galicia sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na carta magna....

Post on 01-Jan-2019

217 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Case 5.000 persoas amosaron na

tarde do 20 de maio en toda Galiciao

seu rexeitamento aos recortes que

Galicia SindicalNÚMERO 7 - MAIO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

Case 5.000 persoas mobilízanseen Galicia contra os recortesn As concentracións do día 20 de maio son o anticipo da folga no sector público do 8 de xuño

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Na imaxe, concentración ante a Delegación do Goberno, na Coruña

Sesenta persoas de sesenta anos

completaron o pasado 12 de maio os

últimos sesenta quilómetros do Ca-

miño de Santiago en defensa da xubi-

lación anticipada, precisamente a esa

idade, para o persoal de obra no sector

da construción. A particular ‘peregri-

naxe’ finalizou no Obradoiro. / Páx. 2

FECOMA-CCOO COMPLETA O CAMIÑO DE SANTIAGO

contempla o plan de axuste proposto

polo Executivo central e participaron

nas concentracións convocadas ante

a Delegación do Goberno na Coruña

e as subdelegacións de Lugo, Ou-

rense e Pontevedra./ Páx. 5

GALICIA SINDICAL N.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

CCOO ante a fusión

das caixas

Após o anuncio do acordo para a gobernanza, último

chanzo para a fusión das caixas galegas, CCOO continúa a

reclamar o mantemento do emprego do sector como a prin-

cipal preocupación do sindicato.

Comisións Obreiras considera que é «imprescindible» un

acordo laboral que minimice o impacto sobre o emprego,

ao tempo que garanta a homoxneización das condicións

de traballo entre os cadros de persoal das dúas entidades

de orixe.

Nese sentido, CCOO urxe á apertura da mesa de nego-

ciación do acordo de integración, que regulará os postos

de traballo na nova caixa. No devandito acordo "debe que-

dar garantido que non se aplicarán medidas traumáticas

que afecten o emprego e que calquera problema relacio-

nado coa duplicidade de redes e coa integración dos servi-

zos centrais será negociado no marco do devandito acordo",

sinala a organización sindical, que o considera condición

imprescindible para dar o seu apoio ao proceso.

Protesta do persoal

de grandes almacéns

O 12 de maio, o persoal de grandes almacéns concentrousediante da sede da CEG en protesta polo convenio do sector

Saúde de calidade,calidade da saúde

A Dirección de Recursos Humanos do SERGAS e a Subdi-

rección de Asistencia Sanitaria dirixíronse aos profesionais

de radioloxía para lles presentar un plan que aínda non ten

os recursos necesarios, e ademais carece de desenvolve-

mento planificado, que unificaría as gardas de radioloxía

en Monforte, Verín e O Barco de Valdeorras.

CCOO púxose en contacto co subdirector de Asistencia

Sanitaria, Ángel Facio, e só obtivemos respostas vagas ás

nosas preguntas, que trataban sobre quen ía facer este

traballo, quen realizaría as ecografías -precisan dun facul-

tativo especialista-, se as e os pacientes serán desprazados

e como… só recoñeceu que se trata do principio, e que

aínda falta moito para pór en marcha os cambios.

A pesar das respostas, non se morden a lingua para dicir

que todo isto tamén o pode facer a empresa privada, igual

que noutras comunidades autónomas. Parece, pois, que

xa atoparon a solución para aforrar en gardas médicas no

sistema público: recorrer á iniciativa privada.

E xorden máis dúbidas, como se a persoa enferma de

Verín irá ao Complexo Hospitalario de Ourense para facer

a proba e regresará a Verín para ser intervido, se o CHOU

terá que instalar liteiras nas habitacións, se as persoas de

Monforte deberán escoller entre Lugo e Ourense ou queda-

rán a medio camiño… ou se as e os especialistas de radio-

loxía acabarán metidos nunha sala mirando probas e sen

contacto cos pacientes e con outros especialistas para dis-

cutir os casos.

En fin, moitas dúbidas sobre o resultado do plan e nin-

gunha sobre a intención do mesmo. E todo isto con noc-

turnidade e aleivosía.

LOLA GONZÁLEZSECRETARIA XERAL DA FEDERACIÓN DE SANIDADE E SECTORES SOCIOSANITARIOS

GALICIA SINDICALN.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

Desde o pasado dia 9, o persoal

da empresa Urbaser, concesionaria

do servizo de recollida do lixo de

Santiago de Compostela, está en

folga pola negativa da empresa a

aceptar as reivindicacións do plan-

tel na negociación do convenio co-

lectivo.

O comité, cuxa presidencia os-

tenta CCOO, denunciou a imposi-

ción duns servizos mínimos «abu-

sivos» por parte do Concello

compostelán e da empresa, que en

moitos casos obrigaron a traballar

a máis do 50% do persoal, cifra in-

crementada nalgúns casos ata o

90%.

