a xeración nós: risco, otero, castelao e dieste

57

Upload: liang

Post on 11-Jan-2016

90 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste
Page 2: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

EN 1920 SAE Á RÚA O PRIMEIRO NÚMERO DA

REVISTA NÓS, DIRIXIDA POR VICENTE RISCO E ONDE

APARECEN COMO REDACTORES CABANILLAS,

CASTELAO, FLORENTINO CUEVILLAS, OTERO

PEDRAYO E ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ; E COMO

COLABORADORES, ENTRE OUTROS AUTORES, ESCRITORES DAS

IRMANDADES, COMO OS IRMÁNS VILLAR PONTE,

NORIEGA VARELA, LÓPEZ ABENTE OU VIQUEIRA.

Portada da revista, deseñada por Castelao

Page 3: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

A revista estaba escrita enteiramente en galego, mesmo a publicidade, da que

había deseños de Castelao. Os seus

artigos variaban da poesía, pintura ou

teatro á arqueoloxía, arte ou historia.

Page 4: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Imaxe de Mazas aparecida en Nós en 1922

Page 5: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Xeración Nós

Todos os compoñentes da

xeración Nós eran universitarios e

entraron tardiamente nas filas do

galeguismo. Afonso D. R. Castelao (1886-1950) foi

escritor, debuxante e pintor; ademais, parlamentario do

Partido Galeguista. Ao ser de orixe

humilde e rianxeiro, non se inclúe no

Cenáculo Ourensán.

Page 6: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976)

ERA OURENSÁN E PERTENCENTE Á

FIDALGUÍA. TAMÉN FOI DEPUTADO EN MADRID

POLO PARTIDO GALEGUISTA. ESTABA

LICENCIADO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA,

TEMAS DOS QUE TRATABAN OS SEUS

ENSAIOS.

CENÁCULO OURENSÁN Xeración Nós

Page 7: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Vicente Risco (1884-1963)

naceu en Ourense e era avogado.

Fundou a revista Nós e defendeu o

nacionalismo (Teoría do

Nazonalismo Galego 1920) pero trala

guerra traizoouse ao crer en Franco,

quen condenou todas as

liberdades.

CENÁCULO OURENSÁN Xeración Nós

Page 8: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

FLORENTINO CUEVILLAS (1886-1958) ESCRIBIU NARRACIÓN CURTAS

(Prosas Galegas) E ESTABA MOI LIGADO AO

SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS POLO SEU

INTERESE NA PREHISTORIA DE GALIZA.

CENÁCULO OURENSÁN Xeración Nós

Page 9: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

A xeración Nós, á altura do ambiente literario europeo, deu un grande impulso á narrativa, e a súa ideoloxía queda claramente reflectida

en dous ensaios e unha novela:

Dos nosos tempos, de Cuevillas, onde teoriza sobre

a liberdade de elixir o socialismo como práctica

política nacionalista.

Page 10: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Nós, os inadaptados (1933), de Risco, explica a evasión da cultura galega e o

exotismo en que se imbuíron os compoñentes do cenáculo ourensán antes da súa aceptación do nacionalismo galego. Para a xeración Nós, o atlantismo, a raza, a

lingua e a terra constitúen as características definitorias do ser galego.

Page 11: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Arredor de sí constitúe unha

novela de Otero que simboliza o camiño

vital dos compoñentes de Nós antes da súa entrada no nacionalismo. O

protagonista, Adrián Solovio, vive unha odisea persoal en

busca da satisfacción cultural no

estranxeiro e acaba atopándose a si

mesmo no mundo de Galiza.

Page 12: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

En 1923 varios universitarios fundan, xunto dalgúns membros de Nós, o

SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS coa finalidade do estudo científico da

cultura galega. Carballo Calero, Bouza Brey ou Filgueira Valverde

colaboraron dende este organismo na revista Nós.

Page 13: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

O Seminario de Estudos Galegos, traballando no propio terreo.

Un dos deseños que Castelao facía para Nós

Page 14: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Antón Losada Diéguez,

redactor da revista Nós e pertencente

tamén ao Seminario de

Estudos Galegos. Publicou relatos

en Prosas Galegas.

Page 15: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

VICENTE RISCORisco ten unha

concepción especial do nacionalismo: o

sentimento, o apego á terra e a visión

cíclica da Historia. Na súa obra ensaística

(Teoría do Nazonalismo Galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa e Leria)

amosa estes conceptos.

