comarca terra de celanova

Post on 10-Apr-2017

190 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

TERRA DE CELANOVAA NATUREZA

SUPERFICIE: 513,56 km2

POBOACIÓN: 18.534 habitantes (datos 2015).CONCELLOS: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.ESPAZOS PROTEXIDOS:RESERVA DA BIOSFERA “Terras de Allariz”LIC: “Baixa Limia Serra do Xurés”.

A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e distínguense dúas áreas, as zonas altas, situadas nos lindes polo sur e o leste: Serras do Leboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao; e unha depresión marcada polos vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes.

A comarca ten unha grande taxa de emigración e tendencia ao abandono das áreas rurais. A cabeceira é a vila de Celanova.Os grandes contrastes no relevo e no clima fan que sexa unha área de gran interese paisaxístico e e ecolóxico, onde se atopa tamén unha gran riqueza artística e etnográfica.

Un día de feira de Celanova.

CLIMAÉ unha área de clima moi variado, dada as diferenzas de altitude entre os cumes e os vales. Caracterízase polas grandes oscilacións de temperatura entre o verán e o inverno e a escaseza de chuvias.

CONCELLOSA BOLAEstá situado nun terreo de media montaña coas máximas alturas no Monte Calvo e san Cibrao, ao leste, no linde con Allariz e Rairiz de Veiga. Está regado por varios afluentes do río Arnoia. As actividades máis destacadas son a agricultura, pequenas industrias e os servizos.Os principais núcleos son A Veiga (onde está o concello), Podentes (onde están a maior parte dos servizos) e Santa Baia. Forma parte da Reserva da Biosfera “Area de Allariz”.SUPERFICIE: 39,9 km² POBOACIÓN: 1.339 habitantes (datos 2015).PARROQUIAS: Pardavedra, Podentes, San Miguel de Berredo, San Maritiño de Berredo, Santa Baia de Berredo, Sorga, Soutomel e A Veiga

A Bola que da nome ao concello.Unha formación granítica orixinada por alteración da rocha que se fendeu por diferentes fracturas e que a erosión co paso do tempo deixou ao descuberto.

Santa Baia de Berredo

San Munio da Veiga

A MERCAA maior parte do territorio de A Merca ten unha altitude de 400 a 500 m e está situado na zona de transición entre a depresión de Ourense e o val do Arnoia. O sur está atravesado polo río Arnoia encaixado entre as abas do monte de San Cibrao e unha cadea de montes de arredor de 600 m de altitude que separan as cuncas do Miño e o Arnoia, o centro ocúpao o val no que se xuntan as augas que conforman o río Barbadás, que vai desaugar ao Miño, e volve a erguerse cara ao noroeste no Monte Castro. As principais ocupacións son os servizos, a agricultura e a industria. Máis do 60% dos terreos municipais son forestais e unha gran parte deles arborada.

SUPERFICIE: 50,92 Km2

POBOACIÓN: 2.021 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: A Merca, A Manchica, Corvillón, Entrambosríos, Faramontaos, A Mezquita, Froxás das Viñas, Olás de Vilariño, Parderrubias, Pereira de Montes, Proente e Zarracós.

Conxunto de 34 canastros ou hórreos na Merca. O máis numeroso de Galiza.

A Merca É un concello con importantes mostras artísticas e etnográficas. O Entroido de A Mezquita, é de gran interese etnográfico; durante dous días os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas e perseguen ao público polas rúas.

Igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. Nas súas proximidades, consérvanse sartegos antropomorfos

CARTELLETen un releve moi accidentado que baixa desde o norte (Monte Castro, 635 m e Coto Novelle, 712 m) ata o río Arnoia ao que se xuntan os pequenos ríos e regatos que se forman nas súas ladeiras (río Galo, río das Elas...). A capital municipal é Outomuro.As actividades máis importantes son a agricultura a gandeiría, pequenas industrias e os servizos. Ten unha importante superficie forestal de monte en man común.SUPERFICIE: 93,94 km2

POBOACIÓN: 2.944 habitantes (datos 2014).PARROQUIAS: Anfeoz, Cartelle, Couxil, Espioñoso, As Marabillas, O Mundil, Penela, Sabucedo de Montes, San Tomé, Sande, As Seixadas e Vilar de Vacas.

