19º domingo toc bene pagola 2013

16
José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe á renovación evanxélica da Igrexa. Pásao. 11 de agosto de 2013 19º Tempo ordinario (C) Lucas 12, 32-48 Música: Bruch, Música: Bruch, Adagio.; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain Adagio.; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 29-Jan-2018

658 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: 19º domingo toc bene pagola 2013

José Antonio Pagola

Red evangelizadora BUENAS NOTICIASContribúe á renovación evanxélica da Igrexa. Pásao.

11 de agosto de 201319º Tempo ordinario (C)

Lucas 12, 32-48

Música: Bruch, Música: Bruch, Adagio.; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.AmundarainAdagio.; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain

Page 2: 19º domingo toc bene pagola 2013

Lucas recompilou

no seu evanxeo

unhas palabras,

cheas de afecto e

cariño, dirixidas

por Xesús aos

seus seguidores e

seguidoras.

Con frecuencia,

adoitan pasar

inadvertidas.

Con todo, lidas hoxe

con atención desde as

nosas parroquias e

comunidades cristiás,

cobran unha

sorprendente

actualidade.

É o que necesitamos

escoitar de Xesús

nestes tempos non

doados para a fe.

Page 3: 19º domingo toc bene pagola 2013

““Meu pequeno rabaño”Meu pequeno rabaño”.. Xesús mira con tenrura inmensa o seu Xesús mira con tenrura inmensa o seu

pequeno grupo de seguidores. pequeno grupo de seguidores. Son poucos. Teñen vocación de minoría.Son poucos. Teñen vocación de minoría.

Non han de pensar en grandezas. Non han de pensar en grandezas.

Page 4: 19º domingo toc bene pagola 2013

Así imaxínaos Xesús sempre:

como un poco de “lévedo”

oculto na masa. Unha pequena

“luz” no medio da escuridade.

Unha presada de “sal”

para poñer sabor á vida.

Page 5: 19º domingo toc bene pagola 2013

Despois de séculos de “imperialismo cristián”, os discípulos de Xesús temos

que aprender a vivir en minoría. É un erro ter morriña dunha Igrexa

poderosa e forte. É un engano buscar poder mundano ou

pretender dominar a sociedade.

Page 6: 19º domingo toc bene pagola 2013

O evanxeo non se impón pola forza.O evanxeo non se impón pola forza. Contáxiano os que viven Contáxiano os que viven

ao estilo de Xesús ao estilo de Xesús facendo a vida máis humana.facendo a vida máis humana.

Page 7: 19º domingo toc bene pagola 2013

““Non teñas medo”Non teñas medo”. . É a gran preocupación de Xesús. É a gran preocupación de Xesús.

Non quere ver os seus seguidores paralizados polo Non quere ver os seus seguidores paralizados polo medo nin afundidos no desalento. medo nin afundidos no desalento.

Non han de perder nunca a confianza e a paz.Non han de perder nunca a confianza e a paz.

Page 8: 19º domingo toc bene pagola 2013

Tamén hoxe somos un pequeno Tamén hoxe somos un pequeno rabaño, pero podemos rabaño, pero podemos

permanecer moi unidos a Xesús, permanecer moi unidos a Xesús, o Pastor que nos guía e nos o Pastor que nos guía e nos

defende. defende. El pódenos facer vivirEl pódenos facer vivir

estes tempos estes tempos con pazcon paz..

Page 9: 19º domingo toc bene pagola 2013

“O voso Pai tivo a ben darvos o Reino”.

Xesús lémbrallo unha vez máis. Non han de sentirse orfos. Teñen a Deus como Pai.

Page 10: 19º domingo toc bene pagola 2013

El confioulles o seu proxecto do Reino.

É o seu grande agasallo. O mellor que temos nas nosas comunidades: a

tarefa de facer a vida máis humana e a esperanza de encamiñar a historia cara á súa salvación definitiva.

Page 11: 19º domingo toc bene pagola 2013

“Vendede os vosos bens e dade esmola”. Os seguidores de Xesús son un pequeno rabaño,

pero nunca han de ser unha seita pechada nos seus propios intereses. Non vivirán de costas ás

necesidades de ninguén.

