a caída da monarquía absoluta e a guerra da independencia1808 … · 2018. 11. 15. · a inicios...
TRANSCRIPT
-
A caída da Monarquía Absoluta e aGuerra da Independencia1808-1813Tras do tratado de Fontainebleau (1807) Napoleón enviará ós seusexércitos cara Portugal para invadilo coa idea de facer funcionar o Blo-queo Continental*.A presencia de soldados franceses en España xenera sospeitas na po-boación, e é certo que Napoleón ocupa lugares estratéxicos para do-minar a Península, non se sabe se para asegurarse unha retirada ouse xa tiña idea de conquistala.
As abdicacións de Baiona
Pero todo se precipita en marzo de 1808 co motín de Aranjuez (caídade Godoy e abdicación de Carlos IV en Fernando VII). Napoleónchama a pai e fillo e a Godoy a Baiona (no sur de Francia), ambos acu-den coa idea de que quen non vaia perderá a coroa, pero non contaroncon que os dous a perderían. Alí son intimidados, engandos ou sobor-nados (5 e 6 de maio) e aceptan cartos e un retiro dourado por abdicarna persoa de Napoleón, quen deixa o trono en mans do seu irmán XoséI (1808-1813).
Os sucesos do 2 de maio en Madrid
Durante a negociación, Napoleón desexa que todos os membros dafamilia real pasen a estar baixo o seu control e para iso fai levar ó últimofillo de Carlos IV (Francisco, de 14 anos) que quedaba en España. Os madrileños rebénlase ó grito de “¡que nos lo llevan!”, e ataca ós sol-dados napoleónicos do mariscal Murat con armamento improvisado elogo requisando o dos cuarteis da cidade. Pero non son rival para os30.000 soldados franceses que chegan de reforzo. Murat fará fusilarós resistentes o día 3 de maio (representado no cadro de Goya). Pero xa o propio 2 de maio os alcaldes de Móstoles declararán nunbando a guerra (de Independencia 1808-1814) a Francia e extenderáncopias do documento por todo o país.
O reino sen rei, nacen a Nación e as Xuntas
Durante o inicio do conflicto non hai autoridade central lexítima e deforma independiente en cada territorio se irán formando gobernos im-provisados chamados Xuntas, que cobrarán tributos e organizarán astropas para poder loitar. Nestes gobernos a verba ‘nación’ empregaraseen multitude de documentos e estará presente coma lexitimación con-tra o invasor.Pronto xurdirá unha Xunta Suprema Central que dominada por libe-rais, convocará unhas Cortes Constituintes en 1810, que crearán aConstitución de 1812, a das Cortes de Cádiz.
‘Pepe Botella’; Xosé I e os ‘afrancesados’
Tras das abdicacións, membros do goberno anterior -afrancesados*-,reunidos con Xosé I xeneran o Estatuto de Baiona*. A estructura de goberno sería a de unha monarquía de amplas atribu-cións cunhas cortes so consultivas (sen poder real).So poderá gobernar na parte dominada por Napoleón, e incluso alí conpouco éxito. O de ‘Pepe Botella’ foi o alcume que lle deron os madrile-ños que o acusaban de alcoholismo, parece ser que inxustamente.
O Bloqueo Continental
A estratexia de Napoléon para aca-bar con Gran Bretaña ten que mudartras a derrota de Trafalgar (1805). Asúa nova idea consistirá en afogalaeconómicamente, e para iso procu-rará que ningún país de Europa co-mercie con ela.Portugal ten un tratado de libre co-mercio con Gran Bretaña, e Napo-león pide a España paso parainvadila e parar ese comercio.A invasión de Rusia será polo mesmomotivo; ambas guerras serán dema-siado para o ‘Ogro Corso’.
Os Afrancesados
Xa existían antes da guerra, eranaqueles que comulgaban coas ideasfrancesas traídas polos Borbón, enrealidade, son os ilustrados admira-dores da cultura gala.Coa chegada de Xosé I, aqueles es-pañois que colaboraron con él obtive-ron o alcume de afrancesados quepasou a ser un sinónimo de traidorcolaboracionista. Estes colaborado-res tiñan unha ideoloxía política libe-ral e pro-científica; eran polo tantounha vangarda de modernidade nunpaís atrasado.Tras da derrota, calcúlase que 4.000intelectuais exiliaronse en Francia.
A Carta Outorgada de Baiona
A diferencia entre unha carta outor-gada e unha constitución será que oRei pode retirar cando desexe a pri-meira e que será a nación (en vozdos seus representantes) quenescreen a segunda.Co texto de Baiona os afrancesadoscreen que extendendo o liberalismoa España atoparán capas da socie-dade, principalmente da burguesía,que os apoarán: Acabarán co AntigoRéxime, darán dereitos e liberdadesós cidadáns, declararán a liberdadeeconómica. Estaban errados.
