pescadores de san clodio

Post on 31-Jul-2015

90 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

CEIP SAN CLODIO

3º trimestre - curso 2014-15

*A PESCA E OS PEIXES

*O inicio

*Semanas atrás algúns dos nenos da clase foron a un curso de pesca e algúns deles saíron a pescar cos seus pais. Durante varios días falouse moito deste tema na aula, e xa que o interese por este se contaxiou aos demais, decidimos emprender un novo proxecto para aprender moito, moito sobre a pesca e os peixes.

*QUÉ SABEMOS

* Así empezamos por ver as cousas que xa sabemos e dende logo que despois de facer a lista vimos que son bastantes.

*QUÉ QUEREMOS SABER

*O que é saber, xa sabemos moito pero aínda queremos saber moito máis así que fixemos unha lista de cousas que nos interesaba investigar.

*BUSCAMOS INFORMACIÓN

*O primeiro que fixemos foi pedir a xauda ás nosas familias. Para iso escribimos unha nota entre todos.

*PRIMEIRAS APORTACIÓNS

*Ao día seguinte tivemos xa na escola as primeiras aportacións. Algúns trouxeron interesantísimos libros e folletos informativos cheos de datos que iremos aproveitando para as nosas investigacións día a día na aula.

*Outros trouxeronnos á escola utensilios de pesca que xa teñen na casa e explicáronnos para que serven e cómo se usan.

*A TROITA E AS ANGUÍAS

*E unha enorme sorpresa foi a aportación dun dos nenos, Marcos, que nos trouxo unha troita e dúas anguías vivas que estiveron con nós uns días na escola.

*Guauuu! Qué pasada, moito nos gustou velas e miralas e requete miralas. Darlles de comer e observalas…

*A VIAXE DE COLORÍNSUN CONTO

CONTIÑO

*Coa axuda do profe Fran inventamos unha fermosa historia dunha troitiña chamada Coloríns, que viaxou dende a desembocadura do río Miño na Guarda, aló polo mar Atlántico, ata San Clodio. Coloríns quería coñecer mundo e vivir aventuras, boutouse río arriba contra corrente e na viaxe tivo que superar varias peripecias…

*O conto de Coloríns

*Coa historia de coloríns inventada adicámonos a ilustrar o conto, e cos nosos debuxos montamos un libriño.

*Montando o recanto

*Pasiño a pasiño fomos montando nun recanto da aula un espazo adicado ao noso proxecto sobre a pesca e os peixes.

*Os peixes que máis nos

interesan

*Todos sabedes que unha das cousas que máis nos gusta é debuxar así que algúns días seguindo as instruccións dos nosos libros estivemos aprendendo a debuxar fermosos peixes e escribimos os seus nomes.

*As canas de pesca

*Como bos pescadores que queremos ser, adicámonos a construir as nosas canas, para iso foi preciso tirar de conceptos matemáticos como as medidas, e elección correcta da cantidade dos materiais que necesitabamos utilizar….

*Traballo en equipo:Os

anzós

*Ademais para a cana tivemos que elaborar un anzó, cada un elexiu e elaborou o seu traballando cos seus compañeiros de equipo. Xa sabedes que esta é a forma en que máis nos gusta traballar, na que cada un de nós aporta o que mellor sabe e ensina aos demais a facela.

*Luís contounos….

*Para aprender cousas sobre os peixes de río, tivemos a sorte de contar con todo un experto, un Papá que nos veu a contar un montón de cousiñas interesantes sobre troitas e anguías.

*O libro do proxecto

*Pasamos mes e medio investigando, e con todo o que fomos atopando: información sobre a vida de peixes que coñecemos e pescamos no río Sil como as troitas, ou as anguías… sobre cómo se pesca, útiles de pesca, os barcos, os portos…, fomos elaborando un libro do proxecto que finalmente todos levamos para a casa.

*Saída á aula de pesca e ao río Sil.

* E como colofón unha pequena excursión para estrenar as nosas canas, na compaña dos nosos amigos e amigas, na aula de pesca de San Clodio. Que risas e nervos pasamos.

*Encantounos a pesca pero tamén a merendiña que tomamos ao lado do río Sil e os xogos no parque.

*Realmente convertímonos en

pescadores de verdade:

Os pescadores de San Clodio

top related