32º domingo tob 2012 bene pagola
TRANSCRIPT
11 de novembro de 201232º Tempo ordinario (B)
Marcos 12, 38-44Red evangelizadora BUENAS NOTICIASAnuncia O Evanxeo vivido polos sinxelos. Pásao.
José Antonio Pagola
Música:Over 20 Raibow;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
O contraste entre as dúas escenas non
pode ser máis forte.
Na primeira, Xesús pon á xente en garda fronte aos dirixentes
relixiosos:
"Coidado cos letrados!",
o seu comportamento pode facer moito
dano.
Na segunda, Na segunda, chama os seus chama os seus discípulos para discípulos para que tomen nota que tomen nota do xesto dunha do xesto dunha viúva pobre: viúva pobre:
a xente sinxela a xente sinxela poderalles poderalles
ensinar a vivir o ensinar a vivir o Evanxeo.Evanxeo.
É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega Xesús É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega Xesús para desenmascarar a falsa relixiosidadepara desenmascarar a falsa relixiosidade
dos escribas. dos escribas. Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de ostentación. Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de ostentación. Buscan vestir de modo especial e ser saudados con reverencia Buscan vestir de modo especial e ser saudados con reverencia
para sobresaír sobre os demais,para sobresaír sobre os demais, imponerse e dominarimponerse e dominar..
A relixión sérvelles para alimentar fatuidade. Fan
"longos rezos" para impresionar.
Non crean comunidade, pois colócanse
por enriba de todos. No fondo, só pensan en
si mesmos. Viven aproveitándose das persoas débiles ás que deberían servir.
Marcos non recolle as palabras de Xesús para condenar os escribas
que había no Templo de Xerusalén antes da súa destrución, senón
para poñer en garda ás comunidades cristiás para as que
escribe.
Os dirixentes Os dirixentes relixiosos han de relixiosos han de ser servidores da ser servidores da
comunidade. comunidade. Nada máis. Nada máis.
Se o esquecen Se o esquecen son un perigo son un perigo para todos. para todos.
Hai que Hai que reaccionar para reaccionar para que non fagan que non fagan
danodano.
Na segunda escena, Xesús está sentado enfronte da arca das
ofrendas. Moitos ricos van
botando cantidades importantes: son os
que sosteñen o Templo.
De súpeto achégase unha muller. De súpeto achégase unha muller. Xesús observa que bota dúas moediñas de cobre. É Xesús observa que bota dúas moediñas de cobre. É
unha viúva pobre, maltratada pola vida, unha viúva pobre, maltratada pola vida, soa e sen recursos. soa e sen recursos.
Probablemente vive mendigando a carón do Templo.Probablemente vive mendigando a carón do Templo.
Conmovido, Xesús Conmovido, Xesús chama chama
rapidamenterapidamente os seus os seus
discípulos. discípulos. Non han de Non han de
esquecer o xesto esquecer o xesto desta muller, pois, desta muller, pois,
aínda que está aínda que está pasando pasando
necesidade, necesidade, ““botou todo o que botou todo o que tiña para vivir"tiña para vivir". .
Mentres os letrados viven
aproveitándose da relixión, esta
muller despréndese de
todo polos demais,
confiando totalmente en
Deus.
O seu xesto descóbrenos o corazón O seu xesto descóbrenos o corazón da verdadeira religión: da verdadeira religión:
confianza grande en Deus, confianza grande en Deus, gratuidade sorprendente, gratuidade sorprendente,
xenerosidade e amor solidario, xenerosidade e amor solidario, sinxeleza e verdade.sinxeleza e verdade.
Non coñecemos o nome Non coñecemos o nome desta muller nin o seu desta muller nin o seu
rostro. rostro. Só sabemos que Xesús Só sabemos que Xesús
viu nela un viu nela un modelo para os futuros modelo para os futuros
dirixentes dirixentes da súa Igrexa.da súa Igrexa.
Tamén hoxe, tantas mulleres e homesTamén hoxe, tantas mulleres e homes de fe sinxela e corazón xeneroso son o mellorde fe sinxela e corazón xeneroso son o mellor
que temos na Igrexa. que temos na Igrexa. Non escriben libros nin pronuncian sermóns, Non escriben libros nin pronuncian sermóns,
pero son os que manteñen vivo entre nós pero son os que manteñen vivo entre nós o Evanxeo de Xesús. o Evanxeo de Xesús.
Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos. Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos.
O MELLOR DA IGREXA O contraste entre as dúas escenas non pode ser máis forte. Na primeira, Xesús pon a xente en garda
fronte aos dirixentes relixiosos: "Coidado cos letrados!", o seu comportamento pode facer moito dano. Na segunda, chama os seus discípulos para que tomen nota do xesto dunha viúva pobre: a xente sinxela poderalles ensinar a vivir o Evanxeo.
É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega Xesús para desenmascarar a falsa relixiosidade dos escribas. Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de ostentación. Buscan vestir de modo especial e ser saudados con reverencia para sobresaír sobre os demais, impoñerse e dominar.
A relixión sérvelles para alimentar fatuidade. Fan "longos rezos" para impresionar. Non crean comunidade, pois colócanse por enriba de todos. No fondo, só pensan en si mesmos. Viven aproveitándose das persoas débiles ás que deberían servir.
Marcos non recolle as palabras de Xesús para condenar os escribas que había no Templo de Xerusalén antes da súa destrución, senón para poñer en garda as comunidades cristiás para as que escribe. Os dirixentes relixiosos han de ser servidores da comunidade. Nada máis. Se o esquecen, son un perigo para todos. Hai que reaccionar para que non fagan dano.
Na segunda escena, Xesús está sentado enfronte da arca das ofrendas . Moitos ricos van botando cantidades importantes: son os que sosteñen o Templo. De súpeto achégase unha muller. Xesús observa que bota dúas moediñas de cobre.É unha viúva pobre, maltratada pola vida, soa e sen recursos. Probablemente vive mendigando a carón do Templo.
Conmovido, Xesús chama rapidamente os seus discípulos. Non han de esquecer o xesto desta muller, pois, aínda que está pasando necesidade, “botou todo o que tiña para vivir". Mentres os letrados viven aproveitándose da relixión, esta muller despréndese de todo polos demais, confiando totalmente en Deus.
O seu xesto descóbrenos o corazón da verdadeira relixión: confianza grande en Deus, gratuidade sorprendente, xenerosidade e amor solidario, sinxeleza e verdade. Non coñecemos o nome desta muller nin o seu rostro. Só sabemos que Xesús viu nela un modelo para os futuros dirixentes da súa Igrexa.
Tamén hoxe, tantas mulleres e homes de fe sinxela e corazón xeneroso son o mellor que temos na Igrexa. Non escriben libros nin pronuncian sermóns, pero son os que manteñen vivo entre nós o Evanxeo de Xesús. Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos.
José Antonio Pagola