2014.gal balance 2009-2011
DESCRIPTION
Balance 2009-2011 da Axenda Dixital elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foi presentado o pasado 2 de maio de 2012 aos integrantes do pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga) xunto co plan de traballo deste organismo, dependente da Amtega, para 2012TRANSCRIPT
Edita:
Xunta de Galicia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Lugar: Santiago de Compostela
Ano: 2012
Este documento distribúese baixo licenza Creative Commons 3.0 Spain Atribution/Non Comercial. Compartir baixo a mesma licenza dispoñible en: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
Índice
I. Introdución ................................................................................................... 1
II. Iniciativas transformadoras ...................................................................... 3
III. Balance 2009-2011. Axenda Dixital de Galicia ................................. 10
III.i. COHESIÓN SOCIAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL ............................................... 10
III.ii. ADMINISTRACIÓN EFICIENTE E AUSTERA ......................................................... 16
III.iii. DINAMIZACIÓN ECONÓMICA, CRECEMENTO E EMPREGO: ECONOMÍA
DO COÑECEMENTO ................................................................................................. 30
IV. Balance 2011 en cifras .......................................................................... 38
V. Balance económico .............................................................................. 50
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
1
I. Introdución
Europa atópase nun momento de transformación económica e social
profunda, unha transformación cara un novo modelo produtivo que debe ser
capaz, de forma sostible, de xerar emprego e de lograr unha mellor calidade
de vida para todos os cidadáns.
Neste marco de transformación profunda que caracteriza o panorama
económico actual, o goberno galego segue a traballar activamente pola
modernización do modelo socioeconómico de Galicia, como factor
imprescindible para atenuar os efectos da crise e lograr a recuperación do
noso territorio. Un camiño de modernización posto en marcha a través do
Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 (2020), primeira estratexia global de
planificación económica e social da historia de Galicia.
Esta modernización baséase no rigor e na responsabilidade como principios
básicos, na austeridade, no control do gasto e do déficit público, e na
priorización de investimentos con maior impacto na nosa Comunidade
Autónoma, como é o caso dos investimentos tecnolóxicos.
Todos principios de actuación, que están no ADN deste Goberno, e que fan
que Galicia, por primeira vez na historia, sitúe a súa débeda pública por
debaixo da media da débeda pública do resto das comunidades.
Este rigor e responsabilidade están dando os seus froitos, podendo manter os
servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación ou os servizos
sociais, e podendo apostar por fortes investimentos en sectores chave da
economía do futuro como son o sector da economía do coñecemento ou o
sector da economía da saúde.
O futuro pasa por proseguir coa actual política de control de déficit público e
de disciplina orzamentaria e, a partir de aí, proseguir coas políticas de
investimento e incentivación dos diferentes sectores industriais, e coas
políticas de apoio á internacionalización das nosas empresas. Galicia debe
exportar máis e debe ser capaz de atraer máis investimento que facilite a
creación de riqueza e de novos empregos.
O pulo do sector da economía do coñecemento é premisa obrigatoria para
conseguir este futuro, por ser un sector estratéxico e por ser claro catalizador
da competitividade do resto de sectores.
O impacto que teñen as TIC no crecemento dunha rexión é unha realidade
innegable: explican case un 25% do crecemento anual do PIB da UE,
proporcionan máis do 40% dos aumentos anuais de produtividade na UE e
constitúen un elemento dinamizador do emprego ao inducir a creación de
até 6 postos de traballo por cada emprego directo que se crea no sector. Un
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
2
sector tecnolóxico forte é imprescindible nesta nova era da economía
dixital.1
Por este motivo, o Goberno galego fixo fai tempo unha aposta pola
tecnoloxía, unha aposta pola economía do coñecemento a través dunha
nova folla de ruta: 2014.gal Axenda Dixital de Galicia.
Unha folla de ruta que cumpre agora dous anos dende a súa posta en
marcha. Dous anos nos que se puxeron en marcha iniciativas altamente
transformadoras que marcan un cambio de rumbo claro no xeito de facer as
cousas no referente ás políticas tecnolóxicas da Xunta de Galicia.
Iniciativas, das que a través deste documento se fai balance, que supoñen
ata o de agora unha achega da Xunta de Galicia de 506 millóns de euros no
período 2009 – 2011 e que mobilizaron case 154 millóns de euros de
investimento privado, o que fai un total de máis de 660 millóns de euros de
investimento para o desenvolvemento das diferentes actuacións derivadas
da Axenda Dixital de Galicia.
Un investimento que seguirá a medrar nos vindeiros anos, nos que se seguirá a
traballar para avanzar na consecución dos obxectivos estratéxicos recollidos
na devandita Axenda para lograr a inclusión de Galicia no novo contexto
dixital europeo de forma definitiva no horizonte 2014.
1 Todos os datos son extraídos do informe “Plan Avanza2: Estratexia 2011-2015”
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
3
II. Iniciativas transformadoras
Unha política tecnolóxica única para Galicia
Qué fixemos?
Na presente lexislatura, a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) supuxo un punto de inflexión na orientación das políticas
tecnolóxicas da Xunta de Galicia.
É o instrumento que permite o desenvolvemento da política
tecnolóxica global da administración autonómica, unha
estratexia tecnolóxica única para Galicia.
Unha estratexia que vai acompañada da consolidación e homoxeneización da infraestrutura tecnolóxica mediante a súa incorporación nun único CPD que dará
servizo a toda a administración galega de forma centralizada.
Cales son os resultados?
Un mellor emprego dos recursos tecnolóxicos para dar soporte ás políticas sociais e
económicas:
Poñer baixo a mesma dirección a 558 tecnólogos, integrando así os
recursos humanos, materiais e orzamentarios nunha única área tecnolóxica.
Aforrar 20 millóns de euros anuais, derivados da supresión de 15
departamentos administrativos e do aforro do 40% do espazo.
Un CPD que integrará funcións de 80 CPD existentes ata o de agora na
Comunidade Autónoma, que constituirá o corazón dixital de Galicia e que
permitirá un aforro de 3 millóns de euros anuais en enerxía, mantemento e
espazos.
A centralización de compra tecnolóxica, o que está a permitir, entre
outros, aforros como o do 37% en licenzas de software en tres anos e do
30% en servizos de certificación dixital en dous anos, ou que as
operadoras de telecomunicacións invistan 4 millóns de euros na
comunidade nos próximos 3 anos grazas á renegociación dos contratos de
telecomunicacións.
Unha estratexia que vai ac
infraestrutura tecnolóxicaservizo a toda a administrac
Cale ulta
Aforramos máis de 20M€ anuais
= +
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
4
O camiño cara a Administración electrónica: o Plan de Modernización da Administración Pública
Qué fixemos?
Cara a conseguir unha administración para todos os cidadáns, accesible as 24 horas
ao día e os 7 días á semana, a Xunta
de Galicia puxo en marcha no ano
2010 o Plan de Modernización da Administración Pública.
Cales son os resultados?
No ano 2010 Galicia aproba un decreto que fixa as bases para o
desenvolvemento futuro da administración electrónica na Xunta de
Galicia e nas entidades dependentes.
A implantación da sede electrónica que xa permite a presentación
telemática de máis de 200 trámites, 16% do total de trámites dispoñibles,
porcentaxe que se irá incrementando ata o 95% a finais de 2012.
A dixitalización do DOG co conseguinte aforro de máis de 1.100.000
euros desde a súa posta en marcha en maio de 2011, ao eliminarse o uso do
papel.
Desenvolvemento do sistema de facturación
electrónica. A Xunta de Galicia é una das
administracións autonómicas que menos tarda en pagar aos seus provedores.
Novo Sistema de Licitación Electrónica (SILEX): Desde a súa posta en marcha o pasado mes de maio,
xa se realizaron por vía telemática o 14,71% dos
procesos de licitación .
Acreditación dixital dos empregados públicos, da que xa dispoñen un
total de 1.370 profesionais da Xunta de Galicia e que serán 3.000 no
primeiro semestre de 2012.
Galicia é unha das catro comunidades autónomas que ofrece ás
entidades públicas galegas o servizo de certificación dixital de balde.
Galicia é a segunda comunidade que conta cun decreto, aprobado en
2011, que regula a presenza da Administración en Internet co obxecto de
facilitar a reutilización, por parte de cidadáns e empresas, dos datos que
xera a administración pública; garantir a transparencia informativa e
impulsar a participación cidadá a través das redes sociais avanzando así
cara un Goberno aberto.
No ano 2010 Ga
desenvolveme
ción para 4 horas
ta
da
horas s s s s s s s s s s s s s
ao eliminarse o uso do
ón
das
n
X):io,
dos
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
5
Renovación do portal web corporativo da Xunta de Galicia, máis
intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán, converténdose no terceiro máis
accesible de todos os portais das comunidades autónomas.
Formación dos empregados públicos na eAdministración: No anos 2010
e 2011 impartíronse máis de 2.000 edicións formativas con máis de 46.000
horas de formación no eido das TIC.
A vertebración territorial a través da Rede: Plan de Banda
Larga
Qué fixemos?
Na presente lexislatura, púxose en marcha o Plan de Banda Larga, que define por primeira vez unha estratexia
global de despregamento de redes de telecomunicacións para Galicia.
Supón unha aposta por achegar as redes de banda larga de calidade a todos os galegos, cun foco claro no
ámbito rural como elemento de inclusión social e de loita contra a fenda dixital.
Cales son os resultados?
O desenvolvemento das redes de telecomunicacións na nosa comunidade,
garantindo a toda a sociedade galega o acceso ás novas tecnoloxías, que se
materializa en:
Un aumento da poboación con cobertura de banda larga de calidade:
en só ano e medio pasouse dun 71,8% a un 88,64%. Isto quere dicir, que xa
se cubriu case o 60% dos habitantes obxectivo e que neste momento xa 2.481.811galegos poden acceder á rede.