Vista do val do Arnoia xa case no límite coas terras do Ribeiro.

Santuario da nosa Señora das Marabillas.

Ruínas do antigo castelo de Sande, que foi doado ao Mosteiro de Celanova por Alfonso VII no século XII. Está emprazada nun pequeno monte desde o que se divisa unha ampla panorámica cos vales do Arnoia e do Miño.

CELANOVATen unha extensión de e distribuídos en 18 parroquias: É unha zona de media montaña, coas maiores alturas na metade sur, nos montes onde nace o do río Tuño. Polo norte ten o val o río Arnoia e polo leste o val do río Ourille. As principais actividades son os servizos, as pequenas industrias e a agricultura. Acolle un importante patrimonio histórico artístico: castro de Castromao, Vilanova dos Infantes, vila de Celanova SUPERFICIE: 67 km2 POBOACIÓN: 5.536 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: Acebedo do Río, Alcázar de Milmanda, Amoroce, Ansemil, Barxa, Bobadela, Cañón, Castromao, Celanova, Fechas, Freixo, Milmanda, Mourillós, Orga, Rabal, Veiga, Vilanova dos Infantes e Viveiro.

A vila de Celanova, con arredor de 3.000 habitantes é a capital administrativa e económica do concello e da comarca. Conserva un interesante casco antigo con casas con galerías e soportais organizado arredor do mosteiro.

Mosteiro benedictino de San Salvador, declarado monumento histórico-artístico nacional en 1931.

Igrexa de San Miguel de Celanova, situada no patio do mosteiro. É a única construcción da época fundacional (ano 936), de estilo mozárabe, declarada Monumento Histórico Nacional en 1923.

Torre de Vilanova dos Infantes, resto dun antigo castelo medieval derribado polos Irmandiños. Na actualidade acolle o Centro Comarcal. Desde a súa altura (20 m sobre o chan) abránguense amplas panorámicas sobre a comarca.

Vista de Vilanova dos Infantes desde o alto da torre. Esta antiga vila conserva un conxunto arquitectónico e etnográfico de gran interese, recentemente rehabilitado.

GOMESENDEO territorio aséntase entre os vales dos ríos Arnoia, que fai de linde do concello polo norte, e o Deva que ocupa os tres cuartos do territorio, polo que discorren varios regatos que baixan da Serra da Moura e dos Montes do Val, e está, polo tanto, moi marcado pola erosión fluvial. As maiores alturas atópanse na Serra da Moura (Marco das Cruces con 869 m) que serve de límite con Quintela de Leirado. Foi un importante lugar de paso entre Portugal, o val do Miño e Celanova. A capital do concello é Sobrado.

Santuario de Nosa Señora do Val de Poulo, levantado no lugar ondo houbo unha antiga capela. É de estilo neoclásico-barroco e quedou sen rematar (formaba parte do proxecto dun convento dependente da igrexa de San Pedro de Poulo). Nas proximidades atópanse as ruínas dun hospital para os peregrinos que facían a ruta Porto-Celanova-Santiago.Desde o Alto de Val, aprécianse unhas interesantes vistas panorámicas do val de Gomesende.

SUPERFICIE: 28,2 km2 POBOACIÓN: 829 habitantes (datos 2015).PARROQUIAS: A Guía, O Pao, Poulo, Fustáns e O Val, e unha parte da de Penosiños, que ten a súa cabeceira e unha gran parte do territorio en Ramirás.

Vista de Gomesende desde o alto do Val, coa serra da Moura ao fondo.

SUPERFICIE: 57 km2

POBOACIÓN: 1.912 habitantes (datos 2015).PARROQUIAS: O Condado, Crespos, Desteriz, Monterredondo, Padrenda e San Pedro da Torre.

