a terra no universo - edebe.com · oito planetas cos seus satélites, numerosos asteroides e...

16
Intelixencias múltiples CONTIDOS • O Universo • O sistema solar • A Terra • A Lúa • Eclipses e mareas • Un planeta con vida A Terra no Universo 1 12

Upload: others

Post on 16-Oct-2019

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Intelixencias múltiples

CONTIDOS•OUniverso•Osistemasolar•ATerra•ALúa•Eclipsesemareas•Unplanetaconvida

A Terra no Universo1

12

Intelixencias múltiples

TAREFA INTEGRADAAta o infinito e máis aló!

INVESTIGACIÓNApollo, Gemini, Mercury, Skylab, Shuttle etc. son os no-mes que recibiron algunhas das misións espaciais da NASA (National Aeronautics and Space Administration), a axencia espacial de Estados Unidos. Pero, sabes ata onde chegaron estas misións? Algunha delas chegou á Lúa?

PREPARACIÓNPor grupos, pescudade as principais misións espaciais levadas a cabo pola NASA e ordenádeas cronoloxicamente.

• Cales foron tripuladas e cales non?

• En 1969, o ser humano pisou por primeira vez a Lúa. Que país o conseguiu e que nome recibiu a misión es-pacial encargada diso?

• As misións espaciais permitiron coñecer e fotografar por primeira vez a cara oculta da Lúa. A que se refire esta expresión?

• Que misións espaciais excederon o sistema solar?

PRESENTACIÓNElaborade un mural que amose as principais expedi-cións espaciais; especificade ata onde chegaron cada unha delas. Podedes acompañalo con fotografía. Final-mente, expoñede a vosa presentación na aula.

13

links.edebe.com/mfh

http://links.edebe.com/cuyjhttp://www.lanasa.net

14

orixe e composición do universoOs científicos cren que o universo orixinouse debido a unha gran explosión, o big bang, hai uns 15.000 millóns de anos. Despois da explosión, a materia producida expandeuse en todas as direc-cións. Co tempo, a materia arrefriouse e compactouse, polo que orixinou as primeiras estrelas, que á súa vez foron agrupándose para crear as galaxias.

O universo está formado por todos os corpos celestes ou astros, e o inmenso espazo que os contén.

Os astros máis importantes son as galaxias, as estrelas, os planetas e os satélites, e os astros me-nores.

1. o universo

GALAXIASSon agrupacións de estrelas e outros astros. Calcúlase que existen máis de mil millóns de galaxias en todo o universo.

Poden ter distintas formas: espiral, elíptica ou irregular.

O planeta Terra forma parte dunha galaxia, a Vía Láctea, que ten forma espiral.

ESTRELASSon astros con forma esféri-ca formados por gases in-candescentes que liberan gran cantidade de luz e ca-lor.

O estudo científico do universo

Os científicos contan con instru-mentos que nos proporcionan información sobre como é o uni-verso.

Un destes instrumentos é o teles-copio espacial, un telescopio que xira ao redor da Terra a gran altu-ra, por enriba da atmosfera. Iso permite observar obxectos moi afastados con maior nitidez que desde a Terra.

1. Elabora unha táboa dos corpos celestes que compoñen o Universo.

2. Investiga sobre a nosa galaxia.

– Como se chama? Que forma ten?

– De onde provén o nome da nosa galaxia e que significa?

– Con que outro nome se denomina en Es-paña á nosa galaxia? Por que?

3. Explica as similitudes entre planeta e satélite.

4. Define o termo astro menor. Pon exemplos.

– Que son as estrelas fugaces?

5. Por grupos, buscade información e imaxes sobre a teoría do big bang. Despois, crea-de unha presentación en soporte informáti-co sobre iso.

1

15

PLANETAS E SATÉLITES•Osplanetassonastrossenluzpropiaquexi-ranaoredordunhaestrela.Noseuxiro,des-cribendousmovementos:rotaciónetransla-ción.

Existenplanetassólidoseplanetasgasosos.

•Ossatélitessonastrossenluzpropiaquexi-ranaoredordunplaneta.

