tema 5 industrialización en españa s xix

Post on 23-Jun-2015

455 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

SOCIEDADE E INDUSTRIALIZACIÓN NA ESPAÑA DO S. XIX

INTRODUCIÓNEn España, no S. XIX desmantélase o Antigo

Réxime.Consolídase o modelo económico baseado na

industria e no CAPITALISMO.A sociedade estamental deu paso a

SOCIEDADE DE CLASES.En España, a industrialización realizouse con

atraso. España seguía a ser un PAÍS AGRÍCOLAA burguesía industrial tivo un crecemento

menor ca noutros países europeos.

A POBOACIÓN ESPAÑOLANo S. XIX a poboación española medrou, aínda que

menor que no respto de Europa.1797 11,5 mill. de habitantes1900 18,6 mill. de habitantes

O crecemento foi o resultado da DIMINUCIÓN DA MORTALIDADE E MANTEMENTO DA NATALIDADE

O ascenso da poboación foi por:Aumento da produción agrariaMellora da dieta alimentaria, por iso foi a poboación

menos vulnerable as enfermidades.Desaparición das grandes epidemias.Melloras condicións hixénicas e avances médicos.

TODO ISTO FIXO REDUCIR A MORTALIDADE

A poboación non se distribue igual en toda a penínsulaO peso demográfico da periferia incrementouse

respecto das rexións interioresO maior crecemento foi en MADRID, CATALUÑA,

MURCIA, CANARIAS, PAÍS VASCO…MOVEMENTOS MIGRATORIOS:

A abolición do RÉXIME SEÑORIAL fixo que moitos campesiños tivesen que emigrar.

Nunha primeira etapa, os emigrantes dirixíronse os NÚCLEOS URBANOS máis próximos A partir de 1860 iniciouse un ÉXODO RURAL cara

MADRID, BARCELONA E BISCAIA.Nunha segunda etapa, o aumento de poboación

obrigaron a moitos españois a emigrar a AMÉRICA

AGRICULTURAA REFORMA AGRARIA LIBERAL

A reforma agraria liberal é o conxunto de reformas cuxo obxectivo era a DISOLUCIÓN DO ANTIGO RÉXIME

Tamén se introduce a produción capitalista.Esta transformación realizouse en España ao longo da

1ª metade do S. XIX ( CANDO SUBEN OS PROGRESISTAS EN 1837)

Durante esta etapa consolidouse a PROPIEDADE PRiVADA, que se transformou nunha mercadoría que podía ser vendida e comprada libremente.

Nesta etapa destacaron as DESAMORTIZACIÓNS ( a maioría das terras pertencentes a IGREXA (DESAMORTIZACIÓN DE MENDIZABAL en 1836, DESAMORTIZACIÓN DE MADOZ en 1855)

MENDIZABAL

DIÑEIRO RECAUDADO COA DESAMORTIZACIÓN

Unha parte das terras Desamortizadas foi mercada pola burguesía ou campesiños acomodados.

Esta desamortización foi para a maioria dos propietarios unha fonte de ingresos grazas as RENDAS que tiñan que pagar os campesiños.

ESCASO DESENVOLVEMENTO AGRARIOA reforma agraria non lle permitía aos

campesiños acceder a propiedade da terra.Os campesiños seguían a ser XORNALEIROS

pobres ou tiveron que emigrar as cidades.

A man de obra barata non estimulou a MECANIZACIÓN nin o aumento da produción.

Os campesiños eran tan pobres que non podían comprar NON ESTIMULOU O CONSUMO

O resultado foi o mantemento de baixos rendementos agrícolas e pobreza da poboación agraria.

Supuxo un escaso estímulo para o avance da INDUSTRIALIZACIÓN

Distribución da terraLATIFUNDIO

Estremadura, Castela e Andalucía MINIFUNDIO

Submeseta Norte E Galicia PRODUTOS AGRÍCOLAS MÁIS DESTACADOS:

Galicia: PATACA E MILLO Mediterraneo: ARROZ E CÍTRICOS Cataluña e A Rioxa: VITICULTURA Andalucía: OLIVEIRA

INDUSTRIALIZACIÓNPROBLEMAS DA INDUSTRIALIZACIÓN EN

ESPAÑAO proceso de industrialización produciuse en

España con atraso.A finais do S. XIX, España continuaba a ser un

país agrario.So CATALUÑA, PAÍS VASCO, ASTURIAS E

MADRID eran rexións industrializadas.

Os principais factores que influiron negativamente na industrialización foron:Escasa capacidade de compra da poboaciónFalta de investimentos e ausencia dunha

burguesía industrialProblemas de transporte pola falta de estradas

e ferrocarril.Escaseza de fontes de enerxía e mala calidade

do carbón.Posición afastada de España respecto dos

nucleos industriais europeos.

SECTORES INDUSTRIAIS: SIDERURXIAOs primeiros altos fornos instaláronse en

ANDALUCÍA ( Málaga e Huelva)Estas industrias contaban con mineral de

ferro, pero debían alimentar os fornos con carbón vexetal, de escasa capacidade calorífica, ou importar carbón de coque.

Esta situación provocou o declive e desaparición da siderurxia andaluza a mediados do S. XIX

O segundo centro foi ASTURIAS (1868-1874). A calidade do seu carbón non era moi alta, pero tiña gran cantidade .

Isto permitiu instalar alí ALTOS FORNOSO centro máis importante foi PAÍS VASCO

A partir de 1876, consolidouse como potencia siderurxica.

O éxito foi grazas a creación dun eixe comercial polo cal se exportaba ferro a Inglaterra, a cambio de importar carbón de coque galés, que era de mellor calidade.

INDUSTRIA TÉXTILMediados do S. XVIII, en CATALUÑA xa existía unha

importante produción manufactureira de indianas.A prohibición de importar ALGODÓN FIADO en

1802, fixo que aumentase e aparecese a INDUSTRIA TEXTIL MODERNA.

1830 prodúcese a MECANIZACIÓN instalando as máquinas de fiar que se empregaban en Gran Bretaña.

1833 comezou a funcionar a 1ª máquina de Vapor.Cataluña non tiña carbón e tiña que importalo de

Gales. Isto facía encarecer a produción

MINARÍAEn España temos gran cantidade de minerais. A

explotación masiva iniciouse a partir de 1868.Destacou a minaría de CHUMBO, COBRE (rio tinto),

MERCURIO e CINC.A explotación de moitos destes depositos concedeuselle a

empresas estranxeiras sobre todo de FRANCIA e INGLATERRA.

As dúas principais actividades mineiras foron as do CARBÓN e o FERRO, debido á expansión da siderurxia:Principais minas de carbón……………ASTURIASPrincipais minas de ferro……………….BISCAIA.

A INMENSA MAIORÍA DOS PRODUCTOS FORON EXPORTADOS O EXTERIOR

FERROCARRILA construción de liñas de Ferrocarris tivo que agardar

a LEI XERAL DE FERROCARRIS DE 1855 (GOBERNO PROGRESISTA)

Entre os anos 1856 e 1865 tendéronse en españa ao redor de 4500 km de via.

En 1885 xa tíñamos 3000 km máis.A maioría dos materiais para a construción foron

importados doutros lugares, por iso a siderurxia española non supo aproveitar a oportunidade para o seu desenrolo.

1848 constrúese a primeira liña ferrea: BARCELONA ata MATARÓ

SOCIEDADE EN ESPAÑA NO S. XIXA revolución liberal e industrialización transformaron a

sociedade. Pero en España o predominio agrícola e escasa industrialización fixo que a BURGUESÍA fose débil.

A NOBREZA e CLERO SEGUÍAN TENDO GRAN INFLUENCIA.CLASES DIRIXENTES:

NOBREZA TERRATENIENTE: perdera dereitos señoriais, pero conservaba a propiedade da terra.

BURGUESÍA: nova clase social adiñeirada. Compartía importancia e propiedades coa nobreza. ERAN PROPIETARIOS DAS NOVAS INDUSTRIAS E DOS BANCOS.

MEDIANA BURGUESÍA: era escasa e estaba constituída por pequenos empresarios industriais, comerciantes, funcionarios…

CLASES POPULARES URBANAS:Nas cidades destacaba un importante grupo de ARTESÁNS

e persoas adicadas os servizos.MULLERES: destacaba o traballo destas no SERVIZO

DOMÉSTICO.PROLETARIADO INDUSTRIAL: o crecemento da industria

fixo que moitos campesiños emigrasen as cidades na busqueda de traballo. Isto fixo aparecer unha nova clase social: O PROLETARIADO. As súas condicións de vida eran moi duras:

Xornadas de 12 a 14 horas diarias Salarios baixos co que apenas podían alimentarse Sen seguridade en caso de enfermidade ou accidente. Habitaban vivendas pequenas mal ventiladas e sen servizos

OS CAMPESIÑOSOs campesiños constituían a maior parte da

poboación.En 1860 o 65% da poboación eran campesiños.Unha parte deses campesiños traballaba as

terras dos propietarios agrícolas cun ARRENDAMENTO.

Outra parte máis numerosa, traballaban a cambio dun xornal: eran XORNALEIROS.

As condicións de vida desta poboación, resultaba moi precaria.Os seus salarios eran escasos e sempre

sometidos os propietarios.Isto fixo que as REVOLTAS CAMPESIÑAS fosen

frecuentes

top related