a etiqueta dos libros
DESCRIPTION
Como é e que significa a etiqueta que levan os libros no lombo.TRANSCRIPT
![Page 1: A etiqueta dos libros](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022020111/568c0f8a1a28ab955a9475c1/html5/thumbnails/1.jpg)
A ETIQUETA GRÁFICA Ou “tejuelo”
O “tejuelo” é a etiqueta de papel que poñen os/as bibliotecarios/as no lombo do libro. Son letras e números que usamos para poder ordenar os libros nos andeis. É coma un código secreto.
QUERES SABER COMO SE DESCIFRA?
![Page 2: A etiqueta dos libros](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022020111/568c0f8a1a28ab955a9475c1/html5/thumbnails/2.jpg)
A primeira liña é unha numeración que se corresponde coas diferentes materias ou ciencias do coñecemento humano (Clasificación Decimal Universal ou CDU)
No exemplo, o 51 corresponde á materia de MATEMÁTICAS
A seguinte liña é para o AUTOR/A do libro . Son tres letras maiúsculas que se corresponden coas tres primeiras letras do apelido do autor ou autora. Se é anónimo, esta liña aparecerá en branco. O mesmo sucede cando o autor é colectivo (máis de tres autores/as)
Por exemplo, neste caso o autor é CLIFFORD A. PICKOVER.
Na terceira liña aparecen unhas letras en minúscula; correspóndense co TÍTULO da obra : as tres primeiras letras do título, sen contar os artigos nin as preposicións.
No exemplo, o título é Las matemáticas de Oz.
51PICmat
51PICmat
51PICmat