Posibilitar o acceso ás redes de nova xeración por parte de máis dun
millón de galegos.
Redución da fenda dixital: se reduciu en máis dun 70% as diferenzas
existentes na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias
do interior e as do eixo atlántico, pasando de 20 puntos porcentuais a 5,5
a diferenza media de dispoñibilidade de acceso á banda larga.
loita contra a fenda dixit
458.000 galegos que xa poden acceder á Banda Larga
1Millón de galegos con acceso a redes de
nova xeración
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
6
Os galegos: unha cidadanía dixital
Qué fixemos?
Para poder garantir a eficaz transición cara a Sociedade da Información e o Coñecemento, é necesario dotar á
cidadanía das competencias e formación necesarias no
ámbito das novas tecnoloxías. A adquisición de coñecementos TIC constitúe un valor crítico na formación
básica de toda a cidadanía.
Nesta liña púxose en marcha a rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), como elemento
fundamental da estratexia da Xunta de Galicia para achegar as novas tecnoloxías á sociedade galega.
Cales son os resultados?
En marzo do 2011 tivo lugar a posta en marcha da rede, como servizo
público e gratuíto a disposición da cidadanía.
Ao longo do ano inauguráronse novas aulas, mellorouse a interconexión
das existentes incorporándoas á rede corporativa da Xunta de Galicia e
púxose en marcha a web da rede.
A Rede xa conta con 98 aulas repartidas en 92 concellos de 53 comarcas.
A oferta de formación, chegou a máis de 10.200 usuarios mediante os
máis de 2.110 cursos sumando máis de 18.000 horas formativas, das cales
preto do 15% impartíronse a profesionais TIC e preto do 17% a empregados
públicos.
Modernización e Innofundamental da estratexisociedade galega.
98 aulas 2.110 cursos
18.000 horas
formativas
10.200 usuarios
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
7
A transformación do sistema educativo: proxecto Abalar
Qué fixemos?
Nunha aposta decidida por poñer en marcha estratexias transformadoras no sistema educativo, xorde o Proxecto Abalar.
O proxecto Abalar dota de equipamento e infraestruturas aos centros de educación, e insta á
participación do conxunto da poboación galega nas novas tecnoloxías e facilita as relacións entre os membros da comunidade escolar, mediante a plataforma web
espazoAbalar.
Cales son os resultados?
Favorecer a conversión de colexios e institutos galegos en centros educativos
dixitais, mediante a integración das tecnoloxías da información e da comunicación en
todos os ámbitos educativos:
Dixitalización de 1.460 aulas pertencentes a
370 centros educativos, acadando así un total
de 31.680 alumnos galegos beneficiados desta
iniciativa.
O portal espazoAbalar, un ano despois do seu
lanzamento conta con máis de 415.000 visitas,
máis de 900 recursos educativos, máis de
340.000 contidos descargados e máis de
45.000 accesos por parte das familias
usuarias.
Co fin de asegurar o óptimo aproveitamento do proxecto, deuse formación
a máis de 400 coordinadores e 8.000 profesores, impartíndose máis de 20.000 horas de formación entre os coordinadores e o profesorado
Abalar.
A modernización da xustiza: Plan Senda 2014
Qué fixemos?
Cara a lograr unha xustiza máis transparente,eficaz e próxima á cidadanía, a Xunta de Galicia puxo en
marcha o Plan Senda 2014. O plan establece por
primeira vez unha folla de ruta para integrar as TIC no ámbito xudicial galego, aspecto fundamental para
conseguir logo a maior eficacia da Nova Oficina Xudicial.
participación do conxunto
relacións entre os membrespazoAbalar
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
8
Cales son os resultados?
Un investimento de máis de 10,3 millóns de euros ata o de agora na que destacan:
A renovación de 1.933 equipos informáticos chegando ao 85% do equipamento con antigüidade menor de 5 anos.
A instalación dunha rede de
videoconferencia que da servizo ás
salas do 100% dos órganos
preferentes.
A implantación do sistema LEXNET de
comunicacións electrónicas securizadas
a través do cal enviáronse máis de 1
millón de notificacións telemáticas
entre xulgados, procuradores e
avogados.
A implantación do sistema de rexistro civil en liña Inforeg ao que xa
acceden o 99% dos xulgados de paz.
A realización de case 800 actividades formativas, orientadas a capacitar
aos usuarios nos novos sistemas de información e nos novos avances
tecnolóxicos no ámbito xudicial.
Unha aposta por seguir sendo líderes na modernización da
Sanidade: Estratexia Sergas 2014
Qué fixemos?
A Xunta de Galicia apostou pola mellora continua do sistema sanitario e o uso das TIC como puntos clave da Estratexia Sergas 2014. Nesta estratexia os proxectos
InnovaSaúde e Hospital 2050 supoñen un elemento
fundamental para potenciar o sector da economía da saúde e desenvolver servizos sanitarios innovadores que
redunden nunha maior calidade de vida dos cidadáns.
Cales son os resultados?
No 2010 elaborouse o “Mapa de Capacidades tecnolóxicas de Galicia
no ámbito sanitario” que recolle as capacidades e experiencia tecnolóxica
dos axentes TIC galegos neste eido, materializado nun total de 162
proxectos desenvolvidos por 43 axentes.
No 2011 a Xunta de Galicia puxo en marcha as iniciativas Hospital 2050 e
INNOVASaúde, dous proxectos centrados na mellora da prestación
sanitaria e dos servizos asistenciais e cun novo modelo de hospitalización
que vai permitir deseñar o hospital do futuro, dotados con 90 millóns de
euros.
No 2010 elaborou
no ámbito sanita
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
9
O 93% das receitas que se dispensan en
Galicia xa se fan de xeito electrónico, 78
puntos porcentuais máis que no 2009, o que
reduciu máis de 2 millóns de citas para
acudir a recoller receitas.
O 100% do persoal médico ten acceso á
historia clínica electrónica (IANUS), e case o
95% da imaxe médica é accesible desde
IANUS, permitindo unha redución do custo de 2,7 millóns de euros anuais na impresión
de placas radiolóxicas.
Case o 99% dos centros de saúde de toda Galicia xa dispoñen de
servizos de telemedicina.
O impulso a proxectos de alto impacto no ámbito tecnolóxico
Qué fixemos?
Nunha aposta polo desenvolvemento de grandes proxectos tecnolóxicos
innovadores con alto valor engadido en Galicia, a Xunta de Galicia impulsou
diferentes iniciativas de apoio económico a este tipo de proxectos.
Cales son os resultados?
A Xunta de Galicia investiu nos tres últimos anos máis de 86 millóns de
euros para impulsar o desenvolvemento do sector da economía do
coñecemento e para apoiar a implantación das novas tecnoloxías nas
empresas, conseguindo mobilizar máis de 117 millóns de euros de capital
privado. Por tanto, un investimento total de case 205 millóns para o
desenvolvemento de máis de 1.400 proxectos tecnolóxicos en Galicia.
A finais de 2010 creouse a Plataforma de Innovación Sanitaria para o
desenvolvemento de proxectos innovadores no eido sanitario, no que
Galicia é referente.
Activación do fondo de capital risco
“Fondo Tecnolóxico I2C” cun orzamento
inicial de 20 millóns de euros, para
proxectos empresariais de base
tecnolóxica ao abeiro do Plan I2C.
Aprobación da convocatoria do programa FEDER – Innterconecta para Galicia que mobilizará un
investimento total de máis de 60 millóns de euros para proxectos
tecnolóxicos altamente innovadores.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
10
III. Balance 2009-2011. Axenda Dixital de Galicia
III.i. COHESIÓN SOCIAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
Os principios de cohesión social e equilibrio territorial recollidos no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 están reforzados polas actuacións de 2014.gal
orientadas á redución da fenda dixital e ao desenvolvemento das infraestruturas
de telecomunicacións.
En ambos casos, constitúen un piar indispensable para lograr a vertebración
territorial e a inclusión social da nosa comunidade en canto que o seu
despregue posibilita a todos os galegos o acceso á rede e garanta o acceso
igualitario aos contidos e servizos avanzados da sociedade da información.
Vertebración territorial
Grazas ao Plan de Banda Larga o 88,64% dos galegos xa
dispoñen de acceso á rede
Posibilitouse o acceso á banda larga de calidade a case o 70%
dos servizos públicos sen cobertura e a máis do 70% dos parques
empresariais e polígonos industriais con carencias no servizo
Máis de 1 millón de galegos xa poden acceder a redes de nova
xeración de 100 Mbps
Cunha aportación da Xunta de Galicia nos anos 2010 e 2011 de
38,5 millóns de euros, conseguiuse xerar un investimento total de
87,5 millóns de euros no desenvolvemento de redes de
telecomunicacións
Elaborouse o Anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das
infraestruturas de telecomunicacións de Galicia
Antes da posta en marcha do Plan de Banda Larga, en torno a 2 millóns de
galegos dispoñían da posibilidade de acceso á banda larga de calidade (o
71,8% da poboación), quedando máis de 786.000 sen dita posibilidade.
A día de hoxe e grazas ás actuacións do Plan xa postas en marcha,
acadáronse case os 2 millóns e medio de galegos con cobertura de banda
larga de calidade (o 88,64% da poboación). É dicir, dotouse de cobertura a
case 458.000 habitantes dos 786.000 que non dispoñían de cobertura a inicios
do Plan, cubrindo case o 60% da poboación obxectivo do mesmo.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
11
Conseguiuse tamén posibilitar o acceso ao servizo de banda larga de
calidade a case o 70% dos servizos públicos sen banda larga a inicios do
Plan. E logrouse por outra banda, garantir a cobertura de internet a máis do
70% dos parques empresariais e polígonos industriais con carencias de
cobertura (tan só quedan 6 polígonos e parques empresariais por cubrir).
Ademais, no último ano posibilitouse o acceso a redes de nova xeración de
100Mbps a 354.161 galegos, que sumados aos galegos cubertos no 2010 son
un total de 1.065.736 contando cos principais núcleos das 7 grandes cidades
galegas.
Cun investimento público nos anos 2010 e 2011 de 38,5 millóns de euros para
o desenvolvemento destas actuacións, conseguiuse mobilizar un investimento privado de 49 millóns de euros, o que supón un investimento
total de 87,5 millóns de euros. En total, estas actuacións do Plan xa iniciadas
contan cunha subvención da Xunta de de Galicia de case 80M€, coa que se
conseguirá xerar un investimento total de máis de 236M€ rematado o ano
2013.
No marco do Plan de Banda Larga cómpre destacar o importante papel que
xoga o operador público de telecomunicacións
Retegal. Constitúe un elemento chave para cumprir cos obxectivos de cobertura de Internet
previstos polo Plan xa que o aproveitamento das
infraestruturas públicas está a permitir acelerar e
optimizar o despregamento de redes de banda
larga no rural de Galicia.
Finalmente salientar a elaboración do Anteproxecto de Lei de impulso e
ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia. A norma, a
primeira coa que contará Galicia neste ámbito, ten como obxectivo axilizar
e facilitar o despregamento ordenado de infraestruturas
de telecomunicacións en todo o territorio dun xeito homoxéneo, harmónico e
respectuoso co ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural.
786.000 habitantes
534.800 habitantes
Evolución da poboación sen banda larga
2009
318.189 habitantes 2011
2010
Xa se cubriu case o 60% da poboación sen banda larga no 2009
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
12
Redución da fenda dixital
Redución da fenda con España e Europa
Galicia experimentou, ata o de agora, un incremento do 34,73% de fogares con conexión de banda larga contratada con respecto ao ano 2009. Isto supón un incremento porcentual moi superior respecto á media estatal (20,66%) e á media europea
(21,43%)
Púxose en marcha un programa de axudas que subvencionará o 40% do custo mensual da conexión a Internet ás familias galegas
con menos recursos
Galicia segue a avanzar cara a converxencia con España e Europa e aposta por iniciativas destinadas a minimizar a fenda dixital existente no emprego de novas tecnoloxías.
Con respecto ao ano 2009, no 2011 aumentouse case un 35%2 a penetración da banda larga nos fogares galegos, superando notablemente o incremento da media nacional (20,66%) e da media europea (21,43%).
Para incrementar este valor e sendo consciente do esforzo económico que supón para algunhas familias acceder a este servizo, a Xunta de Galicia destinará no ano 2012 máis de 570.000 euros a unha nova liña de axudas que permitirá subvencionar a contratación de Internet, de polo menos 1 Mbps, a máis de 3.000 familias galegas con rendas per cápita iguais ou inferiores a 9.000 euros.
2 Todos os datos son extraídos do OSIMGA 2011 a partir de datos INE 2011 (Galicia e Estado),
Eurostat (UE27).
38,3% dos fogares
46,5% dos fogares
Evolución dos fogares conectados á banda larga
2009
51,6% dos fogares 2011
2010
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
13
Por outra banda, o Plan de Banda Larga está a lograr os obxectivos de contribuír ao impulso da penetración da internet de calidade na contorna rural e ademais, grazas á extensión de redes de nova xeración, tamén contribúe no aumento da contratación de servizos na contorna urbana.
Así, grazas ao Plan, incorporáronse á Rede máis de 61.000 familias (altas), o que se traduce en case 164.000 galegos accedendo á internet por primeira vez.
Redución da fenda interna entre a Galicia rural e urbana
Desde o 2009 ata agora, reduciuse de 20 a 5,5 puntos porcentuais a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á
banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico
A cobertura poboacional pasou dun 42,2% a finais de 2009 a un 76,10% a comezos de 2012 nos núcleos de menos de 100 habitantes, e dun 63% a un 88,77% en núcleos de entre 100 e
1.000 habitantes
A dispersión da poboación e a complicada xeografía son os factores que
determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia. Existen claras
diferenzas entre as provincias do interior e as do eixo atlántico, e entre o
entorno rural e o urbano.
Non obstante, grazas ao Plan Banda Larga, a día de hoxe, xa se reduciu en
máis dun 70% as diferenzas existentes no relativo ao acceso á banda larga
entre as provincias do interior e as do eixo atlántico.
É dicir, conseguiuse reducir a diferenza media de dispoñibilidade de acceso
á banda larga de 20 a 5,5 puntos porcentuais entre as provincias de Lugo e
Ourense -caracterizadas por unha maior compoñente rural - e as provincias
de A Coruña e Pontevedra.
A Coruña - Pontevedra Lugo - Ourense
0% 100%
Cobertura
Banda larga 2009
0% 100%
Evolución da fenda dixital entre provincias
20 puntos
5,5 puntos
Cobertura
Banda larga 2011
A Coruña - Pontevedra Lugo - Ourense
0% 100%
CoberturaBanda larga
2009
0% 100%
Evolución da fenda dixital entre provincias
untos20 pun
5,5 puntos5,Cobertura
Banda larga 2011
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
14
Ademais, con respecto á contorna rural, cómpre destacar os niveis de
cobertura de poboación acadados. Concretamente, pasouse dun 42,2% a
finais de 2009 a un 76,10% a comezos de 2012 nos núcleos de menos de 100 habitantes, e dun 63% a un 88,77% en núcleos de entre 100 e 1.000
habitantes.
Inclusión dixital
No 2011 púxose en marcha a Rede de Centros para a
Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT)
Co novo Plan de Formación 2012 triplicarase o número de
actividades formativas de 2011 e incrementarase preto dun 50%
o número de usuarios
En marcha o Programa de Voluntariado Dixital, que xa conta
coa participación de 133 voluntarios e 57 entidades
A rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica púxose en
marcha en marzo do 2011 co obxectivo de integrar e fomentar o uso das TIC
na sociedade galega como medio para o impulso do emprego e a
competitividade empresarial.
Constitúe unha peza clave para contribuír
ao cumprimento dos obxectivos estratéxicos
de vertebrar territorial e socialmente Galicia,
en especial onde a fenda dixital faise máis
evidente.
A día de hoxe, esta Rede xa conta con 98
aulas repartidas en 92 concellos nas que
impartíronse máis de 2.110 actividades
formativas das que foron beneficiados case
10.200 usuarios.
Co fin de seguir impulsando a alfabetización dixital da sociedade galega e
co incentivo de mellorar a prestación do servizo, púxose en marcha o Plan de
Formación 2012, que triplica o número de actividades formativas e incorpora
novidades enfocadas a mellorar a aprendizaxe e o aproveitamento da
formación.
Concretamente, este plan conta con 17 novos cursos, 9 en formato online, e
establece itinerarios formativos co fin de orientar á cidadanía dun xeito máis
efectivo no proceso de capacitación dixital.
Esta iniciativa está a complementarse co Programa de Voluntariado Dixital,
outra das actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia no ámbito
da alfabetización dixital e que foi posta en marcha en xaneiro de 2012.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
15
Esta actuación suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das
empresas TIC e o
aproveitamento das
infraestruturas públicas
para contribuír á
incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía
galega, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como
ferramenta.
Nesta primeira convocatoria do programa, da que xa forman parte 133
voluntarios e 57 entidades, as actuacións orientaranse especialmente aos
maiores e ás persoas con discapacidade, por ser os que presentan máis
posibilidades de verse afectados pola fenda dixital.
Así, as actividades recollidas neste programa permitirán estender ao longo de
2012 a oferta pública de alfabetización dixital a 3.500 persoas maiores e a
oito federacións de persoas con discapacidade, que representan o 92%
deste colectivo en Galicia.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
16
III.ii. ADMINISTRACIÓN EFICIENTE E AUSTERA
O eixo de actuación correspondente á administración austera, eficiente e
cercana ao cidadán fundaméntase na consolidación da administración
pública como un ente prestador de servizos de calidade á cidadanía que
realiza as súas funcións en base aos principios de austeridade e
racionalidade do gasto.
Para conseguir estes obxectivos, 2014.gal conta coas liñas estratéxicas que
apostan pola inclusión das TIC en todos os ámbitos dos servizos públicos que
deriven nun incremento do benestar e calidade de vida dos cidadáns
(“Administración intelixente”) así como pola transversalidade, eficiencia e
aforro de custos por parte da administración (“Administración eficiente”).
eAdministración
No 2011 púxose en marcha a sede electrónica da Xunta de
Galicia, que xa permite presentar de xeito telemático un total de
229 procedementos
O 25% das facturas tramitadas pola Xunta de Galicia xa se fai de
modo electrónico
O 14,71% dos procesos de licitación realizáronse por vía
telemática grazas ao novo Sistema de Licitación Electrónica
(SILEX)
Preto de 1.400 empregados públicos xa dispoñen de tarxeta con
sinatura dixital
O DOG permitiu un aforro de máis de 1.100.000 euros no tempo
transcorrido desde o inicio do seu proceso de dixitalización
No 2010 aprobouse o decreto polo que se regula o desenvolvemento da
Administración electrónica na Xunta de Galicia co obxectivo final de garantir
aos cidadáns a posibilidade de relacionarse telematicamente coas
administracións consolidando unha administración máis transparente e
aberta aos cidadáns as 24 horas os 365 días do ano.
No marco deste decreto, o pasado mes de setembro entrou en
funcionamento a sede electrónica da Xunta de Galicia que representa unha
nova forma de realizar as xestións públicas, sen condicionantes horarios nin
de espazo, de xeito gratuíto, coa máxima seguridade e contribuíndo a un uso
máis eficaz dos recursos públicos.
