reserva da biosfera gerês-xurés

Post on 10-Feb-2017

184 Views

Category:

Engineering

10 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

RESERVA DA BIOSFERAGerês-Xurés

Inclúe unha ampla área de montaña entre o norte de Portugal e o suroeste da Provincia de Ourense, en Galiza, dominada polas serras do Xurés-Gerês, Amarela e A Peneda, cunha rede fluvial que se articula fundamentalmente arredor do Limia/Lima e o Cávado.

SUPERFICIE: Total 330.874 ha: GALIZA: 62.916 ha. Concellos: Lobios, Entrimo, Muiños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande.PORTUGAL: 267.958 ha. Concellos: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montealegre.

TIPO DE PROTECCIÓN-RESERVA DA BIOSFERA (26/5/ 2009)

Inclúe ademais (totalmente ou en parte):-Parque Natural Baixa Limia serra do Xurés

-LIC Baixa Limia-ZEPA Baixa Limia – Serra do Xurés -Parque Nacional da Peneda - Gerês

-SIC Serras da Peneda e Gerês-Zona de Protecção Especial (ZPE) da Serra

do Gerês-Reserva Biogenética Matas de Palheiros-

Albergaria

VALORES NATURAIS E CULTURAIS:

Ecosistemas de montaña, ríos, bosques, formacións glaciarias, unha

gran variedade de flora e fauna atlánticas e mediterráneas, arte,

arqueoloxía, etnografía...

Zona Núcleo34.434,31 ha (13%). Zonas de reserva integral e zonas de protección especial establecidas nos Plans Portugués e Galego. Territorios cun valor de conservación moi alto onde no existen núcleos de poboación e case non hai actividades humanas.

Cumes da serra

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés ocupa 20.920 ha no suroeste da provincia de Ourense nos concellos de Entrimo, Lobios, e Muíños, lindando con Portugal e unido ao Parque Nacional Portugués da Peneda-Gerês. O LIC Baixa Limia inclúe, ademais dos terreos do parque natural, a Serra da Pena e a Serra do Laboreiro nos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea.

Cartel informativo da Serra do Xurés no Miradoiro do Pedreiriño (Entrimo).

PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GERÊS CONCELLOS: Terras de Bouro, Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e Montalegre.Esténdese polas serras do Gerês, Amarela, Soajo e A Peneda.SUPERFICIE: 70 290 hectares

Zona Tampón89.564,91 ha (35 %). Zonas con distinta consideración integradas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no LIC e ZEPA, no SIC Peneda Gerês e a Zona de Protecção Especial de Avifauna (Serra do Gerês). Territorios cun valor de conservación alto, unha elevada naturalidade e diversidade, con actividades compatibles coa conservación dos hábitats, a flora e a fauna.

Gando nos arredores de Pitões das Junias.

Zona de Transición135.46,78 ha (52 %) Integrada polo territorio non incluido nas categorías anteriores, onde se pretende fomentar as actividades económicas que potencien a conservación dos valores naturais e o desenvolvemento sostible, así como a cultura e as tradicións.

A Terrachá, capital do concello de Entrimo vista desde o miradoiro do Pedreiriño (na estrada de A Terrachá a Queguas), desde o que se ve case toda a comarca.

O RELEVOUnha sucesión de serras forman un arco que marca a fronteira entre Galiza e Portugal: Leboreiro, Queguas, Montes do Quinxo, Santa Eufemia, Xurés/Gerès e Pisco. Na zona galega atópanse os montes de Bande e as lombas da Pena da Edra, polo norte. Na zona portuguesa as serras da Peneda, Amarela e Soajo. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés.

Cumes do Xurés

SERRA DO LABOREIRO Forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata os vales dos río Castro Laboreiro e Agro (Limia). De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os cumes máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34- (1.334 m), na fronteira.

Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude media, situada no concello de Castro Laboreiro.

Desde os cume hai unha vistas impresionantes para os catro puntos cardinais.Na serra do Laboreiro nacen tributarios do Miño (Deva e Troncoso); e do Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Cumes da Gestosa e serra do Xurés ao fondo.

Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.

