1º coresma toc 2016 bene pagola

13
Presentación: B. Areskurrinaga HC Euskaraz. D. Amundarain Música:Albinoni, Concierto 14 de febreiro de 2016 1º Coresma – C (Lucas 4,1-13) José Antonio Pagola Identificar as tentacións

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 08-Apr-2017

235 views

Category:

Spiritual


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Presentación: B. Areskurrinaga HCEuskaraz. D. AmundarainMúsica:Albinoni, Concierto

14 de febreiro de 2016

1º Coresma – C (Lucas 4,1-13)

José Antonio Pagola

Identificar as tentacións

Page 2: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Segundo os evanxeos, as tentacións Segundo os evanxeos, as tentacións experimentadas por Xesús non son propiamente experimentadas por Xesús non son propiamente

de orde moral. de orde moral. Son planeamentos nos que se lle propoñen

maneiras falsas de entender e vivir a súa misión.

Page 3: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Por iso, a súa Por iso, a súa reacción sérvenos reacción sérvenos de modelo para o de modelo para o

noso noso comportamento comportamento

moral; pero, sobre moral; pero, sobre todo, alértanos para todo, alértanos para non desviarnos da non desviarnos da misión que Xesús misión que Xesús confiou aos seus confiou aos seus

seguidoresseguidores.

Page 4: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Antes que nada, as súas tentacións

axúdannos a identificar con máis lucidez e

responsabilidade as que pode experimentar

hoxe a súa Igrexa e quen

a formamos.

Como seremos unha Igrexa fiel a Xesús se non Como seremos unha Igrexa fiel a Xesús se non somos conscientes das tentacións máis somos conscientes das tentacións máis

perigosas que nos poden desviar hoxe do seu perigosas que nos poden desviar hoxe do seu proxecto e estilo de vida?proxecto e estilo de vida?

Page 5: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Na primeira tentación, Xesús

renuncia a utilizar a Deus para

«converter» as pedras en pans e saciar así a súa

fame. Non seguirá ese

camiño. Non vivirá

buscando o seu propio interese.

Page 6: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Non utilizará o Pai de maneira egoísta. Alimentarase da Palabra viva de Deus, só «multiplicará » os pans para alimentar a

fame da xente.

Page 7: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Esta é probablemente a tentación máis grave dos cristiáns dos países ricos: utilizar a relixión para

completar o noso benestar material, tranquilizar as nosas conciencias e baleirar o noso cristianismo de compaixón, vivindo xordos á voz de Deus que nos

segue gritando onde están os vosos irmáns?

Page 8: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Na segunda tentación, Xesús renuncia a obter

«poder e gloria» a condición de

someterse como todos os poderosos

aos abusos, mentiras e

inxustizas nas que se apoia o poder

inspirado polo «diabro».

..

Page 9: 1º coresma toc 2016  bene pagola

O Reino de Deus non se impón, ofrécese con amor, só

adorarás o Deus dos pobres, débiles e indefensos

Page 10: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Nestos tempos de perda de poder social é tentador para a Igrexa tratar de recuperar o «poder e a gloria»

doutros tempos pretendendo incluso un poder absoluto sobre a sociedade. Estamos perdendo unha

oportunidade histórica para entrar por un camiño novo de servizo humilde e de acompañamento fraterno ao

home e á muller de hoxe, tan necesitados de amor e de esperanza..

Page 11: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Na terceira tentación, Xesús renuncia a cumprir a súa misión recorrendo ao éxito fácil e á ostentación. Non será un Mesías

triunfalista. Nunca poñerá a Deus ao servizo da súa vangloria.

Estará entre os seus como o que serve.

Page 12: 1º coresma toc 2016  bene pagola

Sempre será tentador para algúns utilizar o espazo Sempre será tentador para algúns utilizar o espazo relixioso para buscar reputación, renome e relixioso para buscar reputación, renome e

prestixio. prestixio. Poucas cousas son máis ridículas no seguimento a Poucas cousas son máis ridículas no seguimento a

Xesús que a ostentación e a busca de honores. Xesús que a ostentación e a busca de honores. Fan dano á Igrexa e baléirana de verdade.Fan dano á Igrexa e baléirana de verdade.

Page 13: 1º coresma toc 2016  bene pagola

IDENTIFICAR AS TENTACIÓNS 

Segundo os evanxeos, as tentacións experimentadas por Xesús no son propiamente de orde moral. Son planeamentos nos que se lle propoñen maneiras falsas de entender e vivir a súa misión. Por iso, a súa reacción sérvenos de modelo para o noso comportamento moral, pero, sobre todo, alértanos para non desviarnos da misión que Xesús confiouo aos seus seguidores.

Antes que nada, as súas tentacións axúdannos a identificar con máis lucidez e responsabilidade as que pode experimentar hoxe a súa Igrexa e os que a formamos. Como seremos unha Igrexa fiel a Xesús se non somos conscientes das tentacións máis perigosas que nos poden desviar hoxe do seu proxecto e estilo de vida?

Na primeira tentación, Xesús renuncia a utilizar a Deus para «converter» as pedras en pans e saciar así a súa fame. Non seguirá ese camiño. Non vivirá buscando o seu propio interese. Non utilizará o Pai de maneira egoísta. Alimentarase da Palabra viva de Deus, só «multiplicará » os pans para alimentar a fame da xente.

Esta é probablemente a tentación máis grave dos cristiáns dos países ricos: utilizar a relixión para completar o noso benestar material, tranquilizar as nosas conciencias e baleirar o noso cristianismo de compaixón, vivindo xordos á voz de Deus que nos segue gritando onde están os vosos irmáns?

Na segunda tentación, Xesús renuncia a obter «poder e gloria» a condición de someterse como todos os poderosos aos abusos, mentiras e inxustizas nas que se apoia o poder inspirado polo «diabro». O Reino de Deus non se impón, ofrécese con amor, só adorará o Deus dos pobres, débiles e indefensos.

Nestes tempos de perda de poder social é tentador para a Igrexa tratar de recuperar o «poder e a gloria» doutros tempos pretendendo incluso un poder absoluto sobre a sociedade. Estamos perdendo unha oportunidade histórica para entrar por un camiño novo de servizo humilde e de acompañamento fraterno ao home e á muller de hoxe, tan necesitados de amor e de esperanza.

Na terceira tentación, Xesús renuncia a cumprir a súa misión recorrendo ao éxito fácil e á ostentación. Non será un Mesías triunfalista. Nunca ponerá a Deus ao servicio da súa vangloria. Estará entre os seus como o que serve.

Sempre será tentador para algúns utilizar o espazo relixioso para buscar reputación, renome e prestixio. Poucas cousas son máis ridículas no seguimento a Xesús que a ostentación e a busca de honores. Fan dano á Igrexa e baléirana de verdade.

José Antonio Pagola