

La cocina del microondasMaría Victoria Llamas. Alianza EditorialUn libro básico para utilizar o forno microondase tamén facer receitas moi apetitosas, sinxelase baratas.

El detective en el supermercadoMichael Pollan. Temas de hoyComo debemos alimentarnos para estar sans.

A linguaxe e as lenguasRamón Piñeiro. GalaxiaCon este texto ingresou o homenaxeado deste anonas Letras Galegas na Real Academia Galega noano 1967.

El método 1,2,3 para portarse bienMª Luisa Ferrerós. PlanetaA forma fácil e divertida de acadar un compor-tamento axeitado d@s fill@s desde que nacenata a adolescencia.

Mi lucha contra la fibromialgiaAlfred, Blasi. HorizonteNovas investigación sobre esta enfermidade.

Olladas no futuroRamón Piñeiro. GalaxiaO Día das Letras Galegas deste ano esta dedica-do a Ramón Piñeiro. Este libro recolle escritosdeste autor ao longo de vinte e cinco anos da súavida e a historia do pensamento sobre a Galiciamáis recente.

Page 27: as De cores - Oleiros

A pintura en Galicia: Do XVII ás últimastendencias=La pintura en Galicia: Del XVII alas últimas tendenciasFrancisco Pablos. Nigra TreaUnha análise coidada e exhaustiva pola nosa pin-tura desde o século XVII ata ás figuras actuais.

¿Qué ocultan nuestros hijos?Javier Urra. La esfera de los librosUnha recompilación de respostas dadas por ado-lescentes e pais consultados por toda a xeografíaespañola servirá de axuda para comprender unpouco máis aos nosos mozos e mozas.

Ramón Piñeiro: a expresión cultural dunhaestratexia políticaMercedes Queixas Zas. LaioventoAnálise sociopolítica da figura do homenaxeadoeste ano no Día das Letras.

Tengo 50 años ¿qué me pasa doctor?Eduardo Fernández Villoria... [et al]. PlanetaPara saber máis sobre a etapa da menopausa ea madurez.

Vida e obra de Ramón PiñeiroBeatriz García Turnes. GalaxiaEsta obra divídese en dúas partes. Na primeiratitulada A batalla do futuro fala da súa biografíae na segunda presenta unha escolma de textosdeste intelectual.

Page 28: as De cores - Oleiros

DVD para

moz@s e adult@s

Al final de la escapadaJean-Luc Godard, dir. UniversalAclamada «opera prima» da Nouvelle Vague fran-cesa que estende as súas influencias visuais eestéticas ata a actualidade.

Los falsificadoresStefan Ruzowitzky, dir. Cameo MediaÓscar 2008 á mellor película estranxeira. Atípicodrama de campo de concentración centradonunha inusual historia de supervivencia.

Granujas de medio peloWoody Allen, dir. Lauren FilmsSátira de Woody Allen sobre a cultura do éxito naactualidade.

La historia del camello que lloraByambasuren Davaa e Luigi Falconi, dir. DivisaDocu-drama ambientado en Mongolia sobre astradicións das tribos nómades do deserto do Gobi.

La joven de la perlaPeter Webber. DeAPlanetaBaseada na obra de Tracy Chevalier, drama his-tórico sobre a vida do pintor flamenco JohannesVermeer na Holanda do século XVII.

El mercader de VeneciaMichael Radford, dir. Manga FilmsAdaptación do texto de Shakespeare protagoni-zada por Al Pacino nunha coidada recreación daVenecia do século XVI.

Page 29: as De cores - Oleiros

Mi hermano es hijo únicoDaniele Luchetti, dir. DeAPlanetaDrama familiar co trasfondo dos acontecementospolíticos na Italia dos anos 60.

Rocco y sus hermanosLuchino Visconti, dir. Manga FilmsDrama familiar centrado nas traumáticas expe-riencias do cambio social e económico italianodos anos 60.

A scanner darklyRichard Linklater, dir. Warner Bros.Versión da obra de Philip K. Dick na que os acto-res reais (Keanu Reeves, etc.) son personaxesanimados.

SyrianaStephen Gaghan. Warner Bros.Thriller político sobre a xeo-estratexia da econo-mía global e as súas consecuencias.

Uno, dos, tresBilly Wilder. MGMSátira sobre a Guerra Fría. Comedia en estadopuro chea de «gags» a velocidade de vertixe.

CD AudioCD AudioCD AudioCD AudioCD Audio

Camiños da fin da terraLuar na Lubre. Warner MusicTradición e maxia na súa última gravación.

Cinema do marCarlos Núñez. Sony BMG MusicVisión persoal de temas clásicos e música de cine.

Page 30: as De cores - Oleiros

Un día cualquieraNacha Pop. Emi MusicAntoloxía definitiva (1980-1987) dun grupo em-blemático do pop español.

Magic timeVan Morrison. Universal MusicSoul con tonalidades jazz a cargo do «León deBelfast».

DebutBjork. Mother RecordsPrimeiro disco en solitario (1993) da cantanteislandesa.

9 SymphoniesLudwig Van Beethoven. Deutsche GrammophonOrquestra Filarmónica de Viena dirixida porLeonard BernsteinVisión persoal das 9 sinfonías coa usual expresi-vidade de Bernstein.

8 SymphoniesFranz Schubert. Deutsche GrammophonOrquestra Filarmónica de Berlín dirixida por KarlBöhmElegancia e excelencia interpretativa, que fandesta colección un achegamento definitivo.

New York, New YorkBanda Sonora Orixinal. EmiClásicos dos anos 40 e 50 en clave Big Band,interpretados por Liza Minelli.

Page 31: as De cores - Oleiros

SISTEMA DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAISDO CONCELLO DE OLEIROS

* Biblioteca Central Rialeda. Perillo

* Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación daMuller «Rosalía de Castro». Santa Cruz

* Biblioteca Pública Municipal «Manuel María». Oleiros

* Biblioteca Pública Municipal «Mª José Trincado». Mera

* Biblioteca Pública Municipal «Mª José Ruso». Dorneda

* Biblioteca Pública Municipal «Ánxel Fole». Nós

* Biblioteca Pública Municipal «Xograr Mendiño». Lorbé

* Biblioteca Pública Municipal «Federico García Lorca». Montrove

Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.com

Catálogo do fondo bibliográfico: http://bmpg.rbgalicia.org/oleiros

Page 32: as De cores - Oleiros

Catálogo das bibliotecas:http://bmpg.rbgalicia.org/oleiros

SISTEMA DE BIBLIOTECASPÚBLICAS MUNICIPAISDO CONCELLO DE OLEIROS

Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.comVisita o noso blog: