8. fascismo e nazismo

Post on 10-Jul-2015

1.049 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Liña do tempo

•A débeda provocou a subida dos prezos•Empeorara o nivel de vida dos italianos

•Aumento do paro

Partido comunista

Fasci Italiani do Combattimento (Benito Mussolini)

Mussolini obtivo poucos escanos nas eleccións de 1919 e 1921 polo que decidiu tomar o poder pola forza:

CARACTERÍSTICAS DO FASCISMO

Réxime totalitario e, como tal, antidemocrático. A liberdade individual quedaba subordinada ao Estado, dirixido por un líder todopoderoso (o duce) e apoiado nun partido único, o Partido Nacional Fascista. Supresión dos partidos políticos e dos sindicatos.

O Estado interviña na economía, aínda que apoiaba a empresa privada.

O Estado dominaba a sociedade a través do control da educación, da cultura e dos medios de comunicación.

Culto á violencia e ao militarismo, manifesto nos símbolos, himnos, uniformes… A violencia aplicouse para reprimir os disidentes e calquera idea ou conduta revolucionaria, xustificada por un anticomunismo exacerbado.

Nacionalismo expansionista, que esixía a creación dun imperio colonial para Italia.

A intervención do Estado

na economía: a campaña do trigo

O fascio, símbolo do fascismo

O militarismo: Mozos da Vangarda Fascista

A expansión colonial

CARACTERÍSTICAS DO NAZISMO

Réxime ultranacionalista, totalitario, antidemocrático, anticomunista e extremadamente violento. O estado era dirixido por un líder todopoderoso, o führer(‘guía’), e sostido por un partido único, o partido nazi, que controlaba todos os aspectos políticos, sociais e económicos.

Goberno do terror, para evitar calquera tipo de oposición ao réxime e levar a cabo a limpeza étnica.

Racismo, que tivo como manifestación máis clara o odio exacerbado contra os xudeus. O nazismo propugnaba a superioridade da raza aria, encabezada polo pobo alemán, e recoñecía o seu dereito de se impoñer aos demais.

Intensa política propagandística do réxime e control da cultura e dos medios de comunicación.

Política exterior expansionista.

• Culto ao xefe, o Führer• Primacía do Estado• Exaltación da violencia e da

xuventude• Racismo: superioridade da

racia aria• Valores tradicionais

Estética militar

Medidas contra a poboación xudía

Imaxe sobre o ideal ario

Matrimonios permitidos e prohibidos segundo as leis de Núremberg de 1935

Campos de concentración e exterminio

Poboación xudía exterminada por países

Prisioneiros en Auschwitz

Texto: O testemuño dun oficial dun campo de concentración

O testemuño dun oficial dun campo de concentración

[…] Hoss […] respondeu que a maioría dos que eran levados ao campo ían alí para seren exterminados. Hoss fixo despois unha declaración xurada na que admitiu que supervisara o exterminio por gaseamento e a posterior incineración de polo menos dous millóns e medio de persoas. Dixo que se introducía o [gas] Zyklón-B na cámara a través dunha pequena abertura. Levaba entre 3 e 15 minutos asasinar os que estaban na cámara. Pasada media hora, retirábanse os corpos.

Os Sonderkommandos ou Comandos Especiais quitábanlles os aneis e os dentes e empastes de ouro. Hoss describiu o proceso polo que se seleccionaba os que ían ser gaseados. Declarou que se trataba de enganar as vítimas dicíndolles que os ían despiollar. Dixo que nas cámaras de gas podían entrar ata 2.000 persoas.

Testemuño de Rudolf Hoss, Kommandant de Auschwitz

Retrato de Hitler, de Hubert Lazinger

Vístese cunha armadura, coma se fose un heroe medieval.

Hitler porta a bandeira coa cruz gamada, símbolo nazi.

O terror: O primeiro campo

de concentración, Dachau

• Ideoloxía expansionista:– Panxermanismo– Teoría do espazo vital

• Plan de rearmamento e servizo militar obrigatorio

• Invasión de Austria e os Sudetes (1938) e o resto de Checoslovaquia (1939)

O expansionismo: mapa da expansión territorial alemá na época nazi

Unha economía orientada cara á guerraUnha economía orientada cara á guerra

• Durante os primeiros anos o obxectivo era acabar co paro: POLÍTICA DE GRANDES OBRAS PÚBLICAS

• Posteriormente o obxectivo foi a autarquía e apoiar a política exterior: NOVAS INDUSTRIAS E INDUSTRIA ARMAMENTÍSTICA

Síntese (I)

Nos anos 20 Italia foi o primeiro país en establecer un réxime fascista, que, para moitos, se converteu no modelo que había que seguir.

Outro modelo totalitario foi o da Alemaña nazi. Para explicar a chegada de Adolf Hitler ao poder é necesario analizar a crise que viviu Alemaña tras a derrota na Primeira Guerra Mundial.

Hitler chegou ao poder de forma legal, favorecido pola situación de crise e de violencia que se vivía en Alemaña a principios dos anos 30. Pero, en menos de dous anos, desfíxose da oposición e fíxose con todo o poder.

Síntese (II)

O nazismo inspirouse nas ideas que Hitler propuxera en Mein Kampf. Sen comprender este programa é difícil entender como era o réxime nazi.

O réxime nazi foi un Estado totalitario. Era unha ditadura, é dicir, un réximeno que non se respectaban as liberdades das persoas e nas que estas non interviñan na elección dos gobernantes. Pero ía máis alá: o partido nazi tiña a pretensión de controlar todos os aspectos da sociedade.

Unha das prioridades do nazismo era devolverlle a Alemaña o seu papel de gran potencia. Para iso, puxo en marcha unha política exterior belicista e mobilizáronse todos os recursos necesarios para financiala.

top related