o imperio bizantino. de xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · o imperio bizantino. de...
Post on 04-Mar-2021
5 Views
Preview:
TRANSCRIPT
O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición
Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre de Bizancio.
Procurou reconquistar o vello Imperio Romano coa axuda dos seus xenerais Belisario e Narsés.
Tamén actualizou o corpus legal romano, do que fixo un compendio: o Código de Xustiniano.
O goberno bizantino se baseaba en:
. Emperador ou basileus, xefe político e cabeza da igrexa.
. Rede de funcionarios
. Exército poderoso
. Corpo diplomático
Logo da súa morte, e ó compás da aparición do Islam no mundo mediterráneo, o Imperio Bizantino
foi reducíndose cada vez máis ata quedar só a súa capital, Constantinopla, que foi tomada polos
turcos otománs en 1453.
A base económica do Imperio foi, nos seus tempos de esplendor, o comercio.
A relixión era a cristiá ordotoxa e abarcaba case todos os aspectos da cultura bizantina.
Os seus monxes estenderon esta visión do cristianismo polo territorio dos actuais países eslavos.
A lingua, a pesares de ser Imperio Romano de Oriente, non foi o latín, senón o grego.
A súa arte era moi rica e suntuosa. Destacan a magnificencia de Santa Sofía en Constantinopla e os
mosaicos da Igrexa de San Vital en Rávena (Italia).
INTRODUCIÓN
A partires da crise do século III puxéronse en marcha as forzas que remataría coa unidade
cultural do Mediterráneo.
A unidade económica nunca fora real, xa que, dentro do propio Imperio Romano podían
distinguirse dúas zonas claramente diferenciadas:
• A Oriental, máis desenvolvida e cunha economía baseada no comercio e a
artesanía, articulada polas cidades, herdeira dos antigos reinos helenísticos (Siria,
Exipto, Asia Menor e Grecia)
• A Occidental (Italia, Galia e Hispania) cunha estrutura económica baseada na
agricultura, a gandaría e a minaría.
A primeira separación, de carácter político tivo lugar a finais do século IV, cando o
emperador Teodosio dividiu definitivamente o Imperio en dúas partes entre os seus fillos
(395):
• A Oriental, para Arcadio.
• A Occidental, para Honorio
Esta separación política fíxose definitiva coa desaparición do Imperio de Occidente baixo a
presión dos pobos xermánicos. Con todo aínda houbo unha certa unidade comercial e
algún intento de reconstrución política- Xustiniano.
No século VII, a aparición do Islam desde Siria ata a Hispania rachou definitivamente coa
unidade cultural do Mediterráneo
IMPERIO BIZANTINO: EVOLUCIÓN
s. V. O Imperio Romano de Oriente comprende os territorios de Siria, Palestina, Exipto, Asia
Menor, Grecia e os Balcáns ata o Danubio.
s. VI. As conquistas dos xenerais de Xustiniano aumentaron as posesións do Imperio sobre
os territorios da Italia dos Ostrogodos, o Norte de África dos Vándalos e o SE de Hispania
dos Visigodos.
s. VII-VIII. A irrupción do Islam priva ao Imperio das súas provincias máis ricas –Siria,
Palestina e Exipto-. O Imperio viuse obrigado a reorganizarse en función das necesidades
militares: as provincias en función dos corpos de exército (themas), mandados por xenerais
(estrategas).
s. IX-XI. As dinastías Isauria e Macedonia logran deter o avance musulmá e liquidar a
ameaza búlgara que chegara desde o Danubio.
s. XII-XIII. A presión dos turcos e a toma de Constantinopla pola Cuarta Cruzada (1204)
deixa moi danadas as bases do Imperio.
s. XIV-XV. O Imperio queda reducido á capital e algúns enclaves no Exeo e no Mar Negro. A
fin do Imperio produciuse pola caída de Constantinopla ante os turcos otománs de Mehmet II
(1453).
Bizancio, c. 1400Bizancio trala Cuarta Cruzada, 1204
CONSTANTINOPLA
Era a capital e a cidade máis importante do Imperio.
Fundada por Constantino no 330 sobre a antiga colonia grega de Bizancio, tiña unha situación
xeoestratéxica vital, na beira do Bósforo e no cruce das principais rutas comerciais da época, o que a fixo
monopolizar durante séculos o comercio das especias, a seda e os escravos.
Como cidade de fundación romana tiña todos os servizos propios. Na zona residencial destacaban o
palacio imperial, o hipódromo, Santa Sofía e a Magnaura.
Economicamente tiña unha moeda estable, o sólido de ouro.
Non só era unha cidade de comerciantes, senón tamén de artesáns de alta produción.
A cidade tiña un barrio para os comerciantes estranxeiros ao outro lado do Corno de Ouro, Pera.
BASE ECONÓMICO-SOCIAL
Ata os séculos VII-VIII a economía era principalmente comercial, con Exipto como centro de
produción agrícola.
Logo das invasións musulmás, en boa parte do territorio pasouse a unha estrutura agraria de
tipo latifundista dentro dun marco de sociedade feudal.
Só quedaron como zonas comerciais e artesanais Constantinopla e algúns enclaves no Exeo
(Éfeso).
TRANSFORMACIÓN POLÍTICA
No século VI, Xustiniano tentara unha renovatio latina, tanto por medio das conquistas como
no feito de manter o latín como lingua oficial así como facer unha recompilación do Dereito
Romano no Corpus Iuris Civilis.
Desde o século VII, a lingua oficial pasa a ser o grego, tendo en conta que esa era xa a
lingua da maioría da poboación.
O imperator pasa a denominarse basileus. Un monarca absoluto, cun poder consagrado
pola Igrexa, que se apoiaba no exército e na burocracia. Tal poder era hereditario.
Os basileus adaptaron os códigos legais ás novas realidades do Imperio.
Con todo, continuaba a haber títulos do Antigo Imperio, como senador ou cónsul, aínda que
con outro significado.
UN IMPERIO CRISTIÁN
Oriente fora a primeira zona do imperio en cristianizarse.
Dos cinco patriarcas da Igrexa, catro estaban en Oriente: Antioquía, Constantinopla, Xerusalén e
Alexandría.
A Igrexa de Oriente:
• Desenvolveu a tradición bíblica.
• Reuniu os primeiros concilios ecuménicos para a definición da doutrina.
• Creou as primeiras ordes monásticas e evanxelixou a xermanos e eslavos.
Sempre houbo tensión entre a Igrexa e o emperador, tanto porque este tentaba controlala a través do
Patriarca de Constantinopla, ou se enfrontaba ao poder dos mosteiros (querela iconoclasta).
As outras tensións eran coa Igrexa de Occidente que remataron co Cisma do 1054.
ARTE E CULTURA
A súa cultura ver ser unha mestura entre a lóxica, a proporción e o sentido da beleza dos gregos e o luxo
e a aparatosidade de Oriente.
Profundamente cristiá. A literatura e a arte están en función do poder imperial e da Igrexa. Así, se
desenvolve na Corte, Universidades e mosteiros.
A mostra máis espectacular que nos chegou da Arte Bizantina é a basílica de Santa Sofía de
Constantinopla. Arquitectura de grandes proporcións, luxo de medios decorativos –mosaico- e utilización
da cúpula como principal elemento construtivo.
top related