a xeración nós

16
No primeiro terzo do século XX destaca en Galicia o labor do movemento agrarista. A máis representativa é a "Liga Agraria de Acción Galega“. O problema dos foros non se soluciona co Decreto de Redención que permite aos labregos convertérense en donos absolutos das terras que traballan previo pago dunha indemnización aos antigos foristas, pois non supón unha auténtica reforma agraria nin na posesión da terra nin no seu modo de traballala A fidalguía, clase social que xa entrara en decadencia no século XIX, acaba por perder, xunto coas terras, parte do poder que noutrora ostentara,.

Upload: rubenfc73

Post on 23-Jun-2015

100 views

Category:

Education


8 download

DESCRIPTION

Presentación do Grupo Nós elaborada no IES A Cachada polo Club do Antifás

TRANSCRIPT

Page 1: A Xeración Nós

• No primeiro terzo do século XX destaca en Galicia o labor do movemento agrarista. A máis representativa é a "Liga Agraria de Acción Galega“.

• O problema dos foros non se soluciona co Decreto de Redención que permite aos labregos convertérense en donos absolutos das terras que traballan previo pago dunha indemnización aos antigos foristas, pois non supón unha auténtica reforma

agraria nin na posesión da terra nin no seu modo de traballala

• A fidalguía, clase social que xa entrara en decadencia no século XIX, acaba por perder,

xunto coas terras, parte do poder que noutrora ostentara,.

Page 2: A Xeración Nós

Polo que se refire ao mundo non rural:- na actividade industrial destacan as empresas conserveiras e as relacionadas coa extracción de minerais; - o desenvolvemento industrial vai parello á expansión das cidades, que medran enormemente debido ao éxodo rural.

O proletariado vai organizándose e cobrando un maior protagonismo.

Page 3: A Xeración Nós

Cómpre destacar tamén que diversos grupos políticos e intelectuais da burguesía urbana:• "Solidaridade Gallega", • As Irmandades da Fala• Partido Galeguista. • o Seminario de Estudos Galegos • ou a revista Nós.

Page 4: A Xeración Nós

Recibe este nome un grupo de persoas que

funda e colabora na revista NÓS (1920-1936).

Page 5: A Xeración Nós

Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS son Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas (o Cenáculo ourensán) e tamén Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Losada Diéguez. Os tres primeiros, de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha primeira etapa de inadaptados: dandismo, cosmopolitismo simbolista.... É a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia. O caso de Castelao é distinto: provén do agrarismo e ten unha procedencia social popular.

Page 6: A Xeración Nós

contidos literarios

contidos políticos

contidos filosóficos

contidos etnográficos

contidos artísticos

Page 7: A Xeración Nós

Risco é director e Castelao director artístico

A revista vincúlase ao pensamento nacionalista

Escriben en galego sobre calquera tema universal

A publicidade era maioritariamente

en galego.

O deseño gráfico ten moita importancia.

Page 8: A Xeración Nós
Page 9: A Xeración Nós

Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos profesionais, vólvense atopar aquí na segunda década do século XX.

Fillos da "boa sociedade" de Ourense, de vocación excéntrica e con inquietudes intelectuais e de intervención pública.

Postura elitista e aristocratismo intelectual.Son europeístas respecto de España e

Prientalistas respecto de Europa.

Son homes polifacéticos, enciclopédicos, que verten

a súa sabedoría sobre Galiza

Page 10: A Xeración Nós

Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de si; Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos;

Risco en Nós, os inadaptados.

A comezos de 1918 deciden incorporarse ás Irmandades da Fala.

Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo Galiza como un país de base labrega, alleo ás tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda poida cumprir un papel dirixente.

Page 11: A Xeración Nós

O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora na recuperación do idioma.

Ademais, desenvolven un importante labor político na súa condición de líderes do Partido Galeguista.

Os seus compoñentes foron os creadores da moderna prosa literaria galega e figuran entre os máis prolíficos e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.

Page 12: A Xeración Nós

No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua

A narrativa

O ensaioO teatro

Page 13: A Xeración Nós

A narrativa

Superar a temática costumista, ruralista e

humorística

Editar en formato libro a través de editoras

creadas por eles (Lar e Nós)

Crear unha lingua literaria culta

Acabar coa diglosia das novelas do XIX

Lusismos, cultismos, préstamos,

hiperenxebrismos

Introducir o espazo urbano

Page 14: A Xeración Nós

O teatro

Incorpora as técnicas europeas: innovacións

Introducción de máscaras

decorado

Importancia do

músicavestiario Xogos de luces

Page 15: A Xeración Nós

O ensaio

Son os pioneiros en empregar o galego neste

xénero.

Ámbitos

histórico lingüístico etnográficoPolítico-

ideolóxicoxeográfico

Page 16: A Xeración Nós