-
O transcurso de operacións leva ó exército francés a exten-derse por toda a Península, onde os exércitos portugués e es-pañol son derrotados fácilmente, pero coa chegada dosreforzos británicos (Duque de Wellington) a guerra enquís-tase e prolóngase indefinidamente.Neste momento xurdirá unha nova forma de enfrontamentoasimétrico (que non é entre iguais) ó que Napoleón non dabaimportancia e que se destapará coma a chave da victoria es-pañola: Estamos a falar da ‘Guerrilla’.A Guerrilla está formada pola poboación civil, sen encua-drar en unidades militares, que emboscará ós destacamen-tos franceses e ós seus trens de suministro nunha guerraque se volverá económica e social (a primeira coñecidacoma Guerra Total). Estas milicias irregulares retiraranse candosexan atacadas e desperdigaranse polo territorio que coñecen ben.Cando se acabe a batida, volverán a organizarse e atacarán de novo.A Guerrilla se invocará no nome da ‘nación’ por parte das diferen-tes Xuntas. O termo será moi novedoso e liberal, acabará reflexadonas Cortes de Cádiz de 1812*, que será un documento que trataráde contentar a todos os corpos do estado para involucralos na loita. Hai que destacar a labor do baixo clero, e tamén a motivación eco-nómica (evitar ou vingarse dos saqueos dos franceses) na creacióndun espíritu de loita guerrilleiro. O número de mortos en escaramuzas multiplicarase e o custo de avi-tuallar (alimentar) ós soldados fará que Napoléon, involucrado na rui-nosa campaña de Rusia, non poda mandar máis reforzos á contendae teña que retirarse.As victorias en Bailén (1808), Pontesampaio (1809), Arapiles (1812)e Vitoria (1813) foron os principais éxitos do exército regular; quenacabará expulsando ós franceses. A guerra remata coa firma do tra-tado de Valençay no decembro de 1813.A inicios de 1814 Fernando VII volta aclamado polo pobo; pero aConstitución de Cádiz, promulgada en 1812 esixe que o rei a xurepara ser restituido no trono. O rei negarase e así comezará unha novaetapa de conflicto na historia de España.
A Batalla de Bailén
(1808)
Os primeiros soldadosnapoleónicos en ser de-rrotados o foron en Es-paña.En xullo de 1808 osfranceses ocuparan Andalucía pero ante un con-xunto de forzas heteroxéneas decidiron retirarse conbotín do saqueo.Foron interceptados en Bailén e derrotados nunhaacción na que a calor de Bailén (Xaén) a 19 de xullofoi un elemento esencial, posto que os poboadoreslevaron auga en abundancia ós soldados españois,namentras os franceses tiveron que pasar unha so-focante sede.Esta primeira victoria española ergueu a moral e oespíritu de loita por todo o país.
A Batalla de Elviña (1809)
Os primeiros ingleses que trataron defrear a Napoleón en España foron co-mandados por Sir John Moore. Che-garon á meseta pero nese momentoNapoleón entrou na Península conpreto de 250.000 homes veteranos. Moore que conta con apenas 33.000,retirarase en pleno inverno polosmontes galegos, o que suporá 3.000mortos ou apresados.Coas tropas francesas pisándolle ostalóns, organiza a defensa da Coruñapara poder embarcar ós seus solda-dos.Franceses enfrontaranse a ingleses egalegos nas aforas da cidade, no ac-tual barrio de Elviña. Foi unha pe-quena victoria e un éxito estratéxicodos británicos, xa que puidose salvaro exército e o material, pero Moorepagou coa súa propia vida. O mariscal Soult ordenou construir uncemiterio para él e para os valerososingleses que aínda se pode visitar nacidade herculina.
A Grande Armée en España
Tras do primeiro revés, Napoleón en persoa entraen España para recuperar o control da situación. Oxeneral consigue varias victorias rápidas e prontopon en fuga ós exércitos inimigos. Coa situaciónaparentemente encarrilada marcha a París, a orga-nizar a defensa contra un novo inimigo, Austria, quelle acaba de declarar novamente a guerra.Os mariscais franceses Ney (logo derrotado enPontesampaio) e Soult entrarán en Galicia para do-minar o territorio e expulsarós restos dos corpo expedi-cionario británico que es-taba á fuga.Aínda hoxe se lle chama óscans nas aldeas ‘Ney’ ou‘Soult’, e moitos dos que ofan descoñecen a historia.“É nome de can”, din.