Penedo Grade e Pena de AnamãoPenagache

Formacións graníticas na Ameixueira, das derradeiras estribacións do Laboreiro cara ao sur.

SERRA DE QUEGUASCon orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeada polos vales dos ríos Agro e Casal ou da Montaña. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos (1.233 m) e Pena Grande (1.208 m).Conserva restos arqueolóxicos (mámoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre todo o Xurés.

Vista xeral da serra de Queguas. No centro a poboación do mesmo nome, desde a que se poden facer varias rutas de sendeirismo.

MONTES DO QUINXOMacizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.

SERRA DE SANTA EUFEMIASituada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha grande área da serra está declarada Reserva Integral

Vista xeral da serra de Santa Eufemia, co encoro de Lindoso, no río Limia.

SERRA DO XURÉS/GERÊSCon orientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial.

Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de A Terrachá a Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia.

Val de Vilameá e A Nevosa

Nestas serras consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: circos glaciares, vales, moreas, rochas estriadas, acumulacións de depósitos fluvioglaciais... (Vilameá, Homen, Coucelinho, Cervas...)

A Penafurada, nas proximidads das Albas.

O Sobreiro e, ao fondo, A Nevosa desde Portugal

A Fontefría

As Gralleiras

A Pica das Gralleiras

Cabras feras nas Gralleiras

As Gralleiras

A Fontefría e Brazaleite

Val glaciar do río Homen, en Portugal

A Roca Negra (á esquerda) e o Caucãu (á dereita) en Portugal

Domo granítico da Rocalva (Portugal)

A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, érbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas.

LOMBAS DA PENA DA EDRAProlongación cara ao nordeste da Serra do Laboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para toda a contorna: Serra do Xurés, O Laboreiro, terras de Bande e Celanova...

SERRA DO PISCOCompartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas. Desde os cumes hai unha vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores.

Vista xeral da serra do Pisco desde Portugal.

Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.

MONTES DE BANDEPequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m.

SERRA DA PENEDAEsténdese con dirección N-S e a máxima elevación é o Outeiro Alvo con 1.314 metros. Está formada por rochas graníticas espidas. 

Serra da Peneda desde o Laboreiro.

Penameda na Serra da Peneda

Serra da Peneda

SERRA DE SOAJOEsténdese con dirección NE-SO e está formada por masas graníticas que sobresaen nos cumes e forman curiosas paisaxes de penedos. O monte máis alto é A Pedrada, con 1.416 m.

SERRA AMARELAEsténdese con dirección NE-SO entre os ríos Lima e Homen, en Portugal. Acada 1.362 m na Louriça.

A Serra Amarela, detrás do monte de Santa Eufemia

GLACIARISMO:No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares (Ramisquedo, Coucelinho, Cervas); vales glaciares (Homen, O Cabril, Vilameá - punto de interese xeolóxico-, Alto Vez); moreas glaciares (Ramisquedo, val do Vez, O Cabril, Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-).

Depósito glaciario no Val de Vilameá

(Xurés)

OS RÍOSO río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro, Vez, Adrão, Froufe, Germil e Cabril) que baixan a el desde a serras que o rodean. O Cávado percórreo polo sur. O Miño serve de linde ao espazo polo norte, no concello de Melgaço e recolle as augas do Barxa o Mouro e outros afluentes. No leste do espazo nace o río Vilaza (Támega).

En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica.

RÍO LIMIA/LIMANace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros das Cunchas e Lindoso. Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa. Desemboca en Viana do Castelo. Recibe pola dereita as augas do Cadós, Grou, río do Casal ou da Montaña, Castro Laboreiro, Adrão e Vez; e pola esquerda o Rousa, Salas, Lobios, Caldo, Cabril, Froufe e Germil.

Encoro de Lindoso, compartido con Portugal. O Limia, neste espazo, está encorado en case todo o seu percorrido.

Encoro das Cunchas, na Baixa Limia.

RÍO CADÓSRecolle as augas das Lombas da Edra e lévaas ao encoro das Cunchas, drenando unha grande parte do concello de Bande. Está explotado por unha minicentral.

Fervenza en Ponte Cadós.

RÍO GROU Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral.

