alejandro finisterre

1
Alexandre Finisterre e o futbolín POEMARIO Cantos quintos. París, 1946 Cantos esclavos. París, 1948 Cantos rodados. Roma, 1950 18 de julio. México, 1956 Cumbres borrascosas. México, 1956 Café, coña y puro. México, 1956 Rial. México, 1964 ENSAIO Con, sin, sobre, tras la Poesía. México, 1959 TEATRO Del amor y de la muerte (estrea no 1961 en Montecarlo, París e Londres) ESTUDOS Seis danzas catalanas. Barcelona, 1947 Historia de la danza española. París, 1948 LABOR EDITORIAL Poesía de Ecuador. Quito, 1952 Poesía de Guatemala. Londres, 1953 Poesía en México. México, 1957 y 1959 Poesía de Galicia contemporánea. México, 1961 Edición facsímile de Galeuzca (revista publicada na Arxentina por exiliados galegos, vascos e ca- taláns, 1977) Compostela, Revista de Galicia ... “Ano 37 Guerra Civil Alexandre de Fisterra Inventa o futbolín?” O s Diplomáticos cántano sen interrogante, pero habería bastante que matizar nesta historia da invención galega do futbolín, que ten o seu aquel,como a existencia enteira deste inventor, editor, poeta, bailarín e moitas outras cousas nado en Fisterra. Porque se algo hai incuestionable é que a súa biografía non ten perda aínda que algúns dos seus episodios parezan moverse no terreo da lenda, do imaxinario ou do guión cinematográfico se se prefire. Segundo os documentos e as súas propias verbas, estes son os datos: nado en 1919, Alejandro Campos Ramírez, trasládase con 15 anos a Madrid. Alí comezan as súas vicisitudes xa que, debido á creba do negocio familiar, ten que pagar os estudos corrixindo os traballos dos escolares máis novos. Sobrevive logo como peón de albanel, aprendiz de imprenta e bailarín de claqué na compañía de Celia Gámez. En 1936, coñece ao poeta León Felipe e xuntos editan o quincenal Paso a la juventud, que co estoupido da Guerra Civil, non supera os tres números. É precisamente no medio da contenda onde se xesta o invento taberneiro. No ano 37, Finisterre patenta o trebello, á vez que outra idea súa: un pasafollas accionado co pé, pensado para unha pianista da que namorara. Lamentablemente, a fin do conflito obrígao a exiliarse cara a Francia, traxecto no que a chuvia e o infortunio deixan inservible o documento que acreditaba a paternidade do xogo. Mellor sorte correu a outra patente, que lle permitirá máis tarde financiar a viaxe a Quito, onde funda a revista Ecuador 0º, 0´, 0´´. En 1952, trasládase a Guatemala, onde empeza a fabricar futbolíns con notable éxito comercial , e onde din- probou o invento co mesmísimo Che Guevara. Desa etapa son outros inventos coma o baloncesto de mesa, no que emprega una pelota con aplicacións metálicas que permiten a atracción por magnetismo. Coincide a súa estadía nese país cun golpe de estado que desencadea novos acontecementos insólitos na súa vida. Logo de ser secuestrado polos golpistas, estes tentan deportalo a España pero consegue fuxir secuestrando o avión cunha bomba ficticia e obrigando os pilotos a desvialo a Panamá. Marcha despois a México, onde se rodea doutros exiliados e se dedica a escribir e editar. Durante a transición retorna a España, convértese en membro da Real Academia Galega e testamenteiro de León Felipe. En 2007 remata a súa apaixonante historia, da que a invención do futbolín, na que tivo máis ou menos que ver segundo as fontes, é só un pequeno anaco. A POLÉMICA DO FUTBOLÍN O popular futbolín viu a luz en España durante a Guerra Civil, segundo conta Finisterre, quen logo de resultar ferido, é ingresado nun hospital de Monserrat. Alí os nenos mutilados que ollan para os que xogan ó fútbol con envexa inspíranlle a idea de combinar dúas das súas afeccións: o balompé e o tenis de mesa. Para materializar o proxecto, contacta cun amigo carpinteiro, o vasco Francisco Javier Altuna. Este constrúe a mesa e tornea os bonecos, feitos en madeira de buxo; mentres que para o balón, emprega cortiza aglomerada, a combinación de materiais ideal para xogar, segundo o creador. No entanto, algunhas fontes advirten da existencia de xogos semellantes dende finais do século XIX. A súa orixe parece situarse en Francia ou Alemaña. En 1923, Harold Searler Thorton obtén en Gran Bretaña a primeira patente. A diferenza máis destacable co galego é que neles as figuriñas teñen as pernas xuntas. Esta modalidade foi curiosamente a que se introduciu en Madrid, mentres que no resto do país e en América Latina, triunfou o de Finisterre, que ten as pernas separadas. Hoxe celébranse torneos arredor de todo o mundo. En 2002, creouse en Francia a Federación Internacional de Futbolín, coa misión de promover o xogo e regular as competicións internacionais. En Portugal, celébrase dende 2007 un torneo na honra de Alexandre Finisterre. OS NOSOS LEONARDOS III DIA DA CIENCIA EN GALEGO Dispoñible en: http://www.ecured.cu/index.php/León_Felipe Dispoñible en: http://www.juegosdesalon.es/blog/historia-del-futbolin/

Upload: biblioteca-intercentros

Post on 06-Mar-2016

258 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Centro de interese III Día da ciencia en Galego

TRANSCRIPT

Page 1: Alejandro Finisterre

Alexandre Finisterre e o futbolín

POEMARIO Cantos quintos. París, 1946 Cantos esclavos. París, 1948 Cantos rodados. Roma, 1950 18 de julio. México, 1956 Cumbres borrascosas. México, 1956 Café, coña y puro. México, 1956 Rial. México, 1964 ENSAIO Con, sin, sobre, tras la Poesía. México, 1959 TEATRO Del amor y de la muerte (estrea no 1961 en Montecarlo, París e Londres) ESTUDOS Seis danzas catalanas. Barcelona, 1947 Historia de la danza española. París, 1948 LABOR EDITORIAL Poesía de Ecuador. Quito, 1952 Poesía de Guatemala. Londres, 1953 Poesía en México. México, 1957 y 1959 Poesía de Galicia contemporánea. México, 1961 Edición facsímile de Galeuzca (revista publicada na Arxentina por exiliados galegos, vascos e ca-taláns, 1977) Compostela, Revista de Galicia ...

“Ano 37 Guerra Civil Alexandre de Fisterra Inventa o futbolín?”

O s Diplomáticos cántano sen interrogante, pero habería bastante que matizar nesta historia da invención galega do futbolín, que ten o seu aquel,como a existencia enteira deste inventor, editor, poeta, bailarín e moitas outras cousas nado en Fisterra. Porque se algo hai incuestionable é que a súa biografía non ten perda

aínda que algúns dos seus episodios parezan moverse no terreo da lenda, do imaxinario ou do guión cinematográfico se se prefire.

Segundo os documentos e as súas propias verbas, estes son os datos: nado en 1919, Alejandro Campos Ramírez, trasládase con 15 anos a Madrid. Alí comezan as súas vicisitudes xa que, debido á creba do negocio familiar, ten que pagar os estudos corrixindo os traballos dos escolares máis novos. Sobrevive logo como peón de albanel, aprendiz de imprenta e bailarín de claqué na compañía de Celia Gámez. En 1936, coñece ao poeta León Felipe e xuntos editan o quincenal Paso a la juventud, que co estoupido da Guerra Civil, non supera os tres números.

É precisamente no medio da contenda onde se xesta o invento taberneiro. No ano 37, Finisterre patenta o trebello, á vez que outra idea súa: un pasafollas accionado co pé, pensado para unha pianista da que namorara. Lamentablemente, a fin do conflito obrígao a exiliarse cara a Francia, traxecto no que a chuvia e o infortunio deixan inservible o documento que acreditaba a paternidade do xogo.

Mellor sorte correu a outra patente, que lle permitirá máis tarde financiar a viaxe a Quito, onde funda a revista Ecuador 0º, 0´, 0´´. En 1952, trasládase a Guatemala, onde empeza a fabricar futbolíns con notable éxito comercial, e onde –din- probou o invento co mesmísimo Che Guevara. Desa etapa son outros inventos coma o baloncesto de mesa, no que emprega una pelota con aplicacións metálicas que permiten a atracción por magnetismo.

Coincide a súa estadía nese país cun golpe de estado que desencadea novos acontecementos insólitos na súa vida. Logo de ser secuestrado polos golpistas, estes tentan deportalo a España pero consegue fuxir secuestrando o avión cunha bomba ficticia e obrigando os pilotos a desvialo a Panamá. Marcha despois a México, onde se rodea doutros exiliados e se dedica a escribir e editar. Durante a transición retorna a España, convértese en membro da Real Academia Galega e testamenteiro de León Felipe.

En 2007 remata a súa apaixonante historia, da que a invención do futbolín, na que tivo máis ou menos que ver segundo as fontes, é só un pequeno anaco.

A POLÉMICA DO FUTBOLÍN O popular futbolín viu a luz en España durante a Guerra Civil, segundo conta Finisterre, quen logo de resultar ferido, é ingresado nun hospital de Monserrat. Alí os nenos mutilados que ollan para os que xogan ó fútbol con envexa inspíranlle a idea de combinar dúas das súas afeccións: o balompé e o tenis de mesa. Para materializar o proxecto, contacta cun amigo carpinteiro, o vasco Francisco Javier Altuna. Este constrúe a mesa e tornea os bonecos, feitos en madeira de buxo; mentres que para o balón, emprega cortiza aglomerada, a combinación de materiais ideal para xogar, segundo o creador. No entanto, algunhas fontes advirten da existencia de xogos semellantes dende finais do século XIX. A súa orixe parece situarse en

Francia ou Alemaña. En 1923, Harold Searler Thorton obtén en Gran Bretaña a primeira patente.

A diferenza máis destacable co galego é que neles as figuriñas teñen as pernas xuntas. Esta modalidade foi curiosamente a que se

introduciu en Madrid, mentres que no resto do país e en América Latina, triunfou o de Finisterre, que ten as pernas separadas. Hoxe

celébranse torneos arredor de todo o mundo. En 2002, creouse en Francia a Federación Internacional de Futbolín, coa misión de promover

o xogo e regular as competicións internacionais. En Portugal, celébrase dende 2007 un torneo na honra de Alexandre Finisterre.

OS

N

OS

OS

L

EO

NA

RD

OS

III DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Dispoñible en: http://www.ecured.cu/index.php/León_Felipe

Dispoñible en: http://www.juegosdesalon.es/blog/historia-del-futbolin/