87- altamira nº 87

24
Servizo de Emerxencias O Grupo de Emerxencias Supramunicipal xa é unha realidade. Entrevista Xosé Bravo, xerente da mancomunidade de concellos Serra do Barbanza PÁXS. 12 - 13 PÁXS. 4 - 5 VISITA AO CONCELLO dos alumnos do colexio Orzamentos para o ano 2013 Especial Letras Galegas 2013 Altamira maio2013 Nº 87 - MAIO 2013 - ANO XXVII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN Ascende a 4,47 millóns de euros, un 11 % menos que no ano 2012. Roberto Vidal Bolaño é o homenaxeado deste ano, persoaxe moi ligado a Brión. PAX. 3 PAXs. 10-11

Upload: concello-de-brion

Post on 08-Mar-2016

323 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

REVISTA ALTAMIRA Nº 87

TRANSCRIPT

Page 1: 87- ALTAMIRA Nº 87

Servizo de EmerxenciasO Grupo deEmerxenciasSupramunicipal xa é unha realidade.

EntrevistaXosé Bravo, xerente damancomunidade deconcellos Serra do Barbanza

PÁXS. 12 - 13PÁXS. 4 - 5

VISITA AO CONCELLO

dos alumnos do colexio

Orzamentos para o ano 2013

Especial Letras Galegas 2013

Altamira maio2013

Nº 87 - MAIO 2013 - ANO XXVII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Ascende a 4,47 millóns de euros, un 11 % menos que no ano 2012.

Roberto Vidal Bolaño é o homenaxeado deste ano, persoaxe moi ligado a Brión.

PAX. 3 PAXs. 10-11

Page 2: 87- ALTAMIRA Nº 87

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE ESPECIAL

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

Pax. 3

Paxs. 4 - 9

Paxs. 10 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 15

Paxs. 16 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Imprenta San MartínMail:[email protected]

Xa coa primavera ás costas, próximo o verán e logo deste tan chuvioso inverno, xermola un novo número da Revista Altamira que xa vai polo Nº 87.

Intentamos recompilar, como sempre, as novas máis sa-lientables que se producen no ambito municipal. Entre elas podemos destacar o ORZAMENTO MUNCIPAL para o 2013, a continuidade do SERVIZO DE EMERXENCIAS ou, xa en ton mais distendido, a visita que nos fixeron os nenos e nenas do colexio n-as oficinas municipais.

Pero se cabe aínda máis, neste número, ten unha especial importancia a CULTURA, e esto ven dado pola celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado ao que fora veciño deste concello Roberto Vidal Bolaño.

Completamos a revista coas actividades para os vindei-ros meses de verán e cunha reseña moi especial para os membros da xa desaparecida Rondalla e Coral do Concello, con motivo da edición dun CD coas gravacións destas dúas agrupacións.

ESPERANDO QUE DESFRUTES DA LECTURA,RECIBE UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

ORZAMENTOS 2013

Aprobanse uns orzamentos de 4,47 millóns para 2013 e que García cualifica como “os únicos que podemos presentar”O alcalde sinala que “estamos obrigados a aprobalos sen ningún orgullo”, aínda que se manteñen todas as actividades sociais.

O último pleno munici-pal de 2012 serviu para apro-bar os orzamentos de Brión para 2013, que ascenden a 4.476.284 euros e recollen un descenso dun 11,04% con respecto ao exercicio anterior. “Non son os mellores, senón os únicos que podemos pre-sentar”, explicou o alcalde de Brión, Xosé Luís García, quen asegurou que “estamos obri-gados a aprobalos sen ningún tipo de orgullo”. Uns orzamen-tos que foron aprobados cos 12 votos a favor de PSOE e PP, e co voto en contra do BNG.

Xosé Luís García explicou que os orzamentos de 2013 “son os que nos marca a Lei”, xa que están adaptados á nova normativa imposta dende o Goberno Central. Entre elas, a Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril, que incorpora a sosteni-bilidade financeira como prin-cipio reitor; a Regra de Gasto, que impide ás Administracións incrementar o seu gasto por riba da taxa de crecemento de referencia do PIB; e a obriga de que cando se obteñan máis in-gresos dos previstos, estes non poidan destinarse a financiar proxectos, senón a reducir a débeda bancaria. “A prioridade é que cobren os bancos e iso non é de recibo. Así non imos a ningures”, concluíu o alcal-de brionés. “Isto non é o que merecemos”, denunciou Xosé Luís García, quen lembrou que “se está castigando por igual aos concellos que cumprimos coas normas e aos que non o fixeron”.

REDUCCIÓN DO GASTO

Estes condicionantes, uni-dos ao contexto da gran cri-se económica que estamos a sufrir, fan que a cifra global dos orzamentos diminúa un 11,04% con respecto ao or-zamento de 2012. As retribu-cións do persoal ao servizo do Concello non experimentan incremento ningún e, de feito, o capítulo de Gastos de Persoal experimenta un descenso do 9,28%. Esta redución é froito da desaparición de subven-cións da Xunta e da Deputación á contratación de persoal que, sen ese financiamento, non poden ser asumidos polo Con-cello de Brión, que manterá o servizo aos veciños a través do seu propio persoal. Neste pun-to, o Concello de Brión tamén eliminou a dedicación exclu-siva que tiña a concelleira de Cultura, Mocidade, Xuventude e Persoal, Patricia Vázquez.

O capítulo de Gasto Co-rrente sufre unha redución de 214.000 euros, baixada que se xustifica na necesidade de re-ducir aqueles gastos que finan-ciaba integramente o Concello e que, debido á actual situa-ción de crise e ao imperativo legal de cumprimento da esta-bilidade orzamentaria, queda-ron fóra. Así mesmo, recóllese unha redución dun 50% nas asignacións aos grupos políti-cos municipais.

O capítulo de investimen-tos recolle un descenso de 31.000 euros con respecto a 2012 e destinarase a comple-mentar con pequenas actua-cións o funcionamento dos moitos servizos que se veñen prestando. Neste sentido, Xosé Luís García explicou que “a pesar de todo mantemos to-das as actividades sociais que tiñamos”. Así, partidas como benestar e servizos sociais

se incrementan (un 18.8% e un 5,77%, respectivamente); mentres baixan outras como parques e xardíns (-16%) ou cultura (-21%), onde hoxe se anunciou a desaparición da Romaría Internacional de Fol-clore, que se viña celebrando no verán.

No que atinxe aos ingresos previstos, os recursos propios redúcense nun 1,79% con res-pecto a 2012. A recadación do imposto sobre instalacións, construcións e obras segue a caer dos 80.000 euros de 2012 aos 25.000 euros de 2013. Ademais, para este exercicio non se prevé ningunha opera-ción crediticia para financiar investimentos. Neste punto, Xosé Luís García denunciou os recortes do 57% nas axudas da Xunta de Galicia e a baixada do 85% das achegas a cultura e do 56% á promoción do deporte por parte da Deputación.

APOIO DO PP, EN CONTRA O BNGA voceira do PP, Mercedes Vázquez, xustificou o voto a favor do seu grupo xa que “valoramos que se cumpra coa esta-

bilidade orzamentaria” e “manifestamos o noso apoio porque en momentos de crise o mellor é tirar adiante e saír desta situación”. Pola súa banda, o voceiro do BNG, Xesús Pena, xustificou o seu voto en contra en que “sabendo que é o orzamento que nin o alcalde acepta, quero expresar a miña indignación”. De feito, Pena Espina instou ao grupo de Goberno a votar en contra ou absterse na aprobación “e que só vote a favor o PP”. Unha proposta que García non aceptou por responsabilidade.

Imaxe do último pleno do ano 2012 onde se aprobaron os orzamentos do Concello de Brión para este ano 2013.

q

Page 4: 87- ALTAMIRA Nº 87

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRACOMARCAIS

Alfonso Rueda felicita ao Concello por ter conformado un dos mellores servizos de emerxencias de GaliciaO alcalde aproveita a visita do vicepresidente para solicitarlle un novo camión forestal.

Din que o que ben traba-lla adoita recoller o froito dos seus esforzos. E iso estalle a pasar ao concello no caso do servizo de emerxencias. Así, o que parecía un punto e final coa decisión unilateral da Xun-ta de eliminar as axudas aos grupos de intervención rápida, converteuse na consolidación definitiva deste servizo funda-mental no noso municipio. E todo grazas ao traballo do Con-cello de Brión e da Fegamp, que fixeron que a Xunta abrise a porta á creación dos grupos de emerxencias supracomar-cais. Un deles, con 12 efecti-vos, terá como sé Brión.

Un servizo que foi moi loubado polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Pre-sidencia, Administracións Pú-blicas e Xustiza, Alfonso Rueda, durante unha visita ás instala-cións de Pedrouzos na que es-tivo acompañado polo director xeral de Protección Civil, San-tiago Villanueva, polo alcalde Xosé Luís García e por conce-lleiros tanto do grupo de go-berno como da oposición mu-nicipal. Alfonso Rueda explicou que a súa visita a Brión era un pouco un acto simbólico, pois “é un dos grupos máis salienta-bles que hai en Galicia”.

O alcalde agradeceu a

elección de Brión como sede permanente para o grupo de emerxencias supramunicipal, que atenderá as emerxen-cias dos municipios de Brión, Ames, Lousame, Negreira e Noia. “Temos unha moi boa situación xeográfica, cuns tem-pos medios de chegada de 15 minutos neses concellos”, explicou Xosé Luís García. Así mesmo, o alcalde aproveitou a visita de Rueda para solicitarlle “un novo camión forestal, pois o que temos ten xa moitos anos e sería importante contar cun máis moderno”.

O vicepresidente da Xunta recolleu a proposta e sinalou que unha das vantaxes da esta-bilidade que se dan agora aos GES é a constatación de que os investimentos en renovación de material se farán “coa total seguridade de que terá unha continuidade, o que facilitará unha planificación máis sinxe-la”. Así mesmo, Alfonso Rueda confirmou que o obxectivo da Xunta é que cubrir a maior par-te do territorio galego en 20 minutos e indicou que a selec-ción de persoal para os grumi-res supraminucipais comezará en breve para que nun prazo de 2 ou 3 meses Galicia dispo-ña xa dunha malla estable de actuación fronte ás emerxen-cias.

O servizo de emerxencias conta cunhas modernas insta-lacións situadas no paseo de Pedrouzos, a apenas 300 me-tros da rotonda de entrada e saída á autovía Santiago-Brión. Unha base operativa dotada da máis moderna tecnoloxía e equipamento que no 2009 foi ampliada grazas a un investi-mento de máis de 130.000 € por parte da Xunta e que per-mitiu construír un edificio anexo que dá cabida ao amplo parque de vehículos cos que conta o operativo.

O parque móbil está composto por catro vehículos que en 2012 percorreron un total de 22.760 quilómetros. Desta-ca o completo equipamento da Bomba Urbana Lixeira (BUL), considerado o mellor camión de rescate e de primeira in-tervención que existe nos municipios da comarca de Santia-go (só comparable cos que existen no parque comarcal de bombeiros de Compostela). Trátase dun gran camión de 9 toneladas, da marca Mercedes, con 240 cabalos de poten-cia e cun depósito especial que reduce a emisión de gases contaminantes e o converte nun vehículo ecolóxico. Ten ca-pacidade para 2.000 litros de auga, é dicir, cinco veces máis que as tradicionais “pick-up”, e dispón dos máis avanzados equipos tecnolóxicos, como unha cámara térmica que per-mite localizar corpos humanos ou fontes de calor en calque-ra tipo de incidencias (o que resulta moi útil, por exemplo, á hora de localizar a unha persoa no medio dunha fumareda ou nun rescate nocturno).

Outro dos vehículos é a pick-up, que mesmo foi exposta no salón internacional de seguridade, vixianza e prevención de incendios polas súas características. De feito, o carrozado non é estándar, senón que foi realizado seguindo as indica-cións de profesionais do servizo de emerxencias para facelo o menos voluminoso e ter así acceso a sitios estreitos ou de pouca altura. Dispón tamén dunha gran capacidade para ex-tinguir lumes debido á máquina de alta presión que leva ins-talada. Dúas características que o fan un vehículo moi atrac-tivo e diferente ao empregado noutros concellos veciños.

MODERNAS INSTALACIÓNS

Page 5: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

O servizo de emerxencias e protección civil de Brión realizou un total de 371 intervencións en 2012, das que un 97% (354 intervencións) concentráronse nos termos municipais de Brión e de Ames. Entre estas intervencións destacan 115 intervencións realizadas para sofocar lumes forestais (82) e de axuda en sinistros de tráfico (72), entre as que figuran 8 excarceracións, 44 limpezas de vía, 13 si-nalizacións viarias, 4 asistencias sanitarias e 3 asistencias a vehículos.

Por municipios, Brión con 294 actuacións rexistra o 73,5% das intervencións do servizo municipal de emerxen-cias e protección civil brionés, seguido por Ames co 23,45% (60 intervencións), Negreira (7), Teo (6), Rois (2), Santiago (1) e Boqueixón (1).

O vicepresidente da Xunta, acompañado polo al-calde e outros membros da corporación municipal puideron comprobar as modernas instalacións do servizo de emerxencias brionés.

qO parque móbil tamén espertou grande admira-ción por parte dos representantes da Xunta.

q

INTERVENCIÓNS

MANCOMUNIDADE

Xosé Luís García preside este ano a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, preside dende o pa-sado mes de febreiro a mancomunidade Serra do Barbanza, tomando o relevo do rexedor de Porto do Son, Luís Oujo. Un traspaso de poderes que tivo lugar durante unha asemblea na que o presidente saínte propuxo unha ampliación destes mandantos do ano actual aos dous anos.

O noso alcalde asume o cargo con varios retos por diante como a modficación dos estatutos, a posible incorporación de novos socios á planta de reciclaxe ou garantir que os nove municipios que utilizan esta planta (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) estean ao día nos seus correspondentes pagos. Neste senti-do, Xosé Luís García destaca “o esforzo que está a facer Ames para poñerse ao día nas contas”, pois é o municipio que máis cartos ten pendentes de aboar á Mancomunidade.

VISIA Á PLANTA DE SERVIA

Unha delegación de Concellos de Italia, Bélxica, Polonia e Suecia visitou recentemente o complexo medioambiental de tratamento de residuos sólidos urbanos e asimilabes da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. Esta de-legación forma parte do programa Ecowas, un plan que ten por obxecto traballar en conxunto o tratamento do lixo e que está incluído na iniciativa europea Europe for Citizens. Xosé Luís García explica que “como o programa no que participan estas vilas busca mellorar o tratamento de residuos a partir da separación no fogar, estiveron moi interesados en coñe-cer o procedemento de reciclaxe e compostaxe da materia orgánica que levamos facendo na Mancomunidade Serra do Barbanza dende hai xa dez anos e que é todo un exemplo pola súa capacidade de recuperación e de reciclaxe”.

Unha delegación de Italia, Bélxica, Polonia e Suecia visita o complexo medioambiental da Mancomunidade.

Page 6: 87- ALTAMIRA Nº 87

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

O cable foi substraido das faroas que rodean o parque municipal de Pedrouzos.

q

O pleno municipal desbotou unha moción do PP sobre unhas inundacións acaecidas nunha leira de Goiáns, a carón da estrada Amañecida-Cornanda, o pasado mes de xaneiro. Os populares denunciaban que se puxera area na cuneta e que se modificara con pedras o camiño da auga, o que provo-caba que se inundase unha finca. O alcalde, Xosé Luís García, explicou que a actuación do Concello de Brión é a indicada polo plano de Concentración Parcelaria e que o seu obxectivo é evitar que a auga poida estragar tanto a estrada que vai á aldea de Goiáns como as propias casas. “Falei con todos os veciños e pódolle dicir que están todos de acordo porque así foi como estivo sempre”, explicou Xosé Luís García.

Sobre os escritos presentados por unha propietaria, non residente na zona, o alcalde explicou que “todos os veciños queren que quede como está, que é como estivo sempre e tal e como indica o plano de Concentración Parcelaria. Se esta veciña quere cambialo, o único organismo competente é Augas de Galicia pois o Concello só está cumprindo o que di Concentración Parcelaria”. Despois dun longo debate sobre os propios planos da aldea, Xosé Luís García solicitoulle aos populares “que acepten o que din os veciños, porque todos din o mesmo, menos unha. E se non queren facerlles caso, pois vaian a Augas de Galicia para pedir que o modifiquen”.

O pleno municipal acordou por unanimidade instar á Po-licía Local a que incremente a vixilancia sobre as pistas do monte e sancione a aquelas empresas que as estraguen. Unha decisión unánime xurdida a raíz dunha moción do BNG, que incluso pedía unha ordenanza municipal sobre as talas e uso de maquinaria pesada sobre todas as pistas de monte. O alcalde explicou que tal ordenanza non podería actuar sobre todas as pistas, senón só nas da titularidade municipal, polo que quedarían fóra aquelas de uso público ou nas que exista dereito de paso, por exemplo. Sen embargo, instou á Policía Municipal a que incremente a vixilancia e as inspeccións nas pistas, actuando e mesmo sancionando nas pistas de titula-ridade municipal e levantando acta nas demais, que serán remitidas á Consellería do Medio Rural.

O pleno municipal aprobou o inventario de bens do Con-cello de Brión a data 31 de decembro de 2012 que ascende a 34.333.147 euros, un 0,4% máis que no ano anterior. Os 128.894 euros nos que se incrementou o inventario munici-pal brionés proceden na súa maior parte de obras, como a supresión de fosas sépticas en Romarís, as obras de sanea-mento realizadas en Nináns dentro do PEIM 2010, a modifi-cación da AC-300, a habilitación dun almacén para o banco de alimentos ou pequenas melloras realizadas na escola de música e no polideportivo municipal de Pedrouzos. Durante o último ano, non houbo baixa ningunha.

O pleno ponse de lado dos veciños e desbota unha moción do PP sobre Goiáns

Pleno municipal

A policía local aumenta a vixilancia sobre as pistas de monte

O inventario de Bens municipais ascende a 34,3 millóns de euros

ROUBOS DE CABLE

Rouban cable eléctrico do entorno do Campo de Fútbol municipal por 10.000 eurosO alcalde solicita a colaboración cidadá para tratar de evitar uns roubos que están a afectar a toda a comarca.

O entorno do campo de fútbol municipal de Brión foi obxecto a finais de xaneiro dun roubo de cable eléctrico por un importe próximo aos 10.000 euros que deixou sen alumeado público gran parte desta zona. O alcalde, Xosé Luís García, amosou a súa fon-da preocupación por este tipo de roubos, que periodicamen-te se producen no municipio e na contorna, e lamentou as molestias e os prexuízos cau-sados aos veciños e veciñas do entorno do campo municipal de fútbol, e en xeral a todos os que transitan por esta zona.

O Concello tivo que habili-tar un crédito especial para re-poñer o material roubado e re-parar os danos causados, polo que o alcalde brionés solicita a colaboración veciñal para rematar con este tipo de rou-bos,, polo ben de todos. “Fago un chamamento a todos os ve-ciños e veciñas de Brión a que cando vexan calquera tipo de comportamento sospeitoso se poñan en contacto coa Garda Civil”, apunta o alcalde Xosé Luís García.

O alcalde brionés conside-ra que “a colaboración veciñal é fundamental para acabar con este tipo de roubos que nos prexudican a todos, pois os cartos que se utilicen para repoñer o alumeado público haberá que quitalos doutras partidas”. Por iso solicita ás autoridades “que investiguen a fondo este tipo de roubos en Brión e no resto da comarca porque ese material non des-aparece tan facilmente e ten que ir parar a algures”.

Non é a primeira vez que esta zona de Brión é obxecto do roubo de cable de cobre, pois o pasado ano tamén se substraeu o correspondente á nova pista de pádel de Brión, situada a apenas 300 metros de onde tivo lugar este último roubo. As instalacións deporti-vas de Brión adoitan ser os lu-gares máis afectados por este tivo de roubos, como xa acon-teceu anos atrás nos campos de fútbol de Ons e de Basta-vales (neste último incluso, os ladróns mesmo roubaron as portas e as fiestras de aluminio e ata a grifería).

Page 7: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

Os rapaces e rapazas do colexio entrando nas instalacións do Concello. Durante a visita puideron ver todas as dependencias municipais.

q

CEIP PEDROUZOS

Nenos enenas docolexio visitan oconcello

Un total de 120 nenos e nenas do CEIP Pedrouzos, de entre 3 e 5 anos de idade, vi-sitaron recentemente as ins-talacións da casa consistorial de Brión, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé Luís Gar-cía. Os pequenos chegaron a media mañá e coñeceron as distintas dependencias muni-cipais e o traballo se fai nelas.

Os momentos máis diver-tidos tiveron lugar na visita ao despacho do alcalde e ao salón de plenos, onde os pequenos tiraron de espontaneidade e meteron nun brete a máis de un coas súas preguntas, como cando lle preguntaron ao xefe da Policía Local onde deixara a metralleta. Ao rematar a visi-ta, todos eles recibiron unhas lambonadas.

Os mestres aproveitaron a visita para entregarlle ao al-calde un escrito cunha serie necesidades no centro. Xosé Luís García comprometeuse a estudar e resolver as deman-das, como a petición de plan-tar máis árbores ou de facilitar distintos materiais cos que or-ganizar xogos e circuítos para os pequenos. Así mesmo, o alcalde comprometeuse a dar traslado á Xunta das demandas que superan as competencias municipais, como a petición de ampliación do patio escolar.

O alcaldecomprometeuse a resolver algunhas peticións demelloras no centro e a dar traslado á Xunta daquelas que exceden acompetenciamunicipal.

O alcalde recibiu aos nenos no seu despacho, que se quedou pequeno ante a “avalan-cha” dos escolares de Brión.

Por último, os rapaces subiron ao salón de plenos onde lle entregaron unha carta con peticións ao alcalde.

q

q

Page 8: 87- ALTAMIRA Nº 87

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

OBRADOIRO DE EMPREGO

Os alumnos do obradoiro de emprego fan tarefas deconservación na carballeira de Santa MiniaConvidaron aos rapaces e rapazas de 5º e 6º do CEIP Pedrouzos a colaborar narecollida de pugas de árbores froiteiras autóctonas

Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego “Encon-tro Verde”, promovido polos Concellos de Brión e de Ames, están desenvolvendo unha im-portante actuación na carba-lleira de Santa Minia dirixida a conservar a saúde das árbores deste importante patrimonio natural, cultural e etnográfi-co brionés. Uns labores que se centran principalmente en podas de mantemento, cirur-xía arbórea, eliminación de fungos, etc. A tal fin alugouse unha plataforma elevadora de 20 metros, dende a que o alumnado levou a cabo o seu traballo

Un traballo do que deron conta tamén nunha charla di-vulgativa a case un cento de alumnos e alumnas de 5º e 6º

do CEIP Pedrouzos, en colabo-ración con Afonso Touceda, da Asociación “Lentura”. Durante algo máis de dúas horas, ex-plicaron que este obradoiro tamén ten como un dos seus obxectivos a recuperación de variedades froiteiras au-tóctonas que dende sempre existiron no val da Amaía. Va-riedades tales como a mazá Santiaga, repinalda; as peras urraca, manteiga, barburiña; a ameixa Cirijuela, ambruño, fatóns, etc. E tantas outras que poboaban as hortas e testas das leiras ata que na década dos 60 comezaron a desapare-cer da fisionomía do val.

A tal fin, e co obxectivo de implicar a diversos sectores na recuperación deste valioso pa-trimonio natural, o obradoiro

solicitou a colaboración dos pequenos brioneses para que localizaran e achegaran pu-gas destas variedades froitei-ras que teñan nas súas hortas para enxertalas en patróns que permitan, unha vez que estes frutifiquen, repoboar os distin-tos espazos verdes e preservar este importante patrimonio.

Os rapaces amosaron o seu interese pola conservación e tamén os seus coñecementos

sobre o tema con constantes preguntas sobre o que se lles estaba explicando. A exposi-ción incluíu unha demostra-ción práctica do procedemen-to de recollida e conservación de pugas, de como facer un enxerto e da recollida de datos necesarios para á identifica-ción da variedade achegada. Agora, os rapaces recollerán pugas das variedades a recu-perar e posteriormente o per-soal do Obradoiro enxertaraas.

Os alumnos do “Encontro Verde” facendo actuacións de poda na Carballeira.

q

Os nenos do colexio de Pedrouzos poideron disfrutar dunha charla divulgativa.

q

Page 9: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

O Concello de Brión pe-diulle ao Goberno Central un cambio na Lei Hipote-caria que permita parar os desafiuzamentos. Unha moción presentada polo BNG no pleno de decem-bro e que foi secundada polo Grupo de Goberno e rexeitada polo PP, quen dixo compartir o fondo da cuestión pero insistiu en que se trata dunha com-petencia que só lle corres-ponde ao Goberno do Es-tado. O voceiro do BNG, explicou que “se houbese vontade política se podería facer, ou non se cambiou a Constitución en tres días?”. Un punto no que coincidiu o Alcalde, quen conside-ra que a situación actual é “unha aberración total” e que “a lei hai que cambiala canto antes”. A moción saíu adiante cos 9 votos a favor de PSOE e BNG e cos 4 vo-tos en contra do PP.

O pleno aproba por unanimidade a proposta de POS 2013

O pleno municipal respaldou a proposta da Alcaldía sobre o Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2013, que ascen-de a 233.571 euros. Desta cifra, o Concello de Brión destinará 140.000 euros a financiar gasto corrente, mentres que o 40% restan-te será investido en mante-mento de beirarrúas e viais en Brión, proxectos que se-rán executados polas briga-das municipais.

PSOE e BNG quedan sos contra a Lei Hipotecaria

OBRAS NO COLEXIO

Unha das peticións uná-nimes dos cativos do CEIP de Pedrouzos era a amplia-ción do seu patio de xogos. Unha obra de competencia autonómica que, finalmente, xa é realidade grazas á boa colaboración entre o colexio e o Concello, que permitiu construír dous novos patios para os nenos e nenas que estudan no centro.

O Colexio utilizou uns fondos dos que dispuñan para adquirir o material pre-

O Concello e o colexio de Pedrouzoscolaboran na construción de dous novos patios exteriores para os rapaces

ciso para o peche perimetral dos patios. Pola súa banda, o Concello acometeu os traba-llos de desmonte e nivelación de ambos espazos a través da brigada de obras municipais. Os traballos supuxeron o des-monte dunha parcela que ata o de agora non tiña uso ningún, especialmente pola súa forte pendente. Sobre esa área, a brigada de obras municipais habilitou dúas parcelas, a dúas alturas diferentes, que acollen patios exteriores distintos. Uns patios que contan co seu

correspondente peche peri-metral e que están dotados tanto de céspede como de aparellos de xogo para os ca-tivos.

Canda esta gran obra, o Concello de Brión tamén deu resposta a outras peticións dos cativos, como a insta-lación dunha billa exterior, plantar máis árbores ou de facilitar distintos materiais cos que organizar xogos e circuítos para os mais peque-nos do colexio.

Para a realización da obra, o colexio puxo o material e oConcello a man de obra

VARIANTE DA AUTOVÍA

Últimos retoques antes da apertura davariante AC-300

A variante da AC-300, que unirá a estrada da Picaraña co acceso á autovía Santiago-Brión, está a piques de ser aberta ao tráfico, catro anos despois do inicialmente pre-visto. Despois da última capa de aglomerado, á empresa concesionaria da Xunta tan só lle restan algúns pequenos detalles, como a sinalización horizontal,para poder entrar en funcionamento.

Atrás quedan moitos sinsa-bores nesta importante obra, dende o enlamado da rúa da Senra ata o máis recente conflito cos establecementos comerciais da zona pola eli-minación da zona de aparca-mento. Dous problemas que a Xunta, responsable da correcta execución das obras, foi quen de resolver. Unha vez que a Consellería determine a data de inauguración, o novo vial

mellorará a seguridade viaria dos vehículos procedentes de Bastavales e dos Ánxeles, onde se evitará un perigoso estreita-mento da calzada.

Este novo vial é conse-cuencia dun convenio asinado en marzo de 2005 polo alcal-de Xosé Luís García e o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, daquela con-selleiro de Política Territorial. Un convenio polo cal o Conce-llo de Brión cedeu os terreos para a autovía Santiago Brión e aportou máis de 200.000 eu-ros; mentres a Xunta se com-prometía a construir este novo vial e unha variante á AC-451 en Pedrouzos. Mentres que a primeira está a piques de entrar en funcionamento, a segunda foi descartada unila-teralmente pola Xunta. Unha ruptura de convenio que se di-rimirá nos tribunais.

O Concello levará a Xunta de Galicia aos tribunais tras descartar unilateralmete a construcción da segunda variante AC-451.

Page 10: 87- ALTAMIRA Nº 87

10 | Concello de Brión

ESPECIAL

10 | Concello de Brión

LETRAS GALEGAS 2013

O ano de Roberto Vidal BolañoO Concello homenaxea ao seu ilustre veciño representando as súas obras, dedicándolle os Encontros coa Arte e cunha intensa actividade formativa nos centros educativos.

A celebración do Día das Letras Galegas sempre foi es-pecial en Brión onde, lonxe de reducir a conmemoración ao 17 de maio, sempre se lle dedi-cou o mes enteiro á figura ho-menaxeada. Pero se o Día das Letras Galegas se dedica a un ilustre veciño de Brión como o foi o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, un mes sabe a pouco. Por iso, o Concello de Brión elaborou unha progra-mación especial para o todo o ano, que comeza neste mes de maio pero que se vai a esten-der ata o vindeiro mes de nov-embro. Unha oferta numerosa, variada, de calidade e centrada no teatro, como non podía ser doutra maneira.

A programación ábrese coa tradicional Feira do Libro de Brión, que terá lugar do 13 ao 31 de maio. Coma sempre, a Feira do Libro combinará es-pectáculos destinados ao pú-blico en xeral cunha intensa programación didáctica dirixi-

da aos nenos e nenas do CEIP e do IES. Así, xa podes marcar na túa axenda os sábados 18 e 25 de maio, pois o centro social polivalente acollerá ás 20:30 horas as representación de dúas das obras máis reco-ñecidas de Vidal Bolaño: “Cria-turas” (pola compañía Teatro do Aquí e dirixida por Evaristo Calvo) e “BailadELAS” (Teatro Antroido, con Laura Ponte e Roi Vidal dirixidos por Xavier Estévez).

Para os centros escolares haberá unha selección de re-presentacións, lecturas drama-tizadas e contacontos a partir de textos do própio Vidal Bo-laño, de acordo coa idade dos pequenos. Gustavo Pernas Coira, Talía Teatro, Laura Pon-te, Roi Vidal, Xandobela, Pica-versos, Tinke-tinke Teatro, Mi-gallas Teatro ou Maquinarias Teatro encargaranse de levar a maxia das verbas de Vidal Bolaño aos nenos e nenas do Concello de Brión.

MONÓLOGOS NA CARBALLEIRACoa chegada do verán nace unha nova iniciativa cultural:

os Monólogos da Carballeira. Todos os venres entre o 31 de maio e o 5 de xullo (coa excepción do 28 de xuño, no que se celebran os Encontros coa Arte), ás 20:30 horas, a sala de exposicións da Casa da Cultura acollerá os contos de humo-ristas galegos como Pepe Capelán, Óscar Maldados, Pedro Brandariz, Boquete e Víctor Grande.

E toma nota dunha estrea moi especial: o 1 de xuño ás 21:00 horas, o centro social polivalente terá a honra de aco-ller unha montaxe elaborada polo grupo de teatro do IES de Brión. Nese mes de xuño regresan os “Encontros coa Arte” que, como non podía ser doutro xeito, xirarán en torno á figura de Roberto Vidal Bolaño. A cita será na fin de semana do 28, 29 e 30 de xuño.

Tras o descanso de verán, en outubro volven dúas repre-sentacións de obras de Vidal Bolaño ao centro social poliva-lente. O 19 de outubro, Espello Cóncavo presenta “Anxeli-ños”; e o 26 de outubro, Teatro O Maxolo representa “Tres de Bolaño”, entre as que figuran “Animaliños”, inspirada en Pedrouzos. Xa en novembro, o día 30 o grupo Bartoleta Tea-tro representará “Macki o navallas”. Todas estas actuacións terán lugar ás 20:30 horas.

E o broche de ouro ao ano de Roberto Vidal Bolaño po-rano a ANPA Pedra Viada que, en colaboración co Concello, pon en marcha as “Xornadas sobre Roberto Vidal Bolaño”, que terán lugar os días 8, 15 e 22 de novembro e que conta-rán coa participación de expertos e persoas moi achegadas ao dramaturgo. Porque, cando menos en Brión, o 2013 é o ano de Roberto Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño pasou os últimos anos da súa vida no nos concello, alá polo ano 2000 podía verse sentado nalgúnha terraza de Pedrouzos ou mesmo en-saiando no baixo da Casa da Cultura.

q

Roberto Vidal Bolaño e o equipo de “Animaliños”durante un dos ensaios na antiga Biblioteca Municipal nos baixos da Casa da Cultura de Brión.

q

Page 11: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 11

ESPECIAL

Revista Altamira | 11

UN BUSTO PARA BOLAÑOA figura de Vidal Bolaño foi

tamén protagonista do debate político, logo de que o PP de-nunciara nos medios de comu-nicación a petición do Concello dunha subvención á Deputa-ción da Coruña para facer un busto na honra de Roberto Vidal Bolaño. O PP pediu que se desistise desa petición xus-tificando que “se poden gastar noutras cuestións de cultura ou educación” eses cartos, facendo mención expresa a necesidades máis importantes como os 700 desempregados en Brión.

No pleno do mes de abril, o alcalde cualificou esta pe-tición como “a moción máis demagóxica presentada polo Partido Popular”, aínda que ironizou dicindo que “pode-riamos apoiala, porque xa ve-mos que non a imos recibir pola presión do PP de Brión diante da Deputación para que non veñan eses cartos”. Neste sentido, compre destacar que a subvención solicitada polo Concello está incluída no apar-tado “Infraestrutura cultural”, polo que non poden destinar-

se a outro mester como suxe-rían dende o PP. “Sería ilegal dedicala a algo distinto como o que está a propoñer voste-de falando das familias ou dos parados. Non fagamos máis demagoxia barata. Eses cartos van investirse en infraestrutura cultural, pero vostedes prefi-ren que vaian a outro concello do seu signo político”, concluíu Xosé Luís García.

Pola súa banda, o voceiro do BNG apoiou a petición da subvención ao entender que “unha persoa á que lle dedican o Día das Letras Galegas, que viviu aquí os seus últimos anos, cuxos fillos seguen vivindo aquí, merece unha homenaxe e un recoñecemento”. Para Xesús Pena, as denuncias do PP teñen unha orixe política: “é propio da literatura falsa do PP adornarse coa austeridade pero cun fondo de falsidade. Bolaño non era deles e por iso non queren poñerlle un busto. Ese é o fondo, o demais é que-rer adornalo”. Incluso ironizou coa posibilidade de facerlle un busto de xeso, “así cando cho-va, se disolve”.

Unha pequena mostra dos carteis das obras de Vidal Bolaño, entre as que destacamos Criaturas e BailadE-LAS que se representaran durante o mes de maio no Centro Social Polivalente.

q

Roberto Vidal Bolaño de paseo polas inmediacións Carballeira de Santa Minia no ano 1990 acompañado polos seus fillos.q

Os mais “Teatreiros” do IES

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2013 e co gallo da súa adicación a Roberto Vidal Bolaño, varios alumnos e alumnas do IES de Brión, capitaneados por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, están a preparar unha montaxe treatral que busca achegar a obra de Roberto Vidal Bolaño aos mozos/as dun xeito divertido e reflexivo, basada en dife-rentes escenas de: “Rastros”, “Cochos” e “Sen ir máis lonxe”.

A actividade, organizada pola ANPA Pedra Viada, vai ver a luz o vindeiro día 1 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Centro Social Polivalente de Brión.

ALUMNAS/OS DO IES DE BRIÓN

Page 12: 87- ALTAMIRA Nº 87

12 | Concello de Brión

BRIONESES

Xosé Bravo Frieiro, xerente da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanzae ex alcalde de Rianxo.

“É unha mágoa que asrelacións entre os políticos non

sexan tan amigables comoantes, pois iso axudaba

a xestionar”

Xosé Bravo Frieiro (Rianxo, 1948) é unha desas persoas que sabe tanto polo que conta como polo que cala. Aínda que nunca tivo medo ningún a dicir as cousas altas e claras aló por onde pasou, é dese tipo de xente que foxe do protagonismo e dos medios de co-municación. “Dende que deixei a Alcaldía de Rianxo en 1994 non concedín ningunha entrevista a ningún medio. Se fago esta excep-ción con Altamira é porque mo pediu un home bo e xeneroso como Luciano e non puiden dicir que non”, explica. E é unha mágoa que non se prodigue máis na prensa, sobre todo nuns tempos nos que a cidadanía está orfa de referentes políticos dignos. O seu vencello con Brión vén de antigo, “de cando pensabamos que funcionabamos mellor que outros concellos. Esa fachenda amolouseme ao chegar a Brión, onde coñecín un alcalde mellor e onde comprobei que os seus veciños son tan cojonudos coma os de Rianxo”.

- Comecemos polo princi-pio, como foi que rematou no Seminario de neno?

- Daquela era das escasas opcións que tiña a xente humil-de de estudar. Fun á escola en Rianxo e traballei de mecánico co señor Ramón, xa que antes os oficios aprendíanse así. Non podía estudar pero, como se-guía vencellado á Igrexa como monaguillo, entrei no Semina-rio con 11 anos para cursar o Bachiller. Logo fun ao instituto en Santiago, que era o máis próximo, tamén con beca. En-trei en Dereito na Universidade e cheguei ata Terceiro, pero atrancóuseme o Dereito Civil. Por iso sempre dixen que as becas foron e serán boas.

- Mariñeiro de familia, chegou a ser Patrón Maior da Confraría de Rianxo. Como lembra aqueles tempos?

- Foi unha experiencia moi

bonita. Eu síntome moi a gusto no mar, son fillo de mariñei-ro. Meu pai debeu ser un dos primeiros en emigrar e pasou embarcado moito tempo en barcos de medio mundo. Lem-bro que foi unha época moi revolta e revolucionaria. Esta-mos falando dos últimos anos do Franquismo e no mar había un movemento sindical inci-piente xa que as xentes vían outras formas de explotación e de asociacionismo. Estabamos todos cansos dun sistema que se impuxera pola forza e todo eran gañas de organizarse e poñerse a traballar.

- Cal era a situación coa que se atopou?

- Tiñamos o Plan Marisquei-ro de Galicia, que foi desastro-so. Daquela pediamos un siste-ma de explotación libre, pero responsable, e un sistema de

venda controlado. Pero atopá-monos con moita resistencia. Houbo algún que outro alterca-do que se resolveu finalmente grazas á Lei de Amnistía.

- Case corenta anos des-pois, como ve a situación do sector marisqueiro galego?

- Algo mellorou no que atinxe ao sector bateeiro, pero foi grazas ao esforzo dos bateei-ros, que están loitando contra as depuradoras e conserveiras, que apostan por mercadoría doutros países e que, se non temos coidado, poden afundir economicamente o sector. Sen embargo, no resto seguimos cos mesmos problemas que hai corenta anos. A Administración non soubo poñer un sistema de comercialización baseado en colectivos de mariñeiros e que fixera unha primeira manipu-lación do produto para dotalo

de maior valor engadido. Aínda hoxe en día é responsabilidade da mala xestión dalgúns funcio-narios e políticos que non haxa unha estrutura produtiva que se poida facer unha primeira transformación que rendabili-ce o produto antes de chegar ao mercado. Da súa falta de acción vén tanto moinante in-termediario, que vende cousas que non son produto da ría e que deberían quitar do medio. Pero o certo é que non damos atopado como facelo.

- Tras esa etapa como pa-trón maior, dáselle por entrar en política.

- Chamáronme para a lis-ta socialista ao Concello de Rianxo.En 1979 chego ao Con-cello coas primeiras eleccións democráticas e deixoo pola miña propia vontade no ano 1994, tras 15 anos.

Page 13: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 13

BRIONESES

“Estanse a manter organismos inservibles como as Deputacións mentres as Mancomunidades e os municipios non teñen recursos suficientes”

José Bravo, actualmente traballa en Brión como xerente da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza

q

- Que lembra deses quince anos?

- Foi unha época moi ilusio-nante. Estaba todo por facer no ámbito municipal e había algo moi diferente á época actual. Primaba a ideoloxía, a ilusión por facer algo no concello. Per-soas novas, con novas ideas e gañas de facer cousas. Ao che-gar lembro que atopamos moi-tas dificultades económicas: unha débeda moi importante e uns recursos insignificantes, pero como había moita ilusión e gañas fixéronse cousas en to-das as áreas. Aínda que partín como independente, non dubi-dei de iniciar a militancia no Partido Socialista porque pen-saba que había que facer outro tipo de política. Foron 15 anos de éxitos e fracasos, pero sobre todo de moita ilusión.

- Rianxo é coñecido pola súa riqueza cultural.

- En todas as parroquias ha-bía un centro cultural. Mentres algúns presumían de ter disco-tecas, en Rianxo presumiamos de ter asociacións culturais ac-tivas. Hai un pouso cultural que vén de antigo, con persoeiros de moita relevancia: Castelao, Dieste, Manuel Antonio... Iso axuda a que fose moi doado fa-cer actos culturais en calquera das parroquias. Non tiñamos que pensar moito para atopar iniciativas interesantes.

- Un aspecto que os achega un chisco a Brión.

- Había un orgullo na cor-poración de Rianxo e posible-mente pensabamos que era-mos os mellores. É un pouco pretencioso pero pensabamos que funcionabamos mellor que outros concellos. Esa fa-chenda amolouseme ao chegar a Brión, onde coñecín a un al-calde mellor e onde comprobei que os seus veciños son tan co-jonudos coma os de Rianxo.

- Con que se queda desa etapa coma alcalde?

- É difícil quedarse cunha cousa, quizais coa amizade de todos cantos traballaron co-migo. Seguramente a obra do instituto. Daquela foi funda-

mental porque permitiu que os nosos rapaces puidesen acce-der á universidade.

- Situar a educación como eixo principal amosa esa for-ma diferente de entender a política pero seguro que o for-migón tamén deu moito de si nesa época.

- Lembro que había al-gunhas estradas de acceso ás parroquias polas que ningún taxista quería circular ou as restricións de auga potable no verán. E conseguimos resol-ver eses problemas. Con Albor de presidente da Xunta, e coa axuda de Barreiro Rivas, con-seguimos os accesos a Rianxo, que despois derivaron na vía rápida do Barbanza. Iso, unido á ponte de Catoira que fixo a Deputación, foron logros moi importantes para Rianxo. Ta-mén instalamos os sistemas de alcantarillado e depuración.

- En 2004 chega á Manco-munidade Serra do Barbanza.

- Empecei con Xosé Luís García de presidente e remato con el, o que me congratula. Non participei na constitución da Mancomunidade, pero teño constancia de que foi moi difí-cil e que se isto saíu adiante foi grazas ao esforzo dos alcaldes de Brión, Lousame, Carnota, Muros, Noia e Porto do Son. En especial, Xosé Luís xogou un papel fundamental. Creo que sen el e sen Ramón Quintáns a planta de reciclaxe non esta-ría en pé. Era unha aposta moi ambiciosa para prestar un ser-vizo básico que non era doada de artellar, por iso teñen moito mérito os socios fundadores. E ademais coa oposición frontal da Xunta.

- Por que xurdiu esa oposi-ción?

- Foi un momento no que había unha idea de privatizar estes servizos e no que xurdía

Sogama, polo que se entendía que a Mancomunidade Serra do Barbanza era competencia. O noso era un proxecto máis responsable, que primeiro apostaba pola compostaxe e a reciclaxe fronte á incinera-ción. En vez de consideralo un proxecto complementario a Sogama, a Xunta entendeu que era unha competencia e ata-couno facilitando, por exem-plo, a saída de Rianxo e Pobra do Caramiñal do proxecto. Fo-ron tempos nos que Manuel Fraga, para que non se sumara Santiago ao proxecto, dixera aquilo de que todos os ovos tiñan que estar na cesta de So-gama.

- Mantense esa tensión na actualidade?

- Nós somos pequenas en-tidades locais que queren co-laborar coa Xunta, pero eles seguen nas súas. Recoñezo que tivemos algunhas axudas, pou-cas e esporádicas, pero hou-boas.

- As Mancomunidades es-tán no ar nestes intres e fálase de que son inútiles.

- Ás veces somos moi dados a reinventar as cousas. Agora fálase de agrupacións de mu-nicipios, de integracións... Iso chamouse de toda a vida Man-comunidades: hai que aunar esforzos para aforrar custos. Todo o demais é palabrería. O que importa é cumprir os obxectivos, non a palabrería. Hai que resolverlles aos veci-ños os problemas de xestión dos servizos, hai que aforrar con economías de escala. Pen-so que é un erro saír agora co da agrupación de municipios cando xa está todo inventado. Falta que os políticos da Xunta se decaten de que, chameno como o chamen, o que teñen que facer é dotalos de recur-sos. Sen recursos non facemos nada.

- Pero nestes tempos, pre-cisamente, non hai moitos re-cursos.

- Se desapareceran as De-putacións, teríamos suficiente. Estanse a manter organismos inservibles mentres as Man-comunidades e os municipios non teñen recursos suficientes para sobrevivir.

- Tras unha vida tan axe-treada, agora que chega a xubilación, que plans tes en mente?

- Seguir traballando na Mancomunidade ata que me deixen e despois buscar algo para manterme activo.

Page 14: 87- ALTAMIRA Nº 87

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

BRIÓN SOLIDARIO

O concello prolongará arecollida de alimentos para as familias necesitadas“Brión solidario” superou todas asexpectativas este Nadal grazas á gran solidariedade amosada.

O Concello manterá durante todo o ano o programa “Brión solidario”, unha campaña municipal de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas de Brión posta en marcha o pasado mes de outubro de cara á tempada de Nadal pero que superou todas as expectativas grazas á ex-traordinaria colaboración e solidariedade amosada polos ve-ciños, empresas e asociacións de Brión.

A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Vázquez, expli-ca que “a idea inicial era crear unha cadea de solidariedade alimentaria que servise como ponte entre os doantes de ali-mentos e as familias máis necesitadas en Brión, asegurando así unha xusta distribución dos alimentos recadados entre os que máis o precisan. Esa estrutura funcionou grazas á gran solidariedade amosada polos veciños, polas asociacións e polas empresas de Brión e agora queremos mantela no tem-po para así poder seguir axudando a estas familias fóra dun-has datas especiais como era o Nadal”.

VIAXE MAIORES

A viaxe dos maiores levou a 66 veciños a Tenerife

Un total de 66 veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de 55 anos, participaron na Viaxe dos Maiores, que organiza o Concello de Brión e que este ano tivo como des-tino a illa de Tenerife. Os brioneses aloxáronse a pensión completa no hotel “Be live Orotava” (Puerto de la Cruz), de 4 estrelas, onde disfrutaron de divertidas festas de anima-ción todas as noites, xa que durante as mañás tiñan entrada para “Lagos Martiánez”, un complexo de ocio duns 100.000 metros cadrados formado por un lago central artificial e un conxunto de piscinas, xardíns, terrazas e restaurantes.

Así mesmo, os nosos maiores participaron en distintas ex-cursións pola illa, como aos miradores da Orotava ou Icod de los Vinos, que ademais de ser unha importante zona comer-cial tamén acolle un enorme exemplar de drago, ao que se lle atribúe unha idade de milleiros de anos e que está declarado Monumento Nacional. A cidade universitaria da Laguna, a capital Santa Cruz de Tenerife ou pequenas localidades como Garachico tamén foron visitadas pola expedición brionesa, aínda que a visita máis impresionante de todas foi a ascen-sión ao Teide.

Con esta viaxe, os maiores de Brión volveron visitar ás Illas Canarias despois da excursión realizada a Lanzarote en 2009. Torremolinos e Benidorm foron outros dos destinos vi-sitados nos últimos anos.

PREVENCIÓN DROGODEPEDENCIAS

Brión continuará coprograma de prevención de drogodependenciasO programa desenvolverase entre outubro e xuño e será impartido porpersoal de Servizos Sociais

Os xa tristemente famosos recurtes en materia de educa-ción deron ao traste este ano co Programa de Prevención de Drogodependencias, que mantiñan Ames, Brión e Negreira.

Conscientes da importancia de manter este servizo, o Concello e os centros educativos puxéronse a traballar de in-mediato para buscar unha solución que permitirá a creación dun Programa Municipal de Prevención de Drogodependen-cias que comezará a impartirse o vindeiro mes de outubro.

O fundamental da materia será impartida por persoal do Departamento de Servizos Sociais. E aqueles temas que non poidan impartir buscarase persoal especializado. Deste xei-to, os escolares de Brión poderán seguir disfrutando deste importante servizo durante o vindeiro curso. E é que se du-rante moitos anos a intervención terapéutica foi o obxectivo prioritario das administracións na loita contra as drogas, nos últimos anos demostrouse que é moito máis eficaz, e incluso máis rendible, investir en prevención, para que o problema non chegue a producirse. Porque máis vale previr que curar.

Page 15: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Veciños e veciñas asinan un manifesto a prol da igualdade de xénero

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Unha granxa de “animaliños”O rebumbio que se pode montar nunha granxa durante un

día de treboada non é nada comparado coa festa que se montou neste Entroido na gardería municipal. Medio cento de cativos, de entre 2 e 3 anos, escolleron como temática “A Granxa” para o seu tradicional desfile de entroido. O exterior da gardería con-verteuse nun divertido cortello polo que desfilaron pitos, ovellas e vacas. E todo baixo a atenta mirada de ducias de pais e nais, que tamén se sumaron á festa.

Os meniños levaban postos uns traxes feitos por eles mes-mos, cunha pequena axuda dos seus mestres, con materiais de reciclaxe. Os pequeniños da Aula 4 ían caracterizados de pitos, feitos cuns plásticos amarelos e uns gorros nos que levaban os ollos e o pico. Os rapaces da Aula 5 ían disfrazados de ovellas, cunhas borlas de la sobre uns plásticos pintados por eles da súa cor preferida, pois a idea orixinal de facer ovellas negras e brancas foi rexeitada polos propios cativos, que optaron por un rabaño multicolor. Finalmente, os máis “maiores”, os da Aula 6, chegaron caracterizados de vacas, uns divertidos disfraces entre os que destacaba a orixinalidade dos tetos das vacas, que non eran máis que guantes de goma inchados.