Page 12: 19º domingo toc bene pagola 2013

Serán comunidades de portas abertas. Serán comunidades de portas abertas. Compartirán os seus bens cos que Compartirán os seus bens cos que

necesitan axuda e solidaridade.necesitan axuda e solidaridade. Darán esmola, é dicir “misericordia”.Darán esmola, é dicir “misericordia”.

Este é o significado orixinal do Este é o significado orixinal do termo grego.termo grego.

Page 13: 19º domingo toc bene pagola 2013

Os cristiáns necesitaremos aínda algún Os cristiáns necesitaremos aínda algún tempo para aprender a vivir en minoría no tempo para aprender a vivir en minoría no medio dunha sociedade secular e plural. medio dunha sociedade secular e plural.

Page 14: 19º domingo toc bene pagola 2013

Pero hai algo Pero hai algo que podemos e que podemos e debemos facer debemos facer sen esperar a sen esperar a

nada: nada: transformar o transformar o clima que se clima que se

vive nas nosas vive nas nosas comunidades ecomunidades e

facelo máis facelo máis evanxélicoevanxélico.

Page 15: 19º domingo toc bene pagola 2013

O Papa Francisco O Papa Francisco estanos a sinalar o estanos a sinalar o camiño cos seus camiño cos seus

xestos e o seu estilo xestos e o seu estilo de vida.de vida.

Page 16: 19º domingo toc bene pagola 2013

VIVIR EN MINORÍA

Lucas recompilou no seu evanxeo unhas palabras, cheas de afecto e cariño, dirixidas por Xesús aos seus seguidores e seguidoras. Con frecuencia, adoitan pasar incadvertidas. Con todo, lidas hoxe con atención desde as nosas parroquias e comunidades cristiás, cobran unha sorprendente actualidade..É o que necesitamos escoitar de Xesús nestes tempos non doados para a fe.

“Meu pequeno rabaño”. Xesús mira con tenrura inmensa o seu pequeno grupo de seguidores. Son poucos. Teñen vocación de minoría. Non han de pensar en grandezas. Así imaxínaos Xesús sempre: como un pouco de “lévedo” oculto na masa. Unha pequena “luz” no medio da escuridade. Unha presada de “sal” para poñer sabor á vida.

Despois de séculos de “imperialismo cristián”, os discípulos de Xesús temos que aprender a vivir en minoría. É un erro ter morriña dunha Igrexa poderosa e forte. É un engano buscar poder mundano ou pretender dominar a sociedade. O evanxeo non se impón pola forza. Contáxiano os que viven ao estilo de Xesús facendo a vida máis humana.

“Non teñas medo”. É a gran preocupación de Xesús. Non quere ver os seus seguidores paralizados polo medo nin afundidos no desalento. Non han de perder nunca a confianza e a paz. Tamén hoxe somos un pequeno rabaño, pero podemos permanecer moi unidos a Xesús, o Pastor que nos guía e nos defende. El pódenos facer vivir estes tempos con paz.

“O voso Pai tivo a ben darvos o Eeino”. Xesús lémbrallo unha vez máis. Non han de sentirse orfos. Teñen a Deus como Pai. El confioulles o seu proxecto do Reino. É o seu grande agasallo. O mellor que temos nas nosas comunidades: a tarefa de facer a vida máis humana e a esperanza de encamiñar a historia cara á súa salvación definitiva.

“Vendede os vosos bens e dade esmola”. Os seguidores de Xesús son un pequeno rabaño, pero nunca han de ser unha seita pechada nos seus propios intereses. Non vivirán de costas ás necesidades de ninguén. Serán comunidades de portas abertas. Compartirán os seus bens cos que necesitan axuda e solidaridade. Darán esmola, é dicir “misericordia”. Este é o significado orixinal do termo grego.

Os cristiáns necesitaremos aínda algún tempo para aprender a vivir en minoría no medio dunha sociedade secular e plural. Pero hai algo que podemos e debemos facer sen esperar a nada: transformar o clima que se vive nas nosas comunidades e facelo máis evanxélico. O Papa Francisco estanos a sinalar o camiño cos seus xestos e o seu estilo de vida.

José Antonio Pagola