1º ciclo 2º ciclo 3º ciclo -...

12
[email protected] 1 No interior do xornal atopamos unha entrevista coa directora. Destaca o seu permiso e implicación no desenvolver do presente xornal. Ao longo do mes de marzo, coma ven sendo costume no centro, nas aulas de Educación Infantil desenvolvéronse os talleres nos que cos nenos e nenas aprenderon contidos relacionados coa auga, o caracol, o espazo e a alimentación. 1º Ciclo Saída ao teatro á obra Lío na Granxa en Pontevedra 2º Ciclo O entroido no Ciclo. Os alimentos foron os protagonistas. 3º Ciclo O profe Diego contounos a súa experiencia vestido de mariscadora. Na sección de deportes podemos encontrar diferentes informacións sobre o desenvolver das actividades de Deporte Escolar que se fan no centro e os resultados das competicións realizadas neste mes.

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 1

No interior do

xornal atopamos unha entrevista coa directora.

Destaca o seu permiso e implicación no

desenvolver do

presente xornal.

Ao longo do mes de marzo, coma ven

sendo costume no centro, nas aulas de Educación Infantil

desenvolvéronse os talleres nos que cos

nenos e nenas aprenderon contidos

relacionados coa auga, o caracol, o espazo e a

alimentación.

1º Ciclo Saída ao teatro á obra Lío na Granxa en Pontevedra

2º Ciclo O entroido no Ciclo.

Os alimentos foron

os protagonistas.

3º Ciclo O profe Diego

contounos a súa experiencia vestido

de mariscadora.

Na sección de deportes podemos encontrar

diferentes informacións sobre o desenvolver das actividades de Deporte Escolar que se fan no centro e os resultados das competicións

realizadas neste mes.

Page 2: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 2

Información aportada polos profes:

PROXECTOS A auga, o caracol e por ultimo o espazo.

Tamén estiveron traballando a Joan Miró Ferrá, en este proxecto, por grupos puxéronlle nomes aos

cadros que este home pintaba e imaxinaban contos.

Tamén intentaban imitar os seus cadros pintando

outros a súa maneira.

TALLERES Os mércores pola

tarde fan talleres: pintan camisetas,

traballan con escayola, divirtense facendo diferentes

escenas de comics, fan collage, xogos de lóxica, fan

monicreques.

OS ALIMENTOS Van traballar os

alimentos, aprender os hábitos dos

alimentos, saídas relacionadas cos alimentos, aprender

a poñer a mesa, levan receitas, contos, muráis, folletos, a

pirámide alimenticia.

Tamén relacionado cos alimentos, aprenderán unha canción chamada “O rap dos alimentos”, farán actividades de psicomotricidade sobre os alimentos, experiencias con sons e aprenderán a facer menús e a lista da compra.

Page 3: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 3

O mércores 4 de marzo

os nenos e nenas do

primeiro ciclo foron a

ver unha obra de teatro a

Pontevedra ao Centro

Cultural Caixanova. Esta

obra chamábase “Lío en

la Granja” e todos e

todas o pasaron moi ben

durante a función.

A viaxe vista polos

protagonistas

Nahir Rodríguez e

Mariña Romero de 2º B

nos contan como foi a

experiencia: “Primeiro subimos ao autobús e alí cantamos unha canción e cando chegamos a Pontevedra fixemos unha fila e fomos dirixidos a

Caixanova e esperamos a que empezara o teatro. Os narradores chamábanse Calabacín e Piñote e a obra ía dunha galiña que puxo tres ovos e o terceiro desapareceu e pensaron que fora o corvo porque viña doutras terras descoñecidas e eso era o que dicía a xente e seguiron preguntando pero, de repente, apareceu o pitiño que era o que naceu do ovo desaparecido polo corvo. O pitiño contoulle o que pasara a Piñote e díxolle que caera polo río e

salvárono o corvo e os pais puxéronse moi contentos de encontrar ao pitiño. E así rematou a obra. Despois fomos ao autobús para que nos levara ao colexio a merendar”.

Este ano, a Unidade Didáctica do colexio decidiu levar a Este ano, a Unidade Didáctica do colexio decidiu levar a Este ano, a Unidade Didáctica do colexio decidiu levar a Este ano, a Unidade Didáctica do colexio decidiu levar a

cabo o tema da cabo o tema da cabo o tema da cabo o tema da NutriciónNutriciónNutriciónNutrición e dos e dos e dos e dosAlimentosAlimentosAlimentosAlimentos Para entender un pouco máis sobre este tema decidimos entrevistar á Profe Loli, Orientadora do cole, e á profe Sonia, Coordinadora do 1º Ciclo. Entrevista á profesora Loli de

Orientación: Por que este ano elixichedes o tema de alimentación e nutrición? Porque a todos nos preocupa a nosa alimentación, e ademáis moi importante

saber ou coñecer as propiedades que

teñen os diferentes alimentos. Tedes previsto facer algunha

actividade relacionada co tema?