Un día despois, os meniños celebraron unha gran festa de Entroido. Desta vez, os peques acudiron disfrazados da casa e á festa tamén se sumaron un cento de pais, nais, avós... tamén disfrazados, pois era condición indispensable para participar. Durante toda a mañá, nenos e maiores disfrutaron con bailes, xogos, piñatas e degustacións de doces típicos destas festas (fi-lloas, orellas e rosquillas), que foron achegados, na súa maior parte, polos propios familiares.

O Concello de Brión conmemorou o Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo, ofrecéndolles aos veciños e veciñas do municipio a posibilidade de re-flexionar sobre a desigualdade entre homes e mulleres e de asinar un manifesto a prol da igualdade no que se defenden cinco principios: mulleres e homes somos iguais, a violen-cia nunca é xustificable, conseguir a igualdade é tarefa de todos, mulleres e homes temos dereito a un traballo e igual salario para igual traballo. Un manifesto que foi asinado por numerosos veciños e veciñas, tanto persoalmente nos dis-tintos centros municipais (casa do Concello, casa da cultura e centro social polivalente) como a través do Facebook do Concello (www.facebook.com/concellodebrion).

Esta iniciativa enmárcase dentro do II Plan de Igualda-de de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2012-2015, que pretende reducir e mesmo eliminar as desigualdades de xénero contando sempre coa participación social das veciñas e dos veciños de Brión. Entre os compromisos ad-quiridos neste plan figuran empregar os medios municipais para introducir a temática de xénero de xeito periódico, co fin de sensibilizar á poboación local na igualdade e tratar de eliminar estereotipos tradicionais de xénero. Algo que se conseguiu con este pequeno manifesto.

A choiva deu unha pequena tregua para que os mais pequenos poideran realizar o xa tradicional desfile de entroido da escola infantil

q

Gran éxito da semana damúsica da escola infantilmunicipal

Os nenos e nenas da gardería municipal de Brión celebraron hai uns días a Semana da Música, cinco xornadas nos que pais e nais dos pequenos lles presentaron cadanseus instrumentos musicais e realizaron pequenos concertos de media hora de duración. “O obxectivo é iniciar aos pequenos no gusto á mú-sica grazas á colaboración de xente especializada, que teñen aos seus nenos na gardería e que colabora desinteresadamente connosco”, explica Dolores Campos, directora da escola infantil municipal de Brión.

Page 16: 87- ALTAMIRA Nº 87

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

INXENIO CONTRA OS RECORTES

O IES Brión pon en marcha múltiples actividadeseducativas, culturais e sociais baseadas na colaboración entre mestres e alumnos

A palabra instituto provén do latín “Institutum”, que sig-nifica “facilidade” ou “hábito”; así como da palabra “institue-re”, cuxo significado é “cons-truir”, “crear” ou “educar”. E o certo é que a facilidade que están amosando os mozos e mozas do IES Brión para crear cousas practicamente dende a nada é digna de admirar. E non nos referimos ás distintas xornadas e conferencias que organizan, que tamén merecen todo o noso respecto, senón que nos estamos a fixar en tres proxectos que mesmo chama-ron a atención dos medios de comunicación.

De feito, o primeiro dos proxectos ten moito que ver cos medios de comunicación: trátase de Radio emBrión, un proxecto de radio escolar pos-to en marcha por alumnos de 1º da ESO e que está aberto a todos os alumnos do IES que queiran participar. Se entran na web do instituto (www.edu.xunta.es/centros/iesbrion/) ou directamente no blog da ra-dio (http://radiodoiesdebrion.wordpress.com/) poderán es-

coitar varios dos programas que teñen colgados sobre dis-tintas temáticas: futbol, tertu-lias, cine, divulgación, cociña, informativos... Estes avezados xornalistas son os auténticos protagonistas dos programas e non se amedrentan con nin-guén, como amosan nas en-trevistas a persoeiros de Brión como Belén Quintáns, viúva de Roberto Vidal Bolaño; Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE; ou Xosé Luís García, alcalde de Brión, quen lles falou dos seus anos á fronte do Concello, dos seus proxectos cara o futuro e dalgunha que outra divertida anécdota do seu cargo.

O segundo proxecto que rescatamos en Altamira foi o posto en marcha por un grupo de alumnos de 2º de Bachare-lato e que fixo que o IES Brión fora o único centro galego en participar no concurso de tra-dución Juvenes Translatores, organizado conxuntamente en tódolos países da UE pola Co-misión Europea. Non gañaron o primeiro premio, pero foron un dos 54 seleccionados en toda España para participar

e o único en Galicia, o cal xa é unha auténtica fazaña. No-raboa.

E pechamos esta peque-na visual ás actividades do IES Brión lembrando un acto de lembranza ao décimo ani-versario do afundimento do “Prestige”. Tres alumnos (Joa-quín Mato, Diego Eitor e Car-los Taboada) organizaron unha cadea humana con todos os alumnos do centro que “uni-dos polas mans intentamos es-

cribir o lema que nos motivou: Nunca Máis”, explica Joaquín. Diego recoñecía que “daquela eramos moi novos e non lem-bramos moito daquilo”, pero Carlos engade que “empeza-mos cunha serie de activida-des, como unha conferencia co patrón de Lira, que nos contou todo o que tiveron que vivir eles”. Por iso, seguro que non hai mellor forma de rematar esta reportaxe ca citando as propias palabras dos rapaces: mareas negras nunca máis.

Grupo de alumnos/as e que participaron no concur-so de traducción Juvenes Traslatores, organizado en todolos paises da UE pola Comisión Europea.

q

Na lembranza do X aniversario da traxedia do Prestige os alumnos fixeron unha grande cadea humana que bordeou o patio o institudo.

q

Un dos proxectos que mais admiración espertou foi o de Radio emBrión, por esta emisora de recente crea-ción xa pasaron persoeiros como Xosé Manuel Beiras ou o mesmo José Luis García, Alcalde do Concello de Brión.q

Page 17: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Amplíase o prazo parainscribirse na viaxeda mocidade a Mallorca

Nenos e maiores, unidos por unha mesma afección:a lectura

Hai poucas cousas que se-xan quen de manter a aten-ción de nenos e maiores a un tempo. A lectura é unha desas excepcións, sempre e cando as lecturas estean adaptadas á idade dos lectores. Por iso, se no pasado número de Al-tamira falabamos do éxito do “Club Camaleón”, iniciativa na que participan dende outu-bro familias do municipio con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, agora temos que falar do prometedor inicio do primei-ro “Club de Lectura”, dirixido a maiores de 16 anos e conci-bido como un punto de inter-cambio de ideas sobre libros e lecturas entre os socios.

“O obxectivo deste Club de Lectura é crear un grupo de intercambio e posta en co-mún das nosas experiencias lectoras arredor das obras li-terarias que escollamos”, ex-plica a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, quen tamén indica que “sería interesante propoñer outras actividades complementarias á lectura que enriquezan o club, como visio-nado de películas (literatura no cine), presentacións literarias, quedadas para acudir a exposi-cións ou actividades relaciona-das cos libros, etc”. En definiti-

va, que sexa un club dinámico e flexible, que se adapte ás necesidades de cada un dos membros dentro do que sexa posible.

Nas súas primeiras reu-nións, o club estableceu xa os mecanismos que rexerán o seu funcionamento. Entre outras cousas, acordouse que as sesións terán lugar cada 15 días na biblioteca municipal e elaborar unha lista de obras que poidan estar dispoñibles a través de empréstito ben en Brión ben noutras bibliotecas, así como abrir un apartado dedicado ao club no blog da biblioteca brionesa (http://bi-bliotecadebrion.blogspot.com.es/p/club-camaleon.html).

Mentres tanto, os “cama-leóns” seguen ao seu, reu-níndose os últimos venres de cada mes e permitindo que as familias de Brión poidan ache-garse ao mundo da lectura de xeito conxunto, de forma que pais, nais, avós e avoas poidan iniciar aos seus pequenos no mundo da lectura. Se algún lector de Altamira quere su-marse a algunha destas dúas iniciativas, só ten que anotar-se na biblioteca ou chamar ao 981 50 99 69.

MOCIDADE

O Concello convoca a súa tradicional Viaxe da Mocidade, que este ano terá como destino Mallorca, entre os días 20 e o 27 de xullo. Nela poderán participar un total de 52 mozos e mozas de Brión, de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, que deberán anotarse ATA O DÍA 6 DE XUÑO (prazo ampliado) na casa da cultura ou no teléfono 981 50 99 69.

O prezo da viaxe é de 255 euros, tarifa que inclúe o des-prazamento ata Mallorca, estancia eses sete días no alber-gue a media pensión e a participación nas distintas saídas. A viaxe inclúe unha obrigada travesía en barco, entre Valen-cia e a capital balear, e distintos percorridos pola xeografía mallorquina, visitando lugares de gran beleza paisaxística e interese histórico. A expedición brionesa pernoctará nun albergue da Alcudia. Máis información en: excursionmocida-debrion.blogspot.com.

O Esquío no piñeiro recompila fotos antigas

O PASADO DE BRIÓN

Recuperar o noso pasado e preservar o noso futuro. Doas labores nos que está a traballar a asociación “O Esquío no Piñeiro”. Por iso nestes días está a facer unha recompilación de fotografías antigas do municipio co obxectivo de publicar un libro sobre Brión. Dende Altamira instámosvos a colabo-rar con esta iniciativa, pois as fotos só son dixitalizadas, polo que se devolven no momento.

Se te preguntas que fotos andan a buscar, pois principal-mente imaxes en branco e negro cun único requisito: estar tirada en Brión. Iso significa que é válida calquera temática: festas, celebracións, xogos, deportes, xuntanzas, traballo, igrexa.... Para colaborar só é preciso achegarse coa fotografía pola biblioteca municipal de Brión ou, se xa a tes en formato dixital, enviala por e-mail a: [email protected].

E se conservar o noso pasado é importante, preservar o noso futuro non lle queda atrás. Por iso un ano máis os in-tegrantes desta asociación organizaron unha plantación de árbores no parque de Pedrouzos. Castiñeiros e carballos em-prazados a carón da área infantil que foron apadriñados por unha trintenta de veciños e veciñas.

Page 18: 87- ALTAMIRA Nº 87

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

PISCINA MUNICIPAL CUBERTA

Actividades para chegar aos 2.000 socios

A piscina municipal cu-berta de Brión vén de po-ñer en marcha “Obxectivo 2.000”, un programa de ac-tividades co que pretende chegar aos 2.000 usuarios na instalación. Un programa que comeza xusto coa entra-da en vigor das novas taxas, aprobadas por unanimida-de polo pleno municipal de Brión, e que recollen a re-nuncia da adxudicataria a su-birlles o IPC aos aboados así como novos beneficios para os usuarios.

Entre esas novidades destacan a creación dun abo-no para desempregados de 12,10 euros/mes, que tamén estarán exentos de aboar a matrícula. Así mesmo, con-témplanse unha redución da tarifa dos cursos para bebés (de 20 a 10 euros/mes) e unha baixada na tarifa de pá-del para os abonados: 2,71 euros. Así mesmo, incremen-taranse os servizos a todos os abonados (individual, fa-miliar e reducido), que terán dereito a 4 reservas de pádel gratis ao mes.

Segundo Aquafit Gestión SL, en xaneiro deste ano a piscina municipal conta con

Conta con 1.379 socios (xaneiro de 2013), un 29,48% máis que hai seis meses.

1.379 socios, dos que 618 son pagadores. Unhas cifras que supoñen un incremento do 29,48% con respecto aos 1.065 socios rexistrados no semestre anterior (agosto de 2012). Un aumento que é do 27,42% no que atinxe ao nú-mero de pagadores. Isto su-pón que por cada abono da piscina brionesa hai un total de 2,23 socios, o que amosa o gran número de familias que se adheriron ao abono familiar.

Porén, o maior incre-mento deuse no número de persoas que accede men-sualmente ás instalacións: 4.415 persoas en xaneiro de 2013 fronte ás 884 persoas de agosto de 2012, rexistrán-dose unha media de 3.450 usuarios nos últimos seis meses. Nestes últimos seis meses tamén medraron sig-nificativamente o número de asistentes a cursos organiza-dos: 309 persoas, fronte aos 216 rexistrados en setembro de 2012. Deses 309 cursillis-tas, 223 son nenos (cunha ocupación do 89,2% das pra-zas), seguidos por 45 adultos, 23 participantes en aquaeró-bic e outros 18 no curso de bebés.

SENDEIRISMO

A Costa Ártabra, novo destino dos sendeiristas

Dicía o estribillo dunha coñecida canción do grupo The Proclaimers que “camiñaría 500 millas e camiñaría outras 500 máis só por ser o home que camiñou 1.000 millas para chegar á túa porta”. Pois os sendeiristas de Brión xa van camiño de completar esas 500 millas logo dos corenta qui-lómetros que xa percorreron este ano pola contorna do Cabo Home e pola ruta dos tres ríos de Touro. Dúas citas que volveron a reunir a ducias de veciños e que no caso da ruta pola península do Morrazo mesmo obrigou ao Con-cello a poñer un autobús máis, duplicando o número de prazas das 50 iniciais ás 110 que finalmente se sumaron á iniciativa.

E como non hai dúas sen tres, o Concello xa ten todo listo para a ruta do mes de maio. Terá como destino a Costa Ártabra, entre Campelo e Valdoviño. Un roteiro de 16 qui-lómetros nos que os sendeiristas disfrutarán da escarpada e salvaxe costa galega, puidendo comprobar as diferenzas entre as Rías Altas e Baixas. Fermosas ambas nas súas di-ferenzas.

A cita é o sábado 25 de maio e a saída, como sempre, ás 8 da mañá da carballeira de Santa Minia. As inscricións po-den formalizarse na Casa da Cultura. O prezo é de 8 euros.

Page 19: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

TROBADA D’ART DE L’EMPORDA A GALICIA

Brión exporta os “Encontros coa arte” a CataluñaDez artistas galegos participaron nunintercambio artístico con Platja d’aro

Dez artistas galegos parti-ciparon no “Encontro de Arte. De l’Empordà a Galicia”, cele-brado a finais de abril no mu-nicipio catalán de Castell-Platja d´Aro. Unha expedición convi-dada polo Concello xerunden-se e que estivo encabezada pola concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, e polo técni-co de Cultura, Alberto Álvarez.

Os artistas galegos que par-ticiparon no encontro foron: Beatriz Ansede, María Xesús Díaz, María Manuela, Isabel Pintado, Chelo Rodríguez, Luis Romero, Xosé Vázquez Castro, Veiras Manteiga, Laureano Vi-dal e Xosé Vizoso. Unha vez en Girona, participaron nunha exposición colectiva xunto con outros catorce creadores ca-taláns: Eduard C. Jordà, Josep Cruañas, Antoni Federico, Jordi Gispert, José Guillén, Jaume Malaret, Josep Ministral, Nava-rro Vives, Roser Oduber, Patxè, Joan Raset, Vicente Romero, Alba Roqueta e Isidre Vilase-ca. Ademais, tomaron parte en tres xornadas repletas de ac-tividades artísticas e culturais nas que estiveron moi presen-tes os lazos históricos e cultu-rais entre Galicia e Cataluña.

Espírito nacido en Brión

Esta iniciativa xurde inspi-rada nos “Encontros coa Arte”, unhas xornadas de conviven-cia e creación artística creadas polo Concello de Brión en 2006 e nas que participan artistas plásticos e escritores de toda España que disfrutan de dife-rentes actividades: obradoiros de pintura do natural, confe-rencias, charlas e exposicións. Cada ano homenaxéase unha destacada figura das nosas le-tras, dende Rosalía de Castro (2006) ata Alfonso R. Castelao (2012). Este ano, como non podía ser doutro xeito, os “En-contros” están adicados a Ro-berto Vidal Bolaño.

A proxección dos “Encon-tros coa Arte” superou nas súas últimas edicións o ámbi-to municipal. Hai dous anos, os artistas desprazáronse ata Pontemaceira (Ames)e no ano 2012, o Concello de Rianxo colaborou na organización do “Encontro coa Arte: Lembran-do a Castelao”. Este ano 2013, a vila xerundense de Castell-Platja d’Aro pasa a formar par-te do espírito dos encontros artísticos de Brión.

Os artistas, cataláns e galegos, que participaron na “Trobada d’art de l’Emporda a Galicia” no municipio de Platja d’Aro en Girona.

q

EXPOSICIÓN: ENTREDOUS

Manuel Ayaso e Alfonso Costa convidaron aosveciños a introducirse no mundo alegórico dos seus debuxos

Un cadro, dous artistas. Deste xeito podemos resumir o contido da mostra de pintura “Entredous”, dos artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa, que os veciños e veciñas de Brión tiveron ocasión de desfrutar na sala municipal de exposicións durante as últimas semanas. De feito, un dos autores, Manuel Ayaso convidou a toda a veciñanza de Brión a visitar “Entredous” xa que “hai que mirar as obras, entrar nelas, entrar nese mundo alegórico porque o que mira unha obra é tamén parte da creación. E os artistas sempre deixamos unha parte por rematar para o especta-dor”. Neste sentido, Alfonso Costa indicou que Ayaso “en cada debuxo está mirando ao espectador”.

Ambos artistas destacan a importancia do debuxo na arte. “Hai que valorar a obra creativa, pero os debuxos son os cimentos dunha obra”, explicou Alfonso Costa. “Ultima-mente non hai moita xente que saiba debuxar ben”, lamen-tou Ayaso, quen se declara “máis debuxante ca pintor”.

A orixinalidade desta exposición é patente, aínda que só sexa pola xénese de cada un dos cadros: cada artista preparou unha serie de debuxos que foron complementa-dos polo outro. Para Alfonso Costa, esta exposición é un reflexo do “respecto que nos temos mutuamente, pois hai que unirse pero sen estropear o traballo do outro”. “Este home non pode estropear nada”, apuntou Manuel Ayaso, xa que “temos un respecto mutuo pola arte”.

A complicidade que amosaron ambos artistas durante a inauguración da exposición tamén se reflicte nos seus ca-dros. “Unha obra común de dous artistas na que cada un achega parte do seu xenio creativo. Onde o pintado por cada un servía para inspirar ao outro”, explicou Alberte Ál-varez, técnico de Cultura de Brión, quen explicou que “Aya-so ten reminiscencias surrealistas, cun mundo de trasnos e monstros. Costa aborda todo tipo de temáticas dende o seu expresionismo lírico. Unha dualidade que tan ben se complementa nesta exposición”.

Page 20: 87- ALTAMIRA Nº 87

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES PARA O VERÁN

Campamento infantil, piragüismo, Xacobeo, tardes de verán e novas tecnologías,protagonistas do verán brionésO prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de maio

O Concello vén de presen-tar o seu programa de activida-des de verán, que terán lugar durante os meses de xullo e agosto e que están dirixidos á poboación infantil e xuvenil empadroada no municipio,. Deste xeito, o Concello axuda ás familias brionesas a conci-liar a súa vida laboral e familiar ao tempo que lles presenta aos cativos unha atractiva progra-mación de ocio. Un programa para o que xa está aberto o prazo de inscrición na Casa da cultura (981 50 99 08) ata o 31 de maio.

A primeira vista, a gran novidade é a desaparición do campamento urbano, substi-tuido este ano por un campa-mento infantil que terá lugar ben en Ribadeo ou ben en Boi-ro, xa que o destino aínda está por fixar por parte da Xunta. Este campamento infantil or-ganizarase en dúas quendas, de trinta rapaces cada unha. A primeira terá lugar do 2 ao 8 de agosto e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 10 anos. A segunda quenda será do 8 ao 14 de agosto, con rapaces de

entre 11 e 14 anos. En ambos casos, o prezo é de 100 euros.

Igual de interesante se presenta outra iniciativa novi-dosa: a realización do Camiño de Santiago a Fisterra no mes de xullo, concretamente do 15 ao 20 dese mes. Neste caso os destinatarios serán mozos e mozas de entre 13 e 18 anos, que durante eses cinco días percorrerán o antigo camiño ata Fisterra. Convócanse 30 prazas e o custo de inscrición é de 75 euros.

E pensando na conciliación familiar, o Concello presenta dúas ofertas para as tardes do verán. As máis novidosas son as “Tardes de verán”, activi-dades ao aire libre pensadas para toda a familia. Tras o éxi-to do Club Camaleón, no que nenos e maiores comparten a súa afeción pola lectura, agora chegan unha serie de activida-des para os meses de xuño, xu-llo e setembro que terán como eixo principal o xogo en fami-lia. A temática de cada unha das actividades fixarase coa suficiente antelación para que

cada familia se poida inscribir naquelas que máis lles intere-sen. O prazo de anotación abri-rase a partir do mes de xuño.

