6º pascua a 2014 pagola

14
25 de maio de 2014 6º Pascua (A) Xoán 14, 15-21 Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a difundir o “Espírito da Verdade”. Pásao. José Antonio Pagola Presentación:B.Areskurrinag a HC; Euskaraz:D.Amundarain

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

114 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: 6º pascua a  2014  pagola

25 de maio de 20146º Pascua (A)

Xoán 14, 15-21

Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a difundir o “Espírito da Verdade”. Pásao.

José Antonio Pagola

Presentación:B.Areskurrinaga HC;Euskaraz:D.Amundarain

Page 2: 6º pascua a  2014  pagola

Xesús estase despedindo dos seus discípulos. Decátase de que están tristes e abatidos.

Axiña non o terán con eles. Quen poderá encher este baleiro?

Page 3: 6º pascua a  2014  pagola

Ata agora foi el quen coidou deles,

defendeunos dos escribas e fariseos,

sostivo a súa fe débil e vacilante, foilles

descubrindo a verdade de Deus e iniciounos no

seu proxecto humanizador.

Page 4: 6º pascua a  2014  pagola

Xesús fálalles

apaixonadamente do Espírito.

Non os quere deixar orfos.

El mesmo pedirá ao Pai que non os

abandone, que lles dea “outro Defensor”

para que “estea sempre

con eles”.

Page 5: 6º pascua a  2014  pagola

Xesús chámao Xesús chámao “o Espírito da Verdade”“o Espírito da Verdade”. . Que se esconde nestas palabras de Xesús?Que se esconde nestas palabras de Xesús?

Page 6: 6º pascua a  2014  pagola

Este “Espírito da Verdade” non hai que confundilo cunha doutrina.

Esta verdade non hai que buscala nos libros dos teólogos nin nos documentos da xerarquía. É algo moito máis profundo.

Page 7: 6º pascua a  2014  pagola

Xesús di queXesús di que ““vive connosco e vive connosco e

está en nós”está en nós”.. É alento, forza, luz, É alento, forza, luz,

amor... que nos chega amor... que nos chega do misterio último de do misterio último de

Deus.Deus. Temos que acollelo Temos que acollelo

con corazón sinxelo e con corazón sinxelo e confiado.confiado.

Page 8: 6º pascua a  2014  pagola

Este “Espírito da Verdade” non nos converte Este “Espírito da Verdade” non nos converte en “propietarios” da verdade. en “propietarios” da verdade.

Non vén para que impoñamos a outros a nosa fe Non vén para que impoñamos a outros a nosa fe nin para que controlemos a súa nin para que controlemos a súa ortodoxia. Vén para non deixarnos orfos de Xesús, e

invítanos a abrirnos á súa verdade, escoitando, acollendo e vivindo o seu Evanxeo.

Page 9: 6º pascua a  2014  pagola

Este “Espírito da Verdade” non nos fai tampouco “gardiáns” da verdade, senón testemuñas.

O noso quefacer non é disputar, combatir nin derrotar adversarios, senón vivir a verdade

do Evanxeo e “amar a Xesús gardando os seus mandatos”.

Page 10: 6º pascua a  2014  pagola

Este “Espírito da Verdade” Este “Espírito da Verdade” está no interior de cada un está no interior de cada un de nós defendéndonos de de nós defendéndonos de

todo o que nos pode apartar todo o que nos pode apartar de Xesús. de Xesús.

Invítanos a abrirnos con Invítanos a abrirnos con sinxeleza ao misterio dun sinxeleza ao misterio dun

Deus, Amigo da vida.Deus, Amigo da vida.

Page 11: 6º pascua a  2014  pagola

Quen busca a este Deus con honradez e verdade non está lonxe del. Xesús dixo en certa ocasión:

“Todo o que é da verdade, escoita a miña voz”. É certo.

Page 12: 6º pascua a  2014  pagola

Este “Espírito da Verdade” invítanos a vivir na verdade de Xesús no medio dunha sociedade onde,

con frecuencia, á mentira chámaselle estratexia;á explotación, negocio;

á irresponsabilidade, tolerancia;

á inxustiza, orde establecido;

á arbitrariedade, liberdade;

á falta de respecto, sinceridade...

Page 13: 6º pascua a  2014  pagola

Que sentido pode ter a Igrexa de Xesús se deixamos que se perda

nas nosas comunidades o “Espírito da Verdade”?

Quen poderá salvala do autoengano, as desviacións e a

mediocridade xeneralizada?

Quen anunciará a Boa Nova de Xesús nunha sociedade tan

necesitada de alento e esperanza?...

Page 14: 6º pascua a  2014  pagola

O ESPÍRITO DA VERDADEXesús estase despedindo dos seus discípulos. Decátase de que están tristes e abatidos. Axiña non o terán con eles. Quen poderá enchar o seu baleiro? Ata agora foi el quen coidou deles, defendeunos dos escribas e fariseos, sostivo a súa fe débil e vacilante, foilles descubriendo a verdade de Deus e iniciounos no seu proxecto humanizador.

Xesús fálalles apaixonadamente do Espírito. Non os quere deixar orfos. El mesmo pedirá ao Pai que non os abandone, que lles dea “outro Defensor” para que “estea sempre con eles”. Xesús chámao “o Espírito da Verdade”. Que se esconde nestas palabras de Xesús?

Este “Espírito da Verdade” non hai que confundilo cunha doutrina. Esta verdade non hai que buscala nos libros dos teólogos nin nos documentos da xerarquía. É algo moito máis profundo. Xesús di que “vive connosco e está en nós”. É alento, forza, luz, amor... que nos chega do misterio último de Deus. Temos que acollelo con corazón sinxelo e confiado.

Este “Espírito da verdade” non nos converte en “propietarios” da verdade. Non vén para que impoñamos a outros nosa fe nin para que controlemos a súa ortodoxia. Vén para non deixarnos orfos de Xesús, e invítanos a abrirnos á súa verdade, escoitando, acollendo e vivindo o seu Evanxeo.

Este “Espírito da Verdade” non nos fai tampouco “gardiáns” da verdade, senón testemuñas. O noso quefacer non é disputar, combater nin derrotar adversarios, senón vivir a verdade do Evanxeo e “amar a Xesús gardando os seus mandatos”.

Este “Espírito da Verdade” está no interior de cada un de nós defendéndonos de todo o que nos pode apartar de Xesús. Invítanos a abrirnos con sinxeleza ao misterio dun Deus, Amigo da vida. Quen busca a este Deus con honradez e verdade non está lonxe del. Xesús dixo en certa ocasión: “Todo o que é da verdade, escoita a miña voz”. É certo.

Este “Espírito da Verdade” invítanos a vivir na verdade de Xesús no medio dunha sociedade onde con frecuencia á mentira chámaselle estratexia; á explotación, negocio; á irresponsabilidade, tolerancia; á inxustiza, orde establecido; á arbitrariedade, liberdade; á falta de respecto, sinceridade...

Que sentido pode ter a Igrexa de Xesús se deixamos que se perda nas nosas comunidades o “Espírito da Verdade”? Quen poderá salvala do autoengano, as desviacións e a mediocridade xeneralizada? Quen anunciará a Boa Nova de Xesús nunha sociedade tan necesitada de alento e de esperanza?

José Antonio Pagola