PADRENDASituada entre as abas orientais da serra do Laboreiro e o río Miño. O territorio é moi irregular, coas máximas alturas na serra do Laboreiro (Pena Rubia, con 1.232 m). Está atravesado polo río de Crespos que baixa da serra do Laboreiro para xuntarse co Deva no límite co concello de Pontedeva. As principais actividades son a agricultura e a gandeiría. A capital do concello está en San Roque de CresposO sur do territorio do concello, na serra do Laboreiro, forma parte do LIC “Baixa Limia”.

Val do río Troncoso ou das Barxas desde Eira da Lapela, na serra do Laboreiro.

Vista do encoro da Frieira (Miño) desde a Igrexa de San Miguel, un expléndido mirador sobre o sur do concello.

SUPERFICIE: 10 km2 POBOACIÓN: 600 habitantes (datos 2015) PARROQUIAS: Pontedeva e Trado.

PONTEDEVAÉ un dos concellos máis pequenos da provincia de Ourense. O territorio comprende unha pequena parte do val do Miño e o tramo final do río Deva e algúns pequenos afluentes, que forman uns terreos fértiles onde se cultiva a terra en socalcos. As máximas alturas sitúanse arredor dos 400 m na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de Padrenda, (o cume máis elevado é o Penedo do Monte).As principais actividades son a agricultura tradicional (sobre todo vides) e os servizos. A capital municipal está en Aldea de Deva.

O río Deva en Aldea de Deva.

QUINTELA DE LEIRADOO territorio do concello é moi montañoso. Sitúase entre as abas da serra do Laboreiro (Pena Gache e O Castelo) e a serra da Moura, no linde con Ramirás. O curso alto do río Deva forma os vales onde se asenta a maior parte da poboación e se desenvolve a agricultura.Unha parte do concello está incluída no LIC Baixa Limia.SUPERFICIE: 31,6 km2 POBOACIÓN: 651 habitantes (datos 2014).PARROQUIAS: Quintela de Leirado, Xacebáns, Redemuiños, Leirado e Mociños.

Vista desde Leirado cara á serra do Laboreiro.Existe unha ruta de sendeirismo que chega ata a vila portuguesa de Castro Laboreiro.

Xacebáns, con Pena Gache ao fondo.

RAMIRÁSEstá situado nun terreo en pendente entre a serra da Moura e o río Arnoia, ocupado en gran parte polo val do río Tuño (afluente pola esquerda do Arnoia).A principal actividade é a agricultura e a silvicultura. A capitalidade atópase no Picouto.Ramirás.

Mosteiro de San Pedro de Ramirás, de estilo románico e gótico. Hai documentos que sitúan a súa existencia no século X. Foi mosteiro de monxas benedictinas desde 1.137, e actualmente está ocupado clarisas.

SUPERFICIE: 40 km2 POBOACIÓN: 1.643 habitantes (datos 2014).PARROQUIAS: Casardeita, Escudeiros, Freás de Eiras, Grixó, Mosteiro, Paizás, Santo André de Penosiños, San Salvador de Penosiños, Rubiás e Vilameá de Ramirás.

Vista do val do Tuño coa serra da Moura ao fondo. Unha ruta de senderismo parte de Mosteiro e percorre a serra.

SUPERFICIE: 94,19 km2 POBOACIÓN: 1.059 habitantes (datos 2014).PARROQUIAS: Albos, Bangueses, Santo Adrao de Cexo, Santa María de Cexo, Domés, Gontán, Ourille, Pitelos, Portela, Sanguñedo e Verea.

VEREAÉ un terreo encosta coas alturas máis grandes no sur, nas serras do Laboreiro, Pena da Edra e Montes de Bande onde están as cabeceiras dos ríos Grande (Deva), Tuño e Ourille.As principais actividades son a agricultura, a gandeiría e os servizos. A capital sitúase en Carballo.A súa situación, entre Portugal e Celanova, fai que fose desde sempre un lugar de paso polo que discorría o trazado dunha vía romana e do camiño de Santiago que viña de Porto. Unha parte do concello está incluída no LIC Baixa Limia.

