6º boletín asemblea monte alto 15m-marzo 2012

4
Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 6 - marzo 2012 WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected] NovA RefoRmA LAboRAL. Se todas as reformas laborais que se lexislaron desde aqueles xa afastados Pactos da moncloa (27 de outubro de 1977) prexudicaron os intereses da clase traballadora, a reforma laboral imposta polo PP pretende rematar directamente con calquera, pequeno xa, dereito que nos puidera quedar. A nova reforma laboral, ou a nova entrega dunha reforma laboral que se xesta pouco a pouco desde o ano 2010, xa está en vigor desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial do Estado do sábado 11 de febreiro. Se todas as reformas laborais que se lexislaron desde aqueles xa afastados Pactos da Moncloa (27 de outubro de 1977) prexudicaron os intereses da clase traballadora, a reforma laboral imposta polo PP pretende rematar directamente con calquera, pequeno xa, dereito que nos puidera quedar. Todo o poder para os empresarios Coa nova reforma (perpetrada polo Goberno do PP e instigada, desde o Fondo Monetario Internacio- nal, Banco Central Europeo, UE, CEOE…) resérvase para o empresario desde o dereito á modificación das condicións de traballo, até o despido practica- mente gratis, a posibilidade de rescisións de con- tratos individuais e colectivos sen ter que xustificalos, precariza, aínda máis, a negociación colectiva. As medidas contra os dereitos dos traballadores e traballadoras son brutais, configurando un marco de relacións laborais máis próximo ao escravismo que ao que cabería esperar dunha sociedade que se di democrática, aproximándose, cada día máis, ao que se padece en países como China, India… A maioría dos despedimentos serán obxectivos: 3 Establece que as “perdas non previstas” ou a redución de vendas (non necesariamente perdas) durante tres trimestres serán suficiente para pro- ceder aos axustes de persoal, facilitando, deste xeito, o despido procedente (indemnización de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 men- sualidades). 3 Xeneraliza e rebaixa a indemnización por des- pedimento de 45 a 33 días por ano traballado e 24 mensualidades (agora son 42). 3 A indemnización por despido improcedente dos contratos formalizados con anterioridade á entrada en vigor do presente real decreto-lei calcularase a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á devan- dita data de entrada en vigor e a razón de 33 días de salario por ano de servizo polo tempo de pres- tación de servizos posterior. O importe indemniza- torio resultante non poderá ser superior a 720 días de salario, salvo que do cálculo da indemnización polo período anterior á entrada en vigor deste real decreto-lei resultase un número de días superior, en cuxo caso se aplicará este como importe indem- nizatorio máximo, sen que o devandito importe poida ser superior a 42 men- sualidades, en ningún caso 3 Os ERE (Expedientes de Regulación de Emprego) que fixan un despedi- mento de 20 días non necesitarán auto- rización administrativa. Só o xuíz poderá deter o procedemento. Todo o contrario que até agora que os ERE precisaban a autorización adminis- trativa previa sendo o empresario o que tiña que demostrar que a situación da empresa o requiría, agora son os traba- lladores os que teñen que demostrar que a situación da empresa non o require. Despido tamén na administración pública: 3 Abre a posibilidade de que os orga- nismos e entidades que forman parte do sector público invoquen causas econó- micas, técnicas, organizativas e de pro- dución para recorrer a un expediente de regulación de emprego. Esta medida pretende facilitar o redimen- sionamento das "estruturas administrati- vas que creceron desmesuradamente e que non son sostibles, nin existe unha pre- visión de que o sexan nos próximos anos”. Isto significa que os organismos e enti- dades do sector público que “non sexan viables nin se prevea que o poidan ser nos próximos anos” poderán acollerse a causas obxectivas de despedimento para redimensionar os cadros de persoal. Absentismo, se enfermas… despedido: 3 O absentismo laboral individual do traballador deixa de estar vinculado ao que se establece para o conxunto do persoal, co fin de facilitar o despedi- mento. Establécese, deste xeito, como causa legal de despido se o empregado/a falta o 20% da súa xornada hábil en dous meses consecutivos, ou o 25% en catro meses descontinuos. Así aínda que teñas unha gripe ou rompas un pé irás a tra- ballar con el colgando, porque as baixas (aínda xustificadas) inferiores a 20 días tamén computan como absentismo. Cunha xornada de traballo de luns a venres xúntanse uns 45 días de traballo, a falta de asistencia, aínda xustificada de 9 días seria causa de despedimento obxectivo (indemnización de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 men- sualidades e á rúa). 3 Coa escusa de controlar o absen- tismo, darase máis poder ás mutuas pa- tronais. A forma en que se concretará quedará recollida nunha futura lei de mutuas. Pasará, deste xeito, a xestión e control de baixas médicas dun orga- nismo independente (a Seguridade So- cial) a outro controlado directamente pola empresa que é quen contrata á mutua.

Upload: 15m-monte-alto-asamblea-popular

Post on 23-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

6º Boletín da Asemblea Monte Alto 15M-marzo 2012

TRANSCRIPT

Page 1: 6º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-marzo 2012

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 6 - marzo 2012

WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected]

NovA RefoRmA LAboRAL. Se todas as reformas laborais que se lexislaron desde aqueles xa afastados Pactosda moncloa (27 de outubro de 1977) prexudicaron os intereses da clase traballadora, a reforma laboral imposta polo PPpretende rematar directamente con calquera, pequeno xa, dereito que nos puidera quedar.

A nova reforma laboral, ou a nova entrega dunhareforma laboral que se xesta pouco a pouco desdeo ano 2010, xa está en vigor desde o día seguinteá súa publicación no Boletín Oficial do Estado dosábado 11 de febreiro.

Se todas as reformas laborais que se lexislarondesde aqueles xa afastados Pactos da Moncloa (27de outubro de 1977) prexudicaron os intereses daclase traballadora, a reforma laboral imposta poloPP pretende rematar directamente con calquera,pequeno xa, dereito que nos puidera quedar.

Todo o poder para os empresarios

Coa nova reforma (perpetrada polo Goberno do PPe instigada, desde o Fondo Monetario Internacio-nal, Banco Central Europeo, UE, CEOE…) resérvasepara o empresario desde o dereito á modificacióndas condicións de traballo, até o despido practica-mente gratis, a posibilidade de rescisións de con-tratos individuais e colectivos sen ter quexustificalos, precariza, aínda máis, a negociacióncolectiva.

As medidas contra os dereitos dos traballadores etraballadoras son brutais, configurando un marcode relacións laborais máis próximo ao escravismoque ao que cabería esperar dunha sociedade quese di democrática, aproximándose, cada día máis,ao que se padece en países como China, India…

A maioría dos despedimentos serán obxectivos:

3 Establece que as “perdas non previstas” ou aredución de vendas (non necesariamente perdas)durante tres trimestres serán suficiente para pro-ceder aos axustes de persoal, facilitando, destexeito, o despido procedente (indemnización de 20días por ano traballado cun máximo de 12 men-sualidades).

3 Xeneraliza e rebaixa a indemnización por des-pedimento de 45 a 33 días por ano traballado e 24mensualidades (agora son 42).

3 A indemnización por despido improcedente doscontratos formalizados con anterioridade á entradaen vigor do presente real decreto-lei calcularase arazón de 45 días de salario por ano de servizo polotempo de prestación de servizos anterior á devan-dita data de entrada en vigor e a razón de 33 díasde salario por ano de servizo polo tempo de pres-tación de servizos posterior. O importe indemniza-torio resultante non poderá ser superior a 720 díasde salario, salvo que do cálculo da indemnizaciónpolo período anterior á entrada en vigor deste realdecreto-lei resultase un número de días superior,en cuxo caso se aplicará este como importe indem-

nizatorio máximo, sen que o devanditoimporte poida ser superior a 42 men-sualidades, en ningún caso

3 Os ERE (Expedientes de Regulaciónde Emprego) que fixan un despedi-mento de 20 días non necesitarán auto-rización administrativa. Só o xuíz poderádeter o procedemento.

Todo o contrario que até agora que osERE precisaban a autorización adminis-trativa previa sendo o empresario o quetiña que demostrar que a situación daempresa o requiría, agora son os traba-lladores os que teñen que demostrar quea situación da empresa non o require.

Despido tamén na administraciónpública:

3 Abre a posibilidade de que os orga-nismos e entidades que forman parte dosector público invoquen causas econó-micas, técnicas, organizativas e de pro-dución para recorrer a un expediente deregulación de emprego.

Esta medida pretende facilitar o redimen-sionamento das "estruturas administrati-vas que creceron desmesuradamente eque non son sostibles, nin existe unha pre-visión de que o sexan nos próximos anos”.

Isto significa que os organismos e enti-dades do sector público que “non sexanviables nin se prevea que o poidan sernos próximos anos” poderán acollerse acausas obxectivas de despedimento para

redimensionar os cadros de persoal.

Absentismo, se enfermas… despedido:

3 O absentismo laboral individual dotraballador deixa de estar vinculado aoque se establece para o conxunto dopersoal, co fin de facilitar o despedi-mento.

Establécese, deste xeito, como causalegal de despido se o empregado/a faltao 20% da súa xornada hábil en dousmeses consecutivos, ou o 25% en catromeses descontinuos. Así aínda que teñasunha gripe ou rompas un pé irás a tra-ballar con el colgando, porque as baixas(aínda xustificadas) inferiores a 20 díastamén computan como absentismo.

Cunha xornada de traballo de luns avenres xúntanse uns 45 días de traballo,a falta de asistencia, aínda xustificadade 9 días seria causa de despedimentoobxectivo (indemnización de 20 días porano traballado cun máximo de 12 men-sualidades e á rúa).

3 Coa escusa de controlar o absen-tismo, darase máis poder ás mutuas pa-tronais. A forma en que se concretaráquedará recollida nunha futura lei demutuas. Pasará, deste xeito, a xestión econtrol de baixas médicas dun orga-nismo independente (a Seguridade So-cial) a outro controlado directamentepola empresa que é quen contrata ámutua.

Page 2: 6º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-marzo 2012

WWW.15m-AcoRuNA.com/moNTeALTo # # # [email protected]

WWW.15m-AcoRuNA.com/moNTeALTo # fAcebooK: 15 ASAmbLeA PoPuLAR De moNTeALTo

A negociación colectiva non servirápara nada:

3 Establece a prevaleza do convenio deempresa ao sectorial, deixando aos traba-lladores máis indefensos.

3 Os convenios non poderán prorrogarsedurante máis de dous anos unha vez denun-ciados. O coñecido como "ultraactividade" eque permitía ata agora a prórroga das con-dicións dos convenios ten así data de cadu-cidade. De non alcanzar un acordo, calqueradas partes poderá acudir á Comisión Consul-tiva de convenios Colectivos ou ao seu equi-valente autonómico, que nomeará un árbitroe resolverá en 25 días como máximo.

3 A partir de agora, os empresarios terána posibilidade de non respectar os acordosalcanzados durante a negociación colectiva,aducindo “razóns técnicas, organizativas oude produción", matizando que se entende-rán por tales aquelas que "estean relacio-nadas coa competitividade, produtividadeou organización técnica do traballo da em-presa". Esta flexibilidade afectaría a soldos,mobilidade funcional e xeográfica…

Os empresarios poderán baixar o soldodos seus traballadores "cando existan pro-badas razóns económicas, técnicas, organi-zativas ou de produción". No caso de queestas modificacións de soldo se fagan indi-vidualmente (é dicir, que afecten a menosde dez por cento dos traballadores na em-presa) os empresarios poderán aplicalasunilateralmente e tan só terán que comuni-calo ao traballador afectado e aos seus re-presentantes sindicais cun mínimo de 15días de antelación.

Se a rebaixa salarial é colectiva, só se re-quire a apertura dun período de consultascos representantes dos traballadores de nonmáis de 15 días, se non hai acordo o em-presario tan só ten que comunicárllelo aostraballadores e a decisión será efectiva aos7 días de ser comunicada.

Iso si, se o traballador non está deacordo poderá pedir a rescisión do seu con-trato e a súa indemnización de vinte díaspor ano traballado

contratación máis precaria e con máisbonificacións para os empresarios:

3 Crea "un contrato indefinido" cun períodode proba dun ano. Ao remate, ou duranteese período, pódese despedir gratis total.

3 O executivo crea un novo contrato paramozos nas pemes que combina o paro co sa-lario. O traballador seguirá cobrando o 25%do paro ao que tiña dereito mentres que oempresario poderá deixar de pagar o 50% doque lle correspondía da prestación á que tiñadereito o empregado durante un máximo dunano, (o empresario paga o salario con partedo paro do traballador/a, despois poderá des-pedilo por non pasar o período de proba).

3 A reforma impedirá, a partir do 31 dedecembro de 2012, encadear contratostemporais máis de 2 anos.

3 A idade máxima para acceder ao con-

trato de formación e aprendizaxe será de 30anos ata que a taxa de paro baixe do 15%.Despois de esgotar un período de formaciónnunha actividade, o traballador poderá uti-lizar o contrato de formación e aprendizaxenoutros sectores.

3 Crearase un contrato estable a tempo par-cial para “facilitar a contratación dos mozos oupersoas que, por exemplo, teñan que coidardun familiar”. Non obstante, Báñez recalcouque se tratará dunha vinculación laboral esta-ble, sen aclarar a que se refire.

3 Nas empresas de menos de 50 traballa-dores deduciranse 3.000 euros na contratacióndo primeiro traballador menor de 30 anos.

3 Bonificacións na cota da Seguridade So-cial. As empresas poderán aforrarse ata3.600 euros á hora de contratar de forma in-definida mozos entre 16 e 30 anos durantetres anos. A bonificación increméntase con-forme aumenta a antigüidade do traballador.

3 Establécese unha axuda de ata 4.500euros para os que dean traballo ás paradasde máis de 45 anos durante os tres primei-ros anos de contrato en función do sector ea razón de 1.500 euros ao ano. A axuda éde 4.200 euros durante todo o período seson homes.

3 En caso de suspensión temporal de tra-ballo por causa do deterioro da actividade,introdúcese unha bonificación do 50% dascotas empresariais á Seguridade Social dostraballadores afectados por redución de xor-nada, cunha duración de 240 días máximoe condicionada á estabilidade no emprego(polo menos un ano). Se ao final a empresaextingue o contrato, non se verá afectado odereito á prestación por desemprego.

outros “detalliños”:

3 Os parados que estean a cobrar prestaciónterán que realizar "un traballo social", me-diante convenios de colaboración coas admi-nistracións públicas. O tempo que se tería queempregar na procura de traballo haberá queestar traballando, mentres o subsidio chegue,subsidio que non se pode esquecer que pro-vén dos descontos que, na nómina, se lle vanrealizando ao propio traballador.

Outro efecto desta norma é que facilitará odespedimento dos traballadores da adminis-tración pública que agora fan as funciónsque dentro de pouco realizarán eses "volun-tarios/as".

3 Regúlase que as empresas de traballotemporal poidan funcionar como axencias

de colocación, o que supón, na práctica aprivatización do INEM.

3 Propón un plan especial da Inspecciónde Traballo para combater a fraude e a eco-nomía somerxida.

3 O traballador terá dereito a 20 horas deformación ao ano pagadas polo empresario.Realizarase unha lei de formación profesio-nal na que se recollerán os cambios no as-pecto de formación, que se consensuaráncos sindicatos.

Resumindo, por moito que insistan, estareforma non se fixo para que o paro dimi-núa, todo o contrario, fíxose para abarataros custos da produción, a través do despe-dimento, practicamente gratis, do empregode calidade convertendo o pouco que secree en absolutamente precario e sen de-reito ningún, iso si altamente subvencio-nado. Pon nas mans da empresa toda acapacidade de decisión e deixa sen ningúnvalor real a negociación colectiva.

A reforma anti-laboral xa foi rexeitada porcentos de miles de traballadores que se mo-bilizaron nas rúas das principais cidades doestado convocados polo sindicatos goberna-mentais, manifestacións ás que acudimos o15M baixo lemas como o usado na cidadeda Coruña, “meNoS PAcTAR e máiS foLgA

xeRAL” pois, así como rexeitamos a actitudedos dirixentes destes sindicatos, queremosestar preto dos traballadores e traballadorascando se mobilizan.

Tamén acudimos ás convocatorias de sindi-catos máis reivindicativos apoiando a con-vocatoria da imprescindible folga xeral quedinamice a saída do círculo de paro e pre-cariedade laboral, económica e social des-eñadas desde os estamentos políticos eeconómicos máis neoliberais e concentradasen reformas coma a que, primeiro o PSOEe agora o PP nos impoñen.

A reforma do PP cumpre e incrementa, atélímites até agora nunca vistos, os obxectivosdas entregas anteriores, máis flexibilidade,paro e precariedade, impoñendo aos traba-lladores e traballadoras (en activo ou des-empregados) o pago dunha crise da quenon somos culpables.

E ameazan con máis: comezan agora acuestionar a lei de folga, quérena modificar,non para ampliar as posibilidades do seuuso senón para restrinxilas. Queren, sen dú-bida, pechar o círculo, por un lado arreba-tarnos os dereitos, por outro laminar aposibilidade de resposta.

Os dereitos que foron conseguidos despoisde anos de loitas dos que nos antecederonestán a ser eliminados dun xeito sistemá-tico. É unha obriga deixarlle ás xeraciónsque nos sucedan, cando menos, os mesmosdos que nós gozamos. g

PoR uNhA SAíDA SociAL á cRiSe!coNTRA A eScRAviTuDe LAboRAL,

foLgA xeRAL!

Page 3: 6º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-marzo 2012

WWW.15m-AcoRuNA.com/moNTeALTo # # # [email protected]

WWW.15m-AcoRuNA.com/moNTeALTo # fAcebooK: 15 ASAmbLeA PoPuLAR De moNTeALTo

PlatafoRma Pola mobilidade da coRuña

RecoRtaR os RecoRtes

De tanto recortar a esta crise mesmo lle recortaron o apelido: financeira.

Esta non é unha crise do modelo de pen-sións, nin sanitario, nin de mercado laboral.E tampouco se vai solucionar recortando encalquera destes piares do estado de benes-tar. Como todo o mundo sabe é unha crisede crédito e consumo. Levamos xa anos(e van para catro, desde 2008) inmersosnunha situación que, para a maioría dos ci-dadáns, non fai senón empeorar. E digo amaioría dos cidadáns porque para unha mi-noría esta é unha situación de bonanza (afábrica de coches Porsche acaba de habilitarunha terceira rolda de traballo, ata as vin-tecatro horas diarias e en España a vendade coches de luxo aumentou un 28% )

Os recortes e reformas que se están le-vando a cabo o único que van facer é trans-formar nunha crise permanente a situaciónde millóns de cidadáns e ademais estansepoñendo os ladrillos e a base da seguintecrise. ¿Por que? Porque imos vivir nunhasituación de precariedade laboral per-petua, tendo que pagar cun soldo min-guante servizos, por exemplo os médicos,que ata agora eran de balde, e tendo queacudir ao crédito como única vía de subsis-tencia. Un dato: no Reino Unido o 50% dosdesafiuzamentos son por non poder pagaras facturas médicas.

É unha verdade económica: nun sistemabaseado no consumo alguén ten que gastaros seus cartos en bens ou servizos produci-dos por outro. Se cae o consumo privado in-terno dun país (empresas e persoas nongastan o seu diñeiro) e non aumentan asexportacións, ten que ser o sector público oque o gaste, para introducir diñeiro no sis-

tema e que se cre emprego; sempre se fixoasí en situacións de contracción de de-manda interna. Pero na situación actual enque se acaba de fixar un teito de déficit, istoxa non é posible, polo menos ata o límite donecesario para relanzar a economía, e for-mando parte do euro non podemos depre-ciar a moeda para que aumenten desemodo as exportacións (algo que por certobeneficia a Alemaña!!…). Co cal o empregovai tardar moitísimo en recuperarse (noXapón levan máis de vinte anos en crise) eo Estado para financiarse non poderá facelosó a través dos impostos que recade: teráque emitir máis débeda… ata o límite de dé-ficit e a partir de aí ¿que pasa se o Estadosegue necesitando cartos? PRIVATIZAR.Que é o verdadeiro obxecto desta crise, quenon lles caiba dubida que é provocada cunobxectivo: que os países europeos privati-cen os seus sistemas sanitarios e educati-vos. Terrorífico. (Calcúlase que os sistemassanitarios europeos suporían uns tres TRI-LLÓNS de dólares… anuais )

¿É que non hai alternativa? Por su-posto que si. Transformar a economía deespeculativa a produtiva. ¿Como? Lexis-lando, facendo que os políticos fagan oseu traballo e beneficien coas súas leis ámaioría dos cidadáns e con iso á economíaenteira. Facendo, nestes momentos de faltade crédito na sociedade, que sexan as per-soas as que se beneficien do crédito e nonsó os bancos. Facendo que todos sexamosiguais ante os impostos (por exemplo que acompravenda de accións non estea comple-

tamente exenta de IVE ¿..?) e que aberra-cións como os paraísos fiscais desaparezan(acertadamente Strauss-Khan, antigo direc-tor de FMI, dixo que “a crise remataría se seentrara con tanques nos paraísos fiscais”) edeixen de ser un moderno refuxio para o di-ñeiro onde os dirixentes desta Plutocracia(forma de goberno do Estado no que opoder está en mans dos ricos ou moi influ-ído por eles) atesouran baixo chave o bene-ficio que a sociedade xera e que ao nontributar non ten ningún retorno cara ás per-soas que o fixeron posible.

Tamén é certo que non todo depende dospoderes políticos e económicos; cada cida-dán pode facer algo fundamental para quenon fagan o que lles veña en gana e axudarao cambio: informarse e protestar, na rúa,non na barra dun bar ou no salón de casa,porque non está todo perdido. entre todospódense cambiar as cousas. g

A plataforma constituíuse a finais do pasadoano, e está formada actualmente polos se-guintes colectivos e asociacións: AA.VV. deAtochas-Monte Alto, Torre de Hércules, Oza-Gaiteira-Os Castros, Labañou, Os Rosais;Liga Estudantil Galega; Comités; IESGA;AEGEE; Mobi-Liza; Plataforma Galega Salvao Tren; Asembleas do 15M de Monte Alto,Agra do Orzán e A Ría; Rede de DereitosSociais; Acsur Las Segovias-Galiza; Verde-gaia; cooperativa de consumo responsableZocaminhoca; Greenpeace e ADEGA.

Todos estes grupos constituíron a plata-forma en torno a un manifesto pola mobili-dade, que é o que os une. Resumo domanifesto (pódelo ler completo no blog:http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org)

1. Os e as viandantes, a bicicleta e o trans-porte público, teñen que ser prioritariossobre o transporte particular.

2. Manifestamos a nosa oposición á retiradado carril bus, xa que entendemos que oplan alternativo empeorará o servizo do

transporte público e diminuirán as frecuen-cias, e empeorará a circulación da cidade.

3. A necesidade de seguir ampliando e me-llorando o transporte público e fomentar oseu uso en detrimento do coche particular.

6. A importancia da creación dunha mesacidadá onde estean presentes asocia-cións veciñais, ecoloxistas e de con-t ido soc ia l , as í como plataformasv inculadas ao t ransporte sost ib le[. . .] A defensa do comercio local .

7. Revisar o convenio coa Compañíade Tranvías para que quen marqueas l iñas e planif ique o transporte nacidade sexa o Concel lo.

8. Reduc ión das tar i fas de bus ac-tuais e mel lora nos s istemas de re-carga para que sexan s inxe los demanexar e al leos ás ent idades ban-car ias

O pasado mércores 8 de febreiro leva-mos a cabo a primeira acción reivindi-cativa repartindo información entre osusuarios e usuarias do bus urbano ecompartindo as súas inquedanzas. Aorematar, leuse o manifesto na Praza dePontevedra, ante máis de cen persoas e va-rios medios de comunicación. g

4. Elaboración dun Plano de Mobilidade na áreametropolitana que sexa independente dos cam-bios que se produzan nos gobernos municipais.

5. A mellora e ampliación das vías peonís eo fomento do uso da bicicleta nos traxectosurbanos e interurbanos.

Page 4: 6º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-marzo 2012

WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO

NoN me TiReS cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. PáSAme.

iniciativa lexislativa PoPulaR (ilP) Pola sanidade Pública

A plataforma SOS Sanidade Pública ten querecoller 15.000 firmas en Galicia antes do27 de maio. Esta iniciativa pretende mantera sanidade pública como servizo universal,gratuíto e de calidade, cunha coberturaequilibrada para toda a poboación e en todoo territorio galego. A Asemblea do 15M deMonte Alto colabora nesta recollida de firmas. g

meSAS iNfoRmATivAS:

Sábado 3 de marzo. Rúa Real de 18 a 20h.

xoves 8 de marzo. Praza de Ourense de 18h a 20h.

martes 13 de marzo. Praza de España de 12h a 14h.

os RecoRtes PRofundan a nosa PRecaRiedade

É certo que as mulleres fomos conquistandodereitos democráticos que melloraron nal-gúns aspectos a nosa situación, pero é ne-cesario aclarar que ninguén nos regalounada. Todos e cada un lográmolos coa nosaloita. E agora, no escenario actual, cando osistema capitalista está inmerso nunha pro-funda crise, os gobernos ao servizo de em-presarios e banqueiros pretenden saír destaimpoñéndonos un retroceso histórico nasnosas condicións de vida; xa que impón ámuller a desigualdade salarial, a preca-riedade e o paro, tentando eliminar os pou-cos dereitos de igualdade conquistados.

A conxelación de cadros de persoal no sec-tor público tamén prexudica especialmenteás mulleres por varias razóns. Primeiro, por-que as mulleres son as que en maior nú-mero se veñen incorporando a el e, sobretodo, en ámbitos máis feminizados (sani-dade e educación) onde os recortes estánsendo máis amplos como consecuencia deque en realidade non se busca aforrar gastosenón privatizar servizos públicos para po-ñelos a disposición das grandes empresas ebancos.

As mulleres representan o 30,05% dos fun-cionarios pero o 51,09% dos contratados la-borais e o 55,64% do persoal eventual.

E, doutra banda, mentres que representano 70% do corpo e categoría máis baixos -C2- só o 29,13% do persoal do corpode maior rango -A1-, son mulleres, todoiso segundo o último informe do Ministeriode Facenda sobre persoal ao servizo do Sec-tor Público Estatal 2009. Ademais, as mulle-res ocupan no sector público os postos máisprecarios e xa que logo máis afectados polosrecortes en número e gasto de persoal.

Os recortes sanitarios significan unha maiorcarga para as mulleres e un empeoramentodas nosas condicións de vida, ao descargarsobre as nosas costas o coidado dos enfermosou maiores. Outro tanto ocorre co empeora-mento da atención sanitaria, con recortes queafectan directamente a cuestións tan vitaiscomo a detección do cancro, ou a falta de or-zamento para a lei de interrupción voluntariado embarazo, o que significa a imposibilidadede abortar para a maioría das mulleres.

Os recortes da sanidade en Catalunya sig-nifican a perda de polo menos 4000 empre-gos no sector sanitario, e prevese que osrecentes ataques á educación van provocaro despedimento duns 3000 docentes, só naComunidade de Madrid. Lamentablementeé a muller a que debe atender o coi-dado e a educación dos fillos que tantogobernos autonómicos como o central estándescargando da educación pública. Estesbrutais recortes afectan directamente a sec-tores nos que a muller traballadora é maio-ría, o que significa empuxar ao paro (e xaque logo á volta ao fogar) a un gran númerode mulleres, impoñéndolles un claro retro-ceso na súa autonomía e devolvéndoas ádependencia económica.

A redución progresiva do investimento pú-blico en sanidade, educación e servizos so-ciais, vén acompañada ademais daprivatización ou privatización encuberta dopúblico que levamos anos soportando por-que non hai orzamento para aplicar as leisaprobadas nestes anos en defensa dos de-reitos das mulleres: a Lei de protección con-tra a violencia de xénero, Lei de Igualdade,Lei de interrupción voluntaria do emba-razo... non só se aplican de forma insufi-ciente por falta de recursos de todo tipo,senón que na práctica están paralizadas.

A moratoria na posta en marcha da Lei de De-pendencia supón así mesmo un prexuízo,posto que son mulleres a inmensa maio-ría de quen asumen a tarefa de coidarás persoas dependentes fóra (case o 95%no caso das auxiliares das residencias) oudentro dos seus domicilios ou familias (enmáis ou menos a mesma proporción).

O que virá inevitablemente será unha modi-ficación da división do traballo para volver aesquemas patriarcais que implican especiali-zar ás mulleres nunha dobre tarefa laboral:a non retribuída na súa familia e a puntual,e mal pagada, no mercado de traballo. Ou oque é o mesmo, unha versión posmodernada pata crebada e en casa do franquismo.

Como mulleres, desde hai anos as reformaslaborais nos afectaron de tal maneira quehoxe nós somos as que sufrimos máis paro(o paro feminino aumentou o dobre

que o masculino na na comarca de co-ruña no 2010), máis contratación tempo-ral e a tempo parcial (é dun 19,8% enmulleres e en homes dun 5,3%, UXT), me-nores salarios (un 23% menos en Galicia-UXT) tanto na nosa vida laboral como naxubilación (500€ de media, ata un 39%menos que os homes) coa conseguinteperda de poder adquisitivo. O adiamento damellora na pensión de viuvez tamén afectaespecialmente ás mulleres posto que hai un44,5% que son viúvas fronte a só un 12,2%dos homes. Algo máis do 70% de quen re-ciben as máis baixas pensións non contribu-tivas son mulleres.

A conxelación do salario mínimo (por vezprimeira desde 1967) prexudica considera-blemente máis ás mulleres, porque un15,5% delas gañan menos que o salario mí-nimo (enquisa de Estrutura Salarial 2010),especialmente a algúns colectivos como aodo servizo doméstico (que emprega a686.000 persoas das cales o 90% son mu-lleres) posto que a súa retribución se fixatomándoo directamente como referencia.

As mulleres, ao gozar de menor renda, se-remos especialmente prexudicadas pola re-forma do IRPF cuxo custo, comodemostraron os técnicos do Ministerio deFacenda, vai recaer principalmente sobre aspersoas con menores niveis de ingresos.

WWW.15m-AcoRuNA.com/moNTeALTo # # # [email protected]

8 de marzo. Día internacional da muller.

concentración ás 20:00 diante da Dele-gación do Goberno. g