a arquitectura no baixo renacemento en españa: o estilo herreriano
DESCRIPTION
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características do coñecido coma estilo herreriano, que tanta pegada tivo na arquitectura do último terzo do s. XVI na Coroa de CastelaTRANSCRIPT
![Page 1: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/1.jpg)
O BAIXO RENACEMENTO EN ESPAÑAO ESTILO HERRERIANO (último terzo do s. XVI)
1563-1586Xoán Bautista de Toledo e
Xoán de Herrera Mosteiro, Palacio e
Mausoleo de Filipe II
Xóan de Herrera
![Page 2: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/2.jpg)
PLANTA DO MOSTEIRO DE SAN LOURENZO DO ESCORIAL
A planta do mosteiro: un gran rectángulo (207m. x 61m.) do que sobresae a zona destinada aos apousentos reaisO seu deseño representa a “grella” na que foi martirizado San LourenzoO edificio sería ao mesmo tempo igrexa, mosteiro e mausoleo
![Page 3: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/3.jpg)
O mosteiro segundo un gravado do s. XVII
![Page 4: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/4.jpg)
A simétrica nudeza do alzado concorda coa harmonía xeométrica da plantaÉ unha obra de grandes proporcións, cadrada, cunha torre en cada ángulo, de 55 m. de altura cada unhaA harmónica proporción entre a superficie e a altura, entre as liñas verticais e horizontais, é absoluta
![Page 5: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/5.jpg)
Vista xeral
A súa construción iniciouse en 1563, para conmemorar a vitoria española na batalla de San Quintín. Concluíuse 20 anos máis tardeEsta obra ou o seu autor, Xoán de Herrera, dan nome a un estilo, Escurialense ou HerrerianoEstá moi influído pola pureza de formas e a sobriedade decorativa das obras de Bramante e de Miguel Anxo
![Page 6: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/6.jpg)
detalles do alzado
“Un inexorable cuadrilátero de pedra”A fachada é un colosal muro de granito espido, sen máis ornamentación que unhas sinxelas xanelaArredor do edificio existe unha ampla explanada que permite a súa contemplación, acentuando a súa solidez e monumental austeridade
Vista xeral da fachada e do lateral norte
![Page 7: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/7.jpg)
![Page 8: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/8.jpg)
![Page 9: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/9.jpg)
O conxunto, símbolo do Estado Universal de Filipe II, “o Imperio onde non se puña o sol”, acusa frialdade e un desmesurado racionalismo
A severidade decorativa do mosteiro inaugura o estilo herreriano, ligado ao espírito da Contrarreforma católica, encarnado na austera figura do monarca
![Page 10: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/10.jpg)
Detalles do alzado
As torres cóbrense con chapiteis de lousa, típicos na arquitectura da época
![Page 11: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/11.jpg)
Zona central da fachada, de acceso ao Patio dos Reis
![Page 12: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/12.jpg)
A fachada principal
A austeridade só se suaviza na entrada
principal, onde 8 columnas dóricas encostadas
sosteñen un pequeno corpo central, algo máis alto, no que se sitúa a estatua de
San Lourenzo, rematándose este cun
frontón clásico
![Page 13: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/13.jpg)
![Page 14: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/14.jpg)
O Patio dos Reis: pórtico da Basílica e as dúas torres que flanquean
a fachada
![Page 15: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/15.jpg)
Patio dos Reis e fachada da Basílica
![Page 16: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/16.jpg)
Vista frontal da fachada da Igrexa no
Patio dos Reis
Utilízase a orde dórica pola súa simplicidade, claridade e xeometría Renuncia a todo ornamento vexetal ou animal, tan só as figuras que representan aos reis de Xudá As proporcións dos elementos contrutivos son a base da beleza desta fachada
![Page 17: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/17.jpg)
Detalle da parte inferior da fachada da igrexa, onde se aprecia a robustez e simplicidade das columnas de orde dóricaHerrera vai máis alá que Miguel Anxo ou Bramante na súa austeridade e fría racionalidade xeométrica
![Page 18: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/18.jpg)
Detalles do Patio dos Reis
A decoración do edificio é moi escasaRedúcese a motivos xeométricos puros, como a esfera, a pirámide ou o cubo, que aparece nos vans e nos pináculos
![Page 19: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/19.jpg)
Cúpula da igrexa do mosteiro, onde é notoria a influencia do templete de San Pietro in Montorio de Bramante
![Page 20: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/20.jpg)
![Page 21: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/21.jpg)
![Page 22: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/22.jpg)
Basílica do Escorial. interior
![Page 23: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/23.jpg)
Vista do interior da basílicae da súa cúpula
![Page 24: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/24.jpg)
Proxectada entre 1585 e 1590, Herrera aplica o estilo clasicista inaugurado por el, de grande severidade ornamental, aínda que sen renunciar á monumental grandiosidade, de influencia romana, típica da súa concepción arquitectónica
Catedral de Valladolid (Xoán de Herrera)
![Page 25: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/25.jpg)
Construción ideal da catedral de Valladolid
PlantaA Catedral de Nosa Señora da Asunción é un
amplo edificio de tres naves e tres ábsidasO interior articúlase por medio de xigantescos
arcos de medio punto que se apoian sobre fortes piares cadrados con pilastras encostadas, que
levan capiteis compostos (estilo romano)
![Page 26: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/26.jpg)
![Page 27: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/27.jpg)
![Page 28: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/28.jpg)
Interior da catedral de Valladolid
![Page 29: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/29.jpg)
• Estas construcións de Herrera son clasicistas, ao romano antigo, aínda que con trazos manieristas. Baséanse nos principios do arquitecto romano Vitruvio. A súa severidade e monumentalidade pretenden evocar a suposta grandeza da España dos Austrias (especialmente do reinado de Filipe II, onde se viviu como nunca o espírito “da cruz e da espada”)
• Durante os s. XVII-XIX, continuáronse os traballos, mais non se respectou completamente o plan de Herrera. Así, Churriguera creou un corpo superior da fachada en claro estilo barroco
• A Catedral de Valladolid inspirou ou influiu na arquitectura das catedrais de México e Lima
![Page 30: A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022062312/5563a15bd8b42a2b6a8b4ebf/html5/thumbnails/30.jpg)
En síntese:
O estilo herreriano está moi influído pola pureza de formas e a sobriedade decorativa das obras de Donato Bramante e Miguel Anxo
• As estruturas arquitectónicas , de gran solidez e monumentalidade, xa son totalmente clásicas
• Carencia absoluta de decoración, agás a ornamentación que presten os propios elementos construtivos
• A beleza do edificio baséase na sólida monumentalidade do conxunto e na correcta utilización dos principios e ordes clásicas, cunha marcada preferencia polos máis sobrios (dórico, toscano, etc.).
• Este ideal conceptual e construtivo relaciónase coa austera paisaxe castelá onde se asenta a obra, así como co ambiente espiritual para o que foi concebido, sumido tamén da austeridade da vida monástica
• Neste estilo, a graza do Plateresco é substituída pola sobriedade da lóxica arquitectónica, chegando a acadar un sentido abstracto, puramente intelectual, da proporción e da medida, que dan ao edificio un carácter simbólico