Unhas actividades en fa-milia que complementarán a outro dos grandes clásicos do verán brionés: os obradoiros de novas tecnoloxías para ra-paces. Este ano terán lugar de luns a xoves, en horario de tarde e do 1 ao 31 de xullo na aula Cemit de Brión. Hai dispo-ñibles un total de 50 prazas (10 por grupo) e a cota de inscri-ción é de 20 euros.

Por último, o programa de verán inclúe unha nova edi-ción do curso de piragüismo para rapaces e adultos empa-droados, que terá lugar nas instalacións deportivas de Ons e que está dirixido tanto a ra-paces entre 6 e 16 anos como a maiores de 16 anos. As citas terán lugar, como en anos an-teriores, todos os venres pola tarde entre o 7 de xuño e o 30 de agosto. Hai 100 prazas dis-poñibles e os prezos de inscri-ción son 30 euros (rapaces) e 40 euros (adultos).

OBITUARIO

Pesar pola morte de Marcelino Lema Lobato

“A única maneira de saír da crise é traballar e bus-car cousas novas”. Como seguramente recordarán, así se expresaba no último número da Altamira Mar-celino Lema Lobato, quen nos concedía a que sería a súa última entrevista. Mar-celino morreu poucos dias despois, o pasado 4 de abril aos 89 anos de idade, na súa vivenda na rúa da Rosa de Santiago. Empresario xubi-lado, foi quen de montar un aserradoiro en Bastavales e convertilo nunha das duas-centas compañías que máis facturaban en Galicia. Cando ninguén sabía que era o I+D, Lema Lobato levaba anos innovando e desenvolvendo dende un pequeno aserra-doiro brionés, desbancando incluso ás empresas máis poderosas.

Dende Altamira unímo-nos ao pesar causado pola súa morte en Brión, e en-viamos o noso máis sentido pésame á súa muller Car-men Piñeiro e aos seus fillos Manuel, Marcelino e José Ignacio Lema Piñeiro. Nós quedámonos coa súa receita para saír da crise: traballar, traballar e buscar cousas no-vas para novos mercados.

Page 21: 87- ALTAMIRA Nº 87

HISTORIAS DE BRIÓN

A nosa terra da Amaía goza tradición de grande afec-ción á música, e moitas foron as agrupacións musicais que xurdiron aquí ao longo dos tempos con unha vida máis ou menos efémera. Na memoria dos máis vellos están as bandas populares de música con radicación en diversas parroquias do Concello de Brión. Hai memoria da de Bastavales, que algún tempo dirixira Juan Fer-nández “O Silleiro” de Lestrove. Ben anos durou (ata os anos sesenta do século XX) a Banda de Brión, dirixida polo mestre Emilio Magariños. Pero a máis lonxeva foi a Banda de Música da Luaña, que xa existía nas primeiras décadas do século XX e mantívose ata o ano 1996, can-do se constituiu a actual Banda de Música Municipal de Brión. Algún tempo funcionou a Banda de Viceso, que logo cambiaría o nome polo da vila de Negreira.

De por parte, hai memoria doutras agrupacións va-rias, como coros parroquiais e grupos de gaitas. O Con-cello creara Escola de Gaitas e Baile no ano 1980. A primeira durou unha boa manchea de anos; a segunda perdura. Nos anos 70 de século pasado, media ducia de rapaces crearon o Grupo Altamira, de música lixeira, que na súa curta vida levou o nome de Brión por ben festas e romarías. Algún día haberá que ir facendo a cró-nica de todas ellas.

Hoxe o ensino e promoción musical do noso concello está institucionalizado na Escola Municipal de Música Magariños, cunha moi nutrida matrícula. Vai camiño dos 17 anos de vida a Banda Municipal, que, cun plan-tel de músicos moi novos, goza de recoñecido prestixio. Está tamén a escola de Cantareiras de Altamira, que ven de gravar un disco.

Revista Altamira | 21

Da Rondalla-Coral de Brión e outras músicasDúas agrupacións senlleiras marcaron o panorama

cultural da comarca ao longo da década dos noventa do século XX: a Rondalla Infantil e maila Coral Polifónica, ambas promovidas polo Concello de Brión.

A Rondalla formárase no ano 1986 como escola de música. Comezou con 60 alumnos e nos cursos sucesi-vos nunca baixou de cen matriculados, aínda que para as actuacións interviñan non máis de trinta. A Coral Po-lifónica creouse no ano 1991 e pasaron por ella máis de 70 homes e mulleres durante os dez anos que durou. Rondalla e Coral adoitaban actuaren xuntas e ofreceron máis dun cento de actuacións por distintas localidades da comarca e fóra dela: en Allariz (Ourense), Arzúa, Vi-lagarcía, Terra de Montes, etc. Estiveron no Teatro Rosa-lía de Castro da Coruña, no Auditorio de Galicia e foron asiduas en distintos programas de TVG. Dentro do Con-cello de Brión, ademais de acudir a infinidade de acon-tecementos festivos, institucionalizaran os “concertos de Nadal”, que cada ano levaban a unha parroquia dis-tinta.

Ambas agrupacións desapareceron xuntas no ano 2001.

Das dúas foi director dende a súa fundación o mestre Isaac Vázquez Alvite, falecido no verán de 1999 cando contaba 56 anos de idade. A traxectoria musical deste singular artista e persoa entrañable fora analizada nun-ha longa entrevista publicada no número 18 desta revis-ta Altamira, de outubro de 1990.

Grazas ao afán perfeccionista e á tenacidade de don Isaac, ambas agrupacións lograran un nivel de calidade nada común, dispoñendo dun amplísimo repetorio dos máis variados estilos musicais (folclore galego, música relixiosa, habaneiras, música española (como “El Sitio de Zaragoza”, de C. Oudriz, que bordaba a rondalla), incluso de música clásica (exemplo, o coro de escravos de Nabuco de Verdi ou a marcha Radetzky de Strauss). Recuperou tamén unha peza orixinal de Emilio Magari-ños, que Isaac orquestrou e recreou, a canción de berce “Meu amor”.

Para manter a memoria destas dúas agrupación e como agasallo ás moitas ducias de veciños e veciñas que nalgún momento da súa vida participaron nelas, acába-se de de editar un CD para uso interno. Consta dunha primeira parte de música só instrumental, que gravara a Rondalla Infantil nos estudos da Radio Galega o día 7 de abril de 1993. A segunda parte -Rondalla Infantil e Coral Polifónica – foi gravada tamén polos equipos da Radio Galega na igrexa parroquial de Bastavales o día 26 de abril de 1996. Esta gravación quere ser tamén unha me-moria agradecida ao fundador das dúas agrupacións, o mestre Isaac Vázquez Alvite.

Portada do CD que ven de editarse e que pronto serepartirá entre os que foran membros destas duas formacións

q

Page 22: 87- ALTAMIRA Nº 87

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

XVII FESTIVAL DE TITERES DE BRIÓNOs títeres acudiron un ano mais a Brion para achegar a súa

maxia a pequenos e maiores no XVII Festival de Títeres. Os moni-creques chegaron ao Centro Social Polivalente de Brión os días 2, 3 e 4 de xaneiro cargados de historias de incríbles aventuras para gozar toda a familia.

As compañias que presentaron os seus espectáculos este ano foron Titeres sen cabeza coa obra No sin mi unicornio, A Xanela do maxín con Titeresmusicontos e Títeres Babaluva con Lume.

Como sempre, todas as representacións foron de balde.

CABALGATA DE REIS 2013Como xa é costumbre o pasado 5 de xaneiro as SS.MM. os

Reis Magos foron recibidos en Brión nun caloroso acto de ben-vida. A comitiva real chegou pouco despois das cinco da tarde ás instalacións deportivas municipais. Alí esperábaos un “Belén” vivente, a onde se dirixiron inmediatamente para realizar a tradi-cional ofrenda de presentes ao nenoo Xesús.

Mentres os nenos facían ringleira para falar con eles, os adul-tos puideron gozar de chocolate e rosca. Noutro posto, os máis atrevidos puideron saborear un frío sarabiado e degustar o doce algodón de azucre.

JOSÉ LUIS GOMEZ PRESENTA O SEU LIBRO EN BRIÓN

Máis dun cento de veciños de Brión encheron o centro social polivalente para arroupar ao xornalista José Luís Gómez, nativo da aldea de Souto (Os Ánxeles), na presentación do seu libro.

“Cómo salir de esta”, así se titula o libro, é unha reflexión críti-ca sobre a actual crise económica que estamos a sufrir profunda-mente e no que apunta pistas sobre como e cando se producirá a tan desexada recuperación.

Brión acolleu a presentación do cómic ‘El fugitivo’

O pasado venres 5 de abril o ilustrador Jaime Asensi e o guio-nista Hans Leuenberger presentan en Brión “El Fugitivo”, un có-mic que adapta a novela homónima do escritor Ramón J. Sénder.

O cómic, baseado nun texto do xenial autor oscense, está am-bientado nos anos posteriores á Guerra Civil e narra a historia dun cidadán acusado, perseguido e condenado a morte e céntra-se no seu particular peripecia, que lle leva nun primeiro lugar a fuxir da condena e daqueles que deben axustizalo e a buscar en último termo a morte de xeito consciente.

Page 23: 87- ALTAMIRA Nº 87

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 87- ALTAMIRA Nº 87

t MEMORIAS DUN NENO LABREGO CON XOSÉ NEIRA VILAS

O venres 21 de decembro o Centro Social Polivalente acolleu no seu auditorio a representación de “Memorias dun neno labrego”, monólogo escénico-narrativo sobre a coñecida obra do escritor Xosé Neira Vilas, realizado polo actor Cándido Pazó.

A obra, que ven de ser un dos éxitos do ano con máis de 60 funcións en toda Galicia, reuniu en Brión a un numeroso público que gozou da posta en escena realizada por Abrapalabra Produccións Escénicas. Entre os asistentes, para gran sorpresa de parte

auditorio, estivo o propio autor Xosé Neira Vilas, que acudiu a Brión acompañado polo seu amigo Xosé Vizoso. Ao rematar a re-presentación, o xenial escritor charlou de xeito distendido co público e adicou os libros que lle achegaron numerosas persoas..

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

27anos