Ademais, Comisións denunciou

reiteradamente que os servizos mí-

nimos se centraron na zona histó-

rica da capital galega, obviando ou-

tros espazos. Para o sindicato, a

recollida do lixo de instalacións

Continúa a folga en Urbasern O comité de empresa considera irrenunciables as reivindicacións de carácter social

como centros médicos ou colexios

debería estar garantida, pero la-

menta que a actitude da empresa e

das autoridades municipais o están

a impedir. En canto ás reivindica-

Neste conflito, CCOO considera

«especialmente lamentable» a ac-

tuación do Concello de Santiago de

Compostela, que lonxe de procurar

unha solución ao conflito «adoptou

unha posición de parte, defen-

dendo exclusivamente os postula-

dos de Urbaser».

Ademais, Comisións valora como

«moi grave» o anuncio municipal

de que recorre a outra empresa,

Tragsa, para recoller o lixo que se

foi acumulando nos últimos días.

O sindicato considera «ilegal» a me-

DESPEDIMENTOSdida, xa que o persoal encargado

desa tarefa debe ser o propio de

Urbaser, e cualifica de «anticonsti-

tucional» a decisión por entender

que «torpedea» o dereito á folga,

recollido na Carta Magna.

Reiteradas presións

Ademais, CCOO denuncia que

como resultado das «reitaradas

presións» do Concello, que chegou

a pedir pediu «man dura», tres em-

pregados de Urbaser recibiron a

carta de despedimento.

cións, o comité defende que as esi-

xencias de carácter social son «irre-

nunciables», pero que as cuestións

salariais non supoñen ningún

atranco na negociación.

CCOO entrega os

Premios Primeiro de Maio

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo

entregou o pasado día 14 os Premios

Primeiro de Maio ao Compromiso So-

cial e á Solidariedade, que este ano

chegaron á XXV edición.

Os galardóns deste ano recaeron en

Olga Pimentel, que foi unha das per-

soas que participaron na creación das

CCOO en Telefónica; no Movemento

Democrático de Mulleres (MDM), que

desenvolveu un labor destacadísimo

nos anos 60 e 70 na loita pola igual-

dade de dereitos entre mulleres; e no

xuíz Baltasar Garzón. O xuíz non puido

asistir ao acto, pero recolleu o premio

o seu amigo Enrique León Calviño.

GALICIA SINDICAL N.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

'Os 60' de FECOMA chegana Santiago de Compostelan Completaron a ruta xacobea para pedir a xubilación anticipada para o persoal de obra

GALICIA SINDICALN.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

5

www.galicia.ccoo.es

Case 5.000 persoas amosaron o

20 de maio en toda Galicia o seu

rexeitamento ao plan de axuste

proposto polo Executivo central e

participaron nas concentracións

convocadas ante a Delegación do

Goberno na Coruña e as subdele-

gacións de Lugo, Ourense e Ponte-

vedra.

Convocadas por Comisións

Obreiras, CSIF, SUP, UFP, CEP,

AUME, AUGC, AEGC e Unión GC,

2.000 persoas participaron no acto

reivindicativo da Coruña, 500 en

Lugo, 600 en Ourense e 1.500 en

Pontevedra.

Estas concentracións foron a an-

tesala do que será a xornada de

folga dos servizos públicos, pre-

vista para o vindeiro día 8 de xuño,

e na que CCOO chama a dar unha

«resposta contundente» ás «medi-

CCOO chama a dar unha«resposta contundente» coafolga do vindeiro 8 de xuñon Case 5.000 persoas protestaron en toda Galicia contra os recortes anunciados poloGoberno central, que provocarán importantes minguas do gasto social

das antisociais» que prevé aplicar

o Goberno español.

Comisións lembra que os recor-

tes anunciados supoñen «romper

unilateralmente o diálogo social no

sector público», porque o Acordo

2010—2012 «xa contemplaba hai

sete meses medidas de contención

salarial suficientes».

Minguas no gasto social

Ademais, acompáñanse de min-

guas das políticas e do gasto social,

porque ademais das retribucións

no sector público, tamén se anun-

ciou a conxelación das pensións, e

outras medidas afectan tamén de

xeito negativo a temas como a apli-

cación da Lei da Dependencia.

Máis protestas contra o

peche de comedores

CCOO continúa coas concentracións

contra os peches de comedores esco-

lares. Os últimos actos reivindicativos

foron en Calvos de Randín, Baltar, O

Bolo e San Mamede de Montederramo,

localidades da provincia de Ourense

onde a Consellaría de Educación quere

proceder ao peche dos servizos.

