arte gótica - edu.xunta.gal · arte gótica ana navas, 2010‐11 1

3
Arte gótica Ana Navas, 201011 1 III. A escultura gótica ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN DA CATEDRAL DE REIMS 1. Clasificación Cronoloxía: 12301260 Estilo: escultura gótica Comitente: o bispo dirixe e promociona as obras da catedral. Autores: coñecidos como mestre do sorriso e mestre clasicista 2. Contexto históricoartístico Aplicar o contexto do gótico que teñades preparado, engadindo algo específico da escultura (páxs.180181). 3. Breve historia da catedral Ver o documento de Reims en arquitectura. 4. Análise e comentario Estrutura: o grupo escultórico da Anunciación e da Visitación sitúase na xamba dereita da porta central da fachada occidental da catedral de Reims. Trátase dunha portada monumental que contén os elementos construtivos constantes neste tipo de edificios góticos: grandes arquivoltas de arcos apuntados coroados cun gran gablete, tímpano, parteluz, lintel e xambas. Nesta portada se desenvolve un completo programa iconográfico de temática mariana. A arquitectura segue a ser o marco propio da escultura, sen embargo no gótico variou dita relación xa que a distribución da escultura é menos caótica e aínda que as figuras estivesen adosadas a soportes arquitectónicos estas tenden a “saír” e adquirir un volume completo. Os doseletes que protexen algunhas estatuas e as peañas, incrementan este efecto de independencia. Contido iconográfico e elementos formais A. Anunciación. Mestre do sorriso. Tema iconográfico : o anxo anuncia a María a súa maternidade. Grupo composto por dúas estatuas: María e o anxo que sorrí. Inspirado polos modelos cortesáns de arte amable. Caracterízase por: Naturalismo evidente na humanización das actitudes. O anxo sorrí, mentres que María permanece en actitude humilde. Solemnidade, en relación coa trascendencia do representado Beleza idealizada nos rostros. Movemento a partir da xesticulación dos brazos, as súas cabezas inclínanse. Contraposto no anxo. Pregas con pouco volume, ríxidas, rectas e en ángulo, especialmente en María que marcan a verticalidade. Independízanse do marco arquitectónico Están sobre unha peaña B. Visitación. Mestre Clasicista Tema iconográfico : visita de María a súa curmá Sabela. Inspirado polos modelos da arte clásica Caracterízase por : Naturalismo especialmente marcado en reflectir a diferenza de idade entre María e Isabel. Realismo nos rostros, expresivos e diferenciados, especialmente Isabel Movemento en S, as súas cabezas inclínanse e as súas mans xesticulan

Upload: dinhthien

Post on 17-Feb-2019

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

                                                           Arte gótica  

Ana Navas, 2010‐11                                                        1  

III. A escultura gótica ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN DA CATEDRAL DE REIMS 

1. Clasificación  Cronoloxía: 1230‐1260 Estilo:  escultura gótica Comitente: o bispo dirixe e promociona as obras da catedral.  Autores: coñecidos como mestre do sorriso e mestre clasicista  2. Contexto histórico‐artístico 

Aplicar o contexto do gótico que teñades preparado, engadindo algo específico da escultura (páxs.180‐181). 

3. Breve historia da catedral Ver o documento de Reims en arquitectura. 4. Análise e comentario  

Estrutura: o grupo escultórico da Anunciación e da Visitación sitúase na xamba dereita da porta  central da  fachada occidental da  catedral de Reims. Trátase dunha portada monumental que contén os elementos construtivos constantes neste tipo de edificios góticos: grandes arquivoltas de arcos apuntados coroados cun gran gablete, tímpano,  parteluz,  lintel  e  xambas.  Nesta  portada  se  desenvolve  un  completo programa iconográfico de temática mariana. A arquitectura segue a ser o marco propio da  escultura,  sen  embargo  no  gótico  variou  dita  relación  xa  que  a  distribución  da escultura  é  menos  caótica  e  aínda  que  as  figuras  estivesen  adosadas  a  soportes arquitectónicos estas tenden a “saír” e adquirir un volume completo. Os doseletes que protexen algunhas estatuas e as peañas, incrementan este efecto de independencia. 

Contido iconográfico e elementos formais  A. Anunciación. Mestre do sorriso.  

Tema  iconográfico:  o  anxo  anuncia  a  María  a  súa  maternidade.  Grupo composto  por  dúas  estatuas:  María  e  o  anxo  que  sorrí.  Inspirado  polos  modelos cortesáns de arte amable.  

