agoiña miragreira (ramón cabanillas)

26
Agoiña miragreira Ramón Cabanillas

Upload: candeadosalnes

Post on 13-Feb-2017

187 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Agoiña miragreiraRamón Cabanillas

Page 2: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

AGOIÑA MILAGREIRAPara Leonardo Rodríguez, con fonda devoción

Ramón Cabanillas Enríquez VENTO MAREIRO, 1921

Page 3: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

2

Edita: CANDEAFotos e montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaDepósito Legal: Imprime:

Page 4: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Coincidindo co ano de Ramón Cabanillas o grupo Tesal quixo unirse á fotógrafa

Adela Leiro para renderlle cumprida homenaxe a tan sobranceiro autor.

Esta pequena xoia combina un dos seus máis fermosos poemas coa arte da nosa

amiga, para xuntos amosarnos as maravillas da nosa razón de ser: a auga.

Un sinxelo agasallo co que expresarlles os nosos mellores desexos.

Grupo Tesal

Page 5: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

4

Page 6: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Agoa homilde, ágoa irmán,ágoa chea de gracia, de dozura e belezaAgoa maina, ágoa san,que eres toda limpeza,craridade e saúdee fartura de pan,

5

Page 7: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

que eres toda virtudecontra o aire de sapo, o ferrón do alacrán,a pezoña da cobra e a dentada do can!

6

Page 8: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Ágoa boa que prega, e que ri, e que canta,antre todas as cousas eres bendita e santa!É dos homes e os vermes este mundo emporcado.este berce do dor... É dos anxes e os limpos ese ceo azuado,a divina searaonde trunfa o amor...Á ágoa boa, á ágoa homilde, á ágoa crara,é do Noso Señor!

7

Page 9: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Nas adoas do orballo de locente feitizo,

8

Page 10: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

nos pelouros saltóns do pedrizo,

9

Page 11: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

nos cristás da xiada,

10

Page 12: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

no milagre da choiva,

11

Page 13: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

na folerpa da neve, bordadacomo encaixe de noiva,na folerpa da neve, tecidacomo velo de freira,

12

Page 14: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

barbullada nas fontes da vida,lanzal mensaxeiradas outras rexións,a ágoa homilde, mainiña, rideira,chega sempre mandada de Dios!

13

Page 15: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Cando baixa do ceo ven ó mundo a legríae brilan os penedos e reloce a campía

14

Page 16: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

e cóbrense de follas carballos e silveirase surden as erbiñas á beira dos camiños.

15

Page 17: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

verdexan os liñares, frorecen as roseirase cantan os muíños!

16

Page 18: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Ó seu bico amoroso, a terra estremecidasinte na entraña morta o latexo da vida,e do gran enterradona torroeira lañada polo ferro do arado,do gran apodrecido,sai o varal erguidoda espiga coroado,da espiga farturenta que é pan de bendición,-ledicia, paz, quentura, risada do fogar-e carne de Dios, viva, -a carne da Pasión-no misterio do altar!

17

Page 19: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Agoíña milagreiranas pedras saloucante, nos regos rexoubeira,bulidora no monte, repousada no val,dame a túa homildade,éncheme de craridada,límpame de todo mal!

18

Page 20: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

E ti, agoíña mansa, silenzosa e tristeira,no rodicio batida,na presa escravizada e prisioneirae dos pozos nas trevas afundidae fedenta e enlixada na lameira,sofre do mal das almas, sofre do mal de amor,sofre, chora e padece como Nosos Señor!

19

Page 21: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Soio o dor é Salvador!Unha pinga da ágoaé a bágoa.E a bágoa é o dor!

20

Page 22: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Home que choras! Nunca lle terás de pagaro ben que a Dios lle debes porque podes chorar!A bágoa do traballo-da bandarria e do pico, do legón e do mallo-é a pinga do suor.

21

Page 23: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Home traballador!O do suor na frentee a man encortizada polo callo!Dios te terá presente!O suor purificanteo do traballo abafante,o do longo camiño polvorentocoa cruz ás costas, solo, sin alento...!Ou bágoa santificantea da fonda feridaa da espranza fuxidaa da morta ilusión...!Coroame a frente doída e runxida,suor santo do mallo e o legón!

22

Page 24: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

Agoa santa das bágoas, recendo da vida,escalda os meus ollos e o meu corazón!

23

Page 25: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)

24

Page 26: Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)