Guitarrista no remate da igrexa parroquial de San Pedro de Ourille.

Bangueses, coa serra do Laboreiro ao fondo.

RELEVOA Terra de Celanova ten unha morfoloxía moi irregular e variada debido á acción tectónica -que elevou unhas zonas e encaixou os vales dos ríos-, á variedade litolóxica e á acción xeolóxica dos diferentes cursos de auga.No norte dominan os xistos, as lousas e outras rochas metamórficas, mesturadas con algúns granitos, e no sur dominan os granitos (granodioritas, granitos e granitoides).A maioría das serras sitúanse nos contornos da comarca facendo de lindes naturais coas demais comarcas ou con Portugal: Laboreiro no oeste e sur, Lombas de Pena da Hedra e Montes de Bande (Fonte Santa), ao sur; Serras de Monte Calvo (O Furriolo) e San Cibrao, ao leste, e O Castro e Coto Novelle ao norte. A variada morfoloxía complétase con outras pequenas serras que atravesan a comarca como a Serra da Moura, Monte da Santa e a Serra de San Marcos.

Vista xeral da serra do Laboreiro no inverno, desde A Cañiza.

Primavera no alto do Coto das Augas, na serra da Pena da Edra.

Nas partes máis altas das serras domina a vexetación herbácea e de matogueira formada por xesta, uceira, toxo, carpaza, distintos tipos de breixos... Nas zonas máis asolladas atópanse arzaias, macelas... e nas brañas e zonas húmidas brións, xuncos, rorelas... Arredor dos cursos de auga fórmanse bosques de ribeira onde abondan os salgueiros, as amieiras e os freixos.As zonas arboradas están dominadas por carballos e cerquiños mesturadas con bidueiros, castiñeiros, pradairos, pereiras bravas... Nas zonas máis baixas hai bosques de repoboación de piñeiros.

Sucesión de vexetación na serra do Laboreiro. Abaixo as carballeiras e nas partes altas mato e prados.

Carballeira nas abas do Forriolo. Os bosques de frondosas desta zona están formados por unha mestura de carballos (Quecus robur) e cerquiños ou reboloes (Quercus pyrenaica) por entre os que se atopan nas partes máis altas bidueiros.

Codeso (Adenocarpus complicatus). Arbusto leñosos de follas compostas de tres foliolos que florece nos beirais de cultivos e carballeiras durante o verán.

Xolantha tuberaria. É común en zonas secas e florece durante a primavera e parte do verán.

Breixos, carrascas, toxos e outras plantas típicas da matogueira dos cumes.

Campaíñas (Campanula lusitanica). Florece nas beiras dos cultivos e solos areosos.

O cerquiño ou rebolo é o carballo típico do sur de Galiza. Distínguese polas follas veludas cos lóbulos máis pronunciados e as landras sen rabo.

Phalacrocarpum oppositifolium, florece sobre as pedras nos cumes das serras.

Plantago radicata, pequeno chantaxe endémico das montañas da metade norte da Península Ibérica.

Macela brava (Anthemis arvensis). Florece desde a primavera ata o verán en beirais e terrreos abertos. Pódese usar para facer infusións.

Caravel enano (Petrorhagia nantenilli). Florece en terreos secos.

As arañas cangrexo (na imaxe Thomisus onustus) son de cores craras para pasar desapercibidas nas flores onde agarda ás súas presasa (nos constrúen teas). Esta está debaixo dunha inflorescencia de bolra azul (Jasione sp.), común nas zonas abertas de media altura.

Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis). Voa polas pradeiras onde a eiruga se alimenta de herbas.

