1. ud si te queres divertir

13
“ Si te queres divertir” Unha achega ao Antroido de Viveiro

Upload: marta-perez-lage

Post on 22-Jan-2017

276 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1. ud si te queres divertir

“ Si te queres divertir”

Unha achega ao Antroido de Viveiro

Page 2: 1. ud si te queres divertir

Introdución

Estamos a vivir un tempo no que as novas tecnoloxías e os medios de

comunicación van impoñendo as súas propias canles de información en detrimento da

tradición oral, do boca a boca. Tempos de globalización e de unificación de gustos e

prácticas do lecer importadas doutros lugares que fan difuminar as nosas propias, aquilo

que nos define, que nos identifica.

É polo anteriormente exposto polo que se fai preciso recorrer á escola para garantir

a pervivencia das nosas tradicións. A escola, xunto coas familias, son a base da

transmisión dos coñecementos da nosa sociedade, da nosa cultura, e debemos traballar

xuntos para manter e transmitir a nosa identidade.

A presente unidade didáctica ten como fin achegar aos máis pequenos/as a

tradición da celebración do Antroido en Viveiro. Pretende ser un recurso en si mesma

para que o profesorado poda traballar os contidos referentes ao Antroido viveirense e

facer partícipes aos nosos nenos/as desta celebración que conta con máis de un século

de tradición.

Queremos agradecer a vosa colaboración neste esforzo que sumades ao noso

para garantir a celebración do Antroido en Viveiro durante moitos máis anos.

Grazas.

A Comisión do Antroido de Viveiro 2016.

Page 3: 1. ud si te queres divertir

1. Obxectivos.

Coñecer a tradición do Antroido en Viveiro.

Secuenciar e identificar as distintas manifestacións culturais que se producen no

mesmo.

Achegar a gastronomía típica do Entroido ao alumnado.

Manexar mapas.

Valorar e compartir esta manifestación cultural como algo propio, identitario.

2. Contidos.

Elaboración de disfraces.

Constitución de grupos e comparsas.

Recitado e composición de estrofas e entoación das mesmas, se procede.

Interpretación das cancións de tradición oral propias do Entroido viveirense.

Localización de lugares e percorridos cun mapa.

3. Alumnado

Esta unidade didáctica vai dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de

Educación Primaria. Contén distintas actividades e talleres que poden ser traballados na

aula ordinaria ou coa colaboración das familias.

4. Temporalización

Esta unidade está pensada para ser traballada antes da celebración do Antroido.

5. Recursos

- Ordenador.

- Proxector.

- Materiais para elaborar disfraces.

- Mapa de Viveiro.

- Material funxible.

Page 4: 1. ud si te queres divertir

Lectura para Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria (Achégase

presentación para proxectar na aula).

O Antroido en Viveiro celébrase desde fai moitísimos anos, sendo un dos máis antigos de

Galicia.

Festéxase durante cinco días.

O sábado de Antroido fanse as Alpuxarradas no Teatro Pastor Díaz.

O luns é o día no que todos os nenos e nenas poñen os seus disfraces para ir á praza

maior a unha gran festa.

O martes é o día do desfile dos grupos, das comparsas e incluso das carrozas.

O Antroido remata o mércores có Enterro da Sardiña.

Lectura para segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria (Achégase presentación para

proxectar na aula).

O Antroido ou Entroido en Viveiro vense celebrando desde finais do século XIX,

sendo un dos máis antigos de Galicia.

A conformación de grupos e comparsas tiña a súa orixe nas diferentes parroquias e

institucións que existían en Viveiro.

A principios do século XX as letras das cancións que empregaban ditas comparsas

van perdendo a súa temática romántico amorosa en favor de temas máis satíricos e

burlescos coa sociedade do momento.

É o humor un dos cualificativos máis representativos do noso Antroido. Proliferaron os

autores de coplas ao longo destes anos entre os que podemos destacar a Antonio

Noriega Varela, Modesto Grandío, Juan Paraño, Emilio Cajete, Coca, Nistal, Leal Insua,

O ANTROIDO EN VIVEIRO

O ANTROIDO EN VIVEIRO

Page 5: 1. ud si te queres divertir

Travieso,...

Actualmente os festexos do Antroido inícianse o sábado coas Alpuxarradas, nas que

os diferentes antroideiros, ben individualmente ou en conxunto, dan renda solta á súa

creatividade recitando ou entoando diferentes coplas de creación propia e diversas

temáticas, tendo en conta sobre todo a actualidade e sempre cun chisco, se non é un

feixe, de humor. Este ano, ademais do sábado, o domingo tamén poderemos ver as

alpuxarradas gravadas aqueles que non puideron o sábado e algunha sorpresiña máis.

O luns tócalle aos nenos e nenas sacar a súa creatividade e enfundar os seus

disfraces para disfrutar dunha gran festa na Praza Maior.

O martes de Antroido as rúas de Viveiro veranse ocupadas por unha explosión de

cor, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. O desfile chegará pola

tardiña facendo gala do humor que nos define a todos e todas as viveirenses.

O Mércores de Cinza darémoslle sepultura de fume purificador ao noso Antroido en

forma de Sardiña. O velorio comezará pola tarde na Praciña da Herba e sobre as oito

partirá o Enterro ata a Praza maior. Acompañando á Sardiña estará a Corporación

Municipal do Antroido, as choronas, as almas en pena vestidas de branco entoando as

coplas típicas do noso Antroido.

Actividades propostas:

Proxectar a presentación e dar lectura ao texto comentando o que coñecen e o que

non da nosa tradición.

Implicar ás familias neste traballo achegando as súas vivencias persoais a este

respecto:

- Como participa a vosa familia do Antroido?

- Que vos poden contar os vosos avós e avoas ao respecto?

- Disfrazádesvos nestas datas?

- Participades nalgún grupo, comparsa, carroza?

- Coñecedes a algún personaxe máis do Antroido de Viveiro?

- Que coplas/cancións do Antroido se cantan nas vosas casas?

Page 6: 1. ud si te queres divertir

As alpuxarradas son coplas elaboradas no Antroido de Viveiro que abordan a

actualidade en ton burlesco.

A súa métrica, aínda que pode variar, baséase principalmente en coplas de catro

versos na que van soltos os impares e riman en asonancia os pares. Poden ir

acompañadas de música ou non.

Principalmente existen tres procedementos para facer alpuxarradas:

1. Recitar as coplas sen música.

2. Cantar as coplas sobre unha música creada para tal fin.

3. Cantar as coplas sobre unha música que xa estaba feita. Esta modalidade é a máis

empregada e dentro dela podemos tamén facer dúas clasificación:

a) As deseñadas como os cantares de cego (música repetitiva e a letra é o que

cambia)

b) Tomar unha música calquera e cambiarlle a letra.

Actividade proposta:

Elaborar Alpuxarradas ben en grupo, por aulas ou individualmente, en liña co disfraz

elixido na escola e interpretalas en conxunto. O máis pequenos poden crear a súa

alpuxarrada no conxunto da clase e os máis maiores individualmente e elixir as mellores.

Pódese facer empregando calquera dos procedementos anteriores.

Algúns enlaces de interese:

https://www.youtube.com/watch?v=XrcxGz024Kg https://www.youtube.com/watch?v=W01LVFJXkJA https://www.youtube.com/watch?v=GugOpvgXi3Y https://www.youtube.com/watch?v=Eb_j6DAI1uQ https://www.youtube.com/watch?v=PX1q4jyCvZU

TALLER DE ALPUXARRADAS

Page 7: 1. ud si te queres divertir

Nas escolas de Educación Infantil e Educación Primaria é costume elaborar disfraces

no Antroido. Os materiais empregados soen ser os funxibles que se empregan a cotío nas

escolas xunto coas bolsas de cores e material de refugallo aportados polas familias.

Nalgúns casos as familias tamén se implican na confección dos mesmos.

Actividade proposta:

Confeccionar disfraces para distintos grupos/comparsas e organizar un desfile por

Viveiro como o que se fai o martes de Antroido.

Pódense interpretar as alpuxarradas deseñadas por eles tanto ao longo do desfile

como á súa chegada á Praza Maior.

Algúns enlaces de interese: https://www.youtube.com/watch?v=jW5HOi_Taag https://www.youtube.com/watch?v=_d6Z8xi4lNQ https://www.youtube.com/watch?v=dwv0bKyYdFk https://www.youtube.com/watch?v=iNe7nnniKGU

TALLER DE DISFRACES

Page 8: 1. ud si te queres divertir

O Enterro da Sardiña celébrase o Mércores de Cinza, último día dos festexos do

Antroido. A sardiña representa o Antroido é o séquito fúnebre, ataviados de branco, os

mortos que a acompañan.

Sae da Praciña da Herba, sube pola rúa Fernández Victorio, segue pola rúa Juan

García Junceda (Dos Ferreiros), ata a rúa Melitón Cortiñas, por onde baixa. Ao chegar á

Fontenova xira á esquerda pola rúa Pastor Díaz e sube por Almirante Chicarro (Zapatería)

ata a altura da Porta da Vila onde xira á esquerda e segue pola rúa Rosalía de Castro.

Sube pola rúa Constanza de Castro e xira á esqueda na rúa Irmáns Vilar Ponte chegando

ata a casa de Fermín da Mica na Pontelabrada e retrocedendo para baixar pola rúa Luís

Trelles, Díaz Freijoo e xirar por Margarita Pardo de Cela Para rematar na Praza Maior.

Durante o percorrido fanse varias paradas nas casas de entroideiros viveirenses que

están sinalizadas. Este é o caso de Rosendo, no número 54 de Almirante Chicarro:

TALLER DO ENTERRO DA SARDIÑA

Page 9: 1. ud si te queres divertir

Ao longo de todo o percorrido entóanse varias cancións propias do noso Entroido. As

máis destacadas son:

Ven dueño mío

ven que mi alma te adora.

Ven bella aurora

prenda de mi corazón.

Yo te idolatro

vuelve a mi pecho la calma

que yo por ti daré el alma

prenda de mi corazón.

Ámame,

no me seas ingrata por compasión.

Ámame,

no desoigas mis quejas.

Ámame,

no te apartes de la reja

vida mía,

hermosa niña, tú eres mi ilusión.

REPITE

Son más dulces que la miel

los besos de mi morena.

Pero a mí me gustan más

si lloran cuando me besa.

Besos de amor y cariño,

besos que siempre son pocos.

Besos los de mi morena,

besos de amor, besos locos.

Cuando llora mi morena

yo me tengo que reír

le doy un beso en la boca

para endulzar su sufrir.

Cuando tengo pena bebo

y sí anda mi mal.

Paso la vida de broma

y el año por Carnaval.

(ESTRIBILLO)

Carnaval - Carnaval

Dios del amor

Reinado de la alegría

y del alcohol.

Quién nos convida a beber

papa olvidar.

Y besar a nuestras nenas

si van a llorar.

Si te queres divertir

no tes máis que vir

o Antroido a Viveiro

e a quí terás que levar

túnica, antifaz,

bigote e pandeiro.

E as penas has de deixar

có baile e o cantar

que a vida é unha broma,

danzar, neniños, danzar,

pra pena olvidar

¡qué la mar me coma!

(ESTRIBILLO)

Cantemos, cantemos

démoslle o ribeiro

que non hai Antroido

como o de Viveiro,

que aunque hoxe a sardiña

vamos a enterrar

tiremos da liña

pra resucitar,

si non é sardiña

parrocha será.

Page 10: 1. ud si te queres divertir

Achéganse as gravacións feitas por "Escolma de meus" das cancións citadas.

Actividades propostas:

Exposición do que é o Enterro da sardiña e en que consiste.

Traballar a vestimenta dos asistentes ao enterro (Ficha/Debuxo para os máis

pequenos).

Debuxar, sobre un plano de Viveiro, o percorrido do Enterro da Sardiña (achégase

plano para a tarefa).

Localizar nese mesmo plano as placas dos entroideiros situadas nas fachadas das

súa casas. Sirva como exemplo a de Rosendo que se inclúe neste traballo.

Entoar as canción propias do Entroido ou, a lo menos unha. Aconsellamos a última

por ser máis próxima ao alumnado

Enlace de interese:

https://www.youtube.com/watch?v=mVgAXxZOC_8

Page 11: 1. ud si te queres divertir

Debuxa o percorrido do Enterro da Sardiña.

Localiza as casas dos Entroideiros de Viveiro identificados con placas e sinalaos no mapa.

Page 12: 1. ud si te queres divertir

VESTIMENTA PARA O ENTERRO DA SARDIÑA

Page 13: 1. ud si te queres divertir

Por último achegamos catro receitas de cociña das sobremesas que se consumen

nestas datas.

Actividades propostas:

Son receitas sinxelas polo que os colexios que conten con comedor poderanas

elaborar na aula e cocelas no forno do mesmo. En caso de non ter comedor con forno

deberán facer as receitas na casa coas súas familias e xuntar as sobremesas na escola.

TALLER DE COCIÑA

FREIXÓS ou FILLOAS

1/2 litro de auga.

1/2 litro de leite.

4 ovos.

1/4 quilo de fariña.

Un pouco de sal.

Un anaco de touciño para

untar.

ROSQUIÑAS

1 quilo de fariña.

3 ovos.

9 culleradas de aceite de xirasol.

9 culleradas de azucre.

9 culleradas de anís.

1 limón.

1 sobre de levadura.

ORELLAS

1/2 quilo de fariña.

6 ovos.

100 gramos de manteiga.

300 gramos de azucre.

1/2 vaso de anís.

levadura

1 limón

auga e sal

CHULAS

1/ quilo de pan gramado.

6 ovos.

Aceite de xirasol.

Canela en rama.

1 limón

Azucre.

1 litro de leite.