febreiro 2014

Post on 24-May-2015

88 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

febrerofebruary février

fevereiro

Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos.

Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían co fin de ano.

A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta.

Carballo

Na natureza aparecen os primeiros sinais do final do inverno. Comezan a inchar as xemas das árbores.

Florecen os salgueiros, as mimosas, as acacias, os amendoeiros, os pexegueiros, as magnolias, o romeu, os loureiros, os narcisos, os xacintos, os toxos, os cáncaros, as violetas, a herba de namorar...

salgueiro (flores femininas)

magnolia

amieira en flor

nabicol en flor

toxo

narcisos

esquío

Os gatos, os lobos e os esquíos entran en celo.

ovos e alevíns de troita

No mar desovan os abadexos e as raias; nos ríos as troitas.

rula

Aparecen os primeiros niños: pardais, merlos xiríns... Escóitanse os mouchos. Comezan a marchar as aves invernantes. Saen as primeiras ras.

pardal

os traballos

lábranse e fertilízanse as terras

fanse as parras

pódanse e átanse as viñas

-En febreiro patacas ao carreiro.

Nacen as patacas do cedo.

TEMPERATURA MÁXIMA-Media (ºC)

TEMPERATURA MÍNIMA-Media (ºC)

TEMPERATURA MEDIA (ºC)

HUMIDADEMEDIA (%)

VELOCIDADE DO VENTO(km/h)

CHUVIATOTAL (l)

DÍA CHUVIAMÁXIMA

(l/m2)

DIASCHUVIA

13,1 6,8 10,22 88 6,48 299,3 4 (35 l) 27

O TEMPO(Estación Castrelo)

Sábada 1 de febreiro

2-2-2014

Os temporais de febreiro deixaron unha gran cantidade de animais mortos nas praias.

Arao loro

-Polo San Brais, dúas horas máis.

-Por Santa Eulalia se chove e venta o inverno entra.

-Se chove o día de Santa Eulalia, chove sete días e unha semana.

Os días medraron 60 minutos

-A xeada de febreiro mata a vaca e mais o leiro.

-Pola Candelaria, se chove e venta, o inverno entra; se rí e chora, medio inverno vai fóra; se non chora nen rí, o inverno está por vir; se chora e deixa de chorar, a metade do inverno está por pasar; e se non chove nen implora, o inverno xa vai fóra.

-Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda can nin gato.-En febreiro, sete capas e un sombreiro.-Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.

-Tal o vintesete, tal o mes seguinte, se o vinteoito consinte.

-Antroido á raxeira, Pascuas á lareira.

-Auga de febreiro enche o cabaceiro.

-Por Santa Eulalia trompos á borralla.

DÍAS SINALADOS

1de febreiro de 1948

descubrimento do transistor nos laboratorio

Bell de EE.UU. Jonhn Bardee, Walter Houser

Brattain e William Bradford Shokley, que recibiron o premio

Nobel de Física en 1956

O transistor é un dispositivo electrónico semicondutor que cumple funcións de amplificador, oscilador, conmutador ou rectificador.

Actualmente atópanse prácticamente en todos os aparellos domésticos de uso diario: radios, televisores, grabadoras, reproductores de audio e video, fornos de microondas, lavadoras, automóviles, equipos de refrixeración, alarmas, reloxos de cuarzo, computadoras, calculadoras, impresoras, lámpadas fluorescentes, equipos de raios X, tomógrafos, ecógrafos, reprodutores mp3, teléfonos móviles...

O termo “transistor é a contracción en inglés de transfer resistor (resistencia de transferencia)

En conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, o 2 de febreiro de 1971.

2 de febreiro de 1907:

morre Dimitri Mendeleyev, químico ruso, creador da TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS.Nacido o 8 de febreiro de 1834.

febreiro de 2004: descóbrese en Guipúzcoa, nunha sima do monte Ernio, o primeiro río de leite de lúa en estado líquido do mundo.

11

O leite de lúa está composto xeralmente por carbonatos de calcio e magnesio, aínda que poden aparecer outros minerais como calcio, xofre, sílice, carbono ou xeso.

3 de febreiro de 1878:

nace en lalín Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego.

3 de febreiro de 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a

primeira en pousarse sobre a superficie da Lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.

4

de febreiro

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

6 de febreiro:

Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina

7 de febreiro de 2006: un equipo de científicos alemáns

consegue un rexistro histórico ao taladrar o xeo da Antártida ata acadar os 2774 m de profundidade.

10 de febreiro de 1926: o hidroavión “Plus Ultra”,

tripulado por Ramón Franco, Julio Ruiz de Alda, Juan Manuel Durán e Pablo Rada, chega a Bos Aires. Realiza o primeiro voo entre España e América.

31-14-2

12 de febreiro

de 1809 nacemento de Charles Darwin,

científico inglés autor da teoría da Evolución.

12 de febreiro

Día Mundial contra a

utilización dos nenos soldado

Según datos de Amnistía Internacional, máis de 300.000 menores participan en conflictos bélicos nuns 86 países do mundo. O 40% son nenas, que tamén son empregadas como escravas sexuais.

14de febreiro

DÍA DOS

NAMORADOS

14 de febreiro:

Día Mundial da Enerxía

14 de febreiro 1779:

morre James Cook, explorador británico.

15 de febreiro

de 1564: nace Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano.

15 de febreiro de 2013:

o asteroide 2012 DA14 pasou a 27.860 km da Terra a unha velocidade de 28.100 km/h.

A maior aproximación tivo lugar ás 19.24 horas.

15 de febreiro de 2013: Chuvia de meteoritos en Rusia.Un deles, de 17 metros deixou máis de 1.100 de feridos na provincia de Cheliabinsk, liberou unha enerxía de 500 kilotóns, trinta veces superior á bomba atómica de Hiroshima.

16 de febreiro de 2005: entra en vigor o Protocolo

de Kioto, convenio mundial para a redución de gases do efecto invernadoiro.

18 de febreiro de

1745: nace Alessandro Volta, físico italiano.

18 de febreiro

de 1930o astrónomo

estadounidense Cyde William Tombauh descubre Plutón

desde o observatorio Lowell en Arizona.

19 de febreiro de 1473:

nace Nicolás Copérnico, astrónomo polaco.

19 de febreiro de 1941: na provincia de

Pontevedra, un furacán abate unhas 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.

21

de febreiro

DÍA INTERNACIONAL

DA LÍNGUA MATERNA

24 de febreiro

de 1837nace

Rosalía de Castro, a escritora galega máis

relevante

28 de febreiro de 1953:

Francis Crick e James Watson descobren a estrutura helicoidal da molécula de ADN.

28 de febreiro de 1981

morre en Vigo escritor galego

Álvaro Cunqueiro

29 de febreiro de 1968: a

astronoma irlandesa Jocelyn Bell Burnell descobre o primeiro pulsar.

FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon DaportaFEBREIRO 2014

Departamentode Ciencias

top related