A fauna silvestre refúxiase nas zonas máis illadas nela atópanse: mamíferos (lobo, marta, gato algarío, doniña, raposo, xabarín, morcegos, leirón...), aves (miñato, moucho, falcón, gatafornela e gran variedade de paxaros), réptiles (víbora fuciñuda, lagartixa rabuda, cobra de escada, cobregón...) e numerosos invertebrados.

Azulenta (Prunella nodularis). É un paxaro habitual das matogueiras entre as que captura os insectos e apaña as froitas das que se alimenta.

Cumes do Leboreiro desde o alto de Ouroso.

SERRA DO LABOREIRODescribe un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os picos máis altos nesta comarca son Ouroso (1.251, na fronteira coa Baixa Limia e con Portugal), Froufre (1.244 m), Pena Rubia (1.232 m) e Outeiro de Pena Gache (1.226 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...) e ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Troncoso). Accedese desde Bangueses, Outeiro das Augas (as Catro Cruces), Xacebáns, ou por Padrenda.

Pena Rubia, con 1.232 m, na serra do Leboreiro . Accedese pola estrada de Padrenda ou desde Gorgua e Monterredondo. Desde a zona hai unhas vistas impresionantes sobre toda a comarca. Cumes do Leboreiro desde o alto de Ouroso.

Outeiro da Pena Gache. Desde o cume hai excelentes vistas sobre os vales do Miño, Arnoia e Deva. Serras do Faro e do Suído.

RUTAS POLO LABOREIROExisten varias rutas sinalizadas pola serra do Laboreiro e arredores.P.R.G. 31 (11,5 km): Quintela de Leirado-Serra do Laboreiro. Desde os cumes pódese seguir unha ruta pola liña fronteiriza e conectar co P.R.G 32 (no poste 27) ou co P.R.G 33 (no poste 29 1A).P.R.G. 31 (21,8 km): Celanova-Serra do Laboreiro.RUTA DO LEBOREIRO:É unha gran ruta comarcal que percorre toda a comarca con punto de partida e remate en Celanova.Parte desta ruta faise pola serra do Laboreiro: San Roque de Crespos-Penarrubia-Monte Redondo-miradoiro de Quinta-Gorgua-Vilar, por estrada asfaltada.

Vista desde a Pena Gache.

E véxome rubir, neno que eu era,montado nun burriño, costa arriba,camiño de Acebedo onde mourabatoda a infancia miña. No outo Penagache branquexaba a nevee morría o outono.A serán e a paisaxe, irmáns xemeas,esvaíanse nos bosques de ouro. Celso Emilio Ferreiro

Alto do Outeiro de Augas e cumes da Pena da Edra.

LOMBAS DA PENA DA EDRAProlongación cara ao nordeste da Serra do Laboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m e Coto da Atalaia con 1.018 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para toda a contorna: Serra do Xurés, O Laboreiro, terras de Bande e Celanova...Accedese desde Verea pola estrada de Bangueses.

Serra da Moura vista desde Pena da Edra.

SERRA DA MOURASituada entre Celanova, Ramirás e Quintela de Leirado, con dirección NO-SE. A máxima altura é a Moura, con 944 m. Accedese desde Quintela de Leirado ou desde Mosteiro.Hai unha ruta circular de sendeirismo sinalizada (PRG 65) que parte de Mosteiro (Ramirás)

Coto da Fonte Santa desde Verea.

MONTES DE BANDEPequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m. Accedese desde Bande ou Verea, polo Alto de Vieiros. Ao Forriolo accedese pola estrada de Celanova a Vilar de Santos.

MONTE DE SAN CIBRAOPequeno macizo montañoso situado nos lindes de A Merca, A Bola Allariz e Rairiz de Veiga. Acada no cume os 912 m. A maior parte está desprovisto de arborado. No seu cume hai unha capela visigótica dedicada a San Cibrao e unha ampla área de lecer na que ten lugar unha importante romería. Desde o cume divísanse amplas panorámicas sobre A Limia, O Xurés, O Leboreiro, as terras de Celanova e Allariz.Accedese desde un cruce sinalizado na estrada de Celanova a Allariz, entre Pardavedra (A Bola) e Corvillón (A Merca).