RÍO DA MONTAÑA, DE PACÍN OU DO CASALNace entre o Codesal e a Gestosa e recolle auga da serra de Queguas. O principal afluente é o Agro que nace entre o Pedroso e a Ameixueira. Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil.

O Río da Montaña na serra de Queguas

Un afluente do Agro na serra do Laboreiro

RÍO BARCIA ou CASTRO LEBOREIRONace en Portugal e durante unha grande parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.

O río Castro Leboreiro no barranco de Olelas.

O río Castro Leboreiro en Castro Laboreiro (Portugal)

O río da Peneda e un afluente que cae nun gran salto ao pé do Santuario da Nosa Señora da Peneda.

RÍO SALASNace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Está axplotado por unha central eléctrica. Ten numerosas fervenzas.

Desembocadura do Salas no Limia, no encoro de Lindoso.

Pozo Negro ou Pozo da Seima no río Salas (Cela, Lobios).

RÍO CALDONace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.

O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.

Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita). Na parte alta atópase o paso fronteirizo da Portela do Home.

FERVENZA DE CORGA DA FECHANa parroquia de Riocaldo do concello de Lobios.O regato da Fecha, afluente do río Caldo pola dereita, salva varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas.

RÍO VILAMEÁÉ un afluente pola dereita do río Caldo que nace no Alto dos Cabrós e baixa por un val profundo no que se aprecian claramente as pegadas do glaciarismo.

RÍO NAUNace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. En parte do seu curso hai rápidos e pequenos saltos.

RÍO VEZ: nace na serra de Soajo e ten un percorrido de 36 km. Xúntase co Lima preto de Ponte da Barca.

Arcos de Valdevez

RÍO CÁVADONace nas abas portuguesas da serra do Larouco e desemboca en Esposende. Os principais afluentes son o Beredo, Cabril, Fafião, Arado e Homen pola dereita; e o Rabagào, o e o Saltadouro, pola esquerda.

Río Homen

Cascata do Arado Cascata no rego do Campesinho, un afluente do río Beredo en Pitões das Junias.

Poço Azul no río Conho (Fafião)

RÍO MIÑONeste tramo discorre polo norte de Melgaço, facendo linde con Arbo e Crecente. recolle as augas do río Barxas e do Riveiro do Porto.

RÍO BARXAS Un afluente do Miño que nace na serra do Laboreiro e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal.

Río Barxas en Ponte Barxas

RÍO MOURONace na serra da Peneda e xúntase co Miño preto de Mato (Monçao) .

Val do Mouro entre a Serra da Peneda e a Fonte Seca

Río Mouro en Lamas de Mouro

LAGOAS: Nos cumes achairados das serras consérvanse algunhas lagoas naturais (Marinho) e outras reforzadas por pequenas presas (A Peneda, Os Carríns, Olelas).

Lagoa da Meadinha na serra da Peneda.

AS AUGAS TERMAISXorden en distintos puntos do espazo aproveitando as liñas de fallas: ás beiras do Limia (Bande), Caldo (Riocaldo) e Gerès (Caldas de Gerés).

Surxencia na canle do río Caldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e fluoradas.

FLORAAs especiais características físicas e xeolóxicas das serras e a súa ubicación no límite entre as áreas de influencia climática atlántica e mediterránea, converten a esta área nun lugar no que se mesturan as especies de ámbalas dúas zonas ademais de área de reserva de especies residuais e outras endémicas únicas. No espazo Xerés-Gerês atópanse 807 especies vexetais cun número considerable de especies endémicas ou raras Destaca a presenza de dous endemismos lusitano-galaicos: Armeria sampaioi e Ceratocapnos claviculata subsp. picta, e 117 endemismos ibéricos

Armeria humilis, endemismo dos cumes do Xerés-Gerês.

Lirio do Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción. En Galiza só se atopa no Xurés e ocasionalmente no Courel.

Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés.

AS ÁRBORESNalguhas zonas atópanse pequenas masas boscosas de calidade: Carballeira da Barxa (Muíños), unha das poucas carballeiras naturais da serra do Xurés; Mata de Alberguería, Parque Nacional Peneda-Gerês con carballos centenarios, faias, teixos e acivros; Fraga de Brazalite, Mata do río Mau, Mata do Beredo, Mata do Cabril, Mata do Mezio, Mata do Ramiscal, mata de Fieiras.Destaca a presenza de Loro ou acereiro (Prunus lusitanica), recordo da flora de épocas pasadas (única localización en Galiza).