Amaioríadeplanetasteñensatélites,comoUrano,Neptuno,Xúpiter...Outrosnon teñenningún,comoocasodeVenus.

A Lúa vista desde a Terra.

ASTROS MENORESExistenoutrosastrosdemenortamaño:

•Asteroides. Son pequenos corpos rochosos eirregulares.Xiranaoredordasestrelasforman-docintosqueconteñenmilesdeasteroides.

•Cometas.Sonastrosformadosporxeo,poega-ses.Xiranaoredordasestrelase,aopasarpretodunhadelas,acalordesprendidadálugaráca-racterísticacoladocometa.

•Meteoritos.Sonfragmentosdeasteroidesouco-metasquecolisionanconoutrosastros. Se songrandes,oimpactodosmeteoritosprovocacrá-teresnasuperficiedosastros.Sesonpequenos,aoentrarencontactocoaatmosfera,ardenevé-molosenformade estrelas fugaces.

Meteorito.

http://links.edebe.com/c77

http://links.edebe.com/kxfw

16

O sistema solar está formado por unha estrela (o Sol) e un conxunto de astros que xiran ao seu redor: oito planetas cos seus satélites, numerosos asteroides e algúns cometas. A traxectoria que describen os astros ao redor do Sol chámase órbita.Na imaxe podes observar que existen uns planetas moi próximos ao Sol (os planetas interiores) e outros máis afastados (os exteriores). – Planetas interiores. Son os máis próximos ao Sol: Mercurio, Venus, Terra e Marte. Son de pequeno tamaño, sólidos e de aspecto rochoso.

– Planetas exteriores. Son os máis afastados do Sol: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son de maior tamaño, gasosos e están rodeados de aneis.

2. O SISTEMA SOLAR

Sol. É unha es-trela de cor ama-rela e tamaño mediano. Sitúa-se nun dos bra-zos da Vía Lác-tea.

1. Mercurio. É o planeta máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Non ten satélites.2. Venus. É de tamaño similar á Terra. Presenta abundantes volcáns. Non ten satélites.3. Terra. É o terceiro planeta máis próximo ao Sol. Ten gran cantidade de auga e un satélite: a Lúa.4. Marte. O seu relevo é accidentado. É a metade de grande que a Terra. Ten dous satélites.

Xúpiter é o maior plane-ta do sistema solar. Ten 63 satélites.

1 23 4

6. Observa a ilustración do sistema solar.

– Que planeta debe ter maior temperatu-ra? E menor temperatura? Razóao.

– Como se chama a traxectoria que des-criben os planetas ao redor do Sol?

7. Debuxa o sistema solar ao completo (planetas, Sol, Lúa...) e anota os seus nomes.

8. Como se clasifican os planetas? Descrí-beos.

1

17

Saturno. Aprécianse visto-sos aneis de po, asteroides e gas. Ten uns 40 satélites.

Urano. A súa superficie está formada por xeo e ro-chas. Presenta aneis e ao redor de 30 satélites.

Neptuno é o planeta máis externo de todos. Ten 13 satélites.

Ao longo da historia existiron distintos modelos sobre a posición que ocupa a Terra no Universo. Vexamos os principais:

•Modelo xeocéntrico. A Terra ocupa o centro do Universo e os planetas e o Sol xiran ao seu redor.

•Modelo heliocéntrico. O Sol atópase inmóbil no centro do Universo. A Terra e os outros pla-netas xiran ao redor del. Tamén propón que a Terra xira sobre si mesma.

Xeocentrismo e heliocentrismo

18

O planeta no que vivimos, a Terra, é o terceiro pla-neta máis próximo ao Sol. Atópase aproximada-mente a uns 150 millóns de quilómetros do Sol.É un planeta sólido coa maior parte da superficie cuberta por auga, por iso se lle chama planeta azul.A Terra ten forma de esfera achatada polos polos. Por esta razón, o diámetro no ecuador, de 12.756 km, é máis ancho que o diámetro entre os polos, de 12.714 km.Como todos os planetas, a Terra describe dous movementos: o de rotación e o de translación.

3. A TERRA

Consigue un globo terráqueo e xoga a movelo simulando o movemento de rota-ción da Terra.

– Deduce en que continente sae primeiro o Sol.

– En que outro continente se fará de noite, simultaneamente?

Unha volta polo mundo

O MOVEMENTO DE ROTACIÓNO movemento de rotación é o xiro da Terra sobre si mesma. Este movemento realízase ao redor do eixe de rotación da Terra, que está lixeiramente inclinado.

A Terra xira de oeste a leste e tarda 24 horas en efec-tuar unha volta completa.

Como consecuencia deste movemento sucédese o día e a noite.

•Unha metade do planeta está iluminada; é de día. Na outra metade é de noite.

•Doce horas máis tarde, a Terra deu medio xiro sobre si mesma. Na metade da Terra na que era de día, agora é de noite e viceversa.

N

Eixe de rotación

S

9. Que consecuencias ten o movemento de rotación da Terra? E o de translación?

10. Explica como inflúe a inclinación da Terra para que se produzan as estacións.

– Por que cando na metade norte do planeta é inverno, na metade sur é verán?

11. A luz solar afecta de forma importante aos seres vivos. Cal é a estación na que me-dran as plantas con maior facilidade? Xus-tifícao.

12. Que ocorrería se a Terra só efectuase o movemento de translación, pero non o de rotación? Organizade unha choiva de ideas e razoade a resposta máis axeitada.

1

19

O MOVEMENTO DE TRANSLACIÓNO movemento de translación é o xiro da Terra ao redor do Sol. A Terra emprega en percorrer a súa órbita ao redor do Sol aproximadamente un ano, exactamente 365 días, 5 horas e 48 minutos.

A medida que a Terra avanza na súa órbita, por mor da inclinación do eixe terrestre, os raios do Sol chegan ás distintas zonas da Terra con maior ou menor inclinación. Quentan de forma distinta e prodúcense as estacións do ano. Cando os raios chegan perpendicularmente á metade norte da Terra, fano inclinados na metade sur, e viceversa. Por iso, as estacións non se producen simultaneamente en todo o planeta.

1

2

3

4

1. Primavera. Empeza a partir do 21 de marzo. Ese día hai as mesmas horas de luz que de es-curidade. Os raios do Sol inciden lixeiramente inclinados e quentan máis que no inverno, de forma que as temperaturas ascenden.

3. Outono. Iníciase o 23 de setembro. Ese día iguálanse as horas de luz e de escuridade. Os raios do Sol inciden lixeiramente inclinados e quentan menos que no verán, polo que descen-den as temperaturas.

2. Verán. Comeza a partir do 21 de xuño. Ese día hai máis horas de luz que de escuridade. Os raios do Sol inciden perpendicularmente e quentan con gran intensidade, dando lugar a altas temperaturas.

4. Inverno. Empeza o 21 de decembro. No in-verno hai máis horas de escuridade que de luz. Os raios do Sol inciden moi inclinados e quentan pouco, e as temperaturas son baixas.

20

A Lúa é o único satélite da Terra. Non emite luz pero vémola iluminada, porque reflicte a luz que recibe do Sol. A Lúa describe un movemento de rotación e ou-tro de translación.•O movemento de rotación da Lúa sobre o seu

propio eixe dura 28 días. •O movemento de translación da Lúa ao redor

da Terra tamén dura 28 días. É o mes lunar.Debido a que a rotación e a translación da Lúa ao redor da Terra duran o mesmo tempo, desde a Terra sempre vemos a mesma metade da Lúa e a outra, sempre nos queda oculta.Ao longo do mes lunar, a Lúa cambia a súa po-sición con respecto ao Sol e, desde a Terra, vense iluminadas diferentes partes dela, con distintas formas. Son as fases da Lúa:

4. A LÚA

Lúa chea. A Lúa sitúase no lado contrario ao Sol e a súa cara totalmente ilumi-nada atópase en fronte da Terra.

Cuarto crecente. A Lúa si-túase de forma que desde a Terra só se ve unha metade iluminada polo Sol.

Lúa nova. A Lúa sitúase entre o Sol e a Terra. A cara non-iluminada queda en fronte da Terra e non ve-mos a Lúa.