Detalle dunha ventá da capela de San Cibrao.

Dolme no cume de San Cibrao. Nesta zona abondan as mámoas, e na actualidade hai dous dolmes escavados aos

Corvillón e o monte de San Cibrao.

Vista desde San Cibrao sobre A Bola e A Merca.

Vista de Celanova cos Montes da Santa e San Marcos ao fondo.

MONTES DA SANTA e SAN MARCOS Forman unha liña que separa o concello de Celanova do de Ramirás con alturas de 600 a 700 m.

Castromao, nos montes da Santa. Este castro foi escavado por López Cuevillas e M. García Rollán, do equipo do museo de Ourense. Está rodeado por unha muralla que se aproxima aos 500 m de perímetro. Nas proximidades, no monte do Lameiriño hai unha reproducción dun grupo de vivendas castrexas.

COTO NOVELLE Monte de 714 m de altura no que conflúen Cartelle, Arnoia e Castrelo de Miño. Desde o cume hai unhas excelente vistas sobre O Ribeiro e a comarca de Celanova. Accedese desde a estrada de Cartelle a Castrelo de Miño.

O CASTRO O Monte do Castro (635 m) fai fronteira entre Toén, Barbadás e Cartelle.

Vista da Merca co monte do Castro ao fondo.

OS RÍOSOs ríos que regan a comarca de Celanova son todos tributarios do MIÑO.Os de maior protagonismo son o Arnoia, que a cruza de leste a oeste, e o Deva que baixa da serrra do Laboreiro, separadas ambas cuncas pola serra da Pena da Hedra, Montes da Santa, Serra da Moura e os montes de Gomesende e Cortegada.Arredor destes ríos e dos seus afluentes consérvanse bosques de ribeira e carballeiras cunha rica flora e fauna, e unha gran cantidade de vestixios históricos e etnográficos.

Vexetación de ribeira no Arnoia (pé de boi, amieiras...).

Fento

Bosque de ribeira e fervenza nun atranco do Arnoia.

Pradairo (Acer pseudoplatanus). Medra nos vales, á beira dos ríos.

Brións e saxífragas no toro dun salgueiro. A humidade e a sombra que hai nalgúns bosques de ribeira permite que algunhas Plantas sobrevivan (case como epífitas) sen necesidade de dispor de terra.

Pé de boi (Oenanthe crocata), unha planta que non falta á beira ou dentro de ríos e regatos pouco fondos e de corrente suave.

Saramaganta rabilonga ou salamántiga galega (Chioglosa lusitanica). Especie endémica do noroeste da Península Ibérica. Vive nas proximidades de regatos de augas rápidas e ben osixenadas en microclimas saturados de humidade. Considerada especie vulnerable pola IUCN.

Merlo rieiro (Cinclus cinclus). En Galiza é sedentario e

pouco común.

RÍO MIÑO Percorre un pequeno tramo no oeste da comarca, facendo de linde entre Pontedeva e Padrenda (Ourense) e Crecente (Pontevedra). Está encorado en parte pola presa das Frieiras.

O Miño en Padrenda.

O Arnoia en Rubillós.O Arnoia en Ponte Hermida.

RÍO ARNOIAÉ o principal río da comarca que a percorre de leste a oeste ata case xuntarse ao Miño en terras do Ribeiro (Quinteiro-Arnoia). O Arnoia nace na serra de San Mamede e, despois de atravesar as terras de Allariz entra na comarca de Celanova, nos lindes entre A Merca e Allariz, formando un profundo canón en rochas graníticas. Os principais afluentes son o Ourille, o Tuño e o Gato. Está intensamente explotado con centrais eléctricas. Unha grande parte do seu curso foi proposto como LIC e está pendiente de aprobación.

