animais

14
ANIMAIS

Upload: laurafernanlopez

Post on 16-Aug-2015

247 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Animais

ANIMAIS

Page 2: Animais

ANACONDA (Ismael Dios)

A anaconda, tamén chamada boa de auga, pode medir máis de 12 metros de longo e de 30 centímetros de diámetro e pode pesar máis de 200 kg. As súas presas principais son grandes roedores aínda que de vez en cando poden comer algún caimán ou crocodilo.

Esta serpe non é velenosa e mata as súas presas con constrición, ou sexa, por estrangulamento. Pode ter máis de 60 crías. A min gústame este animal porque é forte e grande e porque me parece moi curioso.

Page 3: Animais

ARAÑA ESPELLO (Ainhoa Rodríguez)

Elixín a araña espello porque me pareceu bonita e antes non a coñecía. Estes animais foron descubertos en 1912. Pode cambiar o tamaño dos cristais “espellos” de seu abdome segundo se sinta ameazada.

É orixinaria de Australia e o seu nome débese á súa aparencia física xa que parece que está esculpida a man con cristais de ouro e prata. Ten unha serie de parches de cristal que reflicten todo o que as rodea e resúltalles moi efectivo á hora de defenderse dos seus depredadores.

Page 4: Animais

AMERICAN STANFORD (Hugo Bouzos)É unha raza de can que representa forza debido ao seu tamaño e musculatura.

Coñecino por un xogo e despois busquei información xa raza me parecía curiosa.

Procede de Inglaterra e Estados Unidos.

É un can que non pode andar pola casa xa que ten que estar nun sitio aberto porque é moi bruto e gústalle xogar. Goza coa compañía humana e ten un instinto protector sobre todo cos nenos e sabe cales son os seus límites ao xogar. A simple vista e un can normal pero ten unhas orellas afiadas e un fociño coma os bulldog.

Page 5: Animais

O TARSERO PANTASMA (Antía Alonso)

Hai moitos animais raros pero o que máis me interesou foi o tarsero pantasma porque é moi interesante a súa forma de vivir e tamén porque é moi bonito.

O tarsero pantasma é un tipo de primate pequeno que vive nas árbores, ten unha cola moi longa e posúe hábitos nocturnos. Nalgúns países é considerado un amuleto de boa sorte.

Estes animais teñen o corpo cuberto de pelo marrón e son moi suaves, cos ollos moi grandes, as patas traseiras moi longas ao igual que os seus dedos con uñas e as súas orellas son afiadas. O mellor hábitat para eles son os bosques de Filipinas, Sumatra e Borneo porque sempre están nas árbores. Son moi sociables e soen estar en grupos,a maioría do tempo en pequenos grupos familiares. Aliméntanse de insectos.

Page 6: Animais

A AVESTRUZ (Pablo Pérez)

É un animal ovíparo que pon os ovos máis grandes do mundo.Posúe ás pero non lle serven para voar pero si para equilibrarse e converterse nunha gran corredora. É a ave existente máis grande do mundo e pode chegar a medir 3 metros e pesar 180 kg. A palabra avestruz significa “pardal grande como un camelo.”

Eu escollina porque é un dos meus animais favoritos pola sua técnica de defensa: consiste en agochar a cabeza na terra e para esconderse dos seus depredadores. Habitan en África e aliméntanse de follas, sementes e, de vez en cando, de flores.

Dáme mágoa que non sexa un animal doméstico para unha casa normal, de cidade, e ao mellor nun sitio aberto e con anos de confianza, pódese domesticar algunha.

Page 7: Animais

GRAN LÉMUR DO BAMBÚ (Zaira Barreiro)

O gran Lémur do Bambú pertence a unha orden de primates que só habitan en Madagascar. Dise que é o lémur máis pequeno do mundo con só 30 gramos de peso. Posúe unha incrible visión e un nariz moi sensible. A maioría teñen longas colas que lles permiten manter o equilibrio mais non se poden colgar delas. As súas mans están compostas por cinco dedos e uñas para poder agarrar obxectos sen dificultade. Algúns teñen a lingua moi longa e con ela alcanzan o néctar das flores

Soen ser moi sociables e permanecen maior parte do tempo nas árbores. Estes primates aliméntanse de follas, flores e froitos. Algúns pola noite comen insectos.

Page 8: Animais

BABOSA DE MAR DE COR (Alejandra Míguez)A babosa de mar de color é un animal orixinario do océano Pacifico, dende Tailandia ata Australia. Están emparentadas coas babosas mariñas. Son animais moi velenosos, polo que non necesitan cuncha mariña para protexerse xa que as súas rechamantes cores alertan aos posibles depredadores do tóxicos que son. Poden presentar diferentes colorido, sen ningún tipo de orde. A súa forma lembra a dun submarino.

Elixín este animal porque me pareceu especial polas súas cores.

Page 9: Animais

O AXOLOTE (Samuel Poza)

O axolote é unha especie de salamanca que habita no Lago Teúrxico (México). Resulta moi interesante aos ollos dos científicos porque aínda que poden chegar a medir 30 centímetros, normalmente mide 15 cms e teñen unha asombrosa capacidade para rexenerar diversas partes do seu corpo. Pode vivir 25 anos e actualmente está en perigo de extinción.

Page 10: Animais

O GOLFIÑO ( Andrea Pintos)

O golfiño é o meu animal favorito. Elixino porque me gustan os espectáculos que fan e eles parécenme moi bonitos.

Os golfiños son mamíferos mariños relacionados coas baleas. Hai cerca de corenta especies de golfiños agrupadas en 17 xéneros. Podemos atopalos en todo o mundo, sobre todo nos mares pouco profundos das plataformas continentais.

Os golfiños teñen un corpo áxil e adaptado para nadar a gran velocidade . É un dos animais máis intelixentes do planeta e a maioría teñen a vista e o oído moi desenvolvido e poden oír frecuencias dez ou máis veces por encima do límite superior do oído humano adulto. O sentido do tacto do golfiño tamén está moi desenvolvido. Iso si, teñen sentido do gusto e mostran preferencias por certos tipos de alimentos. Os golfiños son carnívoros.

Comunícanse con sons e son animais sociables que viven en mandas de ata unha ducia de exemplares. En lugares nos que abunde o alimento, os grupos chegan a fusionarse temporalmente creando agrupacións que poden superar os 1.000 golfiños.

Page 11: Animais

GATO ESFINXE (Daniel Vidal)

O gato esfinxe é unha raza de gato cuxa característica mais rechamante é que lle falta a pelaxe, pero a pesar do seu nome e fama, o gato esfinxe si ten pelaxe, unha moi moi moi fina, case imperceptible ao tacto e á vista.

Apareceu bioloxicamente dunha mutación natural ao longo da evolución.

Este gato é moi bo para a xente que ten alerxia ao pelo dos animais e aínda así queren ter unha mascota.

Ten uns ollos enormes, con forma de limón, e unhas grandes orellas con forma triangular.

Escollín este animal porque me gusta aínda que pouca xente estea de acordo nisto comigo.

Page 12: Animais

O TIGRE (Rodrigo González)

Un dos animais máis maxestosos que hai é o tigre e atópase só no continente asiático. É un depredador carnívoro e é a especie de felino máis grande do mundo.

É un animal solitario e territorial que soe habitar en bosques densos. O tigres soen ter un cor laranxa e raias negras, pero non todos son así porque tamén os hai brancos. O tigre está en perigo de extinción.

Page 13: Animais

O PANGOLÍN (Paula Novoa)O animal que eu escollín é o pangolín, un animal moi estraño e similar a un armadillo. Non é que sexa moi bonito pero é diferente.

Este animal atópase nas zonas de Asia e de África. Eu vin pola televisión a un pangolín asiático dalgunha selva de Tailandia, no programa de Frank da xungla. O seu nome procece do malaio “penggulin” que se traduce como rolo.

Ten o corpo cheo de escamas pero non coma as das serpes, o fociño alongado e os ollos pequenos. As orellas deste animal só son un buraquiño pequeno pero ten o sentido do oído moi desenvolvido e é capaz de oír ata o máis mínimo son. Ten catro patiñas curtas pero unhas garras moi afiadas. O seu tamaño varía segundo a especie de pangolín que sexa, podendo medir dende 30 cm ata 1m. Cando ten medo o que fai este mamífero é enrolarse sobre si mesmo e pon como armadura as súas escamas.

A pena é que a pel destes animales úsana para facer chaquetas e bolsos, por ese motivo está na listaxe dos animais en perigo de extinción, o bo é que en Tailandia considérase un animal protexido.

Page 14: Animais

PAVO REAL (Susana Marcote)

Cando falamos de aves, debemos pensar que hai moitísimas variedades, especies, cores, tamaños... e cada quen ten o seu hábitat e os seus costumes, así como tamén o seu propio ambiente natural no que vivir.

Unha das aves máis admiradas e máis bonitas do mundo é o pavo real.

O pavo real pertence ao xénero pavo e á familia phasianidae aínda que o seu nome científico é pavo cristatus.

É unha ave moi territorial e pouco voadora xa que soamente voa para subirse a algunha árbore na que pasará a noite.

O macho na idade adulta pode chegar a pesar ata 5 kg e aos dous metros e medio de lonxitude aproximadamente, mentres que a femia pode chegar aos 3kg e soamente á metade de lonxitude ca o macho.

A esperanza de vida desta ave é de 15 anos, aínda que hai rexistrados algúns casos de algo máis de 20 anos de idade.

Na coloración entre o macho e a femia hai algunhas diferenzas: o macho ten plumaxe azul na cabeza, pescozo e peito e unha gran cola de cor azul, verde e tonalidades marróns cuns ''ollos'', mentres que a femia non ten esta bonita cola, senón unha moito máis pequena e as súas cores son un pouco máis apagadas. As femias poñen entre tres e cinco ovos.

Aliméntanse de insectos, pequenos animais e plantas.

Esta bonita ave foi sempre moi apreciada e nalgunhas ocasións criadas polos humanos coma se fosen mascotas.