05c as paisaxes da terra

22
AS PAISAXES DA TERRA 1º ESO Roberto López Roberto López

Upload: roberto

Post on 19-Jul-2015

95 views

Category:

Education


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: 05c as paisaxes da terra

AS PAISAXES DA TERRA

1º ESO

Roberto LópezRoberto López

Page 2: 05c as paisaxes da terra

1. OS CLIMAS DA TERRA

A Terra está dividida en cinco zonas climáticas en función da temperatura, pero dentro de cada unha destas danse distintos tipos de climas. Climas Cálidos: Entre o trópico de Capricornio e o de Cáncer.

- Temperaturas elevadas. Pouca diferenza entre as estacións. - Climas: Ecuatorial, tropical e desértico.

Climas Temperados: Entre os trópicos e círculos polares. -Temperaturas contrastadas. Distínguense catro estacións. - Climas: Oceánico, mediterráneo e continental.

Climas Fríos: Entre os círculos polares e os polos e nas zonas de alta montaña. - Temperaturas sempre frías. - Climas: Polar e de alta montaña.

Page 3: 05c as paisaxes da terra

Mapa dos climas do mundo

Page 4: 05c as paisaxes da terra

2. A ZONA DE CLIMA ECUATORIAL

As precipitacións son abundantes, repartidas ao longo do ano.

Os ríos son caudalosos e regulares: Amazonas e Congo.

As temperaturas son sempre cálidas: Apenas hai diferenzas entre estacións e entre o día e a noite.

Page 5: 05c as paisaxes da terra

O excesivo calor e a humidade provocan enfermidades, polo que a selva está apenas habitada, excepto por algúns pobos primitivos como os pigmeos (África) ou os indíxenas do Amazonas (América).

A paisaxe característica é a selva: Bosque denso caracterizado por gran diversidade de especies vexetais e animais. A vexetación escalónase en altura, chegando a alturas de máis de 40 metros. Á selva máis grande do mundo é a do Amazonas.

Page 6: 05c as paisaxes da terra

3. A ZONA DE CLIMA TROPICAL

O clima tropical dáse entre os trópicos e o ecuador.

Temperaturas sempre altas.

Precipitacións abundantes. Hai dúas estacións: estación seca e estación húmida.

Os ríos tropicais presentan menos auga na estación seca e máis na estación húmida- caudal irregular-Nilo.

Page 7: 05c as paisaxes da terra

A paisaxe da sabana: enorme chaira cuberta de herbas que poden alcanzar gran altura e que cambian de color en función da estación, tamén árbores de folla caduca (acacia e baobab) e arbustos. Nas beiras dos ríos formase el bosque-galería.

A fauna é principalmente herbívora (gacelas, xirafas) e carnívora (leóns).

Na sabana viven tribos como os podokos (Camerún), os sereres (Senegal) e os kikuyos (Kenia). En xeral dedicanse á agricultura, polo que a paisaxe é agraria.

Page 8: 05c as paisaxes da terra

4. OS DESERTOS

As chuvias son escasas. As temperaturas determinan dous tipos de deserto: Desertos cálidos: Temperaturas que oscilan entre os 50º

polo día e inferiores aos 0º pola noite. Zona trópicos. Desertos con estación fría: veráns e invernos extremos.

Zona temperada. Nos desertos de area predominan as dunas e nos desertos

pedregosos e rochosos predominan as superficies rochosas.

Page 9: 05c as paisaxes da terra

Os uadis son ríos que están secos a excepción de cando chove (caudal intermitente).

Vexetación (cactos) e fauna (dromedarios) escasos.

Oasis: Zonas húmidas con palmeiras datileiras.

Os desertos están case deshabitados, a excepción de algúns pobos: bosquimans (kalahari, África), tuareg (Sahara), beduinos (Arabia) e mongois (Gobi).

Page 10: 05c as paisaxes da terra

Clima Localización Temperaturas Chuvias Vexetación Ríos

ECUATO

RIAL

TROPI

CAL

DESÉRTI

CO

Coa información de que dispós, completa o seguinte cadro:

Page 11: 05c as paisaxes da terra

5. PAISAXES DE CLIMA MEDITERRÁNEO

Esténdese en torno ao mar do mesmo nome.