A día de hoxe se poden presentar de xeito telemático na sede un total de
229 procedementos, preto do 16% do total de trámites dispoñibles. Antes do
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
17
inicio do Plan de Modernización só o 4% dos procedementos se podían
presentar de xeito telemático.
Respecto ao Sistema Electrónico de Facturación (SEF), posto en marcha en
2010, cómpre salientar que no 2011 o 25% do total das facturas recibidas na
Xunta de Galicia fíxose de xeito electrónico, fronte o 20% acadado no ano
anterior.
Ademais no 2011 desenvolveuse o Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) que permite que as empresas poidan presentar as súas ofertas aos concursos
públicos por vía telemática. Desde a súa posta en marcha o pasado mes de
maio, case o 15% dos procesos de licitación se realizaron por vía telemática.
Este novo sistema está preparado para
xestionar todo o proceso de contratación
desde a fase de publicación en internet dos
procedementos de contratación iniciados ata
a firma do contrato, permitindo realizalo con
maior axilidade, eficiencia e con menores
custos.
Do mesmo xeito, o decreto da eAdministración tamén regula a acreditación
dixital de cidadáns e empregados públicos. Nesta liña a Xunta está a
desenvolver o proxecto Kronos que dotará a un total de 3.000 empregados
públicos de tarxeta con sinatura dixital no primeiro semestre de 2012, e da
que dispoñen actualmente preto de 1.400 profesionais públicos.
Outra das iniciativas postas en marcha no último ano foi a eliminación da
publicación en papel do Diario Oficial de Galicia, o que permitiu simplificar os
procesos de produción, reducir o tempo de edición, a racionalización do
gasto e a difusión gratuíta do boletín. Esta medida posibilitou un aforro de
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
18
máis de 1.100.000 euros no tempo transcorrido desde o inicio do seu proceso
de dixitalización.
Finalmente sinalar a aprobación no 2011 do decreto que establece o marco
xurídico do Sistema Único de Rexistro. Este decreto regula a organización e o
funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas
instrumentais galegas, aos efectos de impulsar a utilización de medios
electrónicos baixo criterios de simplificación administrativa.
Presenza nas redes sociais
Galicia aproba un decreto que regula a presenza da
Administración en Internet co obxecto de garantir a
transparencia informativa e impulsar a reutilización de
información e a participación cidadá a través das redes sociais
O portal da Xunta de Galicia conta con máis de 8.000
seguidores nas redes sociais e tivo máis de 12 millóns de visitas
de 114 países
O pasado mes de outubro foi aprobado o decreto que regula a presenza da
Administración en Internet, situando a Galicia como a segunda comunidade
autónoma que conta cunha norma destas características.
O seu obxectivo principal é conseguir
unha administración máis
transparente e colaborativa,
avanzando cara un Goberno aberto
que promova unha participación
efectiva a través das canles sociais e
sente as bases dunha futura
edemocracia.
A Administración autonómica
incrementou progresivamente a súa
presenza nestas canles e actualmente
conta con 101 canles en redes sociais
como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr,
Youtube e Vimeo. O portal corporativo www.xunta.es conta con máis de
8.000 seguidores en Facebook e Twitter e con case 145.000 no total de canles
que o conxunto das consellerías teñen nestas redes.
Este decreto aborda tamén a reutilización de datos que obran en poder do
sector público, ao impulsar o movemento Open Data na Xunta de Galicia.
Esta medida constitúe un elemento xerador de emprego e riqueza ao abrir a
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
19
posibilidade de novas oportunidades de negocio para emprendedores que
poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta
información.
En liña cos obxectivos deste decreto, a Xunta de Galicia renovou a súa web
de cabeceira para convertela nun espazo cada vez máis intuitivo, sinxelo e
accesible ao cidadán acadando maiores cotas de interactividade e
potenciando o uso das redes sociais como canle de diálogo.
O portal da Xunta de Galicia, que en 2011 recibiu máis de 12 millóns de
visitas de 114 países, é o terceiro máis accesible de todos os portais
corporativos das Comunidades Autónomas, segundo o último informe do
Observatorio de Accesibilidade do Ministerio Política Territorial e
Administración Pública.
Servizos públicos
e - Sanidade
O 93% das receitas que se dispensan en Galicia xa se fan de
maneira electrónica, 78 puntos porcentuais máis que no 2009
O 100% do persoal médico ten acceso á historia clínica
electrónica (IANUS)
Case o 95% da imaxe dixital é accesible desde IANUS,
permitindo unha redución do custo de impresión de placas
radiolóxicas de 2,7 millóns de euros anuais
Case o 99% dos centros de saúde de toda Galicia xa dispoñen
de servizos de telemedicina
A implantación da e-receita constitúe un factor chave na mellora da
calidade asistencial do paciente, ao permitir que este non teña que
desprazarse ao centro de saúde para recoller as receitas dos fármacos xa
prescritos.
A este respecto máis do 99,7% da cidadanía benefíciase actualmente da súa
implantación, pasando dun 15% de receitas
dispensadas electronicamente no 2009 a un
93% a finais de 2011.
Este proxecto supón a base sobre a que se
sustenta o catálogo priorizado de
medicamentos, que xunto con outras
medidas levadas a cabo para a contención
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
20
do gasto farmacéutico, supuxo un aforro entre xaneiro e outubro por riba dos
84 millóns, situando Galicia como a Comunidade Autónoma que máis
reduciu a súa factura farmacéutica nos dez primeiros meses do ano cun
10,57%, fronte á media do Estado que foi do 8,31%.
En canto á imaxe dixital cómpre sinalar
que actualmente a súa implantación
acada case o 95%, mellorando a calidade
da asistencia e diminuíndo os tempos de
espera entre a realización da proba e
interpretación radiolóxica desta. A súa
implantación supón unha redución do custo de impresión de placas radiolóxicas
de 2,7 millóns de euros anuais.
A imaxe dixital de todas as probas radiolóxicas está a integrarse na historia
clínica electrónica, á que xa desde o 2010 teñen acceso todos os
profesionais e da que se beneficia case o 100% da poboación.
Outra medida a destacar corresponde ao impulso que desde a Consellería
de Sanidade se está a dar aos servizos de telemedicina. Mentres que no 2009 unicamente o 29% dos centros de saúde de Galicia dispoñían deste servizo, a
día de hoxe case o 99% xa teñen implantado este sistema, redundando
nunha mellor atención ao paciente evitando desprazamentos aos hospitais e
a duplicidade de probas, axilizando o diagnóstico e reducindo as esperas.
Por outra banda e como unha aposta por incentivar a participación cidadá
no eido da saúde, creouse no 2009 a Escola Galega de Saúde para
Cidadáns.
Esta iniciativa, que contou coa participación de máis de 3.500 persoas no
2011, realiza actividades tanto de xeito presencial como telemático
orientadas a prover de información, formación, habilidades e coñecementos
en procesos de saúde e de enfermidade a pacientes, coidadores e cidadáns
co fin de mellorar a súa calidade de vida e potenciar a súa participación
segura nas decisións sobre os seus procesos.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
21
e – Benestar
As persoas con discapacidade xa dispoñen de dispositivos
tecnolóxicos adaptados as súas necesidades en 160 centros
públicos da Xunta de Galicia
En marcha un sistema de videointerpretación que porá a
disposición de 84.000 persoas con discapacidades auditivas
unha forma alternativa de acceder á información do 012
No ámbito do benestar, o Goberno galego segue a apostar por consolidar
unha comunidade galega competente tecnoloxicamente que poida
acceder de xeito igualitario aos contidos e servizos dixitais.
Así a Xunta avanzou no desenvolvemento do proxecto TIC TAC Galicia, que
dotado cun investimento de 820.000 euros, permitiu que no 2011 un total de
160 centros públicos pertencentes a distintas consellerías e departamentos
autonómicos contasen con equipamento adaptado para persoas con
discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou
motora.
Ademais a Xunta puxo en marcha un
servizo de videointerpretación en lingua de signos que permite que as persoas con
discapacidade auditiva poidan acceder á
mesma información que se facilita a través
do 012. Este servizo se ofrece de xeito
presencial no Rexistro Xeral da Xunta de
Galicia e das delegacións e a través do
portal corporativo.
Galicia é a segunda Comunidade Autónoma que facilita esta prestación da
que se poden beneficiar máis de 84.000 galegos e que permite eliminar as
barreiras de comunicación existentes entre as persoas xordas e as persoas
oíntes.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
22
e - Educación e cultura
O Proxecto Abalar xa dispón de máis de 1.400 aulas dixitalizadas
e beneficia a máis de 31.600 alumnos
O espazoAbalar conta con máis de 415.000 visitas, 900 recursos
educativos e máis de 340.000 contidos descargados
Aprobouse o proxecto de Lei de bibliotecas de Galicia que
permitirá avanzar na idea dunha verdadeira biblioteca pública
dixital
Actualmente, no marco do proxecto Abalar, cóntase con máis de 1.400
aulas dixitalizadas pertencentes a 370 centros educativos repartidos polas
catro provincias galegas, 784 aulas máis que con respecto ao 2010.
Ademais, coa adscrición no último ano dos cursos de 6º Educación Primaria e
2º de Educación Secundaria ao plan, xa son máis de 31.600 os alumnos
beneficiarios desta iniciativa, máis do dobre que a finais do 2010 (14.500).
En paralelo, púxose en marcha o Programa Kits de Aula Dixital para os
centros non Abalar, onde se dotou de 626 kits de aula dixital compostos por
un encerado dixital interactivo, un proxector e un portátil de profesor en 547
centros.
Para garantir o éxito neste proceso e o uso eficaz dos recursos tecnolóxicos
nas escolas, recibiron formación máis de 400 coordinadores e 8.000
profesores, impartíndose máis de 20.000 horas de formación. Adicionalmente,
tamén se realizou formación destinada aos familiares e ao alumnado.
