a santa compaña
DESCRIPTION
boletín con adaptacións de lendas de tardos para nenos/asTRANSCRIPT
A Santa
Compaña
BIBLIOGRAFIA:
diccionario dos seres míticos galegos;
Pequena Mitoloxia de galicia;
?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición
Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,
Edición Xerais, Vigo 2001.
A Santa
Compaña
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR SÁENZ
Contan que o portador da cruz ten que cumprir rigurosamente unha serie de normas. A primeira delas é non mirar atrás baixo ningún concepto. Ten a obriga de gardar silencio sobre a súa actividade nocturna, unha actividade que polo demais traelle como consecuencia un notable deterioro físico e psíquico: de seguida empeza a poñerse fraco, ensómese nunha extraordinaria tristura, séntese sempre mal, perde a cor e adquire a dos difuntos e en moitas ocasións non tarda en morrer.
A procesión vai encabezada por un vivo que porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Este está condenado a guiar á Compaña todas as noites do resto da súa vida, a non ser que consiga desfacerse da cruz pasándolla a outro vivo.
En definitiva, considérase a Santa Compaña como unha anunciadora da morte. A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un finado.
A Compañía sempre representa un perigo para que bate con ela ou quen a ve. Por todo isto, non é moi recomendable andar de noite por determinados vieiros.
Xa advirte a Compaña: “Andade de día, que a noite é miña”.
Todos os membros levan luces, cadeas ou ósos ardendo e é frecuente que desfilen acompañándose de toque de campaíñas e que canten o miserere ou se laien con grandes berros.
Lendas
Existen varios remedios para librarse de coller a cruz: - Fai un círculo cunha cruz e queda dentro ata que pasen. - Leva no peto cornos de vacaloura e allo. - Déitate no chan e fai o morto,boca abaixo. Librarás da cruz, pero se cadra a Compaña pasa por riba túa e esmágate. Quedarás magoado unha tempada. - Responde “Cruz teño” cando o portador da cruz trate de colocarcha dicíndoche “tócache a ti”.
O nome máis correcto é simplemente C o m p a ñ a o u Compañía.
Trátase dunha rocesión de mortos ou ánimas en pena que envoltos nun sudario branco e descalzos percorren, a partir das doce da noite os c a m i ñ o s d a parroquia.