actividade sendeirismo especial verÁn. illa de la palma. · illa de la palma. este ano viaxamos á...

22
ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas: do 22 ao 28 de xullo de 2014. Hora e lugar de saída: 07:30, no aeroporto de Santiago. Hora de chegada: 23:40 aprox. No aeroporto de Santiago Aloxamento: Hacienda San Jorge, en Los Cancajos, en réxime de media pensión. CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA: Imos facer unha actividade de sendeirismo durante varios días así que é importante estar acostumado a camiñar. As rutas en xeral son de dificultade media, e transcorren en zonas de montaña. Compre levar calzado e vestimenta axeitada para facer sendeirismo. Dada a situación xeográfica da illa e as características meteorolóxicas da mesma é moi importante a protección solar A orde en que realizaremos as rutas dependerá das previsións meteorolóxicas, xa que algunha das rutas, baixo condicións meteorolóxicas adversas pode ser complicada. Non é obrigatorio facer tódalas rutas, podedes quedar descansando en Los Cancajos algún día, ou facer outra cousa, pero será baixo a vosa responsabilidade. A programación pode sufrir cambios ou variacións. No hotel estaremos en réxime de media pensión, así que tendes que levar a comida para as rutas. En Los Cancajos hai algún pequeno supermercado onde poder mercar comida para as rutas. En todo momento debemos seguir as indicacións dos monitores. www.facebook.com/fundacionuscdeportiva www.facebook.com/natureza.fundacionuscdeportiva @USCdeportiva

Upload: others

Post on 25-Jul-2020

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA.

Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo.

Datas: do 22 ao 28 de xullo de 2014.

Hora e lugar de saída: 07:30, no aeroporto de Santiago.

Hora de chegada: 23:40 aprox. No aeroporto de Santiago

Aloxamento: Hacienda San Jorge, en Los Cancajos, en réxime de media pensión.

CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA:

Imos facer unha actividade de sendeirismo durante varios días así que é importante estar acostumado a camiñar.

As rutas en xeral son de dificultade media, e transcorren en zonas de montaña.

Compre levar calzado e vestimenta axeitada para facer sendeirismo.

Dada a situación xeográfica da illa e as características meteorolóxicas da mesma é moi importante a protección solar

A orde en que realizaremos as rutas dependerá das previsións meteorolóxicas, xa que algunha das rutas, baixo condicións meteorolóxicas adversas pode ser complicada.

Non é obrigatorio facer tódalas rutas, podedes quedar descansando en Los Cancajos algún día, ou facer outra cousa, pero será baixo a vosa responsabilidade.

A programación pode sufrir cambios ou variacións.

No hotel estaremos en réxime de media pensión, así que tendes que levar a comida para as rutas. En Los Cancajos hai algún pequeno supermercado onde poder mercar comida para as rutas.

En todo momento debemos seguir as indicacións dos monitores.

www.facebook.com/fundacionuscdeportiva

www.facebook.com/natureza.fundacionuscdeportiva

@USCdeportiva

Page 2: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

As actividades que faremos:

1. El Cubo de La Galga

Para facer este sendeiro temos que desprazarnos á parte norte da illa, que é a máis húmida e a que rexistra unha

maior cantidade de precipitacións. Isto fai que toda esta zona teña unha abondosa vexetación. Durante o

percorrido podemos ver unha excelente mostra de bosque de laurisilva. Os camiños en xeral son bos (pistas e

sendeiros). Pode haber algún punto esvaradío. Comeza no fondo dun barranco e nos leva ata a parte alta, onde

hai un fermoso miradoiro, deste xeito gozamos do bosque dende dentro e dende fora. Logo só nos queda

regresar ao comezo da senda

Ao rematar a ruta desprazarémonos no bus para ver a zona arqueolóxica das covas do barranco de San Juan, e

unha vez visitadas, iremos as piscinas naturais El Charco Azul, onde poderemos darnos un baño e tomar un

refrixerio. A media tarde regresaremos ao noso hotel.

Lonxitude: 9 km Dificultade: media Desnivel: medio

Laurisilva

Page 3: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

O bosque de laurisilva

As piscinas naturais

Page 4: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Perfil Cubo de la Galga

Page 5: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Mapa Cubo de la Galga

Page 6: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

2. Pico Bejenado.

Nesta xornada nos acercaremos á parte leste da illa para achegarnos á Caldera de Taburiente polo sur.