Con todo, destácase a consolidación do espazoAbalar como punto de
encontro na Rede de toda a Comunidade educativa que, un ano despois do
seu lanzamento, conta con máis de 415.000 visitas, 900 recursos educativos e
máis de 340.000 contidos descargados polos usuarios. Ademais neste período
Antes de 2009 Curso 2009/2010 Curso 2010/2011 Curso 2011/2012
Centros educativos tradicionais
FASE II ABALAR.
31.500 alumnos/as beneficiados, 1.400 aulas dixitalizadas en 370
centros Abalar.
20.000 horas de formación.
900 recursos educativos
415.000 visitas ao espazoAbalar
Definición da estratexia de
modernización do sistema educativo
galego
FASE I ABALAR.
14.500 alumnos/as
beneficiados, 700 aulas dixitalizadas
en 297 centros educativos
4.000
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
23
foron rexistrados máis de 45.000 accesos por parte de pais e nais interesados
en levar a cabo o seguimento académico dos seus fillos/as.
Por outro lado, no eido cultural saliéntase o esforzo adicado a modernizar e potenciar o sistema bibliotecario galego.
Con este fin aprobouse a finais de 2011 o anteproxecto de Lei de Bibliotecas
que aposta, entre outros, pola dixitalización das coleccións, de xeito que se
garante un uso universal e se preserve todo o material existente para as
xeracións vindeiras.
Neste sentido cabe destacar Galiciana, un sistema de almacenamento,
xestión e difusión dixital que ofrece aos usuarios unha gran colección en rede
de reproducións dixitais de documentos orixinais de bibliotecas de Galicia.
A día de hoxe xa permite a consulta, lectura e descarga de 3.642 obras entre
as que destacan 75 manuscritos, 3.139 libros impresos do século XV ao
século XX, 260 cabeceiras da prensa galega e 186 de cartografía, entre
outros. Esta fonte dixital está en continuo progreso e nela tamén se
almacenan outros materiais como gravados, debuxos, carteis, fotografías,
gravacións sonoras e gravacións audiovisuais.
e – Xustiza
O Goberno galego investiu máis de 10,3 millóns de euros na
mellora e renovación do equipamento e das infraestruturas
tecnolóxicas do eido xudicial
Instalouse unha rede de videoconferencia nas sedes xudiciais
galegas
Máis de 1 millón de notificacións realizáronse por vía telemática
a través da aplicación Lexnet, dez veces máis que no 2009
Realizáronse preto de 800 actividades formativas que
beneficiaron a case 4.000 profesionais do ámbito xudicial
galego
No 2010 a Xunta aprobou o Plan Senda 2014, que cun investimento de 34
millóns de euros, establece por primeira vez unha folla de ruta para a
implantación das TIC na Xustiza.
Desde a súa posta en marcha investíronse
máis de 10, 3 millóns destinados á renovación do equipamento e das infraestruturas
tecnolóxicas da Administración da Xustiza en
Galicia. Entre as accións que se
desenvolveron está a dotación dunha rede
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
24
de videoconferencia nos órganos xudiciais, á que hai que engadir as 500
licenzas de videoconferencia persoal, que darán servizo ao 63% das salas de
vistas e ao 100% dos órganos preferentes (salas do penal, menores, violencia
de xénero e vixilancia penitenciarias).
Ademais renovouse o equipamento ofimático cunha antigüidade superior a
5 anos instalándose un total de 1.933 ordenadores nas sedes xudiciais de A
Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Pontevedra. Con esta actuación pasouse de
dispor dun 37,4% de equipos renovados no 2009 a preto dun 85% a finais de
2011.
Dentro do proxecto de modernización da Administración da Xustiza, os
sistemas de información constitúen un piar fundamental polo que se tomaron
medidas para consolidar o seu uso, favorecendo así o acceso da cidadanía
e profesionais á información xudicial e aos servizos por medios telemáticos.
Concretamente no 2010 implantouse o
sistema Lexnet que permite o intercambio
seguro de información a través da vía
telemática entre xulgados, procuradores e
avogados.
A día de hoxe, todos os órganos xudiciais
da provincia da Coruña, dispoñen deste
sistema consolidándose o seu uso con
máis de 1 millón de notificacións nesta provincia no último ano, un valor dez
veces superior ao correspondente ao 2009.
Por outra banda, estase a rematar a posta en marcha do sistema de Rexistro
Civil en Liña (Inforeg) ao que teñen acceso xa o 99% dos Xulgados de Paz e
completouse a formación aos usuarios destes organismos. Este sistema
permite realizar de forma centralizada a inscrición e certificación de
nacementos, matrimonios, defuncións e tutelas nos 45 Rexistos Civís
municipais e nos 270 Xulgados de Paz repartidos por toda Galicia.
Ademais, cabe destacar a implantación no 2011 do sistema informático
Simelga, que permitirá dotar aos 109 profesionais do Imelga dun sistema de
xestión dos procedementos do traballo forense co fin de garantir e simplificar
o acceso á información e facilitar a homoxeneización dos criterios de
recollida de información en todas as áreas do Instituto.
No eido formativo e co fin de lograr a adaptación dos usuarios aos novos
sistemas de información, o Plan Senda 2014 contempla unha liña específica
de formación que supuxo a realización de case 800 actividades formativas
impartidas nas catro provincias galegas, das que se beneficiaron preto de
4.000 usuarios.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
25
Formación dos empregados públicos
Impartíronse máis de 2.000 edicións formativas con máis de
46.000 horas de formación orientadas ao desenvolvemento das
competencias dixitais dos empregados públicos
Aprobouse o decreto que regula a certificación de
competencias dixitais en ofimática (CODIX)
No 2011 continuouse a impulsar a formación dos empregados públicos no
eido das TIC co fin de avanzar cara unha administración máis eficaz que
conte con profesionais máis capacitados dixitalmente.
Así desde o 2010 impartíronse máis de 2.000 edicións formativas con máis de
46.000 horas de formación no eido das TIC orientados á aplicación das novas
tecnoloxías nos diferentes servizos públicos como son a e-administración, a
educación, a sanidade ou a xustiza.
Ademais, no eido formativo cabe salientar a aprobación do decreto que
regula o proceso para obter un certificado de competencias dixitais en
ofimática (CODIX).
Con este Decreto, a Administración autonómica establece un mecanismo
normalizado de certificación de competencias dixitais en ofimática tanto
para persoal das Administracións públicas como para o resto da cidadanía.
Ademais, ofrece ás empresas e ás administracións públicas un estándar de
referencia á hora de avaliar o nivel de competencia en ofimática das persoas empregadas e das que aspiran a un posto de traballo.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
26
Administración eficiente e austera
A creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica
agrupará baixo unha única dirección a 558 tecnólogos da
Administración autonómica, e permitirá un aforro anual de 20
millóns de euros
A integración das funcións de máis de 80 CPDs existentes ata
agora nun único CPD permitirá un aforro anual de 3 millóns de
euros
Coa negociación conxunta de contratos públicos aforrarase un
promedio de 37% nas licenzas de software e conseguirase que as
operadoras invistan 4 millóns de euros na comunidade nos
próximos 3 anos
A rede de emerxencias única blindará as 24 horas a
comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se
dedican á emerxencia en Galicia
O OSIMGA consolídase como órgano asesor único para a
valoración da evolución da sociedade da información
O Plan FLOSS da Xunta de Galicia permitiu desenvolver preto de
120 actuacións orientadas a impulsar o uso do software libre e
de fontes abertas no sector empresarial e na sociedade en xeral
En liña coas políticas actuais de austeridade e eficiencia aprobouse o
pasado mes de decembro o Decreto polo que se crea a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O obxectivo é consolidar un modelo de xestión
integrado das TIC na Administración autonómica,
poñendo baixo a mesma dirección a 558 tecnólogos,
suprimindo 15 departamentos administrativos e
acadando un aforro de espazo do 40% e de custos do 20%, é dicir, 20 millóns
de euros anuais.
Unha estratexia que vai acompañada da
consolidación e homoxeneización da infraestrutura
tecnolóxica mediante a súa incorporación nun único
CPD que dará servizo a toda a administración galega
de forma centralizada e permitirá un aforro de custos de aproximadamente 3
millóns de euros.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
27
Do mesmo xeito esta iniciativa permitirá centralizar as compras tecnolóxicas.
Así, mediante a agrupación de contratos de licenzas de software para as
consellerías e organismos dependentes da Xunta de Galicia, conseguiranse
mellorar as condicións de compras aforrando un promedio de 37% en tres
anos.
Ademais procedeuse á renegociación dos contratos de telecomunicacións
conseguindo a conxelación das tarifas e que as operadoras invistan 4 millóns
de euros na comunidade nos próximos 3 anos. Concretamente a operadora
R destinará o 18% do importe do seu contrato de máis de 27 millóns de euros
a investimentos nas telecomunicacións da Comunidade Autónoma, e
Telefónica dedicará o 21% do seu contrato de máis de 6 millóns de euros a
mellorar as telecomunicacións da Xunta de Galicia.
A isto hai que engadir que tamén grazas á negociación con Telefónica a
comezos de 2011, conseguiuse un aforro anual de 1,7 millóns de euros no
custo das liñas telefónicas non integradas na rede corporativa da
Administración.
Como unha aposta máis para reaproveitar
os recursos existentes e evitar duplicidades
cabe salientar a creación en 2010 do
Observatorio da Sociedade da Información
e a Modernización de Galicia (OSIMGA), que fusionou os dous observatorios
existentes anteriormente (OGSI e OCEG) neste ámbito e consolidouse como o
instrumento único para desenvolver estudos e análises de datos sobre a
situación da sociedade da información en Galicia, a modernización
administrativa e a administración electrónica.