Page 16: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

O ensaio foi un xénero literario moi practicado

pola xeración Nós

OBRA NARRATIVA

Page 17: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

OBRA NARRATIVA

O humor, o mundo de ultratumba, o

esoterismo e o emprego das enumeracións

caóticas son constantes das novelas de Risco,

como en Do caso que lle aconteceu ao Dr.

Alveiros.

1919

Page 18: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

OBRA NARRATIVA

1922

Esta novela arremete contra o caciquismo, a vulgaridade e incultura dos gobernantes galegos

locais. A obra remata coa queima da biblioteca

municipal .

Page 19: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

OBRA NARRATIVA

1925

Relato dunha muller convertida en loba que está

baseado nas lendas populares galegas.

Un mozo desenfeitízaa

queimándolle a pelica de loba e acaban casando.

Page 20: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

OBRA NARRATIVA

1925 A trabe de ouro e a trabe de alquitrán

1926 A Coutada

1927 Os europeos en Abrantes

Page 21: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

OBRA TEATRAL

No ano 1928 estréase

O bufón de El-Rei, obra expresionista

onde sae á luz a faceta máis descarnada da

alma humana: o desprezo pola

malformidade física, o engano, a burla, os

celos...

Page 22: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

RAMÓN OTERO PEDRAYO

A temática da súa obra narrativa

presenta os temas da idealización da

fidalguía, o respecto pola tradición galega

e o tratamento especial da paisaxe.

Otero foi un grande orador

Page 23: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Os seus ensaios tratan da xeografía e historia de Galiza: Síntese xeográfica de

Galicia (1926)

ENSAIO

Page 24: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

OBRA NARRATIVA

As novelas de Otero Pedrayo poden dividirse en culturalistas (interesa máis a ideoloxía có argumento) e realistas. Todas botan man da historia de Galiza.

Devalar

A romeiría de Xelmírez(1935)

O mesón dos ermos (1936)

Page 25: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

A súa novela realista máis

coñecida é Os camiños da vida

(1928), onde literaturiza a

historia de Galiza no s. XIX e XX: a decadencia da fidalguía, as

guerras carlistas, o ascenso da

burguesía e os inicios do

nacionalismo no s. XX.

Page 26: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

CASTELAO, GRAN

CONFERENCIANTE E POLÍTICO,

PARTICIPOU CREATIVAMENT

E NAS NOVAS CORRENTES

ESTÉTICAS DO VANGARDISMO.

Page 27: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Os seus dotes de debuxante

fixéronlle concibir a

narrativa como pintor e non

como escritor.

PIMPINELA, de Os vellos...

Page 28: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

O

cego

Page 29: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Así, inventa a cousa, un relato sintético e decorado cunha ilustración onde a reflexión sobre a vida impregna as

historias narradas.

cousa en Cousas (1926-29)

NARRATIVA

Page 30: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

DESEÑO PARA COUSAS

Page 31: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Porén, a importancia da historia está no

debuxo e o texto só serve de apoio á imaxe na obra Cousas da vida.

NARRATIVA

Page 32: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

No ano 1922 edita o seu

primeiro libro en prosa, de

temática anticaciquil e

sobre o mundo de

ultratumba.

Page 33: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

Nel, o protagonist

a é un morto que

pode ver co seu ollo de

vidro...

...un mundo que de vivo non podía ollar.

Page 34: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

En 1934 publicou estoutra obra, na

que os dous protagonistas,

Pedriño e Rañolas (eivado das

pernas), simbolizan dúas

formas de afrontar a vida:

unha comprometida e dificultosa, e a outra cómoda, sen espírito.

NARRATIVA

Page 35: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

Esta novela está dividida en capítulos que

presentan as mesmas características cás

cousas: síntese, escaseza de personaxes, sinxeleza

de lugares e accións...

NARRATIVA

RAÑOLA

S PEDRIÑO

Page 36: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

Retrincos sae do prelo no mesmo ano. Consta de cinco relatos

autobiográficos.

Page 37: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

O INGLÉS

SABELA

O SEGREDO

PEITO DE LOBO

O RETRATO

Page 38: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

ENSAIO

OS ENSAIOS DE CASTELAO AMOSAN

UNHA TEMÁTICA CENTRADA NA

ARTE, COMO AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA E AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA, OBRAS AMBAS DOS ANOS

TRINTA.