Faias na mata da Albergaría

Loro ou acereiro (Prunus lusitanica).

Carballeira da Barcia, na Reserva Integral

Reboleira en Muíños, na beira do encoro das Cunchas.

Mata de Albergaría (Portugal)

Carballos da Praza de San Roque en Bande.

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballos (Quercus robur):-Praza de San Roque en Bande. Dous exemplares de 5,5 e 6,5 m de perímetro. Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.-Monte da Clamadoira, no Barrío de Muíños (concello de Muíños) (5 m de perímetro).-Calvos de Randín, a carón da Igrexa, (5,70 m de perímetro)-Capela de San Antón, Randín (o máis groso mide 5,70 m de perímetro)-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.-Capela de San Bieito de Grou (Lobios), varios exemplares.-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro).-Mata da Albergaría.

Cerquiño en Queguas.

Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).-Capela da Clamadoira, do Barrio de Muíños. -Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro)-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Castiñeiro (Castanea sativa)-Mugueimes, Muíños (8 m de perímetro)

Sobreiras (Quercus suber)-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).

Érbedo (Arbutus unedo) á beira do río Conho (Portugal)

FAUNAEste territorio proporciona refuxio a fauna de gran valor natural como consecuencia da interacción entre as características orográficas e as diversas comunidades vexetais presentes: 268 vertebrados (61.4% aves) e 1.196 especies de invertebrados, entre as que se atopan numerosas especies en perigo de extinción.

A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.

Bolboreta Euphydryas aurinia.

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). Gosta de lugares cálidos, cubertos de mato baixo, polo que só se atopa na metade sur de Galiza.

As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.

Vaca barrosã portuguesa.

Nalgunhas serras da zona (Portugal) críanse cabalos “garranos” en liberdade.

HISTORIA E PATRIMONIO CULTURALAs terras do Xurés-Gerês foron habitadas desde tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico.

DOLMES: Casiña de Moura e Casola do Foxo ao pé do encoro de Salas; Casa da Moura (Queguas), Castro Leboreiro, Outeiro do Ferro, Mourela, Lapa da Moura (Serra Amarela).

Dolme Casiña de Moura, ao pé do

encoro de Salas.

RESTOS ROMANOSNa época romana foi unha importante zona de paso. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga.

Calzada e miliarios en Riocaldo (Lobios)

Ruínas romanas de Aquis Querquernis, en Bande. Nas proximidades atópase o centro de interpretación “A Vila Romana”.

Restos da vila termal romana de Riocaldo (Lobios)

IGREXAS: santuario da Peneda, San Bento da Porta Aberta, Bom Jesus do Monte, mosteiro de Pitôes das Júnias, capelas da Nosa Señora do Xurés, A Clamadoira e San Benito de Grou: igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, igrexa de Entrimo...

Capela da Nosa Señora do Xurés

Santa Comba de Bande, unha das pricipais representacións da arte visigótica na Península, construída a finais do século VII.

Restos do mosteiro de Pitões das Junias

Pontella en Queguas(Río da Montaña)

PONTESCastro Laboreiro, Cava da Velha (Mezio), Dorna, A Peneda, Soaxo, río Lobios, Ferreiros (Entrimo), Arcos de Valdevez, Ponte da Barca...

Ponte da Barca (río Lima)

Río Agro (Entrimo)

Río Cabril

Ponte sobre o río Mouro (Lamas de Mouro).

Ponte Cava da Vella, sobre o río Castro Laboreiro (Assureira).

Pontella en Portos (Castro Laboreiro).

HÓRREOS/ESPIGUEIROS: Vilameá, Soajo, Lindoso, Cidadelhe, Parada...

Espigueiros en Soajo (Portugal)

Espigueiros en Lindoso (Portugal)

Hórreos en Vilameá (Lobios)

FORNOS COMUNAIS: Tourem, Ameijoeira, Rubiás dos Mistos...