As temperaturas son altas en verán e suaves en inverno.

As precipitacións son pouco abundantes e se concentran en primavera e outono. Teñen carácter torrencial. No verán hai seca.

Page 12: 05c as paisaxes da terra

Como consecuencia das precipitacións os ríos teñen un caudal irregular.

Vexetación: Bosque mediterráneo formado por árbores (aciñeiras, sobreiras, piñeiros), matogueiras e arbustos (xara, romeu, lavanda).

Campos de cultivo de trigo, vide, oliveira e hortas de hortalizas, verduras e froitas.

Durante as últimas décadas o turismo transformou este medio

Page 13: 05c as paisaxes da terra

Só aparece no hemisferio Norte (interior de Europa, Asia e América do Norte)

Temperaturas: o inverno é moi frío e o verán moi caloroso.

Precipitacións no verán. As zonas costeiras son moi húmidas.

Os ríos permanecen conxelados no inverno e na primavera sofren grandes crecidas. Lena (Rusia).

6. PAISAXE DE CLIMA CONTINENTAL

Page 14: 05c as paisaxes da terra

Vexetación:

Bosque boreal ou taiga. Árbores de folla perenne (abetos e piñeiros).

Pradería. Herbas altas. Típica das zonas húmidas e menos frías.

Estepa. Herbas de talla pequena.

A taiga está pouco habitada e na pradería encontramos cidades, campos de cultivo e explotacións gandeiras.

Page 15: 05c as paisaxes da terra

Localízase nas costas occidentais de zonas temperadas.

Temperaturas suaves todo o ano.

Precipitacións abundantes e regulares.

Ríos con caudal abundante e regular durante todo o ano.

7. PAISAXE DE CLIMA OCEÁNICO

Page 16: 05c as paisaxes da terra

Vexetación: Abundante e verde. Abundan os prados en costas e zonas montañosas. Nas zonas altas danse os bosques de folla caduca (faias, freixos, castiñeiros, carballos …). En solos pouco fértiles aparecen a landa (arbustos, herbas e matogueiras).

A zona oceánica está moi poboada.

Page 17: 05c as paisaxes da terra

Clima Localización Temperaturas Chuvias Vexetación Ríos

MEDITE

RRÁNEO

CONTI

NENTAL

OCEÁNI

CO

Coa información de que dispós, completa o seguinte cadro:

Page 18: 05c as paisaxes da terra

Sitúase na zona ártica e Antártica. É o clima máis frío da Terra. No inverno as temperaturas son baixo cero. Non existe o verán. Nos polos durante 6 meses é de noite. Precipitacións escasas. Son frecuentes as ventiscas e as fortes borrascas.

8. PAISAXE DE CLIMA POLAR

Page 19: 05c as paisaxes da terra

Os elementos típicos son a neve e o xeo. Non existe vexetación porque esta todo conxelado. Aquí só sobreviven animais como focas, pingüíns e osos brancos.

Nas zonas onde se produce desxeo aparece a tundra (musgos, liques e arbustos como salgueiros e bidueiros ananos). Esta habitada por renos, zorro, lobos…

Son zonas moi difíciles para a vida humana, aínda así na zona ártica viven grupos de saamis e de inuits.

Page 20: 05c as paisaxes da terra

Atópase nas grandes cordilleiras como el Himalaia (Asia), os Andes (América), os Alpes e os Pireneos (Europa). Clima frío. Temperaturas baixas en inverno e frescas no verán. Precipitacións abundantes en forma de neve. Inflúe a altitude, é dicir, cuanto máis subimos, temperaturas máis baixas e máis precipitacións.

9. PAISAXE DE CLIMA DE ALTA MONTAÑA

Page 21: 05c as paisaxes da terra

A vexetación varía dependendo de la altitude. A vexetación de ladeira pode variar en función da exposición aos raios solares: Solaina e avesío. Os habitantes concéntranse nos vales.

Page 22: 05c as paisaxes da terra

Clima Localización Temperaturas Chuvias Vexetación Ríos

POLAR

ALTA

MONTA

ÑA

Coa información de que dispós, completa o seguinte cadro: