a arte de maurits c. escher
DESCRIPTION
A arte de Maurits C. Escher. MAURITS C. ESCHER. - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
MAURITS C. ESCHER
Maurits C. Escher naceu en Leeuwarden, Holanda, no 1898, e finou no 1972. Viviu e estudou en varios países, como Italia, Suíza e Bélxica. Finou aos 73 anos, xusto cando comezaba a ser recoñecido mundialmente, non soamente entre os matemáticos e científicos.Un artista que soubo amosar composicións matemáticas a través da pintura.
Maurits Cornelis Escher realizou unha obra que pode ser calificada como arte matemática e que se caracteriza pola teselación irregular do plano.
M. C. Escher
• Podemos embaldosar un piso con pezas de tal xeito que non se superpoñan nin quede espacio ningún entre elas.
• As baldosas poden ser triangulares, cadradas, rectangulares, pentagonais, hexagonais pero tamén existen outras figuras coas que podemos embaldosar o piso ou, máis amplamente, un plano.
TESELACIÓNS
• Se recubrimos un plano con determinadas figuras sen que queden espacios baleiros entre elas nin se superpoñan, podemos dicir que fixemos unha teselación do plano con ditas figuras. Dise que a figura é teselante.
• Teselar é unha acción onde interveñen a técnica, a xeometría, a arte e a decoración.
• Podemos teselar un plano con polígonos. Estes poden ser Regulares ou Irregulares.
• Cando todos os polígonos da teselación son regulares e iguais entre si, dise que a teselación é regular, e doutra forma chámase teselación irregular.
Só existen 3 teselacións regulares:
• Teselación de triángulos equiláteros:
• Teselación de cadrados (Exemplo: a do taboleiro de xadrez):
• Teselación de hexágonos: (Ex: a dos panais de abella)
O taboleiro de xadrezé un plano teselado
por un cadrado
Unha teselación con triángulos equiláteros
Exemplos de teselacións irregulares
As teselacións utilizáronse en todo o mundo desde os tempos máis antigos para recubrir o chan e as paredes, e igualmente como motivos decorativos de mobles, alfombras, tapices, roupas,...
Mosaico século IMosaico Alhambra
de Granada
Escher tesela o plano con figuras de
aves, peixes, persoas, réptiles e outros.
Teselación do plano coa figura dun peixe
Simetría nº 45 Anxos-demos
Non só teselou o plano,
tamén o círculo.
Ademáis de crear fermosas teselacións, Escher tamén creou “debuxos imposibles” como os que se presentan a continuación
Máis cerca
Utiliza as súas teselacións en
representacións do espazo
tridimensional creando efectos
curiosos nos que aparecen
sempre figuras xeométricas.
Día e noite
Utiliza espirais para crear a
sensación de volume.
E tamén estuda profundamente
e representa de distintos xeitos a
Banda de MoëbiusBanda de Moëbius
Máis obras súas...
Selo na súa honra
Foi exemplo para moitos artistas, velaquí as obras de Rob Gonsalves.
Hai similitude cos mundos imposibles?
Se queres coñecer máis sobre
a súa obra visita esta galería.
István Orosz tamén utiliza trucos nas perspectivas e figuras
imposibles.
A que obra de Escher che recordaesta de John Parson?
E esta?
Moitos utilizan as esferas
con distintos efectos: