apóstolo santiago
Post on 12-Mar-2016
236 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Aparición do Apóstolo• A principios do
século IX, entre os anos 820 e 830, aparecen, supostamente, os restos do Apóstolo Santiago o Maior en terras galegas.
O Apóstolo veu a España
• Segundo a tradición o Apóstolo Santiago veu predicar a España despois da morte de Xesús
Lenda da Virxe da Barca
• Chegou ata Fisterra e Muxía.
• En Muxía estaba desanimado porque os galegos facíanlle pouco caso, e, segundo a lenda, aparecéuselle a Virxe para animalo.
Regresa a Palestina
• Despois volveu a Palestina
Morte en Palestina
• En Palestina o rei Herodes Agripa mandouno decapitar
Lenda da traslación
• Os seus discípulos Atanasio e Teodoro trouxérono, en secreto, nunha barca polo Mediterráneo e o Océano Atlántico e remontaron o río Ulla ata o porto de Iria Flavia.
Chegada a Padrón
• Ao chegar a terra, amarraron a barca a unha pedra que se conserva baixo o altar da igrexa de Santiago ´de Padrón e que dou nome a estas terras, Padrón.
Enterro no monte Libredón
• Desde aquí, trasladárono nun carro de bois cedido pola raíña Lupa, señora destas terras, ata o monte Libredón e enterrárono alí
Chuvia de estrelas• Pasados nove séculos,
un ermitaño chamado Paio veu durante varias noites unha chuvia de estrelas sobre o monte Libredón e comunicoullo ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro.
Descubrimento da Tumba• O bispo Teodomiro
diríxese co seu séquito ao lugar indicado.
• Manda limpar o monte e descobre tres tumbas, unha delas ten cunha inscrición que di “Aquí xace Xacobo, fillo de Zebedeo e Salomé, e irmán de Xoán”.
AlfonsoII• O bispo comunícallo ao
rei Alfonso II e ao Papa.
• O rei Alfonso II de Asturias acudiu rapidamente desde Oviedo para visitar o lugar e constatar a milagrosa aparición.
Primeira capela• O rei ao verificalo
manda construír unha humilde capela dedicada ao culto do Apóstolo, á protección dos seus restos e ao refuxio dos peregrinos que viñesen ata aquí
Catedral• Desde entón os
peregrinos que chegaban a Santiago eran cada vez máis, polo que, a capela primitiva foise ampliando ata construír a actual catedral, obra cumbre do noso patrimonio.
Catedral• A catedral está
construída sobre o mesmo monte Libredón e na súa construción participaron figuras moi importantes como o bispo Xelmírez e o Mestre Mateo que a rematou no ano 1211.
Nota
• A historia que che acabamos de contar está feita con datos históricos e datos de lendas; e, as lendas, lendas son.
top related