Canón do Arnoia no lugar de Muíño dos Mouros. Entre Rubillós, onde se atopa a central da Merca, e seguindo a canle que alimenta a central (collendo un camiño de terra á esquerda da estrada, 100 m arriba da propia central), pódese percorrer o canón ata a presa, e baixar ao río en diferentes lugares para ver de preto as fervenzas que forman os atrancos de moitos muíños (todos abandoados), os rápidos e pozas do propio río, as pontellas e gozar dos frescos túneis que forma o bosque de ribeira.

Área de lecer da Pontenova.

Ao longo río Arnoia están os máis antigos vestixios históricos da comarca, como os castros da Peneda da Lebre, Outeiro de San Marcos (A Mezquita), Castro de Rodela (en Faramontaos, entre os concellos de A Merca e Celanova) e o Monte do Castro de Olás. Tamén se atopan gran variedade de pontes (romanas, medievais...) muíños e levadas.

Ponte romana do Freixo, na parroquia de Penela. Declarada monumento histórico-artístico. Por ela pasaba un dos ramais secundarios da Vía romana XVIII do Itinerario Antonino.

Ponte na zona de Rubillós

Pontella en Ponte Hermida.

Muíño en Ponte Fechas.

RÍO TUÑO É o principal tributario do Arnoia nesta comarca. Recolle as augas das serras da Moura e Pena da Edra e xúntase a el pola esquerda en Freás, despois de pasar polas terras de Verea, Celanova e Ramirás. No curso medio ten unha minicentral.

O río Tuño en Mosteiro (Ramirás).

RÍO OURILLE Fórmase en Verea ao xuntarse os regos Batín e Pitelos, e percorre tamén terreos de Celanova e A Bola. Xúntase ao Arnoia no lugar da Barxiña (Celanova) despois de recibir durante o seu percorrido as augas de numerosos regatos (Vilariños ou Sabucedo, Mamoelas, Porto, Poulo Sandin, Viqueiras, Currás e Sampil.

O río Ourille en Ourille, na zona da minicentral.

Área recreativa no río Ourille, no concello da Bola, lindando con Celanova.

Fervenzas no río Gato en Sande (Cartelle)

RÍO GATORecolle as augas dos montes que separan as cuncas do Miño e o Arnoia no concello de Cartelle. Antes de se xuntar co Arnoia baixa por un profundo canón no que hai varias fervenzas.

Pozo do Gordo, na confluencia do Río Gato co Arnoia en Sande (Cartelle)

RÍO DEVANace na Serra do Laboreiro ao pé da Serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altitude, pasa por terras dos concellos de Verea, Quintela de Leirado, Padrenda e Pontedeva. Xúntase co Miño facendo línde entre os concellos de Cortegada e Pontedeva. Forma un amplo val onde se asenta a maioría da poboación desa zona. É un río con fortes pendentes no que abondan os rápidos e as pozas. Ten numerosos afluentes de curso curto entre os que destacan o río de Crespos (chamado tamén de Gorgua ou de Esmoriz), o Rabo do Gato, o Valverde...

Río Deva en Xacebás, onde se coñece tamén co nome de Río Grande.

Último tramo do Deva, xa encorado, antes de xuntarse co Miño (Pontedeva).

Ponte medieval de Esmoriz, no río Gorgua, Esmoriz ou de Crespos, o principal afluente do Deva.O RITO DA INMERSIÓN. No río Deva, en San Breixo de Deva, consérvase a tradición de facer rogativas e meter a San Bartolomeu no río (ou simulalo) para pedir chuvia nas épocas de secura.

Fervenzas de Fondós no río Deva enLeirado (Quintela de Leirado)

Fervenza do Rabo de GatoRío Salto do Gato (Deva)Xacebáns-Quintela de Leirado

Fervenzas do río Gorgua en Esmoriz enCrespos (Padrenda)

Fervenzas de Freáns no Río Esmoriz ou Gorgua en Padrenda.Unha ruta acondicionada permite visitalas.