CASTELAO, POR MASIDE

Page 39: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

ENSAIO

A historia do nacionalismo

galego durante a II

República está recollida

no seu máis famoso libro.

Page 40: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

ENSAIONeste ensaio describe os impedimentos que o goberno

da República puxo á consecución do Estatuto de

Autonomía de Galiza, efémero pola chegada da

Guerra Civil en 1936.

ESCUDO DE GALIZA, POR CASTELAO

Page 41: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TAMÉN REFLEXIONA SOBRE A NOSA CULTURA

EN DEFENSA DA NOSA NACIONALIDADE.

ENSAIO

Page 42: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

ENSAIO

Así, é famoso o pensamento de

Castelao de que os pobos teñen

cadanseu idioma, o que nos diferencia dos animais, como

os cans, que ladran igual en todo o mundo.

Á ESQUERDA, CUNS AMIGOS

Page 43: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

CASTELAO COMPUXO UNHA

ÚNICA PEZA TEATRAL EN TRES

ACTOS.

Page 44: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATROEn cada acto un vello sucumbe (a morte sempre o avisa antes) ante o esforzo que require namorarse dunha moza.

MORTE DO 1º

ACTO

Page 45: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

Este proceder está censurado polo propio pobo a través do refraneiro (“Vello en amores, inverno con flores”), polo que a obra reborda galeguidade en todos os aspectos.

BONECA QUE RECITA O PRÓLOGO

Page 46: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATROCada vello

presenta un estereotipo social dos inicios do s.

XX: o burgués é o Boticario; o fidalgo en

decadencia, o borracho don Ramón; e o

labrego rico, o señor Fuco.

DON RAMÓN

Page 47: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

TODOS OS ACTORES E ACTRICES LEVAN MÁSCARAS PORQUE OCULTAN A VERDADE NUN MUNDO FALSEADO POLAS PERSOAS, UNHA VISIÓN MARCADAMENTE EXPRESIONISTA.

Page 48: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

O expresionismo gustaba da fealdade do ser humano, dos baixos

instintos e da deformación da

realidade fronte á hipocrisía xeral.

Page 49: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

As escenas explotan ao máximo ese gusto polas personalidades máis ruíns: os fachendosos vellos, o desprezo de Lela, a traizón forzada pola pobreza de Pimpinela, ...

LELA

Page 50: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

... a cobiza de Micaela ou a burla do pobo por medio das dez mulleres con caretas de asombro, risa e gargalladas en cadanseu acto.MICAELA

Page 51: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

Tamén os escenarios son vangardistas: só dunha cor ou con escasos elementos.

Page 52: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

Castelao concibía o teatro como un

espectáculo global, onde a

música, a danza ou as luces tivesen cabida xunto aos

elementos propiamente

dramatúrxicos.

Page 53: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

DESEÑO

OS ÁLBUMS TRATAN DA XENTE

GALEGA E MAIS DA GUERRA CIVIL: CINCUENTA HOMES

POR DEZ REÁS, NÓS; GALICIA,

MÁRTIR, ATILA EN GALICIA E

MILICIANOS.

Page 54: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

DIESTE (1899-1981) TAMÉN ERA

RIANXEIRO. EN 1926 PUBLICOU VARIOS

RELATOS CO TÍTULO DE DOS ARQUIVOS

DO TRASNO, ALGÚN DOS CALES

APARECEU TAMÉN PUBLICADO EN NÓS.

RAFAEL DIESTE

Page 55: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

NARRATIVA

A INCURSIÓN NO MUNDO DO SOBRENATURAL

E O MISTERIO MARCAN A TEMÁTICA

DESTE LIBRO.

Page 56: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

TEATRO

DIESTE TAMÉN CREOU UNHA

OBRA DRAMÁTICA: A

FIESTRA VALDEIRA, NA QUE

A FALTA DE RESPECTO POLA

ORIXE HUMILDE DO POBO DÁ

LUGAR AO CONFLITO, MAIS

CUN FINAL FELIZ.

Page 57: A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

ÉPOCA NÓSEN 1936 TODAS AS ACTIVIDADES

CULTURAIS E POLÍTICAS DE NÓS CESARON POR CAUSA DO

GOLPE DE ESTADO DE FRANCO E A

GUERRA CIVIL.