charles e os catro sabios
Post on 24-May-2015
787 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Saúl Leyva Santarén 1º ESO
CHARLES E OS CATRO SABIOS
Un día calquera, un empresario chamado Charles foi traballar.
Nese día todo estaba ben, a partir de agora tiña que traballar
menos e ían cobrarlle máis. Cando saíu de traballar decatouse
de que un burato negro tragou toda a cidade menos unhas
poucas casas, edificios e estradas que estaban voando por alí.
Quedou abraiado. Aquela bonita cidade converteuse nun lugar
escuro no que xa non quedaban persoas vivas.
Tras moito tempo pensando, Charles foi polos camiños
flotantes ata chegar ao seu edificio. Cando chegou, viu que
estaba derruido. Buscou e buscou por toda a cidade, pero non
atopou a ninguén. Xa non tiña esperanza, quería morrer. De
súpeto, unha luz cegadora invadiu a cidade e Charles caeu á
nada.
Espertou e estaba nun sitio escuro. Non podía ver nada.
Pensaba que estaba morto pero… cando menos o esperaba, a
cara dunha criatura vermella, cunha boca e ollos grandes
preguntoulle:
- Queres que todo volva a ser coma antes?
- Si - respondeu Charles.
- Se queres que todo volva a ser coma antes so tes que pasar
o Reto Dos CatroSabios.
Charles aceptou e foi rápidamente teletransportado a un lugar
con números por todas as partes. Nel había un ancián duns
setenta anos, con pelo branco e longo e ollos grandes e verdes
que estaba facendo unhas estranas contas.
De súpeto, apareceu a cara de antes dicindo:
-Este é o Sabio das Matemáticas. Para seguir o teu camiño
terás que derrotalo. Para conseguilo, terás que facer unhas
contas máis rápido ca el. Por certo, tes tres oportunidades. A
proba comeza en: 3 2 1...
Empezou a proba. Comezaron a saír contas moi difíciles.
Quedouse en branco. Xa perdeu unha oportunidade,
quedábanlle dúas. Seguían aparecendo contas difíciles pero xa
non o eran tanto. Charles fixouse en que a última tanda lle
custou máis ao ancián. Era a última oportunidade.
Empezaron a saír contas como un máis un ou tres menos dous.
Charles facíaas a gran velocidade mentres que o ancián non
daba feito. Xa estaba, gañou.
Foi rapidamente transportado. Apareceu a cara de novo e
díxolle que agora estaba ante o Sabio das Linguas. Un mozo
duns vinte anos. Para derrotalo tiña que corrixir as frases que
foran saíndo. Esta vez tiña dúas vidas. O bo é que na escola,
Charles era o mellor de todos en corrixir as frases.
3 2 1... QUE EMPECE A PROBA.
Apareceron todo tipo de frases e oracións. Charles non tardou
moito en vencer. O Sabio Das Linguas desapareceu. A criatura
felicitoume e díxolle que estaba ante o Sabio da Música. Este
era un neno duns cinco anos rodeado de partituras. A única
maneira de vencelo era cantarlle unha canción para facelo
durmir.
Charles acordouse dunha canción que lle cantaba a súa
nai cando era pequeno cantouna. O rapaz estaba durmindo
e só quedaba unha proba e aínda tiñadúass vidas.
Foi teletransportado a un mundo cheo de fogo. Estaba a
criatura pero non só se lle vía a cabeza se non tamén o
corpo enteiro. ERA XIGANTESCO. Este díxolle que era o
Sabio da Forza. Para que todo volvese á normalidade tiña
que derrotalo nunha pelexa. ¿Como podería un home
derrotar unha criatura xigante? Non o sabía pero non se
rendería.
A loita comezou. A criatura pegoulle ata que Charles estivo
a piques de morrer. Nese intre, viu que tiña un punto débil.
Eran os ollos. Cando a criatura estaba a punto de matar a
Charles, estecorreu ata a perna da criatura e escalou. A
criatura non era moi rápida e as Charles puido chegarlle
ata a cabeza sen sufrir máis danos. A criatura pegou un
berro e Charles saíu voando. Caeu ao chan morreu.
Era o fin. A única esperanza da humanidade estaba morta.
Pero maxicamente Charles reviviu grazas aos Catro
Sabios. Ao final era unha proba que lle fixeron a Charles
para saber que era capaz de facer para que todo volvese á
normalidade.
Parabéns. Pasaches a proba- dixéronlle a Charles – a partir de
hoxe todo volverá á normalidade es e precisas algo só tes
que dicilo.
Charles foi teletransportado ao mundo normal e corrente. Xa
nada estaba coma antes. Falou cunhas cantas persoas pero
ninguén recordaba nada. Dende ese dia a vida daquel home
foi feliz e axudou a todas aquelas persoas que o precisaron.
FIN
top related