Forno en Ameijoeira

CHIVANAS OU CASAROTAS: Refuxios temporais dos pastores na montaña, ou para gardar os animais: Cabaniña do Curro, Curral do Mouro, Pión de Paredes, Portela da Amoreira, Curral do Marabaixo, Curral da Carballa...

Val de Vilameá

Os Carríns

As Gralleiras

CORTES: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán.

Cortíns da Carballeira (Queguas).

Abrigo nos Carríns (Serra do Xurés)

BRANDAS: Asentamentos habitados durante o verán mentres se mantiña o gando nas partes altas da serra. Actualmente algunhas son residencias permanentes.O resto do ano habitaban nas inverneiras (asentamentos de máis baixa altitude).O traslado do gando ás brandas consérvase como tradición e día de celebración comunitaria.

Brandas de Portos (Castro Laboreiro)

ALBARIZAS OU SILHAS DOS URSOS: Estruturas de pedra que protexen os cortizos: Olelas, Alvite, Silhas do Moninho, Sarillão, Várcea, Xertelo...As producións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.

Albariza tradicional en Alvite.

Lapelas

FOXOS DO LOBO: Construcións para cazar lobos.

Pitões das Junias

Fafião

CASTELOS: Lindoso, Castro Laboreiro, Araúxo...

Castro Laboreiro

Lindoso

Baños de Bande (río Limia). As augas abrollan a unha temperatura de 48ºC.

TERMAS: Riocaldo, Bande, Caldas de Gerès.Un dos valores da Baixa Limia, aprezado xa polos romanos, son as augas termais que xorden en distintos puntos da comarca ao longo do curso dos ríos Limia Caldo e Gerès.

Surxencias do río Caldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e fluoradas. Na actualidade están aproveitadas pola Vila Termal de Riocaldo. Unha parte da surxencia termal do río Caldo é recollida nunha piscina de uso público moi frecuentada por veciños da zona galegos e portugueses, xa que son augas recomendadas para tratar problemas da pel, vías respiratorias e reúma.

EXPLOTACIÓNS MINEIRAS: Especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970. Os Carríns (Portugal), Mina das Sombras (Lobios).

Os Carríns

MUÍÑOS HIDRÁULICOS: Na maioría dos ríos do espazo.

Río Nau (Lobios)

Conxunto etnográfico de Paredes do Río

LAGARES DE ACEITEPara moer as olivas

As Olas (Portugal)

Peto de ánimas en Grou

Fonte, pía e lavadoiro en Paredes do Río

PRINCIPAIS ACTIVIDADES:Agrogandeira, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica...

Unha das principais actividades das serras é o pastoreo. Na serra do laboreiro consérvase unha raza autóctona de can, o can da serra.

Presa e encoro das Cunchas no río Limia

Albufeira da Caniçada, no encontro dos ríos Gerês e Cávado

Pitóes das Junias (Montalegre, Portugal)

Cainheiras (Portugal)

Rouças (Arcos de Valdevez, Portugal)

Torneiros e Riocaldo (Lobios).

Alvite (Lobios), unha das poboacións máis altas do Xurés.

Salgueiros na década de 1980, antes de comezar a súa rehabilitación. Esta poboación foi abandoada a mediados do século XX e na actualidade é propiedade da Xunta de Galiza que está rehabilitándoa para servizo do Parque Nacional.

Casas tradicionais en Venceáns (Entrimo)

Local do centro de Interpretación do Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”.

INFORMACIÓN VISITANTES, MUSEOS-Sede do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xerés (Lovios)-Parque Natural Peneda-Gerês: varias Casas do Parque, centro de interpretación de Lamas de Mouro.-Ecomuseo: Barroso (Gerês)-Museo etnográfico da auga: Paredes do Río (Gerês)-Centro de Educación Ambientel: Vidoeiro (Gerês)-Centro de Interpretación Aquis Querquernis

Por todo o espazo hai indicadas numerosas rutas de sendeirismo de diferente dificultade para visitar os lugares de maior interese natural, etnográfico, histórico...

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi LeiroXuño 2016

Pena de Anamão e Penedo Grande, na serra do Laboreiro

top related