Comezamos a ruta na Cumbrecita, miradoiro marabilloso onde nos deixará o bus. Aquí comezamos a camiñar

facendo primeiro a Ruta dos Miradores e logo o ascenso ao pico Bejenado. Os dous percorridos nos permiten

facernos unha idea de como é a Caldera de Taburiente dende o punto de vista xeográfico. A ruta ten un alto

interese natural e paisaxístico. Os camiños son bos en xeral, e pode haber algún punto concreto que sexa un

pouco vertixinoso. Ao rematar a andaina visitaremos o centro de visitantes do parque nacional.

Lonxitude: 12 km Dificultade: media Desnivel: medio

Subindo ao Bejenado. Vistas da Caldera

Page 7: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Camiño de subida ao Bejenado.

Chegando ao Bejenado

Page 8: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Perfil Pico Bejenado

Page 9: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Mapa Pico Bejenado.

Page 10: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

3. Ruta do Volcán san Antonio e salinas de Fuencaliente.

Desprazámonos no autobús ao sur da illa, para visitar o centro de interpretación do Volcán San Antonio. Logo da

visita faremos un percorrido que nos leva case todo o tempo en descenso ata as salinas de Fuencaliente, sitio

declarado de interese científico nacional. A ruta non ten dificultades e o camiño é moi bo. A paisaxe é totalmente

volcánica.

A metade de camiño haberá opción de acadar o cumio do volcán Teneguía. O percorrido é curto, pero aumenta a

dificultade xa que hai que axudarse coas mans nalgúns puntos que son vertixinosos.

A visita ao centro de interpretación ten un custe que debe aboar cada participante alí mesmo (5euros)

Pola tarde faremos unha visita á bodega Teneguía, con cata de viños. Ten un custe de 5 euros, que aboará cada

participante alí.

Lonxitude da ruta: 9 km. Desnivel: medio (de baixada) Dificultade: baixa-media

Vista da costa dende o volcán san Antonio.

Page 11: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Baixando cara o volcán Teneguía.

Chegando a Fuencaliente.

Page 12: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Perfil da ruta do Volcán san Antonio a Fuencaliente.

Page 13: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Mapa da ruta do volcán san Antonio e Fuencaliente

Page 14: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

4. Ruta de Los Volcanes.

A espectacularidade desta ruta e a beleza das súas paisaxes fan que sexa unha das máis coñecidas da illa.

É un percorrido longo, por zonas volcánicas, aínda que ao comezo atopamos zonas verdes, con bosques de

piñeiros e brezos de gran porte. A maior dificultade da ruta é o desnivel de baixada que é moi longo, aínda que o

trazado e o estado do camiño facilitan a labor.

Na parte última da ruta tamén son salientables os piñeirais.

Ten a ruta un altísimo interese natural e paisaxístico.

Lonxitude da ruta: 18 km. Desnivel: medio-alto (de baixada) Dificultade: media.

Zona volcánica

Page 15: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Camiño moi cómodo en moitos puntos

Máis zonas volcánicas

Page 16: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Perfil ruta de Los Volcanes

Page 17: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Mapa ruta de Los Volcanes

Page 18: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

5. Roque de Los Muchachos. Pico de Las Nieves.

Esta xornada acadaremos o punto máis alto da illa, o Roque de los Muchachos (2421m), que é onde nos deixa o

bus e comeza a ruta. O percorrido vai todo o rato polo límite superior da Caldera de Taburiente entre paisaxes

rochosas e abraiantes. A ruta vai pola cresta da Caldera, por un terreo rompepernas acadando diferentes cumios

da mesma. Ten un alto interese natural, paisaxístico e xeolóxico

Tendo en conta que durmimos tódolos días ao nivel do mar, e acadamos a cota máis alta en autobús en menos de

dúas horas, é probable que sintamos levemente os efectos da altura. Durante a xornada anterior os monitores

explicarán os motivos do mal de altura e como previlos. Non ten que ser preocupante xa que a altura non é

desmesurada, pero si é preciso ter certas nocións sobre o tema.

Lonxitude da ruta: 13 km. Desnivel: medio (de baixada) Dificultade: media.

No límite superior da Caldera, co Bejenado ao fondo.

Page 19: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Curiosa e enorme formación rochosa.

As zonas altas reteñen as nubes, que fan curiosos remuíños.

Page 20: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Perfil Roque de los Muchachos. Pico de las Nieves

Page 21: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

Mapa Roque de los Muchachos. Pico de las Nieves

Page 22: ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. Datas:

INFORMACIÓN MÉTODO M.I.D.E.

Qué é o M.I.D.E.?

O MIDE é un método para valorar a dificultade e o compromiso das excursións, creando una escala de graduación

das dificultades físicas e técnicas dos percorridos. (a escala vai de 1 a 5).

Podedes atopar máis información do MIDE nesta web: www.montanasegura.com/?cat=24