RÍO BARXAS OU TRONCOSONace na serra do Laboreiro e durante case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal ata botarse no Miño en Pontebarxas. No primeiro tramo do seu curso salva un grande desnivel.

O Barxas na Azureira, no linde con Portugal.

O Barxas en Pontebarxas, na ponte fronteiriza.

AS ÁRBORESNesta comarca as árbores merecen un apartado especial, pola súa importante presenza, formando bosques, plantacións ou como exemplares illados de especial interese patrimonial.Os bosques autóctonos son relativamente abundantes nas abas das serras e nos canóns dos ríos Arnoia, Deva, Troncoso e os seus afluentes. A maioría son carballeiras mixtas de carballo do país (Quercus robur) e rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), xunto con bidueiros, pradairos, pereiras bravas, érvedos, loureiros... e nas beiras dos ríos amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros... Tamén son importantes os castiñeiros (Castanea sativa) que aparecen en plantacións ou mesturados co bosque autóctono.

Bosque autóctono (carballeira mixta) no val o Arnoia (A Merca).

Plantación de piñeiros. As partes baixas e de releve menos accidentadas das serras e montes están ocupadas con explotación forestais de piñeiros.

Pereira brava en flor. As pereiras cóbrense de flores a comezos da primavera, antes de que as árbores que as acompañan nos bosques abran as follas.

Carballos do Santuario das Marabillas (Cartelle)Atópanse no adro do santuario, nunha área ampla que rodea a igrexa. O máis grande mide 25 m de altura e 4,10 m de perímetro, cunha copa moi ampla e ben formada de 40 metros de perímetro. Carballo na capela de Bangueses de Arriba,

en Verea.

Carballo de Santa Águeda (Celanova)Mide 5 m de perímetro.

Carballo de San Roque de Crespos. Situado na praza de San Roque, nas proximidades da igrexa.

Castiñeiros de Covas do Río. A Merca.O máis grande mide 11,10 m de perímetro.

Castiñeiros de Abeleira. Padrenda. O máis grande ten 8,80 m de perímetro

Ramo de robinia en flor.

Acacacias falsas (Robinia psudoacacia) en Celanova.A máis grande mide 3,58 m de perímetro.A robinia é unha árbore orixinaria de América do Norte que se atopa plantada en xardíns e beiras de estradas e camiños e asilvestrada en moitos lugares

ESPAZOS PROTEXIDOS

RESERVA DA BIOSFERAO Concello de A Bola forma parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, declarada polo Consello Internacional de Coordinación do Programa Home- Biosfera da UNESCO o 29 de xuño de 2005 por ser esta unha zona que combina importantes valores culturais co uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna.

Canastro na Merca.

Margaridas no Monte San Cibrao.

LIC BAIXA LIMIA Parte da comarca de Celanova, na zona da Serra do Laboreiro nos concellos de Padrenda, Quintela de Leirado e Verea, está incluída no espazo natural LIC “BAIXA LIMIA”, un espazo dun grande interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico. Nos cumes das serras consérvanse varios endemismos e nos vales importantes áreas arboradas con especies autóctonas ou castiñeiros centenarios.

Cabras no Laboreiro, no val do río Troncoso.

Bangueses e Penagache.

Aquí vén o maiode frores cuberto...puxéronse á portacantándome os nenos;os puchos furadospra min estendendo,pedíronme crocasdos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,calados e quedos;que o que é polo de hoxeque darvos non teño.Eu sónvo-lo probedo pobo gallego:pra min non hai maio,¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atoparede donos libertoo pan non me quitentrabucos e préstemos,e como os do abadefrorezan meus eidos,chegado habrá entonceso maio que eu quero.

Queredes castañasdos meus castiñeiros?...Cantádeme un maiosin bruxas nin demos:un maio sin segas,usuras nin preitos,sin quintas, nin portas,nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez, Manuel Aires da miña terra(1880)

Rematamos o traballo cun poema do poeta de Celanova Manuel Curros Enríquez (1851-1908)

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Maio 2016San Miguel de Celanova

top related