09 o empirismo

Post on 05-Jul-2015

173 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A inglaterra empiristaA inglaterra empirista

Contexto Político

A revolución inglesaGran Rebelión (1642),

Decapítase a Carlos I, Cromwell novo home forte non conseguiu impoñer a paz entre as distintas fraccións.

Contexto científico

I. Newton e o cumio da revolución científica

Contexto económico

Desenvolvemento económico da burguesía

Contexto Relixioso

Anglicanismo.

Reforma protestante.

Antipapismo.

Características comúnsCaracterísticas comúns

Teoría do coñecemento:

Todo provén da experiencia.

Non hai ideas innatas

Fenomenismo: Cuestionase a capacidade de captar a cousa en si.

Política

Contrato social

Liberalismo

Ilustración inglesa

Crítica do recurso a autoridade.

Cuestionan o carácter divino do poder.

Loita contra o dogmatismo.

Defensa da tolerancia relixiosa.

Defenderon a división dos poderes.

Confianza no desenvolvemento científico e no progreso técnico.

Teoría do coñecementoTeoría do coñecemento

A mente coñece as ideas non as cousas

O contido da mente provén da experiencia

Non existen ideas innatas

Dubídase do coñecemento universal e necesario

Antecedentes: Xoán Salisbury, Antecedentes: Xoán Salisbury, G. Occam e Francis BaconG. Occam e Francis Bacon

Coñecemento fundado na experiencia libre dos preconceitos:

Ídolos da tribo

Ídolos da caverna

Ídolos do mercado

Ídolos do teatro

Preocupación polo método (indutivo)

Thomas Hobbes (1608-1679)Thomas Hobbes (1608-1679)

Alíñase co Rei fronte ao parlamento

Exiliase en Francia e entra en contacto con Galileo, Descartes e os círculos científicos europeos

Volve a Inglaterra logo da restauración da monarquía

O materialismoO materialismo

Filosofía naturalMaterialista.

Mecanicista.

Defensor do cálculo matemático.

Deus é incognoscíbel.

A política ao servizo da ordeA política ao servizo da orde

Teoría do Estado

O home é un lobo para o home.

Contrato social: Os cidadáns ceden os seus dereitos para preservar a seguridade.

O pacto non é co monarca, senón entre os cidadáns para outorgar o poder aboluto a este: Defensa da monarquía absoluta.

Non hai división de poderes.

John Locke (1632-1704)John Locke (1632-1704)

Defensor do parlamento

Exiliase en Holanda.

Volve a Inglaterra logo da recuperación do poder constitucional polo parlamento.

A afirmación da experienciaA afirmación da experiencia

A Experiencia como fonte de coñecemento.

As ideas: Non temos coñecemento directo de nada mais que as nosas propias ideas e estas son subministradas pola realidade.

Ideas simples: Proveñen da sensación. Experiencia externa e interna.

Ideas compostas: Combinación das ideas simples.

As cualidades e as ideas As cualidades e as ideas compostascompostas

Cualidades ou propiedades dos obxectos:

Primarias: Que existen en si e non poden separarse dos obxectos (extensión)

Secundarias: Non son propias do obxecto senón que é como nós os percibimos (sabor).

Clases de ideas complexas:

Modos: Accidentes ou modificacións da substancia.

Relacións: Referencias dunha cousa a outra

Substancia: As cousas que existen en si mesmas.

Crítica do concepto de Crítica do concepto de substanciasubstancia

A existencia da realidade: Non podemos dar un salto das ideas a realidade, se ben el afirma dita realidade. Pero o coñecemento que dela temos depende dos tres tipos de coñecemento que existen: temos un coñecemento sensitivo do mundo exterior, intuitivo do Eu, e Demostrativo de Deus.

EU: Acepta a conclusión do “cogito” cartesiano.

DEUS: Polo principio de causalidade partindo da nosa propia existencia.

Da nada nada pode proceder

Existe algún tipo de realidade. Ex. o EU.

Debeu existir sempre algo a partir do que é posible a miña propia experiencia.

Logo debeu existir unha realidade eterna e divina que chamamos DEUS

MUNDO: Das cousas externas temos un coñecemento sensitivo. Ninguén pode de boa fe ser tan escéptico de dubidar do que ve e sente.

Aínda que poidamos deducir a existencia de substancias non podemos chegar a coñecer que son.

A idea de substancia formase a través dunha colección de ideas compostas e cualidades ás que lle damos un nome común.

O liberalismoO liberalismo

Antecedente de Hobbes: O contrato: renunciase a liberdade a cambio de seguridade. Mais páctase co poder e conservanse os dereitos naturais a cambio de outorgar ese poder.

Libre por natureza: O ser humano para Locke é libre e debe rexeitar o absolutismo.

A) Posición Ética: A liberdade fainos donos da nosa propia conduta (lei moral natural)

B) Concepción Política: O gobernante posúe o poder por consentimento do pobo.

Igualdade: Todos somos iguais

George BerkeleyGeorge Berkeley

Bispo inglés anglicano.

Non temos constancia das cousas en si, só das sensacións que posuímos.

Esse=percipi

As que chamamos cousas reais son producidas por Deus nos nosos sentidos.

David HumeDavid Hume

Diferenciase con Locke polo seu radicalismo que o conduciu a un escepticismo en todo o que non fose as certezas lóxicas matemáticas.

- Todas as ciencias deben ter como punto de partida o ser humano e a súa capacidade de coñecer.

- Punto de partida do coñecemento:

- Impresións: As percepcións vivas.

- Idas: Copias ou lembranzas das impresións.

Proceso de coñecementoProceso de coñecemento

Impresións da Reflexión

(desexar, odiar,etc.)

Impresións da sensación

(oír, ver,cheirar)

IdeasSimples

Copias das impresións

Formaciónde ideas

Complexas(ideas xerais e

abstractas)

Palabras

Leis de Asociación de Ideas

Razoamento Percepcións

Proposicións

De razón(necesarias)

Matemática e lóxica

De feito(continxentes)

Non é posíbel verdadeira ciencia

Espírito

Leis de asociación de ideasLeis de asociación de ideas

As combinación de ideas simples fórmanse a través das leis de asociación:

- Semellanza

- Contigüidade

- Causalidade

Crítica da idea de causalidadeCrítica da idea de causalidade

Critica do principio de causalidade: Non temos impresións das conexións entre os fenómenos. Non existe ningunha impresión do feito casual, só que a un acontecemento o costume dinos que lle sucede outro. Dun hábito ou proceso psicolóxico non se pode facer unha inferencia ilexítima para concluír unha necesidade.

Que podemos coñecer?Que podemos coñecer?

Quen orixina as impresións: Hume dubida mesmo das cualidades primarias de Locke, os pontes coa realidade están rotos.

Crítica da idea de substancia: Non posuímos ningunha impresión da substancia.

MUNDO: Non sabemos que hai mais alá das nosas ideas.

DEUS: Non se pode demostrar a súa existencia.

EU: O Eu resulta incognoscible.

Fenomenismo: Só podemos coñecer o fenómeno.

Relativismo: Non existe a verdade obxectiva e común.

Que podemos coñecer?:

As verdades lóxico-matemáticas a priori da experiencia

As cuestións de feito: Non existen verdades universais a priori senón continxencia e posibilidade.

A moral depende do suxeitoA moral depende do suxeito

O ben e o mal non se atopan nos actos senón nos sentimentos: Os seres humanos son egoístas. Buscan os seu propio interese e utilidade. Pero tamén existen aspectos altruístas a través da identificación cos demais. A busca do ben propio e alleo pode saír do noso interior.

As facultades emotivas móstranos o auténtico valor moral.

Erro de feito: Ignoramos as circunstancias dunha acción.

Erro de dereito: Determinados actos non espertan en nós o sentimento que debera.

A política ao servizo da utilidadeA política ao servizo da utilidade

Rexeita a orixe divina do poder

Rexeita o pacto social: A sociedade está previamente establecida.

A sociedade débese ao instinto sexual (a familia).

O pobo ten dereito a sublevarse contra un poder tiránico.

A sublevación debe ter en conta os efectos e calcular o éxito.

Defende a división do traballo.

top related