A Federación do Ensino de CCOO

continúa, pois, coa campaña que se

iniciou días atrás con mobilizacións en

centros educativos da provincia de

Lugo.

As mobilizacións da provincia de Ou-

rense foron secundadas polos pais,

nais, profesorado e demais membros

da comunidade educativa. CCOO con-

tinuará a reivindicar que o servizo do

comedor escolar manteña o seu carác-

ter público como garantía de calidade

e mantemento de postos de traballo.

GALICIA SINDICAL N.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Faleceu o camarada António José

Macedo, da CGTP-IN

Os Consellos Sindicais Interrexio-

nais Galicia-Norte de Portugal e Bei-

ras-Castela e León asinaron o pa-

sado día 12 de maio en Ourense

un acordo de colaboración entre as

dúas entidades.

O acordo fixa como obxectivos-

mellorar as relacións sindicais entre

os dous organismos, establecer

proxectos e plans de actuación con-

xuntos ante os respectivos gober-

nos e administracións ou promover

encontros anuais.

Outras metas acordadas consis-

ten en instar os respectivos gober-

nos a que regulen a participación

sindical en todos os temas que te-

Acordo entre os CSIr Galicia-Norte dePortugal e Beiras-Castela e Leónn Permitirá mellorar as relacións sindicais entre os dous organismos

ñan que ver coas cuestións trans-

fronteirizas, sexan de carácter so-

ciolaboral, de infraestruturas ou

doutra índole, e ratifican o compro-

miso dos CSIr para identificar os

obstáculos á mobilidade e á de-

fensa dos dereitos dos/das traba-

lladores/as transfronteirizos/as.

Recentemente faleceu o camarada

António José Macedo, do sindicato

portugués CGTP-IN. Macedo desta-

couse nas máis diversas e persistentes

loitas en defensa do sector pesqueiro

e da clase traballadora en xeral. Ingre-

sou mozo no PCP e posteriormente na

JCP.

Actividade

Era membro do Conselho Nacional

e Comissão Executiva da Federação

dos Sindicatos do Sector da Pesca, do

Conselho Nacional da CGTP e membro

da Executiva e da Direcção Distrital da

União dos Sindicatos de Aveiro. Era

igualmente membro do Comité de Diá-

logo Social Europeo para a Pesca.

cro e con forte carácter pú-

blico desde a súa funda-

ción. A ONCE dá emprego

directo a 25.500 traballado-

res e traballadoras e indi-

recto a moitos miles máis,

ademais de ter delegada a

atención especializada ás

persoas con discapacidade

visual grave.

Por esta razón, a deterio-

ración económica e social,

denunciada por CCOO e ou-

tras organizacións, «pode

crear un problema social a

curto prazoso».

GALICIA SINDICALN.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

O pasado día 12, delega-

dos e delegadas de CCOO na

ONCE, xunta outras organi-

zacións, concentraranse

diante da sede do Parla-

mento de Galicia para sensi-

bilizar os poderes públicos

sobre a deterioración econó-

mica e social que se produce

na ONCE desde hai anos. Ta-

mén entregarán un relatorio

no que se documenta esta

afirmación.

CCOO lembra que a ONCE

é legalmente unha institu-

ción social, sen ánimo de lu-

CCOO pídelles aos poderesautonómicos que ollen cara á ONCEn O día 12 concentráronse diante do Parlamento de Galicia

NÚMERO 7 - MAIO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

AURI VÁZQUEZ ESTRAVIZSECRETARIA DA MULLER DE CCOO DE FERROL

Durante séculos de civilización,

a historia foi protagonizada e con-

tada polos homes. As mulleres,

como xénero, camiñamos sempre

ao carón do home.

Traballamos, construímos,

aprendemos, criamos e loitamos.

Fomos obreiras, mineiras, sufra-

xistas, mestras, lavandeiras, au-

Mostra “Invisibles?” en Ferrolgadoras, costureiras, labregas e

peixeiras. Fomos e somos, fillas,

nais, avoas e compañeiras na rede

solidaria que teceu o noso xé-

nero. Malia a iso, o noso traballo

foi tristemente silenciado, e co

tempo, esquecido na escura invi-

sibilidade. Reescribir a historia

desde a perspectiva do compro-

miso feminino. Por voz e rostro

as mulleres que nos precederon

e rescatar da sombra a nosa pe-

gada na historia son os obxecti-

vos que nos moven.

A Unión Comarcal de Ferrol

achega ata Ferrol un anaco desa

historia silenciada a través das

imaxes e instantáneas que com-

poñen a exposición da Fundación

10 de Marzo que demos en cha-

mar “Invisibles?”, instalada no

centro cultural Carvalho Calero.

top related