No ano 2011 o OSIMGA publicou 17 informes e realizou o seguemento de
máis de 300 indicadores sobre equipamento e uso das TIC nas Empresas, no
sector TIC, na administración electrónica nos concellos e na Xunta de Galicia
e diversos estudos temáticos sobre software libre, banda larga e uso das TIC
para a integración laboral das persoas con discapacidade. O OSIMGA
monitoriza o estado da Sociedade da Información a través do seu Sistema de
Indicadores no marco do III Plan Galego de Estatística 2007-2011.
Durante este ano, o Observatorio acometeu unha serie de melloras estruturais
na súa sede web (www.osimga.org), ofrecendo unha imaxe renovada. A
web recibiu máis de 35.000 visitantes e conta con máis de 1.800 subscritores.
O OSIMGA, contribuíu tamén á difusión da realidade das TIC en Galicia, a
través da participación en 7 eventos e mediante a colaboración con máis de
20 entidades.
Por outro lado e no camiño cara unha administración máis eficiente, a Xunta
de Galicia está a traballar no despregamento dunha rede única de
emerxencias que blindará a comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se dedican á emerxencia en Galicia.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
28
O número inicial de usuarios estimados entre efectivos de Protección Civil,
Axega, Policía Autonómica, 112, Servizo de Prevención e Defensa contra os
Incendios Forestais, Grumir, bombeiros e 061 é de cinco mil, aínda que
prevese que chegue aos oito mil nun período de tres a cinco anos.
Cun investimento de 6,5 millóns de euros e dotada coa tecnoloxía máis
punteira en comunicacións, esta rede redundará non só nunha maior
efectividade do corpos de seguridade e emerxencia, senón tamén nunha
mellora das prestacións aos cidadán, que terán garantida, ante situacións de
emerxencia, que todos os organismos involucrados poden traballar de forma
coordinada, optimizando así os recursos existentes.
Ademais, para crear a nova rede de emerxencias despregaranse
infraestruturas de telecomunicacións para o que se aproveitarán as
implantadas no marco do Plan de Banda Larga e as redes do operador
público Retegal, permitindo un aforro adicional de 37 millóns de euros en 10
anos respecto ao uso de redes comerciais convencionais.
Finalmente, outra das accións salientables corresponde ao pulo que desde a
Xunta de Galicia se está a dar ao uso de Software Libre e Fontes Abertas
(FLOSS) no sector empresarial e na sociedade en xeral. Así no 2010 a Xunta
puxo en marcha un Plan de Software Libre que tivo continuidade no 2011.
No marco deste Plan, dotado con 800.000 euros no 2010 e 865.000 no 2011,
leváronse a cabo preto de 120 actuacións para o impulso do software libre
en Galicia.
Así creouse a Oficina de Coordinación FLOSS orientada a coordinar as
diferentes accións promovidas pola Xunta de Galicia relativas ao fomento e
promoción do FLOSS, publicáronse diversos estudos sectoriais específicos
como o “Estudo comparativo de plataformas libres de comercio
electrónico”, celebráronse distintas xornadas de difusión e formación en
materia de software libre para a cidadanía, e asináronse
convenios de colaboración coa Asociación Galega de
Usuarios de Software Libre (AGUSL), coa Asociación
Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e coas
universidades galegas.
Co fin de impulsar o uso do software libre no ámbito empresarial, creouse un
servizo integral ás pemes, no que se resolveron máis de cen peticións de
servizo, e elaborouse o Catálogo de produtos e servizos de software libre para
empresas destinado a facilitar o acceso das empresas a aquelas solucións
tecnolóxicas do seu interese baseadas en software libre.
Ademais das liñas de acción establecidas no Plan, a Xunta de Galicia
continúa tomando decisións estratéxicas para desenvolver proxectos de
calado baseados en software libre, apostando por este tipo de solucións en
iniciativas como o desenvolvemento da eAdministración ou o proxecto
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
29
Abalar así como na formación tecnolóxica que a Xunta ofrece as cidadáns a
través da rede CeMIT e nas accións dirixidas ao sector empresarial a través
do Centro Demostrador TIC.
Neste eido cabe destacar que en marzo de 2011 tivo lugar a incorporación
definitiva da Xunta de Galicia ao padroado da Fundación do Centro
Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información
Comunicación baseadas en Fontes Abertas (CENATIC). Esta fundación ten
entre os seus obxectivos principais promover o coñecemento e difusión do
software libre na administración e nos diferentes sectores produtivos.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
30
III.iii. DINAMIZACIÓN ECONÓMICA, CRECEMENTO E EMPREGO: ECONOMÍA DO COÑECEMENTO
O Plan Estratéxico de Galicia recolle en dous dos seus eixos de actuación,
“Dinamización económica, Crecemento e Emprego” e “Economía do
Coñecemento”, unha aposta clara pola dinamización dos sectores
produtivos, a creación de emprego, a mellora da competitividade así como
polo apoio ao emprendemento e á internacionalización.
Neste sentido a Axenda Dixital de Galicia conta con dúas liñas estratéxicas
“Transforma TIC” e “EconomiC-IT” que impulsan decididamente ao sector da
economía do coñecemento como sector estratéxico para Galicia e
fomentan o emprego das TIC por parte das empresas galegas como factor
clave para incrementar os seus niveis de produtividade e competitividade.
O Centro Demostrador TIC de Galicia
No 2011 púxose en marcha o Centro Demostrador TIC: o
escaparate tecnolóxico de Galicia
O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia
(MapaTIC.gal) xa conta con máis de 130 provedores
tecnolóxicos e case 300 solucións TIC
O pasado mes de xuño tivo lugar a inauguración do Centro Demostrador TIC
de Galicia. Ubicado no CNTG, este centro constitúe un punto de encontro
entre a oferta do sector tecnolóxico de Galicia e a demanda tecnolóxica do
tecido empresarial galego.
Así, a actividade deste centro está orientada a
achegar os produtos e servizos do sector TIC
de Galicia ás empresas da nosa comunidade
co fin de satisfacer as súas necesidades
tecnolóxicas e incidir nunha mellora en termos
de produtividade e competitividade.
Desde a súa posta en marcha foron presentadas 20 solucións tecnolóxicas
no centro e máis de 230 profesionais participaron nas súas actividades e se
achegaron a coñecer as súas instalacións.
Ademais, no marco deste proxecto, púxose en
marcha o portal web do centro, onde ademais de
atopar toda a actualidade do CDTIC, pódese
acceder ao Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de
Galicia: un directorio en liña completo e categorizado de provedores,
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
31
produtos e servizos TIC galegos facilmente localizables a través de criterios de
busca intelixentes e precisos. A día de hoxe xa conta con máis de 130
provedores tecnolóxicos e case 300 solucións.
Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora
No 2010 elaborouse o “Mapa de Capacidades tecnolóxicas de
Galicia no ámbito sociosanitario” que recolle o coñecemento e
as capacidades tecnolóxicas dos axentes TIC galegos neste
ámbito, agrupando un total de 162 proxectos desenvolvidos por
43 axentes
No 2011 a Xunta de Galicia aposta por proxectos de I+D+i no
ámbito sanitario, dotados cun total de 90 millóns de euros, para
mellorar a asistencia sanitaria, crear emprego e mellorar a
competitividade na nosa economía
No ano 2010, e como unha das actuacións máis novidosas a nivel estatal, o
Goberno Galego, decidiu apostar pola compra pública de tecnoloxía
innovadora como unha iniciativa que permitira á Xunta de Galicia dotarse de
solucións tecnolóxicas avanzadas para a prestación de servizos públicos
sanitarios que melloren a calidade de vida dos galegos, e empregar o
investimento público como catalizador da innovación neste sector.
Como primeiro paso neste programa, elaborouse o “Mapa de capacidades
tecnolóxicas de Galicia no ámbito sociosanitario”. Este documento constitúe
unha recompilación exhaustiva de información dos 162 proxectos
tecnolóxicos desenvolvidos en Galicia no ámbito sanitario por parte dos
grupos de investigación, os centros tecnolóxicos e o sector tecnolóxico
empresarial de Galicia.
A partires de aí levouse a cabo a definición e captación de financiamento
para o desenvolvemento no eido sanitario dos proxectos INNOVASaúde e
Hospital 2050.
Por unha banda, o Proxecto INNOVA-Saúde que está dotado con 45 millóns
de euros, engloba 14 proxectos centrados na mellora da prestación de
servizos asistenciais, cun novo modelo de hospitalización e cun tratamento
de procesos agudos.
E pola outra, atópase o Proxecto HOSPITAL 2050, dotado con 45 millóns de
euros e que vai permitir deseñar o hospital do futuro, un hospital máis eficiente, que vai consumir moita menos enerxía, que vai respectar en maior
medida o medio ambiente e centrado no paciente.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
32
Este investimento público será un elemento importante de fomento da
innovación tecnolóxica, ademais de favorecer a colaboración entre os
axentes do sistema de I+D+i, a transferencia de tecnoloxía galega ao
mercado, ao investimento privado en Galicia e a xeración de emprego
cualificado.
O desenvolvemento destas actuacións asentarán as bases das prestacións
sanitarias e hospitais do futuro, en liña cos obxectivos recollidos na Estratexia
Sergas 2014 así como situar Galicia como unha rexión referente no impulso de
proxectos innovadores no ámbito da economía da saúde.
Estes proxectos foron lanzados no marco da Plataforma de Innovación
Sanitaria, que foi creada a comezos do 2011 co obxecto de modernizar a Sanidade pública a través da implantación de grandes e ambiciosos
proxectos con alto valor engadido que se poidan desenvolver integramente
en Galicia, co fin de xerar actividade económica na comunidade.
Como outra aposta máis pola innovación neste ámbito cabe destacar no
pasado mes de setembro a constitución do Clúster da saúde que permitirá
ofrecer novas oportunidades de servizos para os usuarios a través da
realización de proxectos de carácter innovador agrupando a empresas,
centros de investigación, entidades e institucións relacionadas coa saúde e a
sanidade.
Impulso económico para o desenvolvemento do sector da economía do coñecemento e a empresa dixital
A Xunta de Galicia investiu 30 millóns de euros para o
desenvolvemento de grandes proxectos de I+D+i no eido
tecnolóxico que mobilizarán investimentos duns 60 millóns de
euros
Activouse o Fondo I2C, un fondo de capital risco específico para
empresas de base tecnolóxica dotado con 20 millóns de euros
Nos anos 2010 e 2011, cunha achega da Xunta de Galicia de
máis de 86 millóns de euros, mobilizáronse en total máis de 204
millóns de euros para potenciar o sector da economía do
coñecemento e a empresa dixital
O pasado ano aprobouse a convocatoria do programa FEDER -Innterconecta
para Galicia, destinada a fomentar a investigación, o desenvolvemento e a
cooperación público-privada en áreas tecnolóxicas estratéxicas para a nosa
comunidade, como son as tecnoloxías de información e comunicacións.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
33
Ao ser proxectos de gran envergadura favorécese a mobilización dun
importante capital privado. Así, cunha subvención pública de 30 millóns de
euros mobilizarase un investimento total de 60 millóns de euros. Ademais a
súa execución esixirá a colaboración entre axentes de I+D+i o que
favorecerá a transferencia tecnolóxica das universidades e centros
tecnolóxicos nos proxectos.
Por outro lado e como un apoio mais á posta en marcha de proxectos empresariais de base tecnolóxica, activouse o fondo i2C dotado con 20
millóns de euros, orientado especialmente ás pemes de sectores
considerados estratéxicos na economía galega e cun claro perfil de
crecemento.
A execución de proxectos ao amparo dos fondos Feder- Innterconecta e i2C
ofrecen grandes posibilidades para Galicia en tanto permite a realización de
proxectos de alto impacto que repercuten directamente na nosa economía,
potenciando o desenvolvemento das empresas galegas e estimulando a creación de emprego cualificado.
Ao marxe destas iniciativas, nos anos 2010 e
2011 leváronse a cabo distintos programas de
axudas tanto para impulsar o sector da
economía do coñecemento como para
fomentar a implantación das novas tecnoloxías
nos sectores produtivos.
Isto supón un investimento por parte da Xunta de máis de 86 millóns de euros,
conseguindo mobilizar un capital privado de máis de 117 millóns de euros.
Por tanto, un investimento total de case 205 millóns de euros cos que se
subvencionaron máis de 1.400 proxectos de natureza tecnolóxica na nosa
comunidade.
Xunta de Galicia 9 M €
CDTI 21 M €
Investimento privado inducido 30 M €
60 M € de investimento tecnolóxico en Galicia
+
+
=
st
Xunta de Galicia 9 M €
CDTI 21 M €
Investimentoprivado inducido 30 M €
60 M € de investimento tecnolóxico en Galicia
+
+
=
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
34
Apoio ao emprendemento e á internacionalización
A Xunta de Galicia está a impulsar decididamente a actividade
emprendedora en Galicia en materia de novas tecnoloxías
No 2012 elaborarase un Plan de Internacionalización específico
para o sector TIC galego
Desde a Xunta de Galicia estase a facer unha aposta firme polo apoio ao
emprendemento TIC como aspecto chave para impulsar a economía galega
e incrementar o nivel de emprego.
Neste sentido cómpre destacar o papel do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), orientado a fomentar o espírito
emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios
dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e
apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.
Este organismo colaborou con Vindeira e
outras entidades na organización no 2010
do I Encontro Vindeira Capital Network. Este
evento anual que tamén aconteceu no
2011, ten como finalidade incentivar as
relacións entre emprendedores TIC e
entidades de capital risco e business angels
co fin de facilitar aos emprendedores
galegos o acceso a financiamento privado.
Como un apoio máis á captación de financiamento para o
desenvolvemento de proxectos empresariais, os emprendedores dispoñen do
Fondo Emprende de XesGalicia, un fondo de capital risco dirixido
especialmente a proxectos innovadores.
Por outro lado e co fin de favorecer o emprendemento desde os primeiros
anos, no 2010 aprobouse o Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de
Galicia, eduemprende. Este Plan está recollido no Plan Estratéxico Galicia
2010-2014 e supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura
emprendedora na comunidade educativa dos niveis non universitarios.
Finalmente no eido do emprendemento cabe destacar unha das iniciativas
máis relevantes postas en marcha no último ano: o Proxecto Nacce (Núcleo
de Apoio á Competitividade e á Creación de Empresas TIC). Este proxecto
conta cun orzamento de 1,18 millóns de euros e permitirá a formación de 350
emprendedores e empresas no sector TIC da Eurorrexión Galicia - Norte de
Portugal.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
35
Por outra banda, as políticas de impulso ao sector TIC levadas a cabo polo
Goberno galego tamén pasan por dar apoio á internacionalización do
mesmo co interese de fomentar a mobilidade, a comercialización dos seus
produtos e servizos no estranxeiro e atraer investimento foráneo.
Neste sentido, o Cluster TIC en colaboración coa Xunta de Galicia definirá o
próximo ano un plan de internacionalización especificamente orientado ao
sector TIC galego destinado a favorecer a súa promoción ao exterior.
As TIC no sector turístico
Turgalicia consolida a súa presenza en internet como vía de
difusión da riqueza turística de Galicia
O Plan de Acción do Turismo 2010-2013 recolle como unha das actuacións a
levar a cabo o establecemento de novas formas de promoción e
comercialización das actividades culturais, sociais, deportivas, etc, que no
marco do turismo se poden realizar en Galicia.
Así, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, puxo
en marcha a mediados do 2010 unha central de reservas on-line, permitindo
facilitar a relación entre os usuarios finais ou axencias e os establecementos
rurais galegos. No primeiro ano de funcionamento facturou un total de
660.000 euros e xestionou 21.777 pernoitas nos distintos aloxamentos rurais de
Galicia.
Ademais ao longo de 2011 desenvolveuse unha estratexia global de
comunicación a través das redes sociais, primeiro foi Facebook con máis de
10.000 seguidores, logo Twitter e Youtube e por último, cun blog co obxectivo
de optimizar a relación cos usuarios da Internet de xeito que poidan obter a
mellor comunicación institucional sobre os produtos e os servizos turísticos de
Galicia.
Cómpre destacar que Turgalicia foi a primeira
entidade do seu ámbito en España en ampliar o seu
Contact center cos servizos de community manager,
de xeito que seis axentes que operan nos idiomas
galego, castelán, inglés, francés e alemán, manteñen
presenza nas redes sociais virtuais e na Internet en
xeral para prescribir e facer suxestións on line sobre os recursos, produtos e
servizos turísticos galegos.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
36
As TIC no ámbito rural
A Oficina Agraria Virtual pasou de recibir 30.000 visitas no 2010 a
máis de 560.000 no 2011
No 2010 púxose en marcha a Oficina Agraria Virtual (OAV), que supón un
importante avance nas relacións entre a Administración e os gandeiros ao
permitir a estes últimos a identificación e rexistro das súas reses de forma
telemática. Trátase dun sistema de identificación totalmente gratuíto, máis
operativo e máis áxil que se traduce nun aforro de cinco millóns de euros
para a Administración pública.
A principios do 2011 empezou a funcionar de
xeito xeralizado acadando a finais de ano máis de 560.000 visitas, centradas en tarefas de xestión
da actividade cotiá dunha explotación. Delas,
destacan as 434 mil altas por nacemento de
gando e as 45.000 de duplicados crotais. Isto
constitúe unha boa mostra do éxito que está a ter esta iniciativa tendo en
conta que no 2010 o valor de rexistros na OAV só acadaba os 30.000.
As TIC e o mundo do mar
Actualmente hai 31 terminais TIC PESC operativos, 25 máis que
no 2010
A entidade pública Portos de Galicia está a por en marcha unha
sede electrónica para axilizar a comunicación cos usuarios e
empresas
No 2011 impulsouse a dixitalización do rexistro de buques con porto base en
Galicia para dotar o sector pesqueiro de información máis actualizada e a
información histórica completa dende o ano 2004.
Nesta labor de ofrecer unha información máis completa e detallada sobre a
actividade pesqueira tamén cabe destacar a importante contribución de
ferramentas como os terminais TICPESC instalados nos portos e que permiten
obter os documentos relacionados coa actividade diaria da pesca, da
acuicultura e da primeira venda.
O número de terminais TIC operativas pasou de 6
no 2010 a 31 a finais de 2011, consolidando así a
aposta da Consellería do Mar pola dixitalización
esta iniciativa tendo en
daba os 30.000.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
37
dos procesos nas lonxas para dotalas de máis autonomía e capacidade de
autoxestión.
Outra iniciativa a salientar no eido do mar é a correspondente á posta en
marcha da sede electrónica de Portos de Galicia, que permitirá a
comunicación telemática entre cidadáns, empresas e Portos de Galicia as 24
horas do día e os 7 días da semana.
Así, a través de internet, poderán presentar e solicitar documentación oficial,
presentar documentación para obtención de permisos ou asinar
electronicamente documentos. Estas comunicacións terán a mesma validez
que as realizadas de xeito presencial nas dependencias do ente, o que
reducirá, para os usuarios que o desexen, a necesidade de desprazamentos
para tramitacións.
As TIC no transporte
75.000 persoas xa contan coa Nova Tarxeta Metropolitana de
Galicia
A principios do ano 2011 púxose en marcha o Plan de Transporte
Metropolitano, no que a Xunta de Galicia e os concellos das diferentes áreas
metropolitanas colaboran co obxectivo de incentivar o uso do transporte
público e mellorar a calidade e a eficiencia do servizo.
