82 - altamira nº 82

24
Altamira xullo11 Nº 82 - XULLO DE 2011 - ANO XXV Revista Municipal do Concello de Brión Piscina cuberta municipal Abre as portas cun completo programa de cursos de natación para tódalas idades Brioneses Florentino Romero Cobas, Xuíz de Paz, 30 anos axudando aos veciños e veciñas de Brión PAXS. 12 - 13 PAX. 4 1ª etapa da volta ciclista á Coruña celebrada en BRIÓN

Upload: concello-de-brion

Post on 19-Mar-2016

331 views

Category:

Documents


23 download

DESCRIPTION

REVISTA ALTAMIRA Nº 82

TRANSCRIPT

Page 1: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Altamira xullo11

Nº 82 - XULLO DE 2011 - ANO XXV Revista Municipal do Concello de Brión

Piscina cuberta municipalAbre as portas cun completo programa de cursos denatación para tódalas idades

BrionesesFlorentino Romero Cobas, Xuíz de Paz, 30 anos axudando aos veciños e veciñas de Brión

PAXS. 12 - 13PAX. 4

1ª etapa da volta ciclista á Coruña

celebrada en BRIÓN

Page 2: 82 - ALTAMIRA Nº 82

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Briónenderezos

os nosos

BIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08Fax. : 981 50 99 69

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. de Santa Minia, nº 7515865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 215856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS E LENDAS

PASATEMPOS / HUMOR

CURIOSIDADES / NA PRENSA

Pax. 3

Paxs. 4 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 15

Paxs. 16 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Plana Artes Gráficas, S. L.Mail:[email protected]

Éncheme de profunda ledicia poder presentar este novo número da Altamira, logo de tomar posesión o pasado día 11 de xuño, de novo como Alcalde de Brión para os próxi-mos 4 anos.

Neste número 82 recollemos un cumprido repaso das pa-sadas eleccións, tamén lle dedicamos as primeiras páxinas á apertura da piscina municipal cuberta do concello, onde damos boa conta de tódalas actividades que se van reali-zar nesta nova instalación.

Non queriamos deixar de recordar ao noso veciño e amigo LUIS OCAÑA, fotógrafo residente en Brión, que faleceu o ano pasado ano e ao que se lle fixo unha merecida home-naxe no pasado Encontro coa Arte. Encontro do que ta-mén se fixo un amplo reportaxe nesta revista.

A primeira etapa da volta ciclista á provincia de A Coru-ña, as actividades culturais realizadas e por realizar, e as obras que se realizaran do Concello completan a Altamira.

RECIBE UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Os veciños confíanlle a Alcaldía de Brión a José Luis García por oitava lexislatura consecutivaO PSOE mantén a súa maioría absoluta con 8 concelleiros e o PP medra unha acta a costa do BNG.

José Luís García García foi elixido alcalde de Brión por oi-tava lexislatura consecutiva.

Así o decidiron os veciños e veciñas de Brión, que o pasa-do 22 de maio refrendaron nas urnas a oitava victoria de Gar-cía, dende as primeiras elec-cions democráticas de 1979 e a sétima consecutiva por maioría absoluta. A pesar de que o censo electoral medrou en algo máis de 300 persoas con respecto aos comicios mu-nicipais de 2007 (pasouse de 5.826 a 6.148 electores), nesta ocasión rexistrouse un índice de participación menor: un 71,45% fronte ao 72,04% rexis-trado hai catro anos. Porén o número total de votos medrou en 196, entre os que destacou un significativo incremento dos votos en branco ou nulos, que chegaron a sumar 186 pa-peletas.

A análise dos resultados electorais reflicte que o PSOE encabezado por José Luís Gar-cía acadou un total de 2.339 votos, gañando en todas e cada unha das doce mesas electorais de Brión: Bastavales, Brión (2), Cornanda, Luaña,

Ons, Os Ánxeles (4), San Salva-dor e Viceso. Estes resultados traducíronse en oito actas de concelleiro, as mesmas cás acadadas en 2007.

Pola súa banda, o Partido Popular de Carlos Tomé con-seguíu un total de 1.435 votos que lle valeron catro actas de concelleiro, unha máis que en 2007. Unha acta que o PP con-seguiu a costa do BNG liderado por Xesús Pena Espiña, cuxos 433 sufraxios ocasionáronlle a perda dun concelleiro e obriga-ron aos nacionalistas a confor-marse como Grupo Mixto.

De acordo coa vontade po-pular expresada nas urnas, a corporación municipal queda composta por 8 concelleiros do PSOE (José Luís García García, María del Carmen Rey Túñez, Ramón Rodríguez Romarís, Patricia Vázquez Lamas, Jesús Quintela Vázquez, José Bouzas Esparís, José Luís Sampedro Bouzas e José Pedro Cambón Fernández), 4 do PP (Carlos Tomé Fondo, María del Mar Cobas Cajuso, Mercedes Gloria Vázquez García e Mónica Pato Magariños) e 1 do BNG (Xesús Pena Espiña).

Cadro representativo cos resultados das pasadaseleccións municipais celebradas o 22 de maio dopresente ano.

q

Na súa primeira intervención como alcalde, durante a súa toma de posesión do cargo, José Luís García amosou o seu agradecemento “a todos os veciños e veciñas de Brión pola súa participación e comportamento nas eleccións do 22 de maio, así como aos nosos votantes, concelleiros que hoxe me acompañan e ao persoal do Concello, cuxo traba-llo exemplar fai que o labor feito fose todo un éxito sen que entrase ningún tipo de ideoloxía no seu quefacer diario”.

O alcalde brionés asegurou que os eixos do seu manda-to serán “reducir o gasto corrente, manter os investimen-tos e o gasto social, ademais de facer todo o posible para crear emprego”. Así mesmo, José Luís García quixo tamén “tender a man aos grupos da oposición, sempre cun talan-te de diálogo dentro da discrepancia” e desexou “encon-trar as mesmas formas na oposición, sen críticas destructi-vas ou demagóxicas”.

TOMA DE POSESIÓN

Patricia Vázquez Lamas asume a Concellería de Cultura, Xuventude, Promoción Económica, Muller e Servizos So-ciais. Pola súa banda, Ramón Rodríguez Romarís asume as competencias en Urbanismo; mentres que Jesús Quintela continuará á fronte da Concellería de Educación e Depor-tes. A Xunta de Goberno Local, presidida polo alcalde Xosé Luís García, queda composta por Ramón Rodríguez Roma-rís, María del Carmen Rey Túñez, José Pedro Cambón Fer-nández e José Bouzas Esparís. Todos eles serán tenentes de alcalde, por esta orde.

COMPOSICIÓN DO GOBERNO

Page 4: 82 - ALTAMIRA Nº 82

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

NOVA INFRAESTRUCTURA

Vén coñecer a piscina cuberta municipal: xornadas deportas abertas do 1 ao 15 de agosto

A piscina cuberta munici-pal de Brión abrirá ao público o vindeiro 1 de agosto, día no que comezarán quince xor-nadas de portas abertas nas que os veciños e veciñas de Brión terán ocasión non só de coñecer as instalacións, senón tamén de utilizala de balde durante eses quince días. Un-has instalacións que abrirán en horario de 7:30 a 13:00 e de 18:30 a 22:00 horas (de luns a venres), de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (sába-dos) e de 9:00 a 14:00 horas (domingos e festivos). Uns ho-rarios que, en todo caso, son uns mínimos fixados e que irán axustándose de acordo coa de-manda se fose necesario.

Os abonos mensuais cus-tarán 22 euros (individuais), 28 euros (familiar) e 17 euros (reducido ou social, é dicir, menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavoreci-dos). Así mesmo, establécense unhas matrículas anuais polos mesmos importes nos tres ca-sos. Tamén se contempla o ac-

Os abonos oscilarán entre os 17 e os 28 euros mensuais.

ceso libre ás instalacións, que custará 3,8 euros (individual) e 2,7 euros (reducido ou social). O prezo dos cursos será de 10 euros (iniciación), 15 euros (perfeccionamento), 20 euros (bebés), 6 euros (escolares) e 5 euros (outros).

A aprobación da ordenanza reguladora destas taxas pola utilización da piscina foi o que motivou o retraso na apertu-ra das instalacións, que a em-presa adxudicataria anunciara para o 15 de xuño. Porén ao non estar constituída a corpo-ración despois das eleccións municipais do 22 de maio, a ordenanza non se puido apro-bar ata o 23 de xuño. Como os trámites administrativos obri-gan a publicar o texto no BOP e agardar un periodo por se hou-bera reclamacións, a apertura da instalación tivo que pospo-ñerse ata o mes de agosto. E iso grazas á premura coa que actuou o Concello, reducindo ao máximo os tempos tanto na convocatoria do pleno como na publicación no BOP.

A partir do día 26 de xullo o persoal da piscina estará nas instalacións para informar a todos aqueles veciños e veciñas que estean interesados en asistir as activida-des que se van desenvolver neste novo edificio.

q

De luns a venres: de 7:30 a 12:00 e de 18:30 a 22:00 h.Sábados: de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.Domingos e festivos: de 9:00 a 14:00 h.

HORARIOS

Matrícula:- Individual: 22 euros.- Familiar: 28 euros- Reducido ou social: 17 euros.

Abonos:- Individual: 22 euros/mes.- Familiar: 28 euros/mes.- Reducido ou social: 17 euros/mes.

Non abonados:- Individual: 3,8 euros/día.- Reducido ou social: 2,7 euros/día.

PREZOS

881 983 814MAIS INFORMACIÓN

Page 5: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

A adxudicación da xestión do servizo público da piscina cu-berta climatizada de Pedrou-zos á empresa Aquafit Gestión SL por un periodo de dez anos chegou cun “agasallo” para os veciños e veciñas de Brión en forma de pista de pádel. A pe-sar de non estar obrigada polo prego de condicións, esta em-presa pontevedresa compro-meteuse a construir unha pista de pádel no lado norte, entre a piscina e a nova zona de ocio que está a acondicionar o Con-cello.

Deste xeito, esta zona de Pe-drouzos converterase case que no corazón deportivo do Concello, pois nela estarán ubicados as devanditas piscina

e pista de pádel, así como o pa-villón polideportivo e o campo de fútbol, ambos de titularida-de municipal.

Ademais, a empresa adxudica-taria comprometeuse tamén a facer un investimento cercano aos 200.000 euros para a com-pra de material para o ximna-sio, mobiliario dos vestiarios (bancos, taquillas, etc) e para a instalación dun sistema de de-puración de auga e de aforro enerxético. Ao mesmo tempo, ao Concello sairalle máis bara-to, pois aforrará 40.000 euros das subvencións comprome-tidas no prego de condicións aprobado polo pleno munici-pal. É dicir, aforrarase case un 30%.

O Concello organiza na piscina cuberta municipal tres cursiños de natación gratuitos, dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e que terán lugar entre o 1 e o 31 de agosto. Para participar nestes cursos só será preciso ano-tarse na Casa da Cultura antes do 22 de xullo. O Concello ofrecerá transporte gratuíto para todos os participantes, que recollerá aos pequenos seguindo as liñas do trans-porte escolar.

Para facilitar este transporte, haberá tres grupos e ho-rarios diferentes, segundo a procedencia dos rapaces. O primeiro grupo reunirá aos nenos e nenas de Cornanda, Luaña, Ons, Viceso e Boullón, que terán clases entre as 11:00 e as 11:45 horas (a recollida será ás 10.15 horas). O segundo grupo incluirá rapaces e rapazas de Bastavales, Os Ánxeles, San Salvador e Brión, que asistirán aos cur-siños de 11:45 ás 12:30 horas (a recollida será ás 11:00 horas). Finalmente, os nenos e nenas que non utilicen o transporte escolar quedarán encadrados no terceiro gru-po, de 12:30 a 13:15 horas.

Así mesmo, o Concello non pecha as portas aos rapa-ces maiores de 14 anos e adultos que queiran asistir aos cursiños de iniciación á natación. En caso de reunir alum-nos suficientes, organizarase un novo grupo cuxas clases de iniciación serán gratuitas durante ese mes de agosto.

CURSIÑOS DE NATACIÓN GRATUITOS PARANENOS E NENAS DE 5 A 14 ANOS

As que xa están abertas aos veciños son as piscinas municipais de Os Ánxeles e Bastavales, en horario de 15.30 a 20:30 horas. O Concello de Brión mantén os pre-zos do ano pasado. Así, a entrada puntual para unha xor-nada custará 0,6 euros (menores de 14 anos) e 1,20 euros (maiores de 14 anos). Unhas cotas que para os veciños e veciñas empadroados en Brión redúcense nun 50%, é dicir, 0,3 e 0,6 euros, respectivamente.

Así mesmo, os empadroados en Brión tamén poden obter un abono de tempada. Os prezos son de 6 euros (menores de 14 anos) e de 12 euros (maiores de 14 anos). Os carnés poden conseguirse na Casa da Cultura de Brión presentando unha foto tamaño carné.

ABERTAS AS PISCINAS MUNICIPAIS DEOS ÁNXELES E BASTAVALES

A piscina cubertaclimatizada de Pedrouzos contará cunha pistade pádel.O Concello investe 150.000 euros daDeputación en acondicionar unespazo de ocio e na creación de80 prazas de aparcamento na zona.

URBANIZACIÓN DA ZONA

A urbanización da parcela será financiada ao 100% pola De-putación da Coruña, cuxo pre-sidente, Salvador Fernández Moreda, asinou o pasado mes de abril un convenio de colabo-ración co alcalde de Brión para aportar 150.000 euros para tal fin. O proxecto de acondicio-namento desta parcela inclúe traballos de conservación do regueiro que pasa pola zona, colocación de barandas, cons-trución de beirarrúas de for-migón e a habilitación dunha zona de ocio con 7 bancos de formigón, papeleiras e alu-meado público. Unha zona de ocio que estará situada entre o pavillón polideportivo e a nova pista de pádel.

Así mesmo, contémplase a creación dunha trintena de prazas de aparcamento, nunha zona na que non existía nin-

gunha. Deste xeito, o presiden-te provincial cumpre o com-promiso anunciado o pasado mes de marzo durante a inau-guración da piscina municipal de Brión. Estas obras comple-mentaranse cun proxecto de acondicionamento do entor-no do pavillón polideportivo municipal e da parte traseira do colexio de Pedrouzos. Un proxecto que levará a cabo o Concello e que permitirá a creación doutras 50 prazas de aparcamento, incluída unha zona especial para os auto-buses escolares. Deste xeito, no triángulo que conforman a piscina, o polideportivo e o co-lexio habilitaranse nas vindei-ras semanas un total de 80 no-vas prazas de aparcamento. Así mesmo, o Concello de Brión acometerá unha reordenación do entorno, construíndo novas beirarrúas.

Page 6: 82 - ALTAMIRA Nº 82

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

OBRAS

O Concello de Brión inviste máis de 155.000 euros nareparación de beirarrúas en Bastavales e Os Ánxeles

O Concello de Brión vén de iniciar as obras de remo-delación e reparación de bei-rarrúas nas parroquias de Bastavales e Os Ánxeles, dúas obras orzamentadas en algo máis de 155.000 euros e que inclúen tamén o asfaltado de varias pistas na parroquia de Bastavales.

Os traballos comezaron na parroquia dos Ánxeles, con-cretamente na intersección da AC-300 coa variante que está a construír a Xunta de Galicia. Neste caso, o Conce-llo de Brión está a investir uns 30.000 euros na construción de beirarrúas na zona e na reposición dos servizos mu-nicipais afectados (alumeado público e algunha acometida de auga e saneamento).

Estas obras están contem-pladas no convenio asinado coa Xunta para a construción da variante da AC-300 polo cal, unha vez rematados os traballos por parte da Con-sellería de Medio Ambiente, o Concello de Brión pasaría a ser o titular do tramo da AC-300 entre o cruce de Soigrexa e a rotonda dos Ánxeles.

Así mesmo, nos últimos días tamén deron come-zo as obras de asfaltado de pistas e remodelación e reparación de beirarrúas en Bastavales. Nesta oca-sión, os traballos están orzamentados en 125.000 euros que son financiados con cargo ao Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011 da Deputación da Coruña.

Deste xeito, a Deputación Provincial achegará 116.043 euros para o financiamento destes dous proxectos, mentres que o Concello de Brión terá que aportar outros 8.956 euros. Así, o Concello dá continuidade aos traballos iniciados co POS corres-pondente ao 2010, no que xa se investiran 32.500 euros na construción, remodelación e reparación de beirarrúas en distintas parroquias de Brión, así como a instalación de novos puntos de luz nas zo-nas máis necesitadas dela.

BEIRARRÚAS EN BASTAVALES

Page 7: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

O Concello habilita o baixo da Casa da Cultura como unha gran sala de exposicións de 186 m2

O Concello de Brión está a habilitar o baixo da Casa da Cultura como unha gran sala de exposicións de 186 metros cadrados. O obxectivo destas obras é contar cunha superfi-cie expositiva totalmente diá-fana onde albergar calquera tipo de exposición artística. Para iso, as paredes interiores serán revestidas con pladur e colocaranse uns focos halóxe-nos sobre unha base de raíles electrificados.

Os traballos inclúen tamén o peche de dúas das fiestras exteriores do edificio (as que daban á carballeira de Santa Mina) para gañar espazo ex-positivo e a habilitación dun pequeno almacén ao final do inmoble duns 40 metros ca-drados. Ademais, manteranse os aseos xa existentes.

O Concello de Brión inves-tirá un total de 10.400 euros nestes traballos, que teñen un prazo de execución dun mes. O obxectivo é poder abrir esta nova sala de expo-siciós aos veciños e veciñas durante as festas de Santa Minia, concretamente o ven-res 23 de setembro. Dende o departamento de Cultura traballan xa na organización dunha exposición de inaugu-ración, que terá como temá-tica a festa de Santa Minia e que moi posiblemente inclúa unha selección dos orixinais dos distintos carteis anuncia-dores desta tradicional roma-ría ao longo do último medio século.

Esta nova sala de exposi-cións complementará as dúas pequenas salas municipais existentes no Espazo das Ar-tes, de 55 metros cadrados cada unha. Isto suporá dupli-car o espazo expositivo exis-tente no Concello de Brión. Estas obras son froito da res-

Abrirá as súas portas en setembro, coincidindo coa Romaría de Santa Minia deste ano.

truturación de dependencias que está a acometer o Conce-llo de Brión co gallo da inau-guración do novo consistorio, que tivo lugar en setembro de 2010. O primeiro paso foi o traslado da biblioteca den-de os baixos da Casa da Cul-tura ás antigas dependencias municipais, de xeito que os veciños contan dende o pa-sado mes de maio cunhas ins-talacións bibliotecarias moito máis amplas (pois pasou dos 100 m2 aos actuais 190 m2), cunha sala de estudos e unha zona infantil. Agora tócalle o turno aos baixos da Casa da Cultura.

NOVAS INSTALACIÓNS

Page 8: 82 - ALTAMIRA Nº 82

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Inxenio brionés contra as pingueirasO Concello repara a cuberta do polideportivo municipal cunhas estrututras que garanten máis aillamento e iluminación natural.

OBRAS DE MELLORA

Din que a necesidade agu-diza o inxenio. E nestes tempos de crise sempre é bo tirar de ideas que permitan optimizar os investimentos municipais. É o caso da cuberta do polide-portivo municipal de Pedrou-zos que, despois do paso do tempo e dos últimos tempo-rais, comeza a presentar pro-blemas de aillamento exterior.

A súa cuberta conta con aproximadamente corenta lucernarios de poliéster, que cumprían a función de dotar de luz natural á instalación e que agora o seu desgaste fai que sexan focos de posibles

humidades. Un pode pensar que bastaría con cambiar os lucernarios por outros e pro-blema resolto. Mais non é tan sinxelo, máxime cando estas planchas foron preparadas es-pecialmente para esta obra.

Dende o Departamento de Urbanismo tiraron de inxenio e idearon unha solución pro-pia e orixinal para a cuberta do polideportivo brionés. Trátase dunhas lucernarias de policar-bonato sobre unhas estruturas de aluminio feitas a medida e que irán ancladas á chapa da cuberta garantindo a estan-queidade, o aillamento e a

O traslado das ofici-nas municipais á nova casa consistorial permite dispo-ñer de novos espazos para ofrecerlles uns mellores servizos aos veciños e veci-ñas de Brión, que ademais contan dende maio cunha nova e mellorada biblioteca e que terán unha nova sala de exposicións dende o vin-deiro mes de setembro. Esta restruturación de espazos permitirá cumprir este ano unha vella demanda dos grupos políticos municipais: dispoñer dun espazo propio de reunión.

Así, as oficinas que al-bergaban as dependencias de Urbanismo na carballeira de Santa Minia foron acon-dicionadas polo Concello para habilitar nelas un total de tres despachos, un por cada grupo municipal con representación en Brión. Os traballos realizados aprovei-taron a estrutura xa existen-te, de xeito que só houbo que construir un novo des-pacho, que substitúe á anti-ga recepción de Urbanismo, e recolocar o cortaventos na entrada do telecentro de comunicacións. Deste xeito, cada grupo municipal terá un local propio onde desen-volver a súa actividade.

Estado actual da cuberta do polideportivo que será reparada nos vindeiros meses me-llorando a luz natural e aislando o interior da chuvia e do frio.

qiluminación natural do polide-portivo. Dito doutra forma, son unhas placas transparentes so-bre unha estrutura de metal que teñen como uns canalóns para que non entre nin a auga da choiva nin o frío e, ao mes-mo tempo, garanten a luz na-tural no interior da instalación.

O Concello vai comezar a instalar estas novas lucernarias ao longo das próximas sema-nas e o obxectivo é telas todas substituidas nun prazo de ano e medio. Para iso, dispón dun-ha partida de 5.000 euros para este ano e doutros 5.000 euros para o vindeiro.

Locais para os grupos políticos municipais

Page 9: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Un novo espazo de ocio ás beiras do río PegoA Xunta de Compensación do Polígono 8 acondicionou unha área entre a ponteda AG-56 e as beiras do río Pego.

NOVA ÁREA DE LECER

Os veciños e veciñas de Brión están a disfrutar xa dun novo espazo de ocio á beira do río Pégo, logo de que a Xunta de Compensación do Polígono 8 (Urban) rematara coas obras pertinentes. Uns traballos que esta entidade estaba obrigada a executar en compensación polos aproveitamentos urbanís-ticos acometidos no municipio e que veñen a complementar as obras de acondicionamento do paseo do Río Pego realizadas hai uns anos polo Concello de Brión.

A nova area de ocio situase ao lado da rotonta da Autovía continuando o paseo do Rio Pego.q

As obras consistiron no acon-dicionamento dunha gran área verde delimitada polo río Pego, a ponte da AG-56 e a estrada AC-451, xusto a carón da entra-da/saída sur da autovía Brión-Noia. Os operarios da Xunta de Compensación do Polígono 8 habilitaron unha zona de paseo a carón do río Pego e dotaron ao lugar de diverso mobiliario urbano (bancos e papeleiras), arbolado e iluminación pública, tanto para a zona de ocio como para a zona do paseo.

Estes traballos veñen a completar as obras de acondi-cionamento do paseo do Río Pego realizadas polo Concello de Brión, nas que se investiu preto de 50.000 euros. Uns tra-ballos que incluiron a limpeza das marxes do río, así como do propia canle fluvial. Así mesmo, realizáronse tamén traballos de reforzamento do muro de con-tención do paseo do río Pégo, especialmente naqueles puntos onde estaba bastante máis de-teriorado.

Daquela, o Concello tamén habilitara un paseo peonil, duns 2,5 quilómetros de lonxitude, que bordea o río Pego entre a rotonda da saída da auto-vía (xusto enfronte do que se acondicionou esta semana) e a estrada Santiago-Noia. Un en-torno no que tamén se colocou diverso mobiliario urbano como oito bancos, catro papeleiras (incluida unha especial para de-positar as deposicións dos cans) e alumeado público ao longo do paseo.

Page 10: 82 - ALTAMIRA Nº 82

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

O Servizo de Emerxencias de Brión realizou 433intervencións en 2010

O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) realizou en 2010 un total de 433 interven-cións, das que máis da metade corresponden a extinción de lumes e actuacións en acciden-tes de tráfico. Unhas actua-cións que, xeográficamente, se concentraron en Brión (318 intervencións) e Ames (89 ac-tuacións), o que representa o 93,99% de todos os casos rexistrados.

Ademais, Brión e Ames son tamén os municipios que máis chamadas de petición de auxilio rexistraron ao longo de 2010, con 160 e 98 chamadas cada un. Un dato significativo é que desas 258 chamadas, tan só 94 chegaron de Emer-xencias 112, é dicir, o 36,43%. Ademais das actuacións en Brión e Ames, os operarios do SEBRI tamén realizaron actua-ción en Teo (11), Negreira (7), Rois (6) e Santiago (2).

Actuacións realizadas

As intervencións en tráfico e na extinción de lumes cen-traron as 433 intervencións

Brión e Ames concentran o 94% das intervencións, entre as que destacan asactuacións en lumes e sinistros de tráfico.

durante o ano 2010, case 130 máis que en 2009. Así, o SE-BRI realizou un total de 124 intervencións en accidentes de tráfico, nas que realizaron 10 excarceracións, 32 atencións sanitarias, 58 limpezas de vía tras accidentes, 18 casos de sinalización e 6 casos de asis-tencia a vehículos. No caso dos lumes, os operarios do SEBRI fixeron un total de 100 actua-cións: 41 extincións en lumes forestais, 31 en incendios ur-banos, 10 en vehículos e ou-tros 17 casos máis.

Cuantitativamente, a maior parte das actuacións concen-tráronse en pequenas inter-vencións en Brión, como para desatascar sumidoiros (75) ou retirar animais mortos (56). Así mesmo, tamén son significa-tivas as actuacións realizadas durante os distintos temporais que azoutaron Galicia o ano pasado, onde se fixeron 69 in-tervencións entre retirada de árbores e entullos (38), anega-mentos (20), sinalización (3), desprendementos (3) e botar sal na estrada contra as placas de xeo (5).

MEDIOS MUNICIPAIS

O Servizo de Emerxencias de Brión está composto por 16 profesionais: 4 mem-bros como persoal estable (un xefe de protección civil e tres oficiais-xefes de gru-po) e 12 persoas encadradas dentro do apartado de persoal eventual (3 oficiais-capataces e 9 peóns, para as que o pleno de municipal de Brión xa acordou realizar a súa contratación en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar).

Conta cunhas amplas e modernas instalacións ubicadas en Pedrouzos, xusto na entrada/saída da autovía, e que foron ampliadas hai apenas dous anos para poder albergar todo o parque móbil dispoñible e dotar ao centro de maiores comodida-des para os profesionais, como son unha cociña, un almacén e un pequeno ximna-sio no que os traballadores do SEBRI se mateñen en plena forma.

Por outra banda o parque móbil está composto por 4 vehículos: un camión fo-restal, un coche de mando, un vehículo de intervención rápida con bomba e unha Bomba Urbana Lixeira (BUL). Un vehículo, este último, que polo seu completo equi-pamento é comparable cos que existen nos parques comarcais de bombeiros. Así, o BUL ten capacidade para 2.000 litros de auga, é dicir, cinco veces máis que as tradicionais “pick-up” que prestan os seus servizos noutros municipios.

UN EQUIPO DE PROFESIONAIS COS MELLORES MEDIOS

Page 11: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

Brión acolleu a primeira etapa da X Volta Ciclistaá Provincia da Coruña

Brión falou ruso, cando me-nos, durante tres horas. Ese foi o tempo que lle levou ao ciclis-ta do Locomotiv Evgeny Shalu-nov completar un percorrido de 130 quilómetros polo val da Maía na primeira etapa da X Volta Ciclista á Provincia da Coruña, con inicio e chegada en Brión, e polos veciños mu-nicipios de Ames e Negreira. A superioridade amosada por este rapaz ruso de 19 anos foi patente dende a primeira das catro voltas ao circuíto urba-no. De feito, acaparou todos os premios en competición nesa primeira xornada salvo un: o do mellor galego clasificado no que, por razóns obvias, non podía participar.

Ata seis veces subíu Sha-lunov ao pódium instalado na Carballeira de Santa Minia, punto de inicio e meta da pro-ba. Unha victoria que repeti-ría na terceira e última etapa, pero que non lle servíu para ser o campión desta X Volta Ciclista á Provincia da Coruña, título que recaeu no seu com-pañeiro de equipo Kirill Sves-hnikov, despois dunha gran exhibición do ruso na segunda etapa Mesía-Mesía.

Os ciclistas rusos do Locomotiv dominaron tanto a etapa brionesa como a proba xeral.

VOLTA CICLISTA

En total, 105 ciclistas, divi-didos en 15 equipos (5 gale-gos, 5 portugueses, 1 ruso e os catro restantes das distintas comunidades españolas), to-maron a saída o 27 de maio, ás 14:00 horas, da Carballeira de Santa Minia. Os corredores deron 4 voltas a un esixente circuíto de 31 quilómetros por A Ponte Nova, A Ponte Macei-ra, A Mámoa, O Lombao e Bertamiráns, onde se situou unha meta volante. Despois, os ciclistas voltaron de novo a Brión, a través de Chave da Ponte e de Os Ánxeles. No quilómetro 30 ascenderon ao porto de Portanxil, de segunda categoría.

Moitos foron os veciños e veciñas de Brión que se disfru-taron da proba, ben dende as súas parroquias, ben acudindo á liña de meta. A proba des-envolveuse con total normali-dade grazas ao dispositivo es-pecial de seguridade posto en marcha polo Concello, a través da Policía Local e de Protec-ción Civil, en coordinación coa Federación Galega de Ciclis-mo. Grazas ao seu traballo, e ao dos colaboradores e volun-tarios, todo foi “sobre rodas”.

Page 12: 82 - ALTAMIRA Nº 82

12 | Concello de Brión

BRIONESES

- Trinta anos como xuíz de paz en Brión. Como lembra a súa chegada ao posto aló polo 1981?- Estaba de taxista e o alcalde Xosé Luís García pediume que entrara a traballar como xuiz de paz. E así o fixen. O traba-llo lévase ben, pero agora vouno deixar. Quédame pouco máis dun ano e é tempo de que lle deixe sitio á xuventude.

- Supoño que 30 anos son moitos anos de líos e papeleos.- O traballo é tranquilo, lévase ben. Salvo que o xuíz de Negreira nos endose algún lío, realmente só é asinar papeis. E eu procuro estar sempre á hora na que hai que estar para firmalos e facilitarlles as xestións aos veciños. Hai que estar no tra-ballo, e eu estou sempre de 10:45 a 13:15 horas.

- Que tipo de documentos son os que máis lle solicitan?- Certificados de matrimonio, certificados de defunción ou nacemento, fe de vida...

e hai que estar a disposición dos veciños que nos necesitan. Eu trato sempre de fa-cilitarlle as cousas á xente e, como coñezo a case todo o mundo en Brión, pois se vén un fillo a buscar a fe de vida do seu pai e eu sei que está ben porque falei hai pou-co con el, por exemplo, pois dáselle e non se lle obriga a traelo ata acó.

- Como é o ambiente de traballo no Xul-gado de Paz de Brión?- Por sorte tocoume moi boa xente. Teño dous rapaces que son unha marabilla. So-mos como unha familia de tres e é moi bonito.

- Supoño que trinta anos dan para moi-tas anécdotas...- Sempre ten habido. Algunhas veces tó-cannos casos máis complicados, como xuizos de faltas que nos envían dende o Xulgado de Negreira, onde algún non é moi amigo de traballar e por iso cho en-vían. O problema é que o que eles pode-rían facer en dez minutos, aquí nos leva

unha hora, pois, como aquí te coñece todo o mundo, neses casos se perde un pouco máis a educación. Eu, por exemplo, teño a tres ou catro familias enemistadas por fallarlles en contra nun xuizo de fal-tas. E iso dóeme, especialmente cun bo amigo que tiña e que agora nin me saúda. Pero eu teño a conciencia tranquila por-que fixen o que había que facer. Lamento que algúns veciños de Bastavales non me falen por fallarlles en contra, pero tamén teñen que entender que non se pode abusar dunha amizade nun caso así.

- Esa é a parte mala pero, que é o mellor de ser xuíz de paz?- É unha satisfacción axudar a resolver problemas. Gústame facer favores e fa-cerlles as cousas máis fáciles á xente. Un exemplo foi coas vodas civís. O secretario dicía que non se podían facer en sábado pero eu díxenlle que si, que se podían casar en sábado porque así se favorecía á xente. Ás veces temos algún problema co ordenador. Un exemplo foi hai uns días

30 ANOS COMO XUIZ DE PAZ DE BRIÓN

Veciño da aldea de Soutullos (San Salvador), cumpre trinta anos como xuíz de paz de Brión. Despois de trinta anos ao servizo dos seus veciños, Tino considera que “xa é hora de deixarlle sitio á xuventude”, polo que cumprirá o ano e medio que lle queda no cargo e despois deixará o cargo. Taxista, camioneiro, xuíz de paz... a súa vida está chea de divertidas anécdotas e de traballo, moito traballo. Casado con Lourdes Fariña, con dúas fillas e tres netos, Tino Romero analiza para “Al-tamira” estes trinta anos como xuiz de paz en Brión, marcados polo espírito de axudar e facilitarlles o máis posible a vida aos veciños, aínda que teña que lamentar que algún veciño lle retirara o saúdo por cumprir coa lei.

FLORENTINO ROMERO COBAS

“É unha satisfacción axudar a resolver problemas efacerlles as cousas máisfáciles á xente”

Page 13: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 13

BRIONESES

cando unha parella ía casar o domingo pero non puido facelo porque un dos fa-miliares enfermara. Antes podías levantar a acta o luns, pois era por libro. Agora co ordenador nada de nada, hai que volver a facelo todo. Ao final parece que somos nós os escravos dos ordenadores e non ao revés. Se podes facer unha cousa boa polo teu veciño, por que non facerllo?

- Cal foi o caso máis complicado que re-corda?- Non sei se complicado, pero para min, unha anécdota para contar foi cando ti-ven que casar dúas mulleres. Custoume traballo ao principio, pero despois coñeci-nas, eran dúas brasileiras moi simpáticas e finalmente casaron. Curiosamente hai pouco veu unha para pedir o divorcio.

- Falando de anécdotas nos seus anos de caminonero, seica tivo unha que fala de freos e da escolta do ditador Franco?- Viña de Pontevedra. Viña baleiro, baixando unha costa e vin pasar un coche que me mandou parar. Pero non tiña si-tio nin freos para facelo, así que seguín. E chegou un segundo coche con dous ti-pos apuntándome cos fusís: ou paraba ou disparaban. Eu díxenlles a verdade, que aquilo non freaba. Por sorte ao final non pasou nada.

- Eran outros tempos.- Eran tempos moi duros. Estamos fa-lando de en torno ao 1960. Eu empecei a traballar co camión no 1957. A ruta a Barcelona comeceina a facer no 1962. Despois tamén tiven que ir moitas veces a Valencia e por España adiante levando madeira e táboas. E moitas veces a viaxe a faciamos de cuneta a cuneta, porque viña o sono e tiñas que parar para meter a cabeza nalgunha fonte do camiño para espertar. Pero iso duraba pouco e tiñas que volver facelo cada pouco. Cando o pensas das gracias a Deus de que non pa-sara nada.

- O certo é que tivo moita sorte traba-llando nesas condicións.- Tampouco había tantos coches como agora, e iso axudaba. Tamén lembro que unha vez, subindo a serra do Guadarra-ma, atopei unha pendente tan grande que, aínda que metín primeira, non era quen de subir. Agora é moi fácil, pois hai túnel, pero daquela tiven que esperar a que viñera outro camión detrás e de lado para que comezaran a tirar de min. Son cousas que hoxe serían impensables, tanto polos cambios nos camións e nas estradas.

- Coñecerías moitos e moi fermosos lu-

gares nestas viaxes.- Que va!. En Barcelona todos os galegos tiñamos que parar preto da Sagrada Familia pero non podías ir a ningures. Aparcabas e tiñas que estar pendente de cando che daban unha nova carga para volver. Non é como agora que todo o mundo ten móbil e poden localizarte, daquela tiñas que quedar aló. Eu viaxei moitas veces a Madrid, pero teño que dicir que non coñezo nada porque tiña que estar pendente do camión e do axente de cargas. Por certo, a aquel home encantábanlle os pementos de Herbón, así que nós levabámoslle pementos e a cambio el dabanos a carga que tiña que saír ese día e, así, evitabamos ter que esperar. Pero iso facía que non puideras visitar ningún sitio, sempre tiñas que estar pendente da carga e ao pé do canón.

- Despois do camión, pasouse ao taxi.- Animoume a facelo Leboráns, un veciño de Rois. Compramos un SEAT 1.400C de segunda man en Padrón e traballabamos de festa en festa. Como non había tantos coches particulares, daquela traballábase moito cando había verbenas. Despois puxé-monos a traballar Leboráns en Rois e eu en Brión. E cando ía xubilarme chegou Xosé Luís García á Alcaldía de Brión e suxeríume a posibilidade de ser xuíz de paz. Era 1981 e ata agora. Acórdome que estaba Carmen, de Lugo, que cando me presentei no xul-gado, daquela na escola de Souto (Os Ánxeles), me dixo. “e como se meteu vostede nisto?” A min sorprendeume porque me preguntaba: “se ten un taxi, como se meteu nisto?”. E ata hoxe...

- Dicía que traballaba de festa en festa, como lembra os días de Santa Minia?- Traballabamos todo o día e toda a noite, ata a madrugada. No día de Santa Minia todo eran viaxes a Santiago e non parabas pois primeiro era traer xente e despois leva-las de volta. Pero aínda traballabamos máis nas festas da Peregrina de Bertamiráns ou na Pascua de Padrón. Unha vez fixen máis de 1.200 quilómetros un mesmo día, que xa é traballar. Incluso ás 5 da mañá tiven que saír cun cliente a Ferrol. En 1994 deixeino, porque me xubilei aos 65 anos e porque non quixen traballar máis.

“Gústame Bastavales e a súa xente”

EN POUCAS PALABRAS

- Un lugar...- Para min Bastavales e a súa Igrexa. E depois onde eu vivo, en San Salvador.

- O mellor de Brión é...- Bastavales. Xa se sabe: onde un nace... o sitio sempre tira!. Gústame o sitio e a súa xente.

- O que bota en falta en Brión é...- A verdade é que non boto nada en falta.

- Unha festa...- As de San Salvador, son nas que máis disfruto.

“Eu sempre trato de facilitarlle as cousas áxente”

Page 14: 82 - ALTAMIRA Nº 82

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Servizos Sociais traballa na redacción do II Plan deIgualdade de Oportunidades de Brión.

O Departamento de Ser-vizos Sociais do Concello de Brión traballa dende o pasado mes de abril na redacción do II Plan de Igualdade de Oportuni-dades entre Homes e Mulleres do Concello de Brión, que terá vixencia entre os anos 2012 e 2015. Un traballo no que se está a potenciar especialmen-te a participación cidadá, con enquisas e colaboracións de veciños, das asociacións, dos centros educativos, do centro médico e de persoal do Con-cello.

Este Plan estará remata-do a finais deste ano, de xeito que poderá entrar en vigor en xaneiro de 2012. Para darlle a maior difusión posible, o Con-cello entregará o documento aos veciños e veciñas canda a última revista Altamira deste ano. Ata entón, seguirase apli-cando o primeiro Plan de Igual-dade, do que nestes momen-tos tamén se está a facer unha avaliación da súa aplicación.

Dentro do I Plan de Igual-dade de Oportunidades entre

Entrará en vigor en xaneiro de 2012 e será repartido entre os veciños canda a última revista Altamira deste ano.

PLAN DE IGUALDADE

Homes e Mulleres do Concello de Brión está encadrado, por exemplo, o primeiro Protocolo de Actuación en Casos de Vio-lencia de Xénero. Un protocolo que está a ser un instrumento de uso cotiá para os profesio-nais de cara a conseguir mello-rar a atención e a protección ás vítimas da violencia de xénero no municipio.

Unha tarefa na que están involucrados os centros de ensino local (gardería, CEIP de Pedrouzos, IES Brión e as uni-tarias de Sabaxáns-Bastavales, Luaña e Os Ánxeles), o centro de saúde de Brión, as forzas de seguridade (Garda Civil de Brión e Policía Local) e repre-sentantes da cidadanía brio-nesa (asociacións, párrocos, grupos políticos, Protección Civil...), así como entidades de ámbito supramunicipal como o Xulgado Nº 3 de Santiago, o Xulgado de 1ª Instancia e Ins-trución de Negreira, o CHUS (psiquiatría e servizos sociais), o IMELGA, o CIM de Negrei-ra ou a UMAD de Santiago de Compostela.

Máis de 300 veciñosparticiparon na excursión para a terceira idadea Portugal

VIAXE DA TERCEIRA IDADE

Máis de trescentos veciños e veciñas, todos eles maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 (e as súas parrellas) par-ticiparon na tradicional excursión da terceira idade, que este ano tivo de novo Portugal como destino. E é que, sen desmerecer os moitos encantos das vilas dos nosos veciños lusos, esta viaxe non deixa de ser unha especie de “prequencemento” de cara ao gran encontro que é a Festa dos Vellos no mes de setembro.

E é que todos gustamos de reunirnos cos amigos, algo que moitas veces facemos en menos ocasións das que nos gustaría. Por iso non é de extranar que un dos puntos fortes desta viaxe sexa sempre o xantar de confraternidade e o baile posterior, mo-mentos nos que parolar cos amigos e veciños. E, como a ninguén lle amarga un doce, se o encontro pode ter lugar nun fermoso lugar, pois mellor que mellor.

E iso foi o que atoparon os nosos maiores nesta viaxe, na que se achegaron á vila de Braga, onde visitaron o santuario do Bon Jesús e disfrutaron das vistas panorámicas que hai dende aló. Despois do mencionado xantar e baile en Quinta do Cruzeiro (Camiña), a expedición desprazouse ata Valença do Minho, unha fermosa vila cunhas vistas ao Miño pero que, porén, destaca es-pecialmente polas compras que se poden facer nas súas nume-rosas tendas. A próxima “kedada”, en setembro.

Máis de 80 veciñosparticiparon na cea-baile de fin de curso das actividades dos maiores

REMATE DE ACTIVIDADES

Un total de 76 alumnos e alumnas das actividades para maio-res organizadas polo Concello e os seus 9 monitores participaron hai uns días nunha cea-baile de fin de curso. A iniciativa tivo lu-gar no restaurante “Tamara” (Negreira) e nela participaron os alumnos e alumnas dos cursos de manualidades, ximnasia, tea-tro, obradoiro da memoria e informática, así como os participan-tes nas xornadas de saúde no balneario do Tremo.

Page 15: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Os meniños da gardería “gradúanse” diante dos seus pais cunha obra de teatro

Non houbo discursos dos alumnos nin guindaron os seus birretes ao aire como nas pe-lículas. No seu lugar: teatro e festa rachada cos pais. E é que un total de 43 nenos e nenas celebraron hai uns días o seu particular “acto de gradua-ción” na gardería municipal, entidade que deixan atrás para ingresaren no colexio.

Co gallo desta efeméride, os seus mestres organizáron-lles un festival de fin de curso no que os pequenos represen-taron unha pequena obra de teatro. Un acto no que tamén participaron os pais e nais dos pequenos, polo que houbo que facelo en dúas quendas para que puideran caber todos na escola infantil de Brión: pri-meiro os rapaces da Aula 5 e despois os “maiores” da Aula 6. Unha festa á que tamén asis-tiu o alcalde, Xosé Luís García, quen agasallou aos pequenos cunha bolsa con ceras.

A festa desenvolveuse do mesmo xeito en ambas quen-das. Durante media hora, e coa

axuda dos seus mestres, os pe-quenos representaron o conto no que ían caracterizados cuns sobreiros que representaban ós seus personaxes. Todo elo no marco dun escenario de cartón preparado para a oca-sión durante estas dúas últi-mas semanas polos propios rapaces e polos seus mestres, que tiveron que dar algún que outro madrugón para poder ter todo montado para a oca-sión.

Ao rematar a representa-ción, os pequenos que deixan este ano a gardería para in-corporárense ao colexio reci-biron uns especiais “diplomas de graduación” e participaron canda os seus pais e nais nunha festa con lambonadas. A direc-tora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, desta-ca a importancia deste tipo de actividades “pois veñen os pais á gardería e ven como se tra-balla cos seus fillos, pois para nós é moi importante manter sempre un contacto directo e habitual con eles”.

Page 16: 82 - ALTAMIRA Nº 82

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

ENCONTRO COA ARTE

Brión “exporta” a súa arteOs VI Encontros coa Arte homenaxean a Luís Seoane e, por primeira vez, inclúen unha xornada de pintura ao natural fóra de Brión.

Brión converteuse un ano máis na capital galega das ar-tes, aínda que só fóra durante a primeira fin de semana de xuño. Trinta artistas plásticos (pintores, acuarelistas e fotó-grafos) e escritores participa-ron na sexta edición dos En-contros coa Arte, que este ano estiveron adicados á figura de Luís Seoane.

A edición deste ano estivo marcada pola morte dun habi-tual desta cita, Luís Ocaña, fa-lecido o pasado mes de agos-to. De feito, a súa lembranza estivo presente en todo mo-mento pero non só non im-pedíu o desenvolvemento dos Encontros, senón que os enriqueceu aínda moito máis, como se pode ver na seguinte páxina.

O alcalde Xosé Luís García recibiu aos participantes, “al-gúns xa vellos amigos e outros que nos visitan por primeira vez”, e destacou que a súa pre-senza “fai que Brión sexa, can-do menos durante esta fin de semana, a capital galega das artes”. Unha recepción que tivo lugar na nova casa consis-

torial que “está chea da obra realizada nos últimos cinco anos por artistas participantes nos Encontros coa Arte e que poden ser contempladas polos veciños e veciñas de Brión”, explicou o alcalde. Un patri-monio que medrou este ano, pois cada artista cedeu unha obra realizada durante esa fin de semana para o patrimonio artístico municipal.

Polo demais, os Encontros coa Arte seguiron o esquema que tan bo resultado deu nas edicións anteriores, se ben con dúas importantes novidades. A primeira foi a creación dun Mercado da Arte nos baixos da Casa da Cultura, onde os artistas expuxeron a súa obra de cara á venda. A segunda foi que, por vez primeira, unha das sesións de pintura ao na-tural tivo lugar fóra do termo municipal de Brión. O escena-rio escollido foi o entorno da Ponte Maceira (Ames), que en nada desmerece ao paseo do Río Pego ou á Carballeira de Santa Minia, as dúas outras opcións. Todo sexa por que a arte chegue aínda a máis xen-te.

Page 17: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

UN ANO SEN LUIS OCAÑA

Sentida homenaxe de Brión ao fotógrafo Luís OcañaO centro social polivalente de Pedrouzos acolleu unha exposición con fotos do autor vigués, falecido en agosto do pasado ano.

“Estou seguro de que Luís está aquí con nós e, segura-mente, esté aquí mesmo to-mando algunha foto”. Son pa-labras de Xosé Vázquez Castro, comisario dos Encontros coa Arte, durante a recepción aos artistas participantes na sexta edición deste evento, cele-brada o pasado mes de xuño. Vázquez Castro non se refería a Luís Seoane, persoeiro ao que se adicou a edición deste ano, senón a Luís Ocaña, fotógra-fo afincado en Brión habitual deste encontros e cuxa figura chegou a ensombrecer á do tamén desaparecido pintor bo-naerense.

E é que a figura de Luís Oca-ña estivo presente durante to-dos os actos dos Encontros coa Arte, ben entre os seus amigos e compañeiros que asistiron a esta sexta edición, ben entre os máis de 150 veciños e veci-ñas que ateigaron o auditorio do centro social polivalente para asistiren á homenaxe organizada polo Concello de Brión. Unha sentida homena-xe presidida polo alcalde Xosé Luís García, quen foi o encar-gado de entregarlle á viúva do fotógrafo, Pilar Acevedo, unha

figuriña de Sargadelos repre-sentando a un fotógrafo.

Previamente, o director da Editorial Galaxia, Vïctor Freixa-nes; e o subdirector xeral de Bibliotecas da Xunta e director técnico da Biblioteca de Ga-licia, Daniel Buján, loubaron a figura de Ocaña, con quen compartiron estancia en pa-sadas edicións dos Encontros coa Arte. A poetisa Eva Veiga e o grupo Ouriol puxeron a nota musical á xornada.

Unha vez rematado o acto, todos os presentes disfrutaron do legado de Ocaña cunha se-lección das súas fotografías que estiveron expostas no centro social polivalente e que incluían tanto imaxes de Brión, terra á que adicou un dos seus máis célebres libros de foto-grafías: “Brétemas Luzadas”, como das súas distintas expo-sicións presentadas en Xapón, onde centrou o seu traballo nos últimos anos analizando a relación entre dous camiños espirituais declarados Patri-monio da Humanidade pola Unesco: o Camiño de Santia-go e o Camiño de Kumano, en Wakayama.

Luis Ocaña foi un reputado fotógrafo, nacido en Vigo pero residente en Brión, onde morreu en agosto do pasado 2010. Con máis de 25 anos de experiencia, Ocaña explo-rou diversos campos do mundo audiovisual, combinando fotografía, deseño gráfico, animación 3D e proxectos au-diovisuais. Entre 1983 e 1986 traballou para o Instituto de la Caza Fotográfica e a Unesco, realizando varios traballos fotográficos para o Patrimonio do Mundo en Francia, Cana-dá e Estados Unidos.

Dende 1996 foi fotógrafo do banco internacional da imaxe AGE Fotostock, co que distribuíu imaxes en máis de 30 países. Nos seus últimos anos centrou o seu traballo en Xapón, tratando a relación entre dous camiños espirituais declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco: o Ca-miño de Santiago e o Camiño de Kumano, en Wakayama (máis información en: http://www.luis-ocana.com/).

A súa relación con Brión foi moi intensa, pois o seu li-bro “Brétemas luzadas” é unha invitación a redescubrir a paisaxe brionesa, polo que o Concello de Brión regálao a cada veciños que se empadroa no municipio. Ademais de participar nos Encontros coa Arte, Luis Ocaña tamén reali-zou unha exposición, denominada “Ambivalencias”, na que recollía as distintas formas das árbores que compoñen a carballeira de Santa Minia.

Os seus últimos traballos foron as exposicións “Galicia, capital del Camino” no museo da Costa de la Luna de On-juko, no Xapón (2010) e na embaixada de España en Tokio (2009).

LUIS OCAÑA, UN ARTISTA DA IMAXE

Vigo 1959 - Brión 2010

Page 18: 82 - ALTAMIRA Nº 82

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

CURSO 2011 - 2012

Para gustos pintanseactividadesO Concello tenprogramado un intenso programa para os vindeiros meses

Din que para gustos, pín-tanse cores. E iso é o que acontece en Brión coas distin-tas actividades cutlurais e de-portivas que se organizan ao longo do ano e que, coa che-gada do verán, incrementan a súa oferta. Conciliación, xogo-teca, cociña, pintura, cine ao aire libre, viaxe a Barcelona, festival internacional de folclo-re ... tantas son as actividades programadas para estes días que case é contraproducente, pero necesario, falar das pre-paradas para o vindeiro curso.

O Concello xa ten listo o horario provisional das dis-tintas actividades anuais, que inclúen: iudo, patinaxe, novas tecnoloxías, inglés, ioga, aeró-bic, predeporte, pandeireta, fútbol sala, ximnasia rítmica, baile galego, pintura, pilates, ximnasia de mantemento, te-nis, fútbol-7, xogando cos con-tos e baile moderno.

Dende Altamira adiantá-mosche os horarios (ver cadro adxunto) e os grupos previs-tos inicialmente, de acordo coa particpación rexistrada en anos anteriores. Así, as clases de novas tecnoloxías e de pan-deireita serán, un ano máis, as que conten cun maior número de grupos. Ata cinco, en cada caso. Un amplio programa onde elixir e para as que po-derás anotarte ou conseguir máis información na Casa da Cultura.

Podes poñerte en contacto a través do 981 50 99 08 ou ta-men nos correos electrónicos [email protected] [email protected]

No cadro superior poden observarse os horarios provisionais das actividades previstas para o curso 2011 - 2012. Para anotarse nas actividades será necesario pasr pola casa da Cultura na Carballeira de Santa Minia ao longo do mes de Set-embro en horario de 9 a 14 ou de 16 a 19 horas. As actividades darán comezo o vindeiro 3 de Outubro.

Todas estas actividades rexiranse polo novo regulamento de funcionamento do programa de actividades extraescolares, deportivas e culturais que pode consul-tarse no portal web do Concello de Brión | www.concellodebrion.org |

q

Page 19: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

A Escola MunicipalMagariños entra noRexistro de Escolas deMúsica e Danza de Galicia

A Escola Municipal de Música Magariños vén de ser incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Co-munidade Autónoma de Galicia. Unha inclusión que supón “un recoñecemento ao traballo feito na escola de música de Brión e á calidade da ensinanza que se está impartindo”, si-nala o director da Escola, Carlos Pintor.

A escola brionesa acada así a avaliación de conformida-de cos requisitos da Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia. “O centro cumpre des-te xeito cos requisitos de infraestructura, profesorado e do proxecto educativo que dende hai varios anos ven traballan-do con moito éxito”, explica Carlos Pintor.

Ademais, Pintor apunta que “o centro contará a partir de agora cun proxecto en continua avaliación, o que repercuti-rá na calidade do servizo que prestamos dende a escola e, en definitiva, beneficiará aos usuarios da Escola Municipal de Música Magariños”. Unha escola que comezará o curso 2011-2012 o vindeiro 15 de setembro. Máis información so-bre anotacións na sede da escola ou no teléfono 981 509 903.

O director, Carlos Pintor, di que é “unrecoñecemento ao traballo feito naescola de música de Brión”

RECOÑECEMENTO

Remata o curso de técnica fotográfica

O curso, que estivo organizado polo Concello de Brión e impartido polo fotógrafo Ricardo Iglesias, estivo dividido en partes teóricas e prácticas e baseouse na elección, funciona-mento e manexo das cámaras reflex dixitais e das técnicas básicas utilizadas para unha toma correcta e un bo rematado final.

Tanto a asistencia como o aprendizaxe dos alumnos foi un éxito, o cal se reflexa na calidade das fotos realizadas durante este curso, que dentro de pouco poderán observarse nunha exposición que se vai celebrar no Centro Social Polivalente.

Page 20: 82 - ALTAMIRA Nº 82

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

SENDEIRISMO

Arredor de catrocentos veciños participaron nas cincorutas de sendeirismo organizadas este anoO Concello estuda organizar dúas saídas máis para despois do verán.

Disque camiñar é un dos mellores deportes que pode practicar unha persoa. E se se fai en compañía, moito mellor. Iso é o que deben pensar os case catrocentos veciños e ve-ciñas que participaron nas cin-co rutas de sendeirismo orga-nizadas polo Concello ao longo deste ano.

Illas Cíes, Monte Louro, muiños do Folón e do Picón, San Andrés de Teixido e o río Belelle foron os destinos esco-llidos este ano. E a gran parti-cipación rexistrada fai que o Concello estea a estudar dúas saídas máis para despois do verán, entre as que figura cum-prir un compromiso do ano pasado: coñecer as Fragas do Eume coa chegada do outono.

Ao igual que en anos ante-riores, a viaxe ás Illas Cíes foi a máis concorrida de todas: 142 veciños disfrutaron dun-ha xornada de praia nunha das paraxes máis fermosas da costa Atlántica, así como de dúas rutas de sendeirismo ata o Monte Príncipe e ata o Faro de Monteagudo, onde gozaron dunhas vistas espectaculares. A segunda viaxe máis conco-rrida foi a ruta de sendeirismo entre o Monte Louro e Carno-ta, na que participaron 93 per-soas.

Entre os meses de marzo e xullo realizáronse tamén rutas de sendeirismo aos muiños do Folón e do Picón no Rosal (68 participantes), a San Andrés de Teixido (53 participantes) e ao río Belelle en Ferrol (35 parti-cipantes).

Todas elas contaron co acompañamento da climato-loxía, salvo no caso do río Be-lelle. Estade atentos á páxina web para coñecer data e des-tino das próximas camiñatas. Vémonos no camiño.

Page 21: 82 - ALTAMIRA Nº 82

HISTORIAS E LENDAS

Cúmprense 75 anos do comezo do “Alzamiento Nacio-nal”, é dicir, do golpe de estado de Franco contra o lexítimo goberno da II República.

75 anos é unha efeméride moi redonda como para que a deixemos pasar sen unha lembranza, maiormente cando tanto se fala da “memoria histórica”para non esquecer as vítimas desta guerra tan inmensamente cruel.

Cando se fala desta guerra -como de todas as guerras-, acostúmase a dividir aos que a viviron entre vencedores, que serían os que quedaron no bando “nacional” ou fran-quista, e vencidos, os do bando republicano ou “roxos”, Ga-licia estaría no bando dos vencedores, Pero propiamente, vencedores foron soamente uns cantos fanáticos que pro-vocaron a contenda e se aproveitaron dela. Vencidos foron todos os demais: os soldados e milicianos que loitaron e mo-reron defendendo a República, os centos de milles de leais á república que morreron asasinados nas gabias dos camiños, os miles de exiliados que tiveron que fuxir da furia asasina dos “vencedores”, os que sufriron a represión nos cáreceres franquistas e mailos seus familiares. Pero tamén os coitados soldados do bando franquista que deixaron a mociadade e incluso a vida nos campos de batalla dunha guerra que nin desexaran nin comprendían, e en xeral todos os españois, homes e mulleres, que sufriron durante tantos anos as con-secuencias da guerra (fame, miseria, atraso, opresión e falta de liberdade...).

Hai anos, o tema da guerra era tan recorrente nas con-versas, a xente era tan dada a falar dela que, cando alguén nos estaba amolando, de contado lle diciamos: “fálame da guerra”. Hoxe xa poucos dos protagonistas da contenda que-dan para contárnola.

Concretamente, en Brión non fomos capaces de atopar máis que catorce veciños vivos que estiveran incorporados a filas no exércido franquista, pois do bando republicano non queda ningún. Destes catorce, todos por enriba dos 90 anos, catro son da parroquia dos Anxeles (Jesús Regueiro Castro, Manuel Rey Pereira, Elisardo Rivas Lesta e Manuel Nieto Rey); outros catro pertencen a Bastavales (Manuel Núñez Díaz, Hipólito Fontáns Angueira, José Sánchez Velo e Manuel Sanmartín Noya); dous de Luaña (Serafín Boullón Gómez e Vicente Gómez Vidal); de Viceso, dous (José Cajuso Ortoño e Sedundino Barbazán Tomé); un de Brión (Antonio Rey Louri-do); e outro de Ons (Domingos Guzmán Ruso),

A maior parte deles estiveron integrados no Corpo de Exército de Galicia e sufriron os tres anos da guerra perco-rrendo todas as frontes de batalla baixo o mando do xeneral Aranda: Oviedo e a conca mineira asturiana; a durísima ba-talla de Teruel entre decembro de 1937 e febreiro de 1938, tirados nas trincheiras con temperaturas por debaixo de -20º; a batalla do Ebro entre xullo e novembro de 1938, a máis sanguenta e longa de toda a guerra; a penetración en

Revista Altamira | 21

Os derradeiros da Guerra Civil

75 ANOS DO “ALZAMIENTO NACIONAL”

-Todo pola Patria, a relixión e a familia(CASTELAO, Atila en Galicia)

q

Cataluña acurralando as tropas republicanas ata a fronteira francesa e volta a Valencia para rematar a guerra.

Nos campos de batalla deixaron a vida varias ducias de brioneses (soamente da parroquia de Viceso foron 14 e da de Ons 7). Aínda que Galicia quedou fóra da loita armada, algúns veciños de Brión estiveron incorporados ao exército republicano: o máis notable foi o bastavaleiro Ramón Estu-rao Calvo, que chegou a ser lugartenente de Enrique Lister (Altamira, nº 39. Ano 1996) e morreu no exilio en México, Exiliado no sur de Francia tamén morreu o veciño de Ons José Rodeiro.

Aínda que houbo moitos “escapados” que tiveron que vivir un tempo agochados, alomenos en Brión non houbo que lamentar ningún linchamento de republicanos por parte dos falanxistas e fanáticos do réxime franquista.

Page 22: 82 - ALTAMIRA Nº 82

22 | Concello de Brión

PASATEMPOS

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

Un pouco de humor...

Page 23: 82 - ALTAMIRA Nº 82

Revista Altamira | 23

BRIÓN NA PRENSA

14/06/2011 | Brión acolleu a mostra de obras de Encontros coa arte 2010 dedicados a Uxío Novoneyra.

28/06/2011 | Aberta a matrícula para a escola de música de Brión.

07/06/2011 | Ao redor de 150 veciños de Brión acudiron ao peche da Escola de Música Municipal.

07/07/2011 | Brión acondiciona un baixo para unha gran sala de exposicións.

30/06/2011 | Emerxencias de Brión sufocou nun só día dous incendios urbanos en Ames.

23/06/2011 | Grupos de Rusia, Colombia, Chile e Euskadi actuarán no festival folclórico de Brión.

07/07/2011 | 142 brioneses fan a ruta das Cíes.

04/07/2011 | Brión desfrutou da música de bandas.

11/06/2011 | José Luís García volve tomar posesión como alcalde de Brión 32 anos despois da súa primeira vez.

CURIOSIDADES: ...beneficios do sendeirismo

ULTIMA PÁXINA

O sendeirismo é unha actividade deportiva e de ocio que cada día gaña máis adep-tos, posto que se trata dun deporte que non esixe excesiva preparación física e na que, a medida que se acumula experiencia, coñecementos e resistencia física, pode aumentarse a lonxitude das rutas.

O sendeirismo, como calquera deporte, é fundamental para o organismo, queima calorías, axuda a mellora a forza muscular e contribúe ao mantemento da masa ósea. Tamén xoga un papel importante en determinadas enfermidades, como por exemplo a hipertensión, sendo unha realidade o feito de que a incorporación de actividade física xunto con outras variacións no estilo de vida, brindan bene-ficios múltiples aos hipertensos. Outras das vantaxes que poderiamos sinalar do sendeirismo son, entre outras, as cardiorespiratorias ou as musculares.

Por outra banda, son numerosos os estudos que corroboran a relación existente entre actividade e saúde mental. A maior actividade física, maiores beneficios psi-colóxicos, producíndose esta relación positiva en tódolos grupos de idade, incluso en persoas maiores. A actividade física contribúe a un envellecemento exitoso, mellora a planificación, a memoria a corto prazo e a toma de decisións; tamén reduce a depresión producindo unha mellora no estado de animo e a emotivida-de, así como a autopercepción da imaxe do corpo e a autoestima física. Ademais, reduce a ansiedade e mellora as reaccións ante o estrés, así como a calidade e extensión do sono.

Practicar sendeirismo pode ser un medio para aumentar o concepto de un mes-mo. As persoas planean unha serie de retos a conseguir (p. ex. facer unha ruta de determinada dificultade ou lonxitude) que, unha vez alcanzados, fan que a persoa se sinta exitosa e capaz, e se vexa motivada a realizar de novo a activade en futu-ras ocasións.

En definitiva, consideramos o sendeirismo como unha forma de relaxación, di-versión, evasión de pensamentos, emocións e condutas desagradables e que in-clúe sensacións de autosuficiencia, control e competencia.

Page 24: 82 - ALTAMIRA Nº 82

t Luís Ocaña - “Aqua Nº 10” - Fotografía 42x30Ultima das obras que este fotografo llew cedeu ao Concello de Brión no Encontro coa Arte 2010

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

25anos

NOVO ENDEREZO

Altamirade