Pois si. Este ano faranse na primeira

semana do mes de abril unhas xornadas sobre a alimentación, na que temos

previsto contar con diferentes

profesionais do mundo da nutrición

Entrevista á profesora Sonia do 1º ciclo.

Tedes previsto de corar os corredores con debuxos, etc? Si. Este ano entre os rapaces/as de 1º A, 1º B, 2º A e 2º B imos decorar os

corredores, facer murais, debuxos…

que exporemos no corredor do 1º ciclo. Os nenos/as faran algúnha saída relacionada co tema? Pois si. Os nenos/as de 1º A e 1º B

iremos a o Grove a escola de hostelería a almorzar. Para que os nenos/as saiban

que é un desayuno saudable.

Page 4: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 4

1ª De que fostes disfrazados? Uvas e laranxas. 2ª Que disfraces vós gustou máis? Laranxas e chinos.

3ª Que baile vos gustou máis? O 8% 6ºA e o 2% 6ºB 4ª Que postos vós gustou máis? Pizza,chinos,panadería. 5ªQuen decidiu os vosos disfraces? Os profesores. 6ª Que postos vós fixo máis graza? O posto dos chinos.

7ª De que vós gustaría ir disfrazados o ano que ben? De demos, de chinos e de hamburguesas.

Se falamos do entroido deste ano non podemos por

menos que referirnos a un dos disfraces que maior sensación

causou entre os asistentes en pola súa sinxeleza, cun

proceso de elaboración que

combinaba a partes iguais o traballo manual de cortado e

pegado típico dos traballos elaborados no cole coa acción

mecánica do soprado,

co enchido dos globos que adornaban o corpo dos

participantes, ademais de polo resultado final do

mesmo que nada ten que envexar aos disfraces mercados

nestas datas nas tendas

especializadas. Cabe destacar que isto demostra,

claramente, as grandes posibilidades que ofrece unha boa

idea unida a algo de

inxenio e unha dose moi alta de creatividade e gañas

de divertirse para dar resultados tan xeniais coma este.

O profe Manolo Un dos poucos profes que paseou

disfrazado e que amosou novamente,

coma outras tantas veces, o seu grande sentido do humor foi

o profe Manolo de 3º ao que o traxe de uva lle quedaba coma

unha luba.

DISFRAZ QUE MÁIS LLES GUSTOU AOS NENOS DE 4º

Page 5: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 5

Entrevista ao profesor Diego por seu disfraz de entroido Por que decidiches disfrazarte de muller? Porque ía imitando a unha peixeira de O Grove. Que relación tiña co disfraz da túa clase? Que era de peixeira.

Gustouche ir disfrazado de muller? Moito.

Que sentiches ao disfrazarte de muller? Diversión porque era entroido.

Playback de entroido de 6º B As nenas de sexto B fixeron un pequeno playback polo entroido. Elixiron a canción baixando moitas de internet e escoitándoas.

A medida que ían escoitando a canción de womanizer os pasos foron saíndo. Tardaron unhas

semanas en ter todo o playback feito pero ao final conseguírono a tempo e quedoulles xenial. Zaida Estévez Castro

Playback de entroido de 6º A As nenas de sexto A fixeron outro playback ao igual que as do outro sexto. Escolleron a canción de Disturbia despois de moito buscar. Tiveron rodo o playback listo no prazo aproximado de un mes e medio e

quedoulles moi ben. Mª Luz Blanco Salgueiro.

Page 6: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 6

Con motivo do ano de Ramón Cabanillas, importante personaxe nado na vila de Cambados, a Asociación de Ensinantes do Salnés Candea en colaboración cos Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística dos centros educativos do entorno entre o que contaba o noso, ven de presentar unha exposición itinerante na que se recollen aspectos interesantes da vida e obra deste grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio

Hai crise no colexio? Si, como en todas partes. E verdade que van a reformar o patio dos de infantil? Eso prometeuno o presidente da deputación.

Ides a poñer porterías no patio? Si, pero para xogar ao balonmán. Por que este ano a excursión de fin de curso de 3º ciclo, vai a ser só dun día? Porque así decidiron os profesores do ciclo.

Por que o ximnasio só o utilizan os pequenos?

Porque non chega o

tempo para todo o colexio e consideramos que os

maiores podedes usar o pavillón. Que pensa do periódico escolar?

Que é unha iniciativa moi

interesante. Gustoulle a exposición de Ramón Cabanillas? Si, e sobre todo o voso.

CARTEL DO COLEXIO CARTEL DE PRESENTACIÓN

Page 7: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 7

Xa comezou a competición de xadrez organizada dende o

Equipo de actividades Extraescolares e Complementarias e que se

desenvolve nos recreos no corredor que se atopa fronte á sala de profesores.

Está sendo un éxito de participación e xogo polos nenos e nenas do cole.

As xornadas dos mércores de deporte continúan cun

importante éxito de participación por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo.

Este mes os deportes que se practicaron foron o baloncesto e o atletismo no que se

desenvolveron diferentes diferentes probas nas que os nenos e nenas participaron

activamente.

Ao longo deste mes, coma xa ven sendo habitual, os nosos e nosas deportistas

nos representaron nas diferentes competicións de Deporte Escolar XORNADAS Entre as xornadas destaca a que se celebrou o día 18 deste mes no CEIP

Cruceiro de Vilalonga onde os nosos representantes, coma sempre, amosaron a súa valía nos diferentes deporte

que foron a practicar (baloncesto, fútbol, balonmán,...).

Para a preparación destas xornadas continuarase coa práctica deportiva que se ven celebrando este ano nas tardes

dos mércores e que lles corresponde aos cursos de 5º e 6º do cole. Este mes estase a traballar con baloncesto e atletismo pero xa se practicaron outros deportes coma o balonmán ou o bádminton

Page 8: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 8

1 4

3 2

4 2 1

PASATEMPOS Segue a liña de puntos

Sudoku

Nestes dous patos hai sete diferencias. Poderás encotralas

Sábeste ben os

números do 1 ao 4? Pois enche os ocos do sudoku. Non se poden

repetir números nunca mesma fila nin columna, e en cada

cadrante deben estar

os catro números.

Page 9: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 9

Nesta sección incluiranse fotografías representativas do que vaia sucedendo no

colexio ao longo do mes. Si se queren aportar suxestións pódense enviar

fotografías cos comentarios correspondentes ao correo electrónico do xornal e

aquelas máis características serán publicadas na edición do mes seguinte:

Este mes, coma xa sucedera noutra ocasión este ano, visitounos o grande

artista e contacontos Anxo Fariña quen nos

amosou as súas habilidades para facer debuxos e con quen o

pasamos xenial.

Os nenos e nenas do primeiro ciclo despois da súa saída ao teatro fixeron numerosas actividades representativas.

Entre elas destacan debuxos dos animais (coma se ve na foto), redaccións, comentarios en clase, representacións da obra,....

Page 10: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 10

O profe Rafa,

coma sempre, é un

dos que máis se

divirte e nos fair

ir cada vez que

hai unha festa no

cole.

O corredor de Infantil é un dos máis bonitos e mellor decorados do

cole. Para mostra, baste ver o dous golfiños que nos podemos atopar nel,

tanto a cría coma a súa nai xogando coa pelota. É de todo recomendable pasear por este corredor e disfrutar de todo o

que nos ofrece.

Page 11: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 11

Esta sección constitúe un buzón no que quen queira (profesores, alumnos,

cursos completos, persoal de servizos,...) poderá expresar os seus pensamentos, suxestións de melloras para o centro, críticas,.... Para poder facelo simplemente haberá que poñerse en contacto coa

redacción do xornal e deixar a nota correspondente. Ademais de poder facelo persoalmente poñemos a seguinte dirección de correo electrónico á vosa disposición para reflexar tamén aí esas suxestións:

[email protected] Neste primeiro número adicaremos a sección a presentar aos membros da

redacción cos que vos poderedes poñer en contacto cando queirades que as vosas inquedanzas sexan publicadas. Redacción: Emma: Educación Infantil e Deportes Vanessa M.: Educación Infantil Selene Padín: Primeiro Ciclo María: Primeiro Ciclo e Deportes Vanessa F. e Tamara Abal: Segundo Ciclo Mari Luz Blanco e Zaida Estévez: Terceiro Ciclo Ana Isabel: Novas do Centro Lucía García: Novas do Centro e Deportes Noelia: Pasatempos e Programación

Page 12: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/files/Xornal continuo.pdf · grande autor e que pasou no mes de febreiro polo colexio Hai

[email protected] 12

Nome: Cristina

Curso ou especialidade: Infantil de 5 anos

Observacións: A profe do mes é Cristina de infantil polo seu protagonismo na canción que cantaron os nenos e nenas de 5º e 6º no entroido do cole

Noelia Figueroa