acrósticos no día das bibliotecas 2012

7

Click here to load reader

Upload: biblioteca-ies-poio

Post on 17-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Poemas á biblioteca

TRANSCRIPT

Page 1: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS

ESCOLARES

2012

ACRÓSTICOS

Page 2: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

Baños de libros

Inundan a

Biblioteca con miles de historias

Lendo sen parar

Imaxinar sen preocupar, e

Oíndo con moita atención,

Terás a sensación de que o pasarás xenial.

E se o que les, o entendes

Cando abras un libro non terás ganas de parar.

Alégrate polo que ti podes facer, pois moitos non o poden obter.

Sofía Domínguez, 3ºESO B

Belas historias de namorados,

Incribles contos inventados,

Bestas, princesas e trasnos imaxinarios,

Libros para soñar e chorar,

Imos todos a imaxinar

O noso mundo ideal.

Tendo libros nas nosas mans

É moi fácil voar a outro lugar.

Corramos, nenos, corramos

Á biblioteca dos nosos soños.

Sabela Simón, 3º ESO B.

Page 3: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

Busco entre os meus recordos

Imaxes da miña nenez

Bonitas historias que habitan na miña mente

Lenzos grisesque refliten a

Inocencia de quen unha vez foi neno

Oio o bulicio do meu antigo colexio

Tempo de xogos, momentos de sorrisos

Escoito ao pasado mentres o meu

Corazón berra:

Adiante, camiña, esta é a túa vida.

Paula Crespo, 3º ESO B. Baúl de tesouros

Interesante para outros.

Biblioteca é un sinónimo de saber

Limitando a ignorancia que temos

Interiormente e non vemos

O que de verdade posuímos.

Tratamos de ver máis alá do papel,

Estamos atentoscando un libro abrimos?

Concluíndo o poema, despídome:

Aprendede a marabilla que significa un libro.

Enzo Ramírez, 3º ESO D

Page 4: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

Branca é a neve Ben sei como somos,

Iluminada polo sol, Imaxinemos mundos

Benvido sexa o inverno: Ben sei o que queremos:

Lonxe das casas quentes o Libros entretidos,

Inverno frío estará, Intentemos lelos todos,

Os lagos están conxelados, Organicemos universos,

Teñen frío os animais Temos que vivilos.

E chove todo o día. Embelezamos as palabras,

Cando hai nubes no ceo, a choiva Cantemos co corazón

A terra anegará. Ata sentir sensacións.

Manuel Sineiro, 3º ESO A. Claudia Calvo, 3º ESO B.

Biblioteca: lugar onde é fácil

Imaxinar, ideas dando voltas coma

Buxainas; deixa os teus pensamentos

Libres. Alí pódese

Imaxinar, hai libros

Onde encontrar miles de historias,

Todas plasmadas en follas

Entretemento asegurado

Cando entres neste lugar.

Acabas de atopar a biblioteca.

Carlo Domínguez, 3º ESO A

Page 5: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

Bebo sentimentos coma se de auga se tratase,

Intensas sensacións fermosas,

Boas, que me fan sentir vivo,

Ledas, coma se aínda fose cativa.

Imaxino mundos novos

Onde sorrimos ao vento

Todos xuntos, ao mesmo tempo.

Expresamos ideas,

Cantamos sentimentos,

Ante todo, sempre contentos.

Paula Domínguez, 3º ESO B

Buxaina de imaxinación,

Inevitable razón para saber ler.

Benvidos cara o culto e sabio

Linguaxe universal do entremento,

Inspiración cara o amor, odio ou humor.

Ollo da sabedoría,

Terraplén de cultura gratis,

Encrucilladas de lectura,

Comida do cerebro,

Ampolla da estupidez.

Logan Fernández, 3º ESO A

Page 6: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

Benvido ao lugar da Bótalle imaxinación,

Imaxinación, onde os soños Imaxina unha habitación chea de libros;

Belidos están dentro dos Bótalle imaxinación

Libros e dos contos Ler é soñar

Ilustracións, lendas e historias Intenta facer os teus soños realidade

Onde Ou vai á biblioteca.

Tratan tantas historias Tes todos os libros que queiras.

Entre elas moitas Ensinar e tamén aprender

Contan Canto máis leas, máis culto serás,

A vida das persoas. Aprenderás moitas cousas novas.

Paula Sanmartín, 3ºA Leticia Martínez, 3º A

Boas novas meus amigos,

Igual ca sempre imos contar

Bos contos e cousas varias,

Lentamente, para intentar

Igualdade de entendementos.

Obríganvos a pensar

Todas as cousas deste mundo

E todas as cousas que nel non hai;

Coma sempre lendo libros

A nosa mente se abrirá.

Carme Asín, 3º ESO B

Page 7: Acrósticos no Día das Bibliotecas 2012

Bastaba con pechar os ollos Biblioteca é a palabra que necesitamos,

Inmenso nos seus soños, Imaxinación o que buscamos;

Branca dormía e soñaba, Baleiros quedarán os andeis

Lembraba cando era nena, Logo de ler todos os libros;

Ilusionada estaba daquela Imos ler todos xuntos

Ollando desde aquela xanela. Os poemas que escribimos.

Tremía cando lembraba, Todos feitos por nós

Esperanza xa non lle quedaba. En cordas están colgados

Cando aos seus avós soñaba, Con pinzas agarrándoos.

Avoíña, avoíña non te vaias. Amamos a biblioteca.

María Villanueva, 3º A Víctor Vallejo, 3º D.