Este Plan ten na Nova Tarxeta Metropolitana de Galicia un dos compoñentes
básicos. Unha tarxeta electrónica que fai posible a consecución das novas
vantaxes tarifarias como son o abaratamento do custo de viaxes, a
despenalización dos transbordos ou os descontos por recorrencia. A finais do
2011, o número de tarxetas a disposición dos usuarios acadou as 75.000
unidades.
Finalmente, salientar que o Consello de
Goberno aprobou en setembro un
convenio con outras 12 comunidades autónomas para o impulso de actuacións
conxuntas para mellorar a oferta de
transporte público a través da
incorporación de sistemas tecnolóxicos.
Neste sentido, as comunidades
autónomas comprométense a
intercambiar información sobre as aplicacións tecnolóxicas empregadas no
eido do transporte público, tanto co obxecto de implantar novas como de
mellorar as xa existentes así como a colaborar no desenvolvemento común e
a implantación das novas tecnoloxías neste eido.
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
38
IV. Balance 2011 en cifras
Nesta sección do balance detállanse os principais fitos alcanzados durante o ano 2011 coas cifras máis salientables, tanto en novas actuacións como en avances acadados o pasado ano nas iniciativas xa lanzadas anteriormente.
Cohesión social e equilibrio territorial
Vertebración territorial
A cobertura acadada co Plan Banda Larga alcanzou o 88,64% da poboación galega
Ano 2012
% Poboación galega con acceso á banda
larga 88,64%
Poboación total cuberta no Plan Banda
Larga 2.481.811
Lanzamento dunha nova actuación do PDBL: despregue de redes sen fíos de tecnoloxía 3G no rural galego
Setembro de 2011
Aumento na poboación cuberta con
3G no último cuadrimestre 2011
98.614
Poboación total cuberta mediante
redes sen fíos 360.782
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
39
Elaboración do anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia
Decembro de 2011
Programa de axudas para facilitar a contratación de internet ás familias galegas con menos recursos
Decembro de 2011
% subvención do custe da tarifa
mensual 40%
Duración máxima da subvención
1 ano
Contía máxima da axuda
180 €
Renda per capita máxima das familias posibles beneficiarias
9.000 €
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
40
Inclusión social dixital
Posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT)
Marzo de 2011
Número de concellos adheridos á Rede
CeMIT 92
Cursos de formación impartidos no 2011
2.116
Horas de formación realizadas no 2011
18.047
Número de beneficiarios dos
cursos de formación no 2011
10.183
Posta en marcha do Voluntariado Dixital: inclusión social coas TIC como ferramenta
Finais de 2011
Número de entidades participantes
57
Número de voluntarios
participantes 133
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
41
Administración austera, eficiente e próxima ao cidadán
Servizos públicos
Innovación para mellorar a asistencia sanitaria: Hospital 2050 e INNOVA-Saúde
Decembro de 2011
Dotación total dos proxectos da
Plataforma de Innovación Sanitaria postos en marcha no
2011
90 millóns €
Dóbrase o número de aulas dixitalizadas e de alumnos beneficiarios no marco do Proxecto Abalar
Ano 2011
Número de novos centros integrados no
Proxecto Abalar no 2011
77
Número de novas aulas dixitalizadas no
Proxecto Abalar no 2011
784
Número de aulas dixitalizadas
mediante Kits de Aula Dixital no 2011
626
Número de novos alumnos beneficiarios do Proxecto Abalar no
2011
17.117
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
42
Novas ferramentas electrónicas para incrementar a eficiencia na Administración de Xustiza: nova rede de videoconferencia e equipamento informático renovado
Ano 2011
Número de sistemas de videoconferencia en órganos xudiciais
55
Número de ordenadores
renovados nas sedes xudiciais
1.271
% de equipamento con antigüidade menor de 5 anos
84,4%
Investimento total no 2011 na mellora e
renovación do equipamento e das
infraestruturas tecnolóxicas xudiciais
5,5 millóns €
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
43
eAdministración
Entrada en funcionamento da sede electrónica da Xunta
Setembro de 2011
Número de procedementos con
presentación telemática dispoñible na sede electrónica
229
% de procedementos con presentación
telemática dispoñible na sede electrónica
16%
Dixitalización do Diario Oficial de Galicia
Maio de 2011
Aforro conseguido no 2011 coa eliminación
da publicación en papel do DOG
1.100.000 €
Aforro económico anual coa eliminación
da publicación en papel do DOG
máis dun millón €
Desenvolvemento do Sistema de Licitación Electrónica (SILEX)
Maio de 2011
% dos procesos de licitación realizados por vía telemática
14,71%
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
44
Aprobación do Decreto que regula a presenza da Administración en Internet
Outubro de 2011
Posición de Galicia no ranking de
administracións autonómicas que
contan cunha norma que regule a súa
presenza en Internet
2ª
Renovación do portal da Xunta facéndoo o terceiro máis accesible de todos os portais corporativos das CC.AA
Outubro de 2011
Posición de Galicia no ranking de
accesibilidade das páxinas web das
comunidades autónomas
3ª
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
45
Aprobación do Decreto que establece o Sistema Único de Rexistro da Administración xeral de Galicia
Outubro de 2011
Formación dos empregados públicos
Aprobación do Decreto que regula a certificación de competencias dixitais en ofimática (CODIX)
Novembro de 2011
Número de actividades formativas
impartidas
máis de 1.700
Número de horas formativas impartidas
máis de 31.400
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
46
Administración eficiente e austera
Creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Decembro de 2011
% de aforro de espazo acadado coa creación da AMTEGA
40%
% de aforro de custos acadado coa creación
da AMTEGA 20%
Aforro económico anual acadado coa
creación da AMTEGA 20 millóns €
Captación de investimento para o futuro despregue da Rede de emerxencias de Galicia
Novembro de 2011
Investimento total na Rede de emerxencias
de Galicia 6.525.000 €
Achega de Red.es ao investimento total na
Rede
máis de 4,5 millóns €
Achega da Xunta de Galicia ao
investimento total na Rede
case 2 millóns €
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
47
Dinamización económica, crecemento e emprego
Economía do Coñecemento
Aprobación da convocatoria do 2012 do programa FEDER – Interconnecta para Galicia
Outubro de 2011
Subvención pública da convocatoria 2012 do
programa FEDER - Interconnecta para
Galicia
30 millóns €
Investimento estimado total a
mobilizar coa convocatoria 2012 do
programa FEDER - Interconnecta para
Galicia
60 millóns €
Posta en marcha de dous proxectos innovadores no marco da Plataforma de Innovación Sanitaria dotados con 90 millóns de euros
Decembro de 2011
Dotación total dos proxectos da
Plataforma de Innovación Sanitaria postos en marcha no
2011
90 millóns €
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
48
Posta en marcha do Centro Demostrador TIC: o escaparate tecnolóxico de Galicia
Xuño de 2011
Número de solucións tecnolóxicas
presentadas no CD TIC
20
Número de provedores do
Catálogo de Solucións TIC
138
Número de persoas asistentas nas
actividades do CD TIC 238
Creación do Fondo Tecnolóxico I2C
Novembro de 2011
Orzamento inicial do fondo de capital risco
para proxectos empresariais de base
tecnolóxica do I2C
20 millóns €
Comezo da elaboración dun Plan de Internacionalización do sector TIC galego
Finais de 2011
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
49
Desenvolvemento do Proxecto NACCE: Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC
Outubro de 2011
Dotación total do Proxecto NACCE
1,18 millóns €
Número de emprendedores e
empresas que recibirán formación
350
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
50
V. Balance económico
Mobilizáronse máis de 660 millóns de euros para o
desenvolvemento das actuacións enmarcadas da Axenda
Dixital de Galicia 2014.gal
Cunha achega da Xunta de Galicia de 506 millóns de euros no período
2009 - 2011, mobilizáronse case 154 millóns de euros de investimento
privado, o que fai un total de máis de 660 millóns de euros de investimento
para o desenvolvemento das diferentes actuacións derivadas da Axenda
Dixital de Galicia.
Neste período, o ámbito cun maior investimento total foi o correspondente
ao desenvolvemento dunha administración máis austera e eficiente,
seguida do eido relativo ás infraestruturas de telecomunicacións.
Liñas Estratéxicas Orzamento
Executado
Investimento Inducido
(achega privada)
Investimento
total
L1- Administración intelixente
243.377.717 € - 243.377.717 € L2- Administración eficiente
L3- Cidadanía dixital 36.321.977 € 489.934 € 36.811.911 €
L4- Transforma TIC 66.295.075 € 64.815.483 € 131.110.558 €
L5- Economic-IT 58.882.091 € 39.665.351€ 98.547.442 €
L6- InfraTeleCom 100.558.239 € 48.918.106 € 149.476.345 €
L7-Medidas instrumentais 913.262 € - 913.262 €
Total 506. 348.361 € 153.888.874 € 660.237.235 €
As liñas estratéxicas que mobilizaron maior investimento privado son as
correspondentes ao desenvolvemento das infraestruturas de
telecomunicacións e ao impulso do sector da economía do
coñecemento.
Concretamente, conseguiuse que se investiran case 49 millóns por parte
da iniciativa privada para o desenvolvemento de infraestruturas de
telecomunicacións a partir dun investimento público de 38,5 millóns de
euros. Isto supón, ata a día de hoxe, un investimento total de case 87,5
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
51
millóns de euros para a extensión de redes de telecomunicacións na nosa
comunidade.
No tocante a ao desenvolvemento do sector da economía do
coñecemento o investimento da Xunta de Galicia ascendeu a 66 millóns
de euros. Con este investimento mobilizouse un capital privado de máis de
64 millóns de euros, e por tanto conseguiuse un investimento total de máis
de 130 millóns de euros.