Caracterízase por: • Naturalismo  evidente  na  humanización  das  actitudes.  O  anxo  sorrí, 

mentres que María permanece en actitude humilde.  • Solemnidade, en relación coa trascendencia do representado • Beleza idealizada nos rostros.  • Movemento  a  partir  da  xesticulación  dos  brazos,  as  súas  cabezas 

inclínanse. Contraposto no anxo. • Pregas con pouco volume, ríxidas, rectas e en ángulo, especialmente en 

María que marcan a verticalidade. • Independízanse do marco arquitectónico • Están sobre unha peaña 

B. Visitación. Mestre Clasicista  Tema  iconográfico:  visita  de  María  a  súa  curmá  Sabela.  Inspirado  polos 

modelos da arte clásica Caracterízase por: 

• Naturalismo  especialmente marcado  en  reflectir  a  diferenza  de  idade  entre María e Isabel. Realismo nos rostros, expresivos e diferenciados, especialmente Isabel  

• Movemento en S, as súas cabezas inclínanse e as súas mans xesticulan 

                                                           Arte gótica  

Ana Navas, 2010‐11                                                        2  

• Tratamento  clásico,  seguramente  inspirado  en  modelos  romanos  antigos: contraposto, perfección nos pregamentos profundos que envolven os  corpos que se adiviñan baixo a roupa. 

• Actitude serena. Conversan, xestos • Independízanse do marco arquitectónico • Están sobre unha peaña 

Características da escultura gótica:  1. NATURALISMO  GÓTICO,  represéntase  o  mundo  visible  tal  e  como  é,  o  ser 

humano e a natureza comezan a  ser de novo valorados, consecuencia dunha nova visión do mundo influída pola filosofía Escolástica (Sto.Tomás de Aquino) e  polas  Ordes Mendicantes  (Franciscanos)  que  favorecen  o  achegamento  á natureza  como  creación  divina.  As  esculturas  gañan  tamaño  e  melloran  as proporcións,  teñen  expresividade,  actitude  dialogante  xa  que  con  frecuencia forman grupos de gran forza expresiva. Hai tamén no período que estudamos un avance manifesto nas proporcións das figuras e na mellora técnica. 

2. MOVEMENTO: lonxe da frontalidade e do hieratismo románicos.  3. TRATAMENTO DAS ROPAXES: as pregas, cada vez máis abundantes e con maior 

sensación de peso e movemento, poden ser brandas ou angulosas  (incluso se recorrerá aos panos mollados de tradición clásica). 

4. SENTIDO NARRATIVO, utilizando recursos moi variados: relación e diálogo entre os personaxes, potenciación dos xiros, escorzos, torsións, olladas.  

5. A  PORTADA  continua  sendo  o  seu  soporte  principal,  pero  no  Gótico  a distribución da escultura é menos caótica. Nas xambas,  igual que no parteluz, aínda  que  as  figuras  estean  adosadas  a  soportes  arquitectónicos,  tenden  a adquirir un volume completo e a independizarse do marco arquitectónico. 

6. Os  doseletes  que  as  protexen  e  as  peañas  sobre  as  que  se  asentan, incrementan este efecto de independencia.  

7. A  ICONOGRAFÍA DE MARÍA  alcanza  unha  gran  difusión  e  variedade. O  culto mariano  foi especialmente  impulsado pola Orde do Císter e a súa  iconografía aparece    nos  tímpanos,  nos  parteluces,  gabletes,  etc.  Os  motivos  máis representados  nos  relevos  das  portadas  fan  referencia  ao  ciclo  desde  a Presentación da Virxe nena no templo ata a súa Coroación, Morte (Durmición) e  Asunción  de  María.  Mantéñense  tamén  os  temas  da  Visitación  e  da Anunciación.  Pero  sen  dúbida  é  a  María  nai  de  Cristo  a  iconografía  más tipicamente gótica, a representación  convértese en escena íntima e maternal.  Función didáctica: A función didáctica que teñen as  imaxes na arte occidental 

cristiá desde a Alta Idade Media perdura no mundo gótico. Ensinar aos fieis, polo xeral analfabetos,  os  dogmas  e  principios  do  Cristianismo.  A  Igrexa  domina  o  panorama cultural  e  as  imaxes  instrúen  aos  fieis,  ensinándolles  os  camiños  para  chegar  ao Paraíso. O home,  creado por Deus, para  salvarse debe  imitar a vida de Cristo e dos santos, que  se  lle ofrecen  como modelo. Pero  a  imaxe de Deus  xa non é  terrible e xusticiera, coma no Románico,  senón paternal ao que colabora a presenza de María como mediadora. 

Función simbólica: A portada  representa a porta do ceo e da casa de Deus e advirte da  importancia de  traspasar o  seu umbral, é o  lugar,  reservado aos  crentes, polo que se abandona o mundo profano e se penetra no  mundo de Deus. 

                                                           Arte gótica  

Ana Navas, 2010‐11                                                        3  

 En  conclusión,  conxunto escultórico  característico e  representativo do  século 

XIII  cos  trazos  propios  do  gótico  tanto  na  temática  da  vida  de  María  coma  no tratamento  das  figuras. Os  dous  grupos mostran  trazos  diferenciadores,  o  primeiro afonda  na  expresividade  das  imaxes  (Anunciación)  e  o  segundo  recupera  trazos estéticos do mundo clásico (Visitación). 

  ‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐………………………..‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐ IMAXES: 

  

   

1. Portada central 2. Xamba dereita: Anunciación e Visitación