normas de uso e prÉstamo do e-book

Post on 12-Mar-2016

225 Views

Category:

Documents

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Todo o que necesitas saber para poder levar en préstamo un libro electrónico á túa casa

TRANSCRIPT

Trátase dun dispositivo electrónico

que permite cargar máis de 1000

obras para ser leídas con tan só un

clic. O modelo que poñemos á túa

disposición é un Kindle Amazon, de

manexo sinxelo e tinta electrónica, o

que permite unha lectura fácil que non cansa a vista.

NORMAS DE PRÉSTAMO

♦ Calquera membro da comunidade escolar pode levar a

casa o dispositivo sempre e cando non teña préstamos

sobrepasados ou sancións.

♦ Deberá solicitarse ó profesorado de garda durante os

recreos, cumprimentando un impreso que deberá ser asi-

nado, antes da entrega do libro, polo pai/nai ou titor legal

do menor de idade, aceptando as normas e o compromiso

de reposición en caso de deterioro.

♦ O aparato préstase xa cargado cunha selección de libros

listos para ser leídos, ós que podes acceder por orde alfa-

bético. No menú inicial dispós tamén dunha GUÍA DO

USUARIO DE KINDLE para resolver dúbidas.

♦ PRAZO DO PRÉSTAMO: 15 días renovables outros

15 sempre e cando non exista ningunha petición doutro

lector. Pódese reservar.

Que é un e-book?

1

2

3

5

6

6

7

IMAXE DO DISPOSITIVO

GUÍA RÁPIDA DE USO 1. Presionar a tecla 1 para encender o e-book. Esa mesma tecla

serve para apagar o libro

2. A tecla 2, permite ver a listaxe de libros dispoñibles para a

súa lectura.

3. Para seleccionar a obra desexada desprazarse coas frechas da

tecla central 3 e confirmar a selección no selector central.

4. A tecla 4 permite abrir un menú, no que se poderá entre ou-

tras utilidades, cambiar o tamaño da fonte ou ir á páxina lida

máis avanzada.

5. A tecla 5 é a tecla de RETROCESO

6. As teclas 6 (unha a cada lado) permiten retroceder de páxina

mentres que as teclas 7 permiten avanzar.

4

7

RESPONSABILIDADES ♦ Cando levas o Kindle en préstamo, ti es o único respon-

sable do seu uso. Coídao ben!, tendo especial coidado

coa pantalla. Lembra tamén que non podes modificar a

configuración do aparato nin descargar libros pola túa

conta.

♦ O libro préstase cunha funda e un cable USB que che

permitirá cargar a batería conectándoo a un ordenador

no momento en que detectes que está baixa. Tamén

podes cargalo á rede eléctrica usando un cargador de

móbil universal. O período de carga é de 3 horas,

aproximadamente.

♦ Deberás devolver o dispositivo e os seus accesorios

(funda e cable USB) nas mesmas condicións en que os

levaches.

♦ Comenta ó profesor de garda da biblioteca calquera

desperfecto no aparato ou fallos de funcionamento que

detectes.

INCUMPRIMENTO das NORMAS Se non respectas as normas teremos que sancionarte…

∗ por retraso na devolución do dispositivo coa suspen-

sión no uso dos servizos ofertados pola biblioteca (1

día de sanción por cada día de retraso).

∗ por alteración da configuración , destrucción ou dete-

rioro irreparable do dispositivo . Neste caso terás que

repoñer o dispositivo por outro das mesmas caracterís-

ticas, ou ben, abonar a reparación do daño causado.

BIBLIOTECA IES Poeta Añón

• 1984 ( G. Orwell)

• 1Q84 (H. Murakami)

• Cinco semanas en globo (J. Verne)

• La celestina (F. Rojas)

• Criadas y Señoras (K..Stockett)

• Cuentos de siempre I - II (Grimm)

• David Copperfield (C. Dickens)

• Don Quijote (M. Cervantes)

• Hamlet (W. Shakespeare)

• Las hijas del frío (C. Läckberg)

• Ilíada (Homero)

• Indignaos (S. Hessel)

• La metamorfosis (F. Kafka)

• Leyendas (G.A. Bécquer)

• Los miserables (V. Hugo)

• Moby Dick (H. Melville)

• Los pilares de la Tierra (K . Follet)

• El niño con el pijama de rayas (J. Boyne)

• Orgullo y prejuicio (J. Austen)

• La Regenta (L. A. Clarín)

• La reina del sur (A. Pérez Reverte)

• El retrato de Dorian Grey (O. Wilde)

• Romeo y Julieta (W. Shakespeare)

• Sonetos (L. Góngora)

• Steve Jobs (W. Isaacson)

• Tengo ganas de ti (F. Moccia)

• Los viajes de Gulliver (J. Swift)

• La vuelta al mundo en 80 días (J. Verne)

ALGÚNS DOS TÍTULOS

Á TÚA DISPOSICIÓN

“E-BOOK”

PÁXINA WEB DO CENTRO www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon

BLOG DO CLUB DE LECTURA www.laretas.blogspot.com

CATÁLOGO EN LIÑA DA BIBLIOTECA http://www.opacmeiga.rbgalicia.org

Visítanos en...

NOVIDADE!!!

Dispoñible na biblioteca

a partir do

13 de febreiro 2012

GUÍA E NORMAS DE USO

top related