advento 2014

12

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 11-Jul-2015

58 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Advento 2014
Page 2: Advento 2014

Pero queremos deixarnos acender pola LUZ de Xesús, que vén e que é o único que pode dar sentido e

iluminar a nosa vida.

Somos catro velas que estamos apagadas e tristes…

Page 3: Advento 2014

“Ola, son a vela Candea. A miña misión é a de ser luz neste tempo de Advento. Ademais invítote a que veles e espertes do soño no que estás envolto. Quizais sexa soño de ganas de ter, ou de pasalo ben unicamente, ou de non facer nada. Estade atentos porque se achega a vinda do Mesías. eu co meu súper-reloxo quérote espertar. Atento á Palabra, que nos vai axudar a non estar con lagañas, senón a estar ben espertos para descubrir a Xesús en cada irmán”.

PRIMEIRA SEMANA DE ADVENTOVelade!

Mt 24, 37-44

Page 4: Advento 2014

Velade!

Page 5: Advento 2014

Ola, son a vela Candeíña, irmá da vela Candea. Xa vistes a miña vasoira. Vou como tola dun lado para outro varrendo. Varro todo o que nos fai ter un corazón duro. Varro as pedras que poñemos para que Xesús non naza no noso corazón. Varro egoísmos, envexas e rancores. Son especialista en varrer a desilusión e o aburrimento. Son Candeíña, a pequeniña, como Xoán o Bautista, que quere que a LUZ que resalte sexa a de Xesús. Cambia o teu corazón!

SEGUNDA SEMANA DE ADVENTOCambia o teu corazón!

Mt 3, 1-9

Page 6: Advento 2014

Cambia o teu corazón! Velade!

Page 7: Advento 2014

Ola, son o velón Candeón, curmán de Candea e de Candeíña. Estou moi contento, porque o terceiro domingo de Advento é o da Alegría. Veño co meu super-compás a ensinarvos como podemos encontrala. Cando se recibe unha boa noticia, séntese a necesidade de comunicala a todo o mundo. Levar a Boa Noticia de Xesús aos demais é cambiar a súa tristeza en alegría, é poñer un raio de sol e un anaquiño de ceo azul nas súas vidas.Ti tamén podes ser cama un raio de sol para os demais. Como Xoán Bautista, que anunciaba a Boa Nova, a vinda de Xesús.

TERCEIRA SEMANA DE ADVENTO

Anunciade a Boa Noticia!

Mt 11, 2-11

Page 8: Advento 2014

Velade! Cambia o teu corazón! Anunciade a Boa Noticia!

Page 9: Advento 2014

Ola, son Candeeiro, o irmán de Candeón. Son moi pequenoe axiña desaparecerei, porque a gran LUZ do Nacemento está xa moi próxima. Non destaco moito, pero son especialista en confiar. O meu corazón está aberto, como o de María. Deus escolleuna para ser nai de Xesús e ela confiou Nel e dixo “Si”. Nestes días, tan próximos ao Nadal de Xesús, prepárome coa oración e atendendo ás persoas que me necesitan. Invítote a que acollas no teu corazón o Neno que vén. Estás disposto?

CUARTA SEMANA DE ADVENTOConfiade no Señor!

Mt 1, 18-24

Page 10: Advento 2014

Velade! Cambia o teu corazón! Anunciade a Boa Noticia!

Confiade no Señor!

Page 11: Advento 2014

Ola, son a vela Manuela, aínda que o meu verdadeiro nome é Enmanuela, porque levo no meu colo o Enmanuel, LUZ para todas as persoas de boa vontade, alegría para os corazóns sedentos de amor e de paz. Son irmá de todos os que se senten irmáns, dos que coa súa chama poñen calor a tantas situacións de inxustiza e pobreza no mundo. Son a vela máis grande do planeta, porque Xesús, o Mesías, está nos meus brazos e iso non se puede aguantar! Son tan feliz! Invítote a que transmitas con alegría inmensa o Nadal do Señor! Deséxovos a todos a felicidade que ninguén nos pode quitar, porque é pequeniña e grande, como este bebé que revolucionou a historia. Alégrate comigo!

A vela do día do Nacemento do Señor chámase Manuel. El tráenos unha mensaxe moi, pero que moi especial:

Page 12: Advento 2014

Que como María e Xosé, acollamos sempre a Xesús no noso corazón e que a súa Luz nos acompañe sempre.

O teu amigo Invisible