Cuarto minguante. Desde a Te-rra só vemos media cara da Lúa iluminada polo Sol.

A Lúa vista desde a Terra.

13. Debuxa unha Lúa en fase de cuarto cre-cente e outra en fase de lúa chea.

– Por que se producen estas fases?

14. Explica a diferenza entre Lúa nova e un eclipse de Lúa.

15. Busca información sobre as mareas.

– A que son debidas?

– Que ocorre cando a lúa se atopa sobre a vertical dun océano?

– A que chamamos mareas vivas?

5. ECLIPSES E MAREAS1

21

As eclipses e as mareas son consecuencia dos movementos da Terra e da Lúa ao redor do Sol, así como da atracción que a Lúa e o Sol exercen sobre o noso planeta.

Os movementos da Terra e da Lúa ao redor do Sol dan lugar a que, en ocasións, un des-tes astros impide a visión do outro. Por isto, prodúcense as eclipses.

Eclipse de Sol

A Lúa interponse entre o Sol e a Terra impe-dindo que nos chegue a luz solar. Desde a Terra vese como a Lúa oculta o Sol.

Eclipse de Lúa

A Terra interponse entre a Lúa e o Sol impe-dindo que a luz solar chegue á Lúa. Desde a Terra vese como a sombra do noso planeta tapa a Lúa.

Son movementos periódicos de ascenso e descenso do nivel do mar como resultado da atracción da Lúa sobre a Terra e, en menor medida, pola atracción do Sol.

As variacións do nivel do mar percíbense máis na costa que en altamar.

Chamamos preamar ao nivel máis alto ao que chega a marea; e baixamar ao nivel máis baixo da mesma.

Eclipses Mareas

http://links.edebe.com/29

Eclipse de SolPreamar

Eclipse de Lúa

Baixamar

16. Relaciona: 17. A que capa da xeosfera pertence cada unha das seguintes afirmacións?

– É a capa intermedia.

– É a capa máis interna e a súa temperatura é moi elevada.

– É a capa máis superficial e delgada, e está formada por materiais sólidos.

22

A Terra é o único planeta do sistema solar no que se dan as condicións favorables para a vida:•A súa temperatura é moderada, debido á súa distancia adecuada respecto ao Sol.•Está rodeada de atmosfera, que permite a respiración dos seres vivos e a filtración da radiación

solar.•Presenta auga en estado líquido.

6. UN PLANETA CON VIDA

AS CAPAS DA TERRA

A atmosfera é a capa de gases que envolve o planeta.

A xeosfera é a parte sólida do pla-neta. Consta de tres capas concén-tricas:

•A codia é a capa máis superficial e fina. Está formada por materiais sólidos.

•O manto é a capa intermedia. Está formada por materiais sóli-dos e outros fundidos.

•O núcleo é a capa máis interna. A súa temperatura é moi elevada e está formada por materiais sóli-dos e outros fundidos.

A hidrosfera é a capa de auga que recubre parte da superficie terrestre. Está for-mada por océanos, mares, ríos, lagos, augas subterrá-neas...

A biosfera é o conxunto de seres vivos.

•Atmosfera

•Xeosfera

•Hidrosfera

•Biosfera

•Parte sólida da Terra.•Capa de auga que recu-

bre parte da Terra.•Conxunto de seres vivos

do planeta.•Capa gasosa que envolve

a Terra.

1

23

Algunha vez, verías unha eclipse de Sol ou de Lúa. No caso contrario, quizais escoitarías falar sobre este fenómeno.Con todo, sabes por que ocorren e cando teñen lugar?

AS ECLIPSES

MOVE O PENSAMENTO Rutina

Fases

a. Fíxate nas imaxes atentamente e responde estas preguntas: – Que sei sobre as eclipses? – Que é o que máis me interesa? – Que me gustaría investigar sobre este tema?

b. Na aula, poñede en común as respostas. Que aprendestes?

c. Seleccionade, entre todos, algunhas das investigacións que propuxestes e comentade como poderiades poñelas en práctica.

Se algo nos interesa, investigamos para saber máis. Esta é a auténtica aprendizaxe. Esta rutina esperta o teu interese e axúdache a aprender.

REPASAMOS

24

18. Copia e completa este esquema sobre o sistema solar e a Terra:

19. Completa este texto cos seguintes termos:

O Universo é o conxunto formado polos .................................., como as .................................., as .................................., os .................................. e os ..................................; e o .................................. que os contén.

O SISTEMA SOLAR

O .....................

Urano

Neptuno

Saturno

……...............

Marte

A …….............

A Terra

Venus

Mercurio

Astros ..................................Planetas

nela distinguimos

o seu satélite

consta de tres capas

……............

Manto

Núcleo

Biosfera

……..................

Hidrosfera

Xeosfera

espazo - estrelas - galaxias - corpos celestes planetas - astros menores

REPASAMOS 1

25

20. Que movementos describe un planeta? Explica en que consisten.

– Que consecuencias producen estes movementos na Terra?

21. Debuxa no teu caderno unha representación do sistema solar e escribe o nome de cada astro.

– Indica cales son os planetas interiores e exteriores.

22. Fíxate no movemento de translación da Terra.

– No inverno, en que metade da Terra é verán? Explica as diferenzas con respecto á inclinación dos raios do Sol.

– No outono, en que metade da Terra é primavera? Describe como son as temperaturas e o número de horas de luz durante aquela estación.

23. A que fase lunar corresponde cada unha destas imaxes?

– Explica cada unha destas fases.

A: ....................................... C: .......................................B: ....................................... D: .......................................

PARA REMATARPON EN PRÁCTICA 1. Identifica e nomea os seguintes elementos do Universo:

2. Atopa os planetas do sistema solar. Despois, ordénaos segundo a súa proximidade ao Sol.

3. Na nosa vida cotiá, utilizamos expresións como «Saíu o Sol» ou «Foise a Lúa».

– Razoa se podemos consideralas correctas desde un punto de vista científico.

Competencias

26

Terra: ....................

Vía Láctea: ....................

Sol: ....................

Lúa: ....................

M O L O N A M O X A N S

A A S L T E R R A N E A

R A R D Z R V Ñ M G P T

T B N A I U U Q H S T E

E Z V X F S R C R L U L

S T R O U A I S R V N O

O M V R O P C A X E O N

P S A C S U I S U N M R

A I Ñ U N R C T A E R U

U P N E H N C O E C A T

R E T A V O A C A R C A

V O N U R A N O H I N S

1: .........................................................

2: .........................................................

3: .........................................................

4: .........................................................

5: .........................................................

6: .........................................................

7: .........................................................

8: .........................................................

Competencias

REFLEXIONA – A partir do aprendido, sei describir que é o sistema solar?

– Que é o máis interesante que aprendín? E aquilo que me chamou máis a atención?

Diario de aprendizaxe

27

4. Observa a información que proporciona esta táboa e analízaa:

– Que planeta ten o período de translación máis parecido ao da Terra? E o de rotación?

– En que planetas dura máis tempo o seu «día» que o seu «ano»?

– Unha persoa que ten 84 anos na Terra. Cantos anos terá en Xúpi-ter? E en Urano?

5. A que nos referimos ao pronunciar o termo ano?

Tempo que tarda a Lúa en efectuar unha órbita ao redor da Terra.

Tempo que tarda a Terra en describir unha órbita ao redor do Sol.

Tempo que tarda un planeta ao xirar ao redor do seu eixe.

– E co termo día?

EMPRENDENa aula, hai que desenvolver unha exposición oral sobre un traballo realizado en grupo que leva por título O Universo. Chegou o momento de formularte unha serie de tarefas relacionadas coas exposicións en público: organizar a recollida de información; o tempo e a velocidade de exposi-ción; a priorización dos contidos etc.•Que outros aspectos teño que ter en conta á hora de desenvolver unha exposición oral dun

traballo en grupo?

planeta mov. rotaCión

mov. translaCión

Mercurio 58 días 88 díasVenus 243 días 224 díasTerra 24 horas 365 díasMarte 24 horas 779 díasXúpiter 9 horas 12 anosSaturno 10 horas 29 anosUrano 17 horas 84